Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán e padishá do Imperio Otomán desde 1520 ata a súa morte, coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico, e un dos monarcas máis importantes da Europa do século XVI. Levou ao Imperio ás súas maiores cotas. Baixo a súa administración o estado otomán gobernaba polo menos a 25 millóns de persoas. Sucedeu ao seu pai, o sultán Selim I, en setembro de 1520 e comezou o seu reinado emprendendo unha campaña militar contra as potencias cristiás na Europa central e no mar Mediterráneo.
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, e finado o 22 de xullo de 2025, foi un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se estende xa ao longo de 50 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Príncipe da escuridade".
En fisioloxía, deshidratación é unha gran escaseza de auga corporal total que distorsiona os procesos metabólicos. Ocorre cando a perda de auga libre excede a súa inxestión, o que adoita ser o resultado dunha suoración excesiva, algunhas condicións de saúde ou un consumo inadecuado de auga. Unha deshidrataión lixeira pode tamén orixinarse por diurese de inmersión, que pode incrementar o risco de síndrome de descompresión en mergulladores.
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
Franscisco Javier López Álvarez, coñecido como Patxi López, nado en Portugalete o 4 de outubro de 1959, é un político vasco e secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE). Foi o lehendakari do goberno vasco dende o 5 de maio de 2009 ata decembro de 2012. Foi presidente da mesa do Congreso dos Deputados na XI Lexislatura.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Os San Antonio Spurs son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede na cidade de San Antonio, Texas. Xogan na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Os Spurs son un dos catro antigos equipos da American Basketball Association (ABA) que se uniron á NBA en 1976 e o único deles en conseguir gañar o campionato.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santa Cristina, coñecida tamén como Cristina de Bolsena, Cristina de Tiro ou Cristina a Gran Mártir, é unha santa do século III venerada pola Igrexa católica, a Igrexa ortodoxa e a Igrexa anglicana. Escavacións na contorna do lago de Bolsena descubriron o seu culto xa no século V, polo que é posible que a tradición oriental que conecta a santa Cristina coa cidade fenicia de Tiro se deba a unha confusión co nome dunha localidade preto de Bolsena. A súa festividade celébrase o 24 de xullo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Vítimas mortais da violencia machista en Galicia
Esta é unha lista incompleta de vítimas mortais da violencia contra as mulleres en Galicia. O rexistro oficial de datos de violencia de xénero iniciouse en España en 2003. Inclúense algúns casos anteriores, se ben na prensa adoitaban denominarse como "crime pasional" ou "parricidio".
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Felación (do latín fellatio), en argot mamada, é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos. A estimulación oral do escroto tamén se pode denominar felación, ou coloquialmente como teabagging. Se a felación se realiza sobre un mesmo, o acto chámase autofelación.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
O Diluvio é un episodio escuro da historia da humanidade, tendo sido relatado polas máis diversas fontes. A versión máis coñecida é aquela descrita na Biblia no libro do Xénese, en que Noé constrúe unha arca para abrigar un casal de cada especie de animal e a súa propia familia en canto Deus inundaba toda a Terra cunha choiva que durará 40 días e 40 noites. Ao final dese tempo, cando as augas comezaron a baixar, Noé enviou unha pomba, que lle trouxo unha folla de oliveira.
O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España.
O Discworld (en galego, Mundodisco) é unha creación do escritor Terry Pratchett. Trátase dun mundo consistente nun disco plano (rodeado por unha fervenza que flúe sen parar) que atravesa o espazo ao lombo de catro elefantes (Gran T'Phon, Tubul, Berilia e Jerakeen) que, á súa vez, viaxan sobre a coiraza dunha tartaruga mariña (Gran A´Tuin), a cal nada lenta e maxestosamente polo espazo. Un pequeno sol da voltas ao redor de Gran A'Tuin proporcionándolle ao Disco luz e calor.
Cataluña (/kataˈluɲa/; en catalán: Catalunya [kətəˈɫuɲə] ou [kataˈɫuɲa]; en castelán: Cataluña [kataˈluɲa]; en aranés: Catalonha [kataˈluɲɑ] ou [kataˈluɲa]) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía: Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O cantón de Xura (en francés: République et Canton du Jura, en arpitano: Rèpublica et Quenton du Jura, alemán: Republik und Kanton Jura, en italiano: Repubblica e Canton Giura, en romanche: Republica e Chantun Giura) é un cantón da confederación Suíza. É o máis moderno dos cantóns suízos, fundado en 1979 trala súa escisión do Cantón de Berna.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Subgrupo lingüístico asturleonés
O asturleonés é un grupo lingüístico Romance pertencente ao grupo Iberooccidental, falado nas provincias españolas de Asturias (Lingua asturiana), e nalgunhas aldeas de León, Zamora e Salamanca (Lingua leonesa) e nalgunhas aldeas dos concellos de Braganza e Miranda do Douro, en Portugal, onde é chamado Mirandés. Os dialectos do Asturleonés (altamente mesturados co castelán) son tamén falados en Estremadura (chamado alí Estremeño) e en Cantabria (chamado Cántabro ou Montañés). Hoxe en día hai aberto un debate sobre se estas falas son dialectos do castelán, ou ben unha variedade do asturleonés.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Iron Man 3 é un filme estadounidense de 2013 do xénero de superheroes baseado na serie de banda deseñada Iron Man de Marvel, producida pola propia Marvel e distribuída por Walt Disney Studios Motion Pictures. É secuela de Iron Man (2008) e Iron Man 2, e a sétima película do Universo Marvel. Shane Black dirixiu e escribiu o guión con Drew Pearce, utilizando conceptos do arco de historia "Extremis" de Warren Ellis.
Presidente da Nación Arxentina
O presidente da Nación Arxentina é o xefe de Estado e xefe de Goberno, responsable político da administración xeral da República Arxentina e comandante en xefe das Forzas Armadas. Entre outros poderes e responsabilidades, o Artigo 99 da Constitución da Nación Arxentina encarga ao presidente «expedir as instrucións e regulamentos que sexan necesarios para a execución das leis», fai do presidente o comandante en xefe das Forzas Armadas, autorízao a nomear oficiais executivos e xudiciais, sitúao á fronte da política exterior da Arxentina, e permite ao presidente conceder indultos ou moratorias, aprobar ou vetar leis, introducir lexislación mediante decretos de necesidade e urxencia, e declarar o estado de sitio e a intervención federal. O presidente é elixido mediante o sufraxio directo con posibilidade dunha segunda volta electoral para un mandato de catro anos.
Unha fosa abisal ou fosa submarina é unha depresión longa, profunda e estreita no fondo oceánico. Caracterízase pola falta de luz e correspóndese con profundidades superiores ós 2.000 ou 6.000 metros, chegando ata os 11.000 metros. A súa fauna ten que soportar as presións inmensas das profundidades do océano.
Augusta Ada King-Noel, Condesa de Lovelace, nada como Augusta Ada Byron en Londres o 10 de decembro de 1815 e finada na mesma cidade o 27 de novembro de 1852, foi unha matemática e escritora británica coñecida principalmente por ser a primeira programadora do mundo. Durante a súa ceda madurez, o seu talento matemático conduciuna a unha relación de amizade prolongada co matemático inglés Charles Babbage. Entre 1842 e 1843, traduciu un artigo do enxeñeiro militar italiano Luigi Menabrea sobre a máquina analítica, que complementou cun artigo repleto de notas propias.
O conflito de Darfur (ou xenocidio de Darfur) é un conflito armado que ocorre na rexión de Darfur, no oeste do Sudán, que confronta principalmente aos janjawid (milicianos recrutados entre os baggara, tribos nómades africanas de lingua árabe e relixión musulmá) cos pobos non-árabes da área. O goberno sudanés, aínda que negue publicamente que apoia os janjawid, tenlles fornecido armas e asistencia e ten incluso colaborado en ataques conxuntos. Tivo comezo en febreiro de 2003 e segue hoxe en día.
Primeiro ministro do Reino Unido
O Primeiro Ministro do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (Prime Minister of the United Kingdom, en inglés; Prif Weinidogion e Deyrnas Unedig, en galés; Prìomhairean na Breatainne, en gaélico escocés) é o xefe de Goberno do Reino Unido. Encabeza o Goberno da súa Maxestade e do mesmo xeito que outros primeiros ministros da Commonwealth (que seguen a forma constitucional que se chama o sistema Westminster) exercita, xunto cos membros do seu gabinete, o poder executivo do Goberno Británico. O Primeiro Ministro exercita os poderes que pertencen teoricamente a A súa Maxestade a Raíña.
Illas dispersas do Océano Índico
As Illas Dispersas do Océano Índico son unhas illas coralinas baixo a soberanía francesa situadas no océano Índico:
A dos quetógnatos ou quetognatos (Chaetognatha) é un filo de animais depredadores mariños, que forman parte do plancto en todo o globo. Porén ao redor do 20 % das súas especies coñecidas son bentónicas e poden vivir adheridas ás algas e as rochas do fondo. Encóntranse en todas as augas mariñas do mundo, desde as augas superficiais tropicais e as pozas da baixanar até as rexións polares.
Atentados de París de novembro de 2015
A noite do 13 de novembro de 2015 producíronse unha serie de ataques terroristas coordinados, consistentes en tiroteos en masa, explosións suicidas e toma de reféns en París (Francia) e no suburbio do norte, Saint-Denis. Comezaron ás 21:16 CET, con tres explosións suicidas preto de Stade de France e tiroteos en masa e outra explosión suicida en catro lugares preto do centro de París. O ataque máis sanguento produciuse no teatro Bataclan durante un concerto da banda estadounidense Eagles of Death Metal, onde os terroristas tomaron reféns e participaron nun enfrontamento coa policía que rematou ás 00:58 CET do 14 de novembro de 2015.
Riad (en árabe الرياض ar-Riyāḍ, «Xardíns») é a capital e maior cidade de Arabia Saudita. Situada no centro da península arábiga, no medio dunha rexión semidesértica, tivo a súa orixe coma oasis en época preislámica, pero o seu desenvolvemento e importancia veu coa elección do lugar pola dinastía saud coma sede capital no 1824. Despois de 1940, a riqueza xerada pola explotación das enormes reservas petrolíferas do país, ten convertido a súa capital nunha metrópole que se achega aos 4.600.000 de habitantes (2008 est.).
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
O hidróxido de sodio (NaOH), tamén coñecido como sosa cáustica, é unha base cáustica. É amplamente utilizado na industria, sobre todo como base forte, na fabricación de pasta de papel, na industria téxtil, na potabilización da auga, e na industria dos deterxentes. A produción mundial en 1998 era duns 45 millóns de toneladas.
Os Los Angeles Clippers son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede nos Ánxeles (California). Os Clippers compiten cada ano na National Basketball Association (NBA), sendo membros da División Pacífico da Conferencia Oeste. O club xoga os seus partidos como local no Staples Center, pavillón que comparten cos seus rivais da NBA Los Angeles Lakers, o equipo da NBA feminina Los Angeles Sparks e a franquía de hóckey sobre xeo da NHL Los Angeles Kings.
Europa meridional ou Europa do sur ás veces chamada a Europa mediterránea é unha subrexión do continente europeo. Actualmente non existe unha definición definitiva xa que hai moitos factores que inflúen coma a lingua, a relixión, a cultura, a historia e a xeografía. Xeralmente inclúense nesta definición a España, a Portugal, a Italia e a Grecia, xeralmente ós países mediterráneos do continente europeo.
Alfred Lothar Wegener, nado en Berlín o 1 de novembro de 1880 e finado en Groenlandia o 2 de novembro de 1930, foi un científico interdisciplinario alemán que desenvolveu a teoría da deriva continental. Non obstante, tal teoría xa estaba enunciada, polo que a súa tarefa principal foi a de perfeccionala.
O derbi entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña é o enfrontamento deportivo entre os dous principais clubs de fútbol galegos, o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña. Téñense enfrontado en máis de 200 ocasións, ao longo dun século dunha rivalidade que naceu no mesmo ano da fundación do Celta, 1923. Os dous primeiros enfrontamentos producíronse na tempada 1924/25 do Campionato de Galicia, gañando o primeiro deles o Deportivo por 3-0, no antigo campo de Riazor, idéntico resultado ao obtido no partido de volta no campo de Coia, desta vez con vitoria céltica.
Lista de elementos por símbolo
A seguinte é unha listaxe de elementos químicos ordenada polos seus símbolos. Xunto a eles, danse varias características dos mesmos.
Organización de Nacións e Pobos Non Representados
A Organización de Nacións e Pobos Non Representados (coñecida en inglés: Unrepresented Nations and Peoples Organization; UNPO) é unha organización internacional estabelecida para dar visibilidade a pobos e nacións non representados ou marxinalizados do mundo. Foi creada o 11 de febreiro de 1991 na Haia (Países Baixos). Os seus membros son pobos indíxenas, estados non recoñecidos, minorías étnicas, territorios ocupados e demais grupos sen representación internacional.
Costa do Marfil (en francés: Côte d'Ivoire, [kot divwaʁ] (AFI), escoitar), oficialmente República de Costa do Marfil (en francés: République de Côte d'Ivoire), é un país africano. Limita ao norte con Malí e Burkina Faso, ao leste con Ghana, ao sur co océano Atlántico e ao oeste con Liberia e Guinea. A súa capital é Yamousoukro.
As rexións administrativas de Grecia, denominadas periferias (en grego: περιφέρειες), son trece (nove no Continente e catro grupos de illas), entidades administrativas de primeiro nivel do país, cada unha composto por varias unidades de segundo nivel, orixinalmente prefecturas e desde 2011, unidades rexionais.
Unha central térmica ou central termoeléctrica é unha instalación empregada para a xeración de enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en forma de calor, normalmente mediante a combustión dalgún combustible fósil como petróleo, gas natural ou carbón. Esta calor é empregado por un ciclo termodinámico convencional para mover un alternador e producir enerxía eléctrica. Doutra banda, tamén existen centrais termoeléctricas que empregan fisión nuclear do uranio para producir electricidade, estas instalacións reciben o nome de centrais nucleares.
Michael Joseph Jackson, nado o 29 de agosto de 1958 en Gary, Indiana, e finado o 25 de xuño de 2009 nos Ánxeles, foi un cantautor, produtor, músico, actor e bailarín estadounidense. Alcumado coma o "Rei do Pop", a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.
Hipopotomonstrosesquipedaliofobia
A hipopotomonstrosesquipedaliofobia é o medo irracional ou fobia á pronuncia de palabras longas ou complicadas; e a calquera conversa que poida implicar o uso destas palabras ou palabras que non sexan de uso coloquial. Segundo o DSM-5 (Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders, Fifth Edition) é unha fobia social. Adoita empregarse o termo sesquipedaliofobia como abreviatura da orixinal.
Anti-Flag é unha banda estadounidense de punk rock formada en Pittsburgh (Pensilvania, Estados Unidos) en 1993. A banda é coñecida polas súas letras de contido político e o seu activismo, centrándose no activismo contra a guerra, o anti imperialismo, a loita de clases, os dereitos humanos e varios sentimentos sociopolíticos. O grupo está formado polo vocalista e guitarrista Justin Sane e o batería Pat Thetic, fundadores da banda; máis tarde uniranse o guitarrista Chris Head e o vocalista e baixista Chris Barker #2, que substitúe a Jamie "Cock" Towns, quen á súa vez substitúe ao baixista orixinal Andy Flag en 1997 logo da súa marcha un ano antes.
A esmorga é unha novela tremendista escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario.
O Espírito Santo é, para a maioría de confesións cristiás, a terceira persoa da Santa Trindade. Verdade fundamental do cristianismo, contido dun dogma apuntado xa no Concilio de Nicea e definido definitivamente polo primeiro concilio de Constantinopla. Recóllese, xa que logo, no chamado símbolo niceno-constantinopolitano ou Credo.
Air Canada (código AITA : AC ; código OACI : ACA) é a compañía aérea nacional do Canadá, ademais da aeroliña máis grande do país. O seu centro de operacións está no Aeroporto Internacional Pierre Elliott Trudeau de Montreal, Quebec. É a novena aeroliña máis grande do mundo en tamaño de frota e foi membro fudador da alianza de aeroliñas Star Alliance.
Transformers é un filme de ciencia ficción, acción e aventura estadounidense de 2007, adaptación da franquía Transformers, dirixido por Michael Bay e producida por Steven Spielberg con guión de Roberto Orci e Alex Kurtzman. Está protagonizado por Shia LaBeouf, Megan Fox, Josh Duhamel, Tyrese Gibson, Jon Voight, Anthony Anderson e John Turturro, xunto con Peter Cullen e Hugo Weaving que dan voz a Optimus Prime e Megatron respectivamente.