Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán e padishá do Imperio Otomán desde 1520 ata a súa morte, coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico, e un dos monarcas máis importantes da Europa do século XVI. Levou ao Imperio ás súas maiores cotas. Baixo a súa administración o estado otomán gobernaba polo menos a 25 millóns de persoas. Sucedeu ao seu pai, o sultán Selim I, en setembro de 1520 e comezou o seu reinado emprendendo unha campaña militar contra as potencias cristiás na Europa central e no mar Mediterráneo.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron no Porto do Trigo, Trece. Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, e finado o 22 de xullo de 2025, foi un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se estende xa ao longo de 50 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Príncipe da escuridade".
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
O mar é un gran corpo de auga salgada rodeado por terra en parte ou na súa totalidade. Máis amplamente, mar - como un artigo definido - é o sistema interconectado de augas dos océanos, considerando estes un océano global e o conxunto das varias divisións oceánicas principais. O mar modera o clima da Terra e desempeña importante papel nos ciclos da auga, do carbono e do nitróxeno.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
A PO-403 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Salvaterra de Miño e Ponteareas; atravesa os concellos de Salvaterra de Miño e Ponteareas. Ten unha lonxitude de 11,24 quilómetros e iníciase en Salvaterra de Miño e finaliza nun cruzamento coa N-120 en Ponteareas.
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010 e a Medalla de Galicia en 2023.
O arianismo foi unha doutrina cristolóxica desenvolvida por Ario de Alexandria no século IV, negaba que Cristo e Deus fosen da mesma natureza e vía o Fillo como un ser divino creado polo Pai, a primeira das criaturas vindas ao mundo pola vontade de Deus, pero inferior a el. Negaba, polo tanto, a "consustancialidade" do Pai e do Fillo.
Alba de gloria (orixinalmente "Alba de groria") é un coñecido discurso de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciado co gallo do Día da Patria Galega (25 de xullo) de 1948 no festival do Centro Gallego de Buenos Aires celebrado no Teatro Argentino, publicado ese mesmo mes no número 463 d'A Nosa Terra e que o autor manifestou que comenzara a escribir un ano antes, en 1947, en Marsella (Francia).
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Iron Man 3 é un filme estadounidense de 2013 do xénero de superheroes baseado na serie de banda deseñada Iron Man de Marvel, producida pola propia Marvel e distribuída por Walt Disney Studios Motion Pictures. É secuela de Iron Man (2008) e Iron Man 2, e a sétima película do Universo Marvel. Shane Black dirixiu e escribiu o guión con Drew Pearce, utilizando conceptos do arco de historia "Extremis" de Warren Ellis.
Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega contemporánea. Renovador da poesía desde os anos 70, destaca tamén como intérprete musical, produtor e creador en varias das linguaxes audiovisuais. Desde os anos 90 Reixa converteuse ademais en figura popular comparecendo a través dos medios televisivo e radiofónico.
Vítimas mortais da violencia machista en Galicia
Esta é unha lista incompleta de vítimas mortais da violencia contra as mulleres en Galicia. O rexistro oficial de datos de violencia de xénero iniciouse en España en 2003. Inclúense algúns casos anteriores, se ben na prensa adoitaban denominarse como "crime pasional" ou "parricidio".
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
Unha rexión que posúe un clima temperado ten unha temperatura que varía regularmente ao longo do ano, cunha media por riba dos 10 °C, nos meses máis quentes e entre -3º e 18 °C, nos meses fríos. Posúen catro estacións ben definidas: un verán relativamente quente, un outono con temperaturas gradualmente máis baixas co pasar dos días, un inverno frío, e unha primavera con temperaturas gradualmente máis altas co pasar dos días. A humidade depende da localización e condicións xeográficas dunha rexión dada.
Verónica Michelle Bachelet Jeria, nada en Nuñoa (Santiago) o 29 de setembro de 1951, é unha médico e política chilena, actual presidenta da República de Chile desde o 11 de marzo de 2014. Bachelet xa ostentara a presidencia do país entre o 11 de marzo de 2006 e o 11 de marzo de 2010. Tamén foi a primeira presidenta pro tempore de UNASUR, e a primeira encargada de ONU Mulleres, axencia das Nacións Unidas para a igualdade de xénero.
Un invernadoiro é unha construción acristalada na cal se cultivan plantas, a maior temperatura ca no exterior. Aproveita o efecto producido pola radiación solar que, ó atravesar un vidro, quenta os obxectos que hai detrás; estes, á súa vez, emiten radiación cunha lonxitude de onda maior cá da (radiación infravermella) solar que ten dificultade para saír a través dos cristais. Por outro lado os peches do recinto, paredes e fiestras, encerran o aire quente impedindo a súa saída e intercambio por aire máis frío do exterior.
Pierre Auguste Renoir, nado en 1841 e finado en 1919, é un dos pintores franceses de maior sona. Non é doado clasificalo, pertenceu á escola impresionista, pero separouse dela rapidamente polo seu interese pola pintura de corpos femininos sobre as paisaxes, o pintor Rafael tivo unha grande influencia nel.
PDF (Portable Document Format, Formato de Documento Portábel) é un formato de ficheiro aberto creado por Adobe para crear documentos impresos como se se tratase dunha imaxe electrónica que o usuario pode observala no PC, imprimila etc empregando un programa lector apropiado. O fundamental deste formato é que o aspecto dos documentos é independente do dispositivo electrónico no que se visualice. O lector máis coñecido é o Adobe Reader.
Aquitania (en éuscaro: Akitania, en francés: Aquitaine, en occitano: Aquitània, en poitevino-santoñés: Aguiéne), antigamente Guyenne ou Guienne (en occitano: Guiana), é unha das 26 rexións de Francia, na parte suroeste da Francia metropolitana, ao longo do océano Atlántico e os montes Pireneos. O nome da rexión provén do nome da antiga provincia romana de Aquitania ou "país das augas". Na Idade Media foi un reino e máis tarde un ducado, cunhas fronteiras considerablemente meirandes que os modernas.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A pectina (do grego πηκτικός - pektikos, "conxelado, callado") é un heteropolisacárido estrutural da parede celular primaria das células vexetais terrestres, onde se encontra entre as fibras de celulosa. Foi illada e descrita en 1825 por Henri Braconnot. Prodúcese comercialmente en forma dun po de branco a castaño claro, que se extrae principalmente dos cítricos, e utilízase na preparación de alimentos como axente xelificante especialmente en marmeladas e xeleas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Freetown é a cidade maior e a capital de Serra Leoa, con 820.000 habitantes estimados (2006), localizada na zona occidental do país, sobre a denominada península de Freetown, na costa do océano Atlántico. Coas zonas suburbanas a poboación supera lixeiramente 1 000 000 habitantes. Administrativamente Freetown é tamén capital da Área Occidiental e máis do Distrito Urbano da Área Occidental.
A radiación infravermella é un tipo de radiación electromagnética con lonxitude de onda maior que a da luz visible, pero menor que a das microondas. O seu nome quere dicir "por debaixo do vermello", xa que o vermello é a cor de lonxitude de onda máis longa da luz visible, comprendida entre 700 nanómetros (frecuencia 430 THz) e un milímetro (300 GHz). No espectro electromagnético, os infravermellos subdivídense en infravermellos curtos (0,7-5 µm), infravermellos medios (5-30 µm) e infravermellos longos (30-1000 µm).
O aspecto gramatical, en lingüística, é unha propiedade que posúen os verbos e as perífrases verbais para sinalar o tempo interior da acción ou resaltar unha fase do seu desenvolvemento interior por enriba das demais, caracterizando así o transcurso do tempo dos acontecementos descritos. Cabo resaltar que o aspecto lingüístico diferénciase do tempo, en que mentres o tempo sinala o momento en que algo ocorre respecto de todo o demais, o aspecto especifica o tempo interior da acción ou a fase de desenvolvemento ou modificación da mesma que destaca sobre todas as demais, tanto na conxugación regular en que se reflicte o 'grao de terminación' do acontecemento, isto é, se posúe un aspecto perfectivo ou perfecto, que sinala a acción acabada no tempo de que se trate, como o aspecto imperfectivo ou imperfecto, que sinala acción inacabada no tempo exterior de que se trate. A chamada conxugación perifrástica ou por perífrase expresa os outros matices de aspecto, menos importantes ca estes .
Esparta (en grego Σπάρτη / Spártê, en dorio Σπάρτα / Spárta), ou Lacedemonia (en grego Λακεδαίμων / Lakedaímôn) foi unha antiga cidade grega do Peloponeso situada no río Eurotas na chaira de Laconia, entre o Taixetes e o Parnon. Era a capital da Laconia e unha das cidades estado máis poderosas da Grecia antiga, xunto con Atenas e Tebas.
O limoeiro (Citrus limon) é unha pequena árbore perenne, da familia das rutáceas, que pode alcanzar os 6 m de altura; posúe cortiza lisa e madeira dura e amarelenta moi apreciada para traballos de ebanistaría. Forma unha copa aberta con gran profusión de pólas, as súas follas son elípticas, coriáceas de cor verde mate (de 5 a 10 cm), acabadas en punta e con bordos ondulados ou finamente dentados. As aromáticas flores presentan grosos pétalos brancos tinxidos de rosa ou violeta na parte externa, con numerosos estames (20-40).
A moeda da Antiga Grecia pódese dividir para o seu tratamento (do mesmo xeito que a maioría das restantes formas de arte gregas) en catro períodos históricos: o arcaico, o clásico, o helenístico e o romano. O período arcaico esténdese desde a aparición da moeda no mundo grego durante século VII a. de C. ata as Guerras Médicas, arredor de 480 a.
As Illas Salomón (inglés: Solomon Islands) son un país soberano de Oceanía que forma parte da Mancomunidade Británica de Nacións. O seu territorio está formado por seis illas principais e máis de 990 illas máis pequenas en Oceanía, ao leste de Papúa-Nova Guinea e ao noroeste de Vanuatu. Ten unha superficie terrestre de 28400 km², e unha poboación de 652.858.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.