Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A koiné (ou κοινή; do grego «[lingua] común»), en senso propio, é unha forma de grego antigo normalizada en época helenística xurdida principalmente do grego xónico-ático e que serviu de lingua común ao principio a Grecia, onde se empregaban varios dialectos, e logo ao mundo antigo, en competencia co latín. Por extensión, unha koiné é unha lingua vehicular na que se funden diferentes dialectos e falas locais. A koiné pode ser só escrita ou oral.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Protestas polo oleoduto Dakota Access
As protestas polo oleoduto Dakota Access, tamén coñecidas polo cancelo #NoDAPL, foron movementos grassroots que comezaron na primavera de 2016 por mor da aprobación da construción do oleoduto Dakota Access por Energy Transfer Partners no norte dos Estados Unidos de América. O oleoduto foi proposto para percorrer dende os campos de petróleo de Bakken Formation no oeste de Dacota do Norte até o sur de Illinois, cruzando o río Missouri e o río Mississippi, así como por baixo do lago Oahe preto da reserva india de Standing Rock. Moitos dos membros das tribos de Standing Rock consideraron o oleoduto unha ameaza para a auga limpa da rexión e dos seus antigos campos de enterramento.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Qin Shi Huangdi (秦始皇帝 pinyin : Qín Shǐ Huángdì) foi o emperador fundador da chinesa dinastía Qin (258 a 210 a.C.) Foi primeiramente rei de Qin, desde 247 a 221 a.C.. O seu apelido era Ying (?) e o seu nome propio Zheng (?), dise que escollido por ser homónimo do mes do seu nacemento, primeiro no ano chinés. Mais o nome persoal dun soberano non era empregado, por respecto, mentres estaba vivo, de modo que para os seus contemporáneos era "o rei de Qin".
Kaş (pronunciado en turco [kaʃ]) é unha pequena cidade turca turística para pescar, mergullarse e navegar en iate, así como unha municipalidade e distrito da provincia de Antalya, Turquía. A área do distrito é de 1.750 km2, e a súa poboación é de 62.866 (2022). Está situada a 168 km ao oeste da cidade de Antalya.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
O Cristo da Vitoria de Vigo ou Cristo da Boa Vitoria é unha imaxe escultórica que se asociou tradicionalmente á Reconquista de Vigo aos franceses no ano 1809, coa liberación da vila pola intercesión divina. Ángel Ilarri Gimeno, conservador do Pazo de Castrelos, atopou un documento transpapelado nas actas municipais de Vigo, un documento de 1740 no que Bernarda Bello de los Ríos pedía permiso ao Concello para colocar unha tarima para o seu uso e asento, que fora retirada cando o recente enlousado do templo, alá polo ano 1734 e tal como viñan facendo os seus maiores. O Cristo de Vigo tamén é coñecido, por tradición oral, como "Cristo do Sal", pero non existe ningún documento oficial que acredite esta denominación.
Pamela "Pam" Denise Anderson, nada en Ladysmith (Columbia Británica), en 1967, é unha actriz e modelo canadense-estadounidense. É coñecida por interpretar a salvavidas C. J. Parker na serie de televisión Baywatch, na que tivo un papel entre os anos 1992 e 1997. Así mesmo participou en películas, comerciais, comedias de situación e programas de telerrealidade.
Diego Martínez Penas, nado en Vigo o 16 de outubro de 1980, é un adestrador de fútbol galego. Dirixiu varios clubs da Primeira e a Segunda División (Sevilla Atlético, Osasuna, Granada e Espanyol), así como o Olympiacos, da Superliga grega. En 2024 foi escollido como adestrador da selección de fútbol de Galicia.
A Cordilleira das Cascadas ou As Cascadas (Cascades en inglés) é a principal cordilleira do oeste de América do Norte, que se estende desde o sur da Columbia Británica a través dos estados de Washington e Oregón ata o Norte de California. Comprende tanto montañas non volcánicas, como son moitas das Cascadas Septentrionais, coma os notables volcáns que forman as Altas Cascadas. A pequena parte da cordilleira na Columbia Británica denomínase Cascadas Canadenses ou, localmente, Montañas Cascadas.
A Praza do Mercado (en finlandés Kauppatori, en sueco Salutorget) é unha praza central na cidade de Helsinqui, Finlandia. Está localizada no centro de Helsinqui, no extremo leste de Esplanadi e á beira do mar Báltico polo sur e de Katajanokka polo leste. A Autoridade Rexional de Transporte de Helsinqui (HSL) mantén unha ligazón por ferry durante todo o ano desde a Praza do Mercado a Suomenlinna, e no verán hai tamén compañías privadas que proporcionan viaxes en ferry, tanto a Suomenlinna coma a outras illas próximas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Henry Ford, nado o 30 de xullo de 1863 e finado o 7 de abril de 1947, foi un industrial e magnate estadounidense, fundador de Ford Motor Company e acredítanlle a creación dunha clase media na sociedade americana. Foi un dos primeiros en aplicar técnicas de traballo en cadea na produción de automóbiles. Este logro non só revolucionou a produción industrial, tivo tal influencia sobre a cultura moderna que algúns teóricos identifican esta etapa da historia social e económica como fordismo.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Pablo Echenique Robba, nado en Rosario (Arxentina) o 28 de agosto de 1978, é un científico e político español, de orixe arxentina, que ostenta a dobre nacionalidade española e arxentina. En 2015, foi elixido secretario xeral de Podemos en Aragón e, en 2016, secretario de Organización de Podemos en España. Nas eleccións europeas de 2014 foi elixido eurodeputado pola formación política Podemos.
Luis Pagán Saura, nado en Melilla o 12 de outubro de 1943 e falecido en Málaga en 2000, foi un político español do Partido Socialista Obreiro Español. Foi alcalde de Fuengirola de 1979 a 1983 e posteriormente de 1993 a 1995.Tamén foi deputado pola provincia de Málaga durante as eleccións ao Parlamento III, IV e V, de 1986 a 1996. De 1983 a 1986, foi presidente da Deputación Provincial.
As Barreiras, Poboeiros, Castro Caldelas
As Barreiras é un lugar da parroquia de Poboeiros no concello ourensán de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña tres habitantes (dous homes e unha muller), a mesma cantidade ca en 2010.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
William John "Liam" Neeson, nado o 7 de xuño de 1952 en Ballymena, condado de Antrim (Irlanda do Norte) é un actor irlandés que acadou a fama por protagonizar o filme de Steven Spielberg A lista de Schindler. Dende aquela protagonizou numerosos filmes de éxito, como Star Wars Episode I: The Phantom Menace, Taken, Taken 2, Michael Collins, Les Misérables, Batman empeza, Kinsey, Furia de titáns e a serie The Chronicles of Narnia. Foi nomeado a varios premios como o Oscar ó mellor actor, o BAFTA ó mellor actor e tres Globos de Ouro ó mellor actor dramático.
O Plan Marta foi un acordo migratorio asinado polos gobernos español e australiano mediante o que unhas 800 mulleres españolas, sobre todo do País Vasco e Galicia, menores de 35 anos, solteiras e católicas, viaxaron a Australia entre 1960 e 1963. A historia recóllese no documental El avión de las novias (2023).
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Conferencia de Paz de París (1919)
A Conferencia de Paz de París ou Tratado de Paz de París foi a reunión en 1919 dos Aliados despois do armisticio para acordar as condicións de paz trala primeira guerra mundial cos países das Potencias Centrais (Alemaña, o Imperio Otomán, Bulgaria, Austria e Hungría), estes dous últimos como representantes do desaparecido Imperio Austrohúngaro. Os aliados comezaron os seus labores de negociación entre si o 18 de xaneiro de 1919 baixo a dirección do "Comité dos Catro": Wilson, Clemenceau, Lloyd George e Orlando, aínda que os que realmente dirixiron as negociacións foron os tres primeiros. Aos países vencidos non se lles deixou asistir a estas reunións, así que os que decidiron o futuro dos vencidos, foron os países vencedores, que tiñan distintas posturas.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 225.725.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
A Romaría Viquinga de Catoira é unha festa profana que se celebra en Catoira nas contornas do castellum honesti, as actuais Torres de Oeste, cada primeiro domingo de agosto dende o ano 1961, lembrando o papel que tivo Catoira na defensa de Galiza fronte aos ataques normandos na procura do tesouro da Igrexa compostelá, e onde se escenifican as invasións viquingas ocorridas no lugar hai arredor de mil anos. Os veciños de Catoira vístense de guerreiros viquingos e de campesiños galegos da época para representar a loita. A festa comeza ás 10 da mañá coa música popular galega polas rúas da vila.
Presuntos Implicados é un grupo español nado en Yecla (Murcia) e fincado en Valencia, formado a principios da década de 1980. Os seus integrantes durante a súa época máis exitosa foron Sole Giménez, Juan Luis Giménez e Nacho (Ignacio) Mañó. O 15 de xaneiro de 2006, Sole Giménez fai público un comunicado coa súa decisión de abandonar o grupo, que non se fai efectiva ata que terminan unha serie de concertos que tiñan programados.
Iacarta (en indonesio: Jakarta), oficialmente coñecida como Capital Especial da Rexión de Iacarta (en indonesio: Daerah Khusus Ibu Kota Jakarta), é a capital de Indonesia, así como a maior cidade do país con 8 792 000 habitantes e coa área metropolitana chega aos 16 000 000, localízase na illa de Xava, na área lingüística sundanesa, aínda que a lingua maioritaria da cidade é o bahasa indonesio. Iacarta é a undécima cidade máis poboada do planeta e a súa área metropolitana é coñecida como Jabodetabekpunjur. É o centro político, industrial e financeiro do país.
Julián Besteiro Fernández, nado en Madrid o 21 de setembro de 1870 e finado en Carmona (provincia de Sevilla) o 27 de setembro de 1940, foi un catedrático e político español, presidente das Cortes durante a Segunda República, así como do Partido Socialista Obrero Español e da Unión Xeral de Traballadores. Alumno da Institución Libre de Enseñanza, estudou Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid e iniciouse na política no partido da Unión Republicana, pasando máis tarde a formar parte do Partido Republicano Radical. En 1912, ano no que tamén obtivo a súa cátedra na Universidade Central, ingresou no PSOE. Tivo un papel protagonista na folga xeral de 1917, polo que foi encarcerado en Cartaxena.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel
Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel (大激突!幻の地底遺跡だってばよ Daigekitotsu! Maboroshi no Chiteiiseki Dattebayo) é un filme de animación xaponés dirixido por Hirotsugu Kawasaki e coescrito por Kawasaki e Yuka Miyata, que se estreou no 2005. É o segundo filme baseado no anime e manga Naruto creado por Masashi Kishimoto.
SonDeSeu é a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galiza, considerada como unha das primeiras orquestras folk de Europa, formada por 67 membros e dirixida por Rodrigo Romaní. É tamén unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galiza, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O adxectivo areoso, areosa, areento ou areenta fai referencia á calidade de conter area ou presentar a natureza e as características da area. Tamén pode facer referencia a estes termos: Illa do Guidoiro Areoso, illote no concello da Illa de Arousa. Manuel Areoso, actor galego de televisión e teatro Pequeno Deserto Areoso, deserto de Australia Gran Deserto Areoso, deserto australiano.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas
A Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas é unha asociación que representa os estudantes de matemáticas en España. Ademais, encárgase de organizar actividades de divulgación das matemáticas, de crear un vínculo entre o alumnado de matemáticas en España e de promover o papel dos matemáticos no mundo laboral. Durante a asemblea xeral anual elíxese unha xunta directiva, responsable de dirixir e representar aos estudantes da Asociación noutras asociacións relevantes, e de supervisar e apoiar as ideas dentro do ámbito da asociación.
Adrián Ben Montenegro, nado en Viveiro o 4 de agosto de 1998, é un atleta galego especialista en probas de media distancia. Foi campión de España e de Europa dos 800 metros, especialidade na que acadou ademais dúas finais mundiais e unha final olímpica. Foi tamén finalista mundial e campión de España na proba dos 1500 metros.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.