Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Verónica Fernández de Echegaray, máis coñecida como Verónica Echegui, nada en Madrid o 16 de xuño de 1983 e finada na mesma cidade o 24 de agosto de 2025, foi unha actriz española que se deu a coñecer por protagonizar a película Yo soy la Juani (2006), pola que recibiu un nomeamento aos Premios Goya á mellor actriz revelación. Posteriormente, recibiu nomeamentos como mellor intérprete feminina protagonista por El patio de mi cárcel (2008) e Katmandú, un espejo en el cielo (2011), ademais da mellor intérprete feminina de repartición por Explota Explota (2020).
María Carmen González Quintela
María Carmen González Quintela, nada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1957, é unha política galega do PPdeG.
Salvador Guillermo Allende Gossens, nado en Santiago o 26 de xuño de 1908 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 1973, foi un político chileno, presidente do seu país entre 1970 e 1973, cando foi derrocado por un golpe de estado, apoiado pola CIA e os Estados Unidos de América, que acabou coa súa vida. Non alcanzou a completar o seu goberno, que proseguía até 1976, debido ó Golpe de Estado de 1973 que o derrocou e implantou o Réxime Militar en Chile. A súa morte ocorreu durante o asalto ó Palacio de la Moneda, no que faleceu.
Bogotá, oficialmente Bogotá Distrito Capital, abreviado Bogotá, D.C. (durante a época colonial española e desde 1991 ata 2000 chamada Santafé de Bogotá) é a capital da República de Colombia e do departamento de Cundinamarca. Está organizada como distrito capital gozando de autonomía para a xestión dos seus intereses dentro dos límites da Constitución e a lei. A diferenza dos demais distritos de Colombia, Bogotá é unha entidade territorial de primeira orde en Colombia, coas atribucións administrativas que a lei lle confire aos Departamentos.
Decembro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de decembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Ademais da máis coñecida denominación popular de Nadal ou mes de Nadal, por razóns obvias, decembro tamén recibe o nome de mes de Santa Baia, en Dumbría (Constantino García González).
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Nicole Denise Cucco, nada en Rosario (Santa Fe) o 25 de agosto de 2000, é unha cantante e compositora arxentina máis coñecida como Nicki Nicole. En 2019 saltou á fama co sinxelo «Wapo traketero», logrando millóns de reproducións en YouTube nun curto período de tempo, despois de ser publicado. A canción converteuse nun fenómeno viral e entrou na listaxe Argentina Hot 100 de Billboard.
Os pobos indíxenas de Colombia ou nativos colombianos, son uns grupos étnicos que habitan en Colombia dende antes da chegada dos europeos no século XVI. No ano 2018, comprendían o 4,4% da poboación do país e están formados por 87 tribos diferentes. As estimacións sobre a porcentaxe de colombianos que son indíxenas varían, desde o 3% ou 1,5 millóns ata o 10% ou 5 millóns. Segundo as fontes oficiais, a poboación indíxena ou amerindia en Colombia, no 2018, foi de 1 905 617.
Patrimonio da Humanidade en Galicia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
A mariquiña boreal (Parkesia noveboracensis) é unha especie de paseriforme migratorio que se alimenta no chan do xénero Parkesia. Reprodúcese na parte norte de América do Norte no Canada e no norte dos Estados Unidos incluíndo Alasca, e pasa o inverno en América Central, as Antillas Menores e a Florida, así como en Venezuela, Colombia e Ecuador. É unha ave vagante rara noutros países de América do Sur e en Europa occidental.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais. Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012). O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.
Para información sobre o adxectivo, visite o Galizionario: áxil Co termo áxil (ou a miúdo coñecido co seu nome en inglés Agile) recóllense un conxunto de principios, prácticas e metodoloxías de xestión de proxectos, e especificamente, de xestión de proxectos de desenvolvemento de software. Ao longo das tres fases do desenvolvemento áxil de software, a saber, iniciación do proxecto, planificación do sprint e demostracións, os usuarios teñen a oportunidade de realizar modificacións baseadas no contexto empresarial e nos cambios na demanda dos clientes. Isto mellora a comprensión mutua entre desenvolvedores e usuarios mediante a avaliación dos módulos da solución para determinar se se están a satisfacer as necesidades empresariais, garantindo así resultados de calidade.
A Educación Infantil é o primeiro nivel educativo no sistema español. Precede á educación primaria (tamén coñecida coma educación básica) e non ten carácter obrigatorio. Actualmente o Real Decreto 95/2022 de 1 de febreiro de 2022 que desenvolve a Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación regula a etapa en todo o estado español.
Dúo Dinámico foi un dúo musical español formado en 1958 por Manuel da Calva e Ramón Arcusa. Considéraselles un dos grupos pioneiros e máis influentes do pop español, así como precursores do fenómeno fan na década de 1960. Entre os seus temas máis coñecidos destacan Quince años tiene mi amor, Quisiera ser, Amor de verano e Resistiré Tamén foron compositores e produtores para outros artistas, incluíndo a autoría do tema La, la, la co que Massiel gañou o Festival de Eurovisión 1968 en representación de España.
A lagoa de Guatavita atópase na cordilleira oriental de Colombia, no concello de Sesquilé, ó norte da cabeceira municipal de Guatavita a unha distancia de 75 km ó nordeste de Bogotá, provincia de Almeidas de Cundinamarca. A lagoa está a unha de altitude de 3.100 msnm e a unha temperatura de 5 a 11 °C. É unha depresión montañosa de forma perfectamente circular, con preto 700 m de diámetro, rodeada de bosques nativos. Na cordilleira Oriental os lagos paramunos de maior tamaño ocupan comunmente antigos circos glaciares, porén, crese que a depresión da lagoa de Guatavita formouse por un colapso por disolución de estratos salinos, o que concorda coas características xeolóxicas da rexión, onde hai grandes depósitos salinos como os de Zipaquirá, Nemocón e Tausa.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.218.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O Pazo de Parada, tamén coñecido como a "casa grande", é unha residencia privada situada na parroquia de Santiago de Parada, no concello de Amoeiro, na provincia de Ourense. Está considerado por moitos estudosos como o pazo máis grandioso da provincia, tanto pola súa arquitectura como pola súa relevancia histórica.
A ourivaría ou ourivería é o traballo artístico realizado sobre utensilios ou adornos de metais preciosos, ou aliaxes deles para facer xoias, obxectos de adorno ou de culto. Procede do latín auri ‘ouro’ e faber ‘fabricador’. Os metais que constitúen os obxectos de ourivaría propiamente ditos son eminentemente a prata e o ouro ou unha mestura de ambos que na antigüidade adoitava chamarse Electró.
Wayback Machine (pronunciado [ˈwejbak maˈʃin]) é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.
José Juan Bigas Luna, coñecido artisticamente como Bigas Luna, nado en Barcelona o 10 de marzo de 1946 e finado en Tarragona o 5 de abril de 2013, foi un director e guionista de cinema catalán. Casado con Celia Orós o 26 de setembro de 1996, rodou tanto en catalán como castelán e obtivo varias distincións internacionais.
Taylor Alison Swift, nada o 13 de decembro de 1989 en West Reading, Pensilvania, é unha cantante e compositora country e pop estadounidense. Entre os seus antepasados hai algúns coñecidos, como Richard Warren (c. 1580-1628), un peregrino do Mayflower, fundador da Colonia de Plymouth, Massachusetts, signatario do Pacto do Mayflower.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Un aturuxo, agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego. Consérvase na actualidade como un berro de alegría emitido polo público, ou os intérpretes, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
San Paio, Castrelo de Cima, Riós
San Paio é un lugar da parroquia de Castrelo de Cima, do concello ourensán de Riós, na comarca de Verín. Segundo o IGE, en 2023 tiña 6 habitantes (4 homes e 2 mulleres).
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Zambujeira do Mar é unha poboación portuguesa do concello de Odemira, localizada no suroeste do distrito de Beja, dentro da subrexión do Alentejo Litoral (NUT III), pertencente á rexión do Alentejo (NUT II). Foi sede da extinta freguesía de Zambujeira do Mar até o 29 de setembro de 2013, cando o seu territorio pasou a formar parte da freguesía de São Teotónio.
The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Un reóstato é un resistor de resistencia variábel. É xa que logo un tipo construtivo concreto de potenciómetro que recibe comunmente este nome en vez do de potenciómetro ao tratarse dun dispositivo capaz de soportar tensións e correntes moito maiores, e de disipar potencias moi grandes. Os reóstatos son usados en enxeñaría eléctrica en tarefas tales como o arranque de motores ou calquera tipo de tarefa que requira variación de resistencia en condicións de elevada tensión ou corrente.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
O Premio Global ao Ensino é un premio anual recompensado con 1 millón de dólares estadounidenses que está financiado pola Fundación Varkey. Está destinado a un mestre que fixese unha contribución excepcional á profesión. As candidaturas de profesores que cumpran os requirimentos específicos son abertos a todo o mundo, e os mestres tamén se poden nomear eles coñecen os criterios específicos son abertos ao mundialmente público, e os profesores tamén se poden propoñer eles mesmos.
Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
As illas Shetland son un grupo de illas do océano Atlántico setentrional situadas entre as illas Feroe, ao suroeste de Noruega e Gran Bretaña. Lixeiramente por enriba dos 60ºN de latitude, representan o extremo setentrional do Mar do Norte. Administrativamente constitúen un dos 32 condados de Escocia.
BDSM é a denominación usualmente empregada para designar unha serie de prácticas e afeccións sexuais relacionadas entre si e vinculadas ao que se denomina sexualidade extrema ou non-convencional. O termo emprégase a miúdo, de forma equivocada, como sinónimo de sadomasoquismo. En realidade, é un acrónimo que engloba prácticas de sexualidade non convencional, e que dá nome ao que hoxe en día é considerado como unha subcultura específica.
O Colexio Manuel Peleteiro é un colexio galego privado fundado en 1951 co nome de Academia Minerva por Manuel Peleteiro Irago e a súa muller Dolores Ramos Fernández. Impártense ensinanzas dende educación infantil ata segundo de bacharelato, e está considerado un dos mellores colexios privados de España.
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
En estatística a distribución de Pareto, formulada polo sociólogo Vilfredo Pareto, é unha distribución de probabilidade continua con dous parámetros, que ten aplicación en disciplinas como a socioloxía, a xeofísica e a economía. Nalgunhas disciplinas refírense ás veces como a lei de Bradford. O equivalente discreto da distribución de Pareto é a distribución zeta (a lei de Zipf).
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
As casas de indianos son construcións típicas nas zonas de emigrantes ás Américas. Aqueles que triunfaban enviaban cartos ó seu lugar de procedencia e construían casas dun estilo en voga daquela nas Américas, que contrastan coas da súa contorna pola riqueza de construción e formas, e que comezaron a ser chamadas así polo nome dos emigrantes ás Américas, 'indianos' os cales, en moitos casos actuaron como filántropos nas súas vilas natais, construíndo escolas, prazas, parques e restaurando as igrexas locais. Unha zona típica de casas de indianos é Ribadeo e a zona da Mariña Luguesa en xeral.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.