Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
As Trece Rosas é o nome colectivo dado a un grupo de trece novas, a metade delas membros das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU), fusiladas en Madrid o 5 de agosto de 1939, catro meses despois de finalizar a guerra civil española. O 3 de agosto de 1939, a sentenza do fiscal do Consello Permanente de Guerra atopou as Trece Rosas como «responsables dun delito de adhesión á rebelión». As idades das vítimas estaban entre os dezaoito e os vinte e nove anos.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Michael Levitt, nado en Pretoria, Suráfrica o 9 de maio de 1947, é un físico e biofísico surafricano (nacionalizado estadounidense, británico e israelí). En 2013 recibiu o Premio Nobel de Química xunto con Arieh Warshel e Martin Karplus polo desenvolvemento de modelos e programas informáticos que permiten comprender e predicir o comportamento de complexos procesos químicos. Desde 1987 é catedrático de bioloxía estrutural na Universidade Stanford de California.
Os bombardeos de Kōbe, (en xaponés: 神戸大空襲) os días 16 e 17 de marzo de 1945, formaron parte da campaña de bombardeos estratéxicos levada a cabo polos Estados Unidos de América contra obxectivos militares, civís e centros de poboación no Xapón, durante a fase final da guerra do Pacífico e no marco da campaña sobre as illas xaponesas. A cidade volvería ser bombardeada nos meses posteriores.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Cordilleira das Cascadas ou As Cascadas (Cascades en inglés) é a principal cordilleira do oeste de América do Norte, que se estende desde o sur da Columbia Británica a través dos estados de Washington e Oregón ata o norte de California. Comprende tanto montañas non volcánicas, como son moitas das Cascadas Setentrionais, coma os notables volcáns que forman as Altas Cascadas. A pequena parte da cordilleira na Columbia Británica denomínase Cascadas Canadenses ou, localmente, Montañas Cascadas.
A gastronomía finlandesa é a cociña típica de Finlandia. A cociña finlandesa tradicional estivo fortemente influenciada pola cociña sueca, aínda que na Finlandia oriental a influencia da cociña rusa foi tamén importante. A causa do clima rigoroso e os poucos membros da alta sociedade que había, a alimentación en Finlandia consistía en alimentos pouco refinados pero enerxéticos, preparados principalmente con produtos conservables durante o inverno, como tubérculos e o repolo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A liga dos cantantes extraordinarios
A Liga dos cantantes extraordinarios é un programa musical emitido na TVG no que compiten cantantes de orquestra.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Aida Bao Pena, nada en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1990, é unha xornalista galega de radio e televisión. Ten dirixido e presentado os informativos da fin de semana na Cadea SER, incluíndo Hora 14 Fin de Semana e Hora 25 Fin de Semana. Ademais, colaborou co diario El País mediante a videocolumna semanal Notas de voz en la terraza e é profesora no Máster de Xornalismo UAM - El País.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvales (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.
Henry Ford, nado o 30 de xullo de 1863 e finado o 7 de abril de 1947, foi un industrial e magnate estadounidense, fundador de Ford Motor Company e acredítanlle a creación dunha clase media na sociedade americana. Foi un dos primeiros en aplicar técnicas de traballo en cadea na produción de automóbiles. Este logro non só revolucionou a produción industrial, tivo tal influencia sobre a cultura moderna que algúns teóricos identifican esta etapa da historia social e económica como fordismo.
Arieh Warshel, nado en Sde Nahum, Israel, o 20 de novembro de 1940, é un fisicoquímico israelí (nacionalizado estadounidense). En 2013 recibiu o Premio Nobel de Química xunto con Michael Levitt e Martin Karplus polo desenvolvemento de modelos e programas informáticos que permiten comprender e predicir o comportamento de complexos procesos químicos. Na actualidade é catedrático de Química e Bioquímica na Universidade do Sur de California.
Nosa Señora dos Remedios de Corme Porto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.077 habitantes (588 homes e 509 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.434 habitantes.
Sydney Bernice Sweeney, nada o 12 de setembro de 1997 en Spokane, Washington, é unha actriz estadounidense. Acadou sona internacional após interpretar a Emaline na serie de Netflix Everything Sucks! (2018), a Eden na serie The Handmaid's Tale (2018) e a Alice na miniserie de HBO Sharp Objects (2018).
A precarga da memoria caché (en inglés: cache prefetching) é unha técnica empregada polos procesadores para mellorar o rendemento dos programas buscando instrucións ou datos dende niveis máis baixos da xerarquía de memoria (onde están almacenados) a niveis máis altos (onde o acceso é máis rápido) antes de que o programa os necesite. A meirande parte dos procesadores modernos posúen unha memoria caché rápida e local na que se almacenan os datos obtidos mediante precarga ata que se requiran. Habitualmente, o lugar de onde proceden os datos é a memoria principal.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 225.767.
Ponte Carreira é un lugar da parroquia de Gafoi no concello coruñés de Frades, na comarca de Ordes. Segundo o IGE, en 2022 tiña 174 habitantes (85 homes e 89 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 2009 cando tiña 201 habitantes. Sitúase xunto a Ponte Carreira (Ledoira, do outro lado do rego do Porto) e A Ponte Carreira (Pastor, O Pino, do outro lado do río Tambre).
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Os crocodilianos ou crocodilios son os réptiles da orde Crocodilia (ou Crocodylia), da que existen 24 especies vivas e numerosas fósiles. Son réptiles maioritariamente grandes, predadores e semiacuáticos. Pertencen a esta orde os crocodilos (familia Crocodylidae), os aligátores e caimáns (ambos da familia Alligatoridae) e os gaviais (familia Gavialidae).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
The Fields of Athenry (Os campos de Athenry) é unha célebre canción popular irlandesa. Compúxoa na década de 1970 Pete St John, moi popular en Irlanda e noutros lugares, converteuse no himno oficial de organizacións, equipos deportivos e na canción característica da Gran fame irlandesa, tema do que trata a canción.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O Trofeo MacCrimmon de Gaita é unha competición musical celebrada dende 1986 no marco do Festival Intercéltico de Lorient entre gaiteiros galegos e asturianos. Os competidores deben tocar música tradicional galega, asturiana e bretoa e un xurado formado por membros das tres rexións elixe un gañador. O gaiteiro máis laureado é o galego Edelmiro Fernández, con catro vitorias, seguido do asturiano José Manuel Tejedor, con tres.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O caracal (Caracal caracal) é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos. É un felino de tamaño medio (entre 60 e 92 cm de longo, sen incluír a curta cola) que vive nas sabanas e zonas semidesérticas de África e no oeste de Asia, desde Turquía até o sur de Kazakhstán e o noroeste da India. Evita as zonas excesivamente boscosas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Alemaña nazi e Terceiro Reich son os nomes comúns para designar a Alemaña durante o período entre 1933-1945, cando o goberno estaba controlado por Adolf Hitler e o seu Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (NSDAP), máis coñecido como Partido Nazi. Baixo o goberno de Hitler, Alemaña foi transformada nun estado totalitario, onde case todos os aspectos da vida eran controlados polo Estado. A Alemaña nazi deixou de existir despois de que as Forzas Aliadas derrotaran a Wehrmacht en maio de 1945, co que rematou así a segunda guerra mundial en Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao.
O topónimo Pedrido pode referirse a: En Galiza Pedrido, lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos, no concello de Barreiros; Pedrido, lugar da parroquia de Nogueira de Miño, no concello de Chantada; Pedrido, lugar da parroquia de Santiago de Mondoñedo, no concello de Mondoñedo; Pedrido, lugar da parroquia de Villestro, no concello de Santiago de Compostela; Pedrido, lugar da parroquia da Ría de Abres, no concello de Trabada; Pedrido, lugar da parroquia de Santa Cruz do Valadouro, no concello do Valadouro; Pedrido, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Vilalba; O Pedrido, lugar da parroquia da Castañeda no concello de Arzúa; O Pedrido, lugar da parroquia de Tabeaio no concello de Carral; O Pedrido, lugar da parroquia de Visantoña no concello de Mesía; O Pedrido, lugar da parroquia de Céltigos no concello de Ortigueira; O Pedrido, lugar da parroquia de Morlán no concello de Trazo; O Pedrido, lugar da parroquia de Burgás no concello de Xermade; A Pasaxe do Pedrido, lugar da parroquia de Moruxo no concello de Bergondo.
Os sucesos de Montejurra tiveron lugar o 9 de maio de 1976, nos inicios da Transición española, durante os actos políticos que tradicionalmente acompañaban o vía crucis anual que desde 1939 os carlistas levaban a cabo no monte navarro de Montejurra, en memoria dos requetés mortos na guerra civil. No transcurso da romaría, os homes da Comuñón Tradicionalista de Sixto de Borbón Parma, irmán do pretendente carlista Carlos Hugo e enfrontado a el, co apoio do denominado búnker franquista, que aínda controlaba os resortes do Estado, prepararon unha operación violenta contra o Partido Carlista e os seguidores de Carlos Hugo para recuperar os actos para o tradicionalismo e promover a "entronización" de Sixto como líder do carlismo. Nesa operación, coñecida como Operación Reconquista, na que tomaron parte tamén mercenarios neofascistas italianos e arxentinos, algúns partidarios de Sixto de Borbón abriron fogo contra os participantes na romaría.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O Trofeo Emma Cuervo é un torneo amigable de fútbol organizado polo Ribadeo FC, que se celebra no estadio Pepe Barrera de Ribadeo. Trátase do segundo torneo amigable máis antigo do Estado español, disputándose tódolos veráns dende 1952. Foi creado polo entón presidente do Ribadeo Pepe Barrera, na honra de Emma Cuervo, unha cubana á que o unía unha grande amizade.
O Airbus A380, fabricado polo consorcio europeo Airbus desde o 2005 ata 2021, é un avión para o transporte de viaxeiros (entre 555 e 850 viaxeiros), o que o converte no maior avión comercial da historia. Trátase dun catrimotor de dous pisos e fuselaxe ancha e debido ao seu tamaño moitos aeroportos tiveron que modificar e mellorar as súas instalacións para acomodalo. Inicialmente foi chamado Airbus A3XX e deseñouse para desafiar o monopolio de Boeing no mercado dos avións de gran tamaño.
O modus ponens, ou de separación, é unha figura de razoamento lóxico relativa á implicación . Consiste en afirmar unha implicación ("se A entón B ") e despois poñer o antecedente (" ou A ") para deducir o consecuente (" entón B "). O termo modus ponens é unha abreviatura do latín modus ponendo ponens que significa " o modo que, ao afirmar, afirma ".
Tríada Escura da Personalidade
En psicoloxía, a tríada escura da personalidade refírese á suma de tres trazos de personalidade; o narcisismo, o maquiavelismo e a psicopatía. Este modelo foi formulado por Delroy L. Pauhlus e Kevin M. William en 2002 e as súas tres compoñentes comparten un núcleo de manipulación, inestabilidade e egoísmo. Estes autores, aseguran que estas tres personalidades comparten una serie de características que simbolizan un carácter malévolo socialmente con tendencias de conduta cara a autopromoción, frialdade emocional, duplicidade e agresividade.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
O fútbol gaélico (chamado en irlandés: Peil Ghaelach ou Caid) é unha variante do fútbol orixinario de Irlanda. Xunto co hurling, é o deporte de máis popularidade nese país . O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 membros (alternativamente 11, 9 ou 7 dependendo da competición, ás veces mesmo 5, raramente 8) nun campo de céspede rectangular.