Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A tirosinase é unha oxidase que é o encima limitante da velocidade para controlar a produción de melanina. Intervén principalmente en dúas reaccións da síntese de melanina tamén coñecidas como a vía Raper–Mason. Primeiro, a hidroxilación dun monofenol e despois, a conversión dun o-difenol á correspondente o-quinona.
Un videoxogo independente ou indie (do inglés, independent video game) é un videoxogo desenvolto por individuos, pequenos equipos ou estudios independentes sen o respaldo financeiro nin loxístico de grandes editoras da industria dos videoxogos. Este tipo de produción caracterízase xeralmente por orzamentos reducidos, maior autonomía creativa e unha forte orientación cara á innovación en deseño, narrativa ou mecánicas de xogo. O termo utilízase en contraste cos videoxogos denominados AAA, que son producións de grande escala financiadas por grandes compañías e orientadas a mercados masivos.
Os malvados de Firecreek (en inglés: Firecreek) é un filme estadounidense de 1968 dirixido por Vincent McEveety e protagonizado por James Stewart e Henry Fonda, no seu segundo papel como antagonista ese ano xunto con Ata que chegou a súa hora de Sergio Leone. O filme é semellante a Só ante o perigo e o resto do elenco está composto por Inger Stevens, Dean Jagger, Ed Begley, Jay C. Flippen, Jack Elam e John Qualen.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
José Suárez Fernández, nado en Allariz en 1902 e finado na Guarda o 5 de xaneiro de 1974, foi un fotógrafo galego. A súa obra pode relacionarse coa fotografía humanista, co ser humano e o seu contorno como tema central a través da súa visión persoal. Con todo, algúns autores inclúen a súa obra na Nova Obxectividade.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.619.
2000 metriv do Andriivky (en ucraíno: 2000 метрів до Андріївки) é un filme documental ucraíno producido e dirixido por Mstyslav Chernov. Segue a Chernov, Alex Babenko e un pelotón ucraíno durante unha misión para liberar a aldea de Andriivka, ocupada por Rusia, durante a guerra ruso-ucraína en curso. Estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Sundance o 23 de xaneiro de 2025, e estreouse de xeito limitado nos cinemas dos Estados Unidos o 25 de xullo a través de PBS Distribution, antes de emitirse na canle Frontline en decembro.
Para unha introdución básica ás operacións Booleanas, diagramas de Venn, táboas da verdade e aplicacións Booleanas. Para información en canto ó uso dos números binarios nos sistemas informáticos, véxase o artigo aritmética binaria. En matemáticas, unha Álxebra Booleana é unha estrutura alxébrica que captura a esencia das operacións lóxicas AND, OR e NOT. Cando se usa no ámbito dos conxuntos hai que ter en conta as operacións de intersección, unión e complemento.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Rosario Porto Ortega, nada en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 1969 e finada en Brieva o 18 de novembro de 2020, foi unha avogada galega non exercente, condenada, canda a seu esposo, Alfonso Basterra, polo asasinato da filla adoptiva de ámbolos dous, Asunta Basterra, en 2013. Rosario remataría suicidándose en prisión.
A Copa do Mundo de 2026 será a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo terá lugar en 10 cidades dos Estados Unidos, 3 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. Será a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Revolución galega de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe a revolta iniciada co pronunciamento do comandante Miguel Solís, o 2 de abril de 1846 en Lugo, contra o goberno conservador do xeneral Narváez. O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España.
A historia das relixións é o rexistro escrito dos sentimentos, pensamentos e ideas relixiosas humanas. Este período da historia relixiosa comeza coa invención da escritura hai uns 5.200 anos (3200 a.C.). A prehistoria da relixión implica o estudo das crenzas relixiosas que existían antes da chegada dos rexistros escritos.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
En enxeñaría eléctrica denomínase polaridade á calidade que permite distinguir cada un dos terminais dunha pila, batería ou outras máquinas eléctricas de corrente continua. Cada un destes terminais chamados polos, pode ser negativo ou positivo. Antes do descubrimento de que a corrente eléctrica é un fluxo de portadores de carga eléctrica, que nos metais son electróns e circulan desde o polo negativo ou cátodo ao positivo ou ánodo, esta definiuse como un fluxo de cargas positivas e fixouse o sentido convencional da corrente como un fluxo de cargas desde o polo positivo ao negativo.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Erica, coñecidas como uces, urces ou carrouchas, é un xénero de fanerógamas que inclúe unhas 700 especies da familia Ericaceae. Son plantas resistentes á seca, á acidez edáfica e aos lumes. Son moi comúns en Galicia e, en xeral, na Europa atlántica, formando parte da matogueira, mesturándose con toxos e outros matos, e formando as uceiras, unha das paisaxes e ecosistemas máis representativos da zona.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
O cabo Cañaveral (en inglés: Cape Canaveral) é un cabo situado na costa leste do estado de Florida ó norte da cidade homónima. É amplamente coñecido por ser, dende 1950, o principal centro das actividades espaciais dos Estados Unidos. Dende o punto de vista xeográfico é un estreito promontorio que se estende sobre o océano Atlántico.
Abril na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes. Eladio Rodríguez recolle o costume de acender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais. Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012). O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.
O Festival de Cans é un festival de curtametraxes que se celebra desde 2004 na parroquia de Cans, no Porriño, en paralelo ao Festival de Cannes, no mes de maio. O festival naceu pola semellanza entre os dous nomes (se ben, en francés non se pronuncia o -s final de Cannes). Proxéctanse fundamentalmente curtametraxes galegas e pretende retirarlle todo o cerimonioso que teñen estes certames: as proxeccións non son en cines senón en alpendres, adegas e baixos de casas; en vez de limusinas o "vehículo oficial" son os chimpíns etc., nun concepto que os seus organizadores denominan "agroglamour".
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Malavision: The Beginning é un videoxogo independente de terror e aventura en primeira persoa, desenvolto e publicado por Warani Studios, lanzado oficialmente o 17 de outubro de 2016 para PC a través da plataforma Steam, e relanzado en 2022 para PlayStation 4 baixo o título The origin: Blind Maid. Trátase dun dos primeiros títulos comerciais da industria emerxente de videoxogos en Paraguai, baseado na lenda de Malavisión.
x86-64 (tamén coñecido como x64, x86_64, AMD64, ou Intel 64) é unha extensión de 64 bits do conxunto de instrucións x86. Foi anunciado en 1999 e dispoñible na familia AMD Opteron no 2003. Presenta dous novos modos operativos: o modo de 64 bits e modo de compatibilidade, xunto cun novo mecanismo de paxinado en catro-niveis.
Kurt Erich Suckert, nado en Prato o 9 de xuño de 1898 e finado en Roma o 19 de xullo de 1957, foi un xornalista, dramaturgo, escritor e diplomático italiano coñecido como Curzio Malaparte. O apelido escollido para asinar as súas obras, que empregou desde 1925 significa literalmente "de mal lugar" e é un xogo de palabras con "Buonaparte", en referencia a Napoleón Bonaparte.
Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).
XXVII edición dos Premios Goya
A 27ª cerimonia de entrega dos Premios Anuais da Academia "Goya" tivo lugar no Centro de Congresos Príncipe Felipe, localizado no Hotel Auditorium, o 17 de febreiro de 2013. A presentadora foi Eva Hache, quen xa ocupou ese mesmo posto na anterior edición.
Santa Mariña de Ribasar é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Limita ao norte co concello de Brión, ao leste co de Teo, ao sur co de Padrón e no oeste coa parroquia de Sorribas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 435 habitantes (211 homes e 224 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Bosnia e Hercegovina (en bosníaco, croata e serbio latino: Bosna i Hercegovina, en cirílico: Босна и Херцеговина) é unha república federal dos Balcáns, que limita ao norte, oeste e sur con Croacia, ao leste con Serbia, e ao sueste con Montenegro, dispoñendo aínda dunha minúscula extensión de litoral, no mar Adriático. A poboación do país está composta por tres "pobos constituíntes" diferenciados, os bosníacos, o maior dos tres, en segundo lugar os serbios e finalmente os croatas. A distinción entre bosníaco e hercegovino é considerada simplemente rexional e, en ningún momento, unha distinción étnica.
A inmigración armenia en España (en armenio: Հայերն Իսպանիայում; Hayern Ispaniayum) fai referencia ao movemento migratorio dende Armenia cara ao Reino de España. O seu número calcúlase arredor das 40.000 persoas, principalmente en Valencia, Barcelona e Madrid. España foi o cuarto destino máis popular da emigración armenia en 2011.
Neil Alden Armstrong, nado en Wapakoneta, Ohio o 5 de agosto de 1930 e finado o 25 de agosto de 2012 foi un astronauta estadounidense e o primeiro home en pisar a Lúa, o 20 de xullo de 1969. Foi tamén enxeñeiro aeroespacial, aviador naval, piloto de probas e profesor universitario. Antes de converterse en astronauta, Armstrong foi oficial na U.S. Navy e serviu na Guerra de Corea.