Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é xornada recoñecida nalgúns países. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.
Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000. É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.
A proteína do retinoblastoma (a proteína simbolízase como Rb ou pRb e o seu xene como Rb, RB ou RB1) é unha proteína supresora de tumores que é disfuncional en varios cancros importantes. Unha función da pRb é impedir o crecemento celular excesivo ao inhibir a progresión do ciclo celular ata que a célula está pronta para dividirse. Cando a célula está preparada para dividirse, a pRb é inactivada por fosforilación, e o ciclo celular pode progresar.
O coñecemento é unha conciencia dos feitos, unha familiaridade coas persoas e as situacións ou unha habilidade práctica. O coñecemento dos feitos, tamén chamado coñecemento proposicional, caracterízase a miúdo como unha crenza verdadeira que se distingue da opinión ou a conxectura en virtude da xustificación. Aínda que existe un amplo consenso entre os filósofos en que o coñecemento proposicional é unha forma de crenza verdadeira, moitas controversias céntranse na xustificación.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou filosofía e letras en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial.
The Hives é unha banda sueca de rock formada na cidade de Fagersta. Chegaron ao grande público coa edición do seu recompilatorio de grandes éxitos Your New Favourite Band, que contén o seu tema máis coñecido, "Hate to Say I Told You So". Un trazo característico da banda son os traxes brancos e negros que usan os seus membros nos directos.
Un aminoácido é unha molécula orgánica difuncional, contén simultaneamente grupos funcionais amino (-NH2) e ácido carboxílico (-COOH), e diferéncianse entre si grazas á cadea lateral (R) específica para cada aminoácido. Os elementos básicos que os conforman son carbono (C), hidróxeno (H), osíxeno (O) e nitróxeno (N), mais pódense atopar outros elementos como o xofre (S) nas cadeas laterais. Os aminoácidos clasifícanse en grandes grupos en función das posicións relativas entre os grupos amino e ácido, sendo alpha- (α-), beta- (β-), gamma- (γ-) ou delta- (δ-), mais dado que os α-aminoácidos son os proteinoxénicos, en bioquímica, o termo aminoácido úsase como termo curto e xeral para referirnos a estes.
O Sol é unha estrela de tamaño medio, en relación ao conxunto da nosa galaxia, a Vía Láctea, arredor da cal gravitan a Terra e mailos outros membros do noso sistema planetario. É unha estrela de tipo espectral G2, constituíndo a fonte primaria de enerxía electromagnética do sistema planetario. A súa masa é de 333 000 veces a da Terra e o seu volume 1 400 000 veces.
Keanu Charles Reeves nado en Beirut o 2 de setembro de 1964, é un actor canadense de cine e televisión. É coñecido polas súas interpretacións en filmes como Speed (1994), Matrix (1999), Matrix Reloaded (2003), Matrix Revolutions (2003), Constantine (2005), The Day the Earth Stood Still (2008) e, máis recentemente, John Wick (2014) e as súas secuelas. A revista Time considerouno unha das 100 persoas máis influentes do mundo no 2022.
Orraca de Galicia, Castela e León
Dona Urraca ou Dona Orraca, nada en Burgos contra 1081 e finada en Saldaña de Burgos o 8 de marzo de 1126, foi raíña de Galicia, León, Castela e Toledo desde a morte do pai, o 30 de xuño de 1109, até o 8 de marzo de 1126. Era filla de Afonso VI e da súa terceira dona Costanza de Borgoña.
Estación de Málaga-María Zambrano
Málaga-María Zambrano é a estación central de ferrocarril de Málaga, incluída dentro da rede de estacións de Adif. Está situada sobre unha estación pasante de trens da rede de Proximidades Málaga denominada Málaga-Renfe, actualmente pechada por obras. Actualmente realízanse obras para crear un enlace co futuro intercambiador de Renfe e así facilitar a mobilidade entre esta, a estación de autobuses e a estación do Metro de Málaga.
(84522) 2002 TC302 é un grande obxecto trans-neptuniano de cor vermella, que está nunha resonancia orbital de 2:5 con Neptuno. Foi descuberto o 9 de outubro do ano 2002 por Mike Brown e o seu equipo, dende o observatorio de Palomar. Na lista de candidatos a planeta anano do sitio web de Mike Brown, aparece con altas probabilidades de que sexa un planeta anano.
A demografía (do grego δῆμος dēmos 'pobo' e γραφία grafía 'trazo') é a ciencia que ten como obxectivo o estudo das poboacións humanas e que trata da súa dimensión, estrutura, evolución e características xerais, considerados desde un punto de vista cuantitativo. Xa que logo a Demografía estuda estatisticamente a estrutura e a dinámica das poboacións humanas e as leis que rexen estes fenómenos. Os datos demográficos adoitan expresarse nunha pirámide de poboación.
Parque Nacional de Phong Nha-Ke Bang
O Parque Nacional de Phong Nha-Ke Bang (en vietnamita: Vườn quốc gia Phong Nha-Kẻ Bàng) é un parque nacional, Patrimonio Mundial da provincia de Quang Binh, Vietnam. Este parque contén multitude de covas e grutas. En 2003, a UNESCO incluíu este parque na súa listaxe de patrimonios importantes do mundo a protexer.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
1918 (MCMXVIII) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano. Este ano marcou a fin da Gran Guerra (primeira guerra mundial), conflito que resultou na morte de entre 15 e 22 millóns de persoas (1 % da poboación total nese momento). As consecuencias da guerra continuarán afectando a Europa e ao resto do mundo durante os seguintes anos.
O autismo é un trastorno do neurodesenvolvemento caracterizado por problemas na interacción social, comunicación verbal e non verbal e comportamentos limitados e repetitivos. Os primeiros sinais deste trastorno detéctanse habitualmente nos dous primeiros anos de idade dos nenos. Estes sinais adoitan desenvolverse de forma gradual, malia que algúns nenos con autismo acadan os seus fitos de desenvolvemento a un ritmo normal e posteriormente presentan unha regresión.
As Illas Hébridas (Innse Gall en gaélico escocés, Hebrides en inglés) son un extenso arquipélago na costa oeste de Escocia. Pertencen politicamente ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte. Desde o punto de vista xeolóxico, o arquipélago está composto polas rochas máis antigas das illas Británicas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Os cromosomas politénicos son cromosomas que sufriron repetidas duplicacións sen separarse e están formados por centos ou miles de febras (cromátides), propios de certos tecidos dos insectos dípteros. As células das glándulas salivares dos insectos da orde dos dípteros presentan núcleos que están nunha interfase permanente. Durante o crecemento e desenvolvemento das larvas destes insectos, a división celular detense nalgúns tecidos pero as células continúan o seu crecemento por incremento de volume.
Los domingos é un filme dramático de 2025 dirixido por Alauda Ruiz de Azúa e protagonizado por Patricia López Arnaiz, Mabel Rivera, Blanca Soroa, Nagore Aranburu e Miguel Garcés. Foi premiada coa Cuncha de Ouro do Festival Internacional de Cine de Donostia. Nos premios Goya de 2026 recibiu cinco galardóns: o de mellor filme, dirección, actriz secundaria, actriz protagonista e guión orixinal.
Biodiversidade (neoloxismo do inglés biodiversity, á súa vez do grego βιο-, vida, e do latín diversĭtas, -ātis, variedade), ou diversidade biolóxica, é a variedade de vida dun hábitat ou dun ecosistema, ou mesmo o conxunto presente na Terra. Este termo polo xeral refírese á riqueza de especies, inda que se pode referir tamén á variación a nivel xenético, fenotípico ou o presente en comunidades ou ecosistemas. A diversidade de especies do planeta actual supera os 10 millóns de especies, e meirande parte desta aínda non foi descrita.
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, nado en Chantada en 1951, é un político galego do PPdeG.
Alternativa dos Veciños é un partido político que actuou ao longo da súa historia no concello de Oleiros. A partir das eleccións de 2015 iniciou un proceso de ampliación coa presentación de candidaturas nos concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo o que lle permitu entrar na Deputación da Coruña. Nos anos seguintes o partido aumentou as agrupacións locais, e así tras as eleccións de 2019 fíxose coa alcaldía do concello de Carral e entrou nos gobernos locais de Bergondo e Sada.
José Alberto Mujica Cordano, nado en Montevideo o 20 de maio de 1935 e finado o 13 de maio de 2025 na mesma cidade, foi un agricultor e político uruguaio. Foi o cuadraxésimo presidente do Uruguai entre 2010 e 2015. Con pasado guerrilleiro, pois fora membro do Movemento Nacional de Liberación-Tupamaros, iniciouse na carreira política e foi escollido deputado e senador.
As Trece Rosas é o nome colectivo dado a un grupo de trece novas, a metade delas membros das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU), fusiladas en Madrid o 5 de agosto de 1939, catro meses despois de finalizar a guerra civil española. O 3 de agosto de 1939, a sentenza do fiscal do Consello Permanente de Guerra atopou as Trece Rosas como «responsables dun delito de adhesión á rebelión». As idades das vítimas estaban entre os dezaoito e os vinte e nove anos.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Cruz de Borgoña ou Aspa de Borgoña é unha representación da Cruz de Santo André na que os troncos que forman a cruz aparecen cos seus nós nos lugares onde se cortan as ramas. Este emblema foi incluído nos escudos de armas e nas bandeiras de España, tanto de terra como de mar, desde 1506, época da súa introdución coa Garda borgoñoa de Filipe o Fermoso, até Xoán Carlos I. A Cruz de Borgoña desapareceu do escudo de armas do rei de España, e do seu estandarte, no reinado de Filipe VI, así como nos estandartes, bandeiras, bandeirolas, guións, pendóns e confalóns das Forzas Armadas de España. Esta cruz tamén é a orixe do símbolo distintivo que marca as colas dos avións do Exército do Aire de España.
Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947 e finado en Madrid o 3 de marzo de 2026, foi un xornalista galego. Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe.
A dinastía Tang (en chinés 唐朝; pinyin Táng Cháo; Chinés medio Dâng){{; pronunciación en coreano: tɑːŋ) foi unha dinastía imperial de China que gobernou desde 618 ata 907, cun interregno entre 690 e 705. Foi precedida pola dinastía Sui e seguida polo período das Cinco Dinastías na historia chinesa. Os historiadores xeralmente considérana como un punto culminante da civilización chinesa e unha época dourada da cultura cosmopolita.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
En terra de homes (en inglés: North Country) é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Niki Caro. Está protagonizado por Charlize Theron, Frances McDormand, Sean Bean, Richard Jenkins, Michelle Monaghan, Jeremy Renner, Woody Harrelson e Sissy Spacek. O guión, escrito por Michael Seitzman, está inspirado no libro Class Action: The Story of Lois Jenson and the Landmark Case That Changed Sexual Harassment Law de Clara Bingham e Laura Leedy Gansler, que relata o caso real de Jenson v.
Unha icona cultural é unha persoa ou un obxecto que é identificado por membros dunha cultura como representante dela. O seu proceso de identificación é subxectivo, e "as iconas" son xulgadas pola extensión pola que poden ser vistas como un símbolo auténtico daquela cultura. Cando os individuos perciben unha icona cultural, relaciónana coas súas percepcións xerais da identidade cultural representada.
Os venres negros son unha serie de protestas levadas a cabo polo persoal da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), agrupados no movemento Defende a Galega, iniciadas para denunciar a manipulación informativa e a falta de independencia editorial nos medios públicos galegos. Estas protestas continuaron ocorrendo todos os venres, durante anos e, polo seu nome simbólico e a roupa de cor negra que visten os manifestantes, fai referencia ao "loito" pola calidade do xornalismo. Os participantes nese movemento denunciaron represalias contra eles.
San Martiño de Sagra é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (63 mulleres e 49 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.
Mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos
O Mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos é un antigo mosteiro, hoxe abandonado, no lugar de San Xusto, no concello de Lousame.
Pyxis ou Compás Náutico é unha constelación menor do sur, inserida por Nicolas Louis de Lacaille baixo o nome de Pyxis Nautica. Suponse que representa o compás da Argo Navis, porén é moi difícil pensar que a Argo Navis puidese ter un compás, xa que os gregos non coñecían este instrumento de navegación. Cabe subliñar que Pyxis non é oficialmente unha parte de Argo Navis; xa que as súas estrelas teñen unha designación de Bayer independente (a diferenza de Carina, Puppis e Vela as cales aínda posúen parte das designacións de Bayer de Argo).
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
Os Cheetahs, coñecidos por motivos de patrocinio como Toyota Cheetahs, son un equipo de rugby surafricano con sede nada cidade de Bloemfontein (Estado Libre). Após competir entre 2006 e 2017 no Super Rugby, actualmente compite no Pro14, unha competición profesional que agrupa a equipos de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. O estadio onde xogan os seus partidos como local é o Free State Stadium, un recinto inaugurado en 1955 con capacidade para 46.000 espectadores.
The Beach Boys son un quinteto vocal e instrumental orixinal de Hawthorne (Os Ánxeles) que popularizou un estilo de pop coñecido por "Surfing" ou "Hot-Rod". As súas cancións responden a un movemento xuvenil de California da década de 1960, un despreocupado xeito de vivir que tiña nas praias, os coches, as mozas e o surf os seus principais sinais de identidade. O grupo estivo formado por tres irmáns: Brian (compositor, vocais, baixo, piano), Carl (guitarra, vocais) e Dennis Wilson (batería, vocais), xunto cun curmán da familia, Mike Love (vocal) e un veciño, Ao Jardine (guitarra, vocais).
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Red Cliff (en chinés: 赤壁, Chì Bì) é un filme épico chinés dirixido por John Woo que se estreou en dúas partes no 2008 e no 2009. Baséase na Batalla dos Cantís Vermellos (-208 e -209) e os eventos do fin da Dinastía Han e inmediatamente anterior ó período dos Tres Reinos na China antiga. Está protagonizado por Tony Leung, Takeshi Kaneshiro, Zhang Fengyi, Chang Chen, Hu Jun, Lin Chi-ling e Zhao Wei.
O Imperio Bizantino ou Imperio Romano de Oriente foi a continuación do Imperio Romano durante o final da Idade Antiga e a Idade Media, centrado en Constantinopla ou Bizancio (actual Istanbul). A metade oriental do imperio sobreviviu ás condicións que provocaron a caída de Occidente no século V, e continuou existindo ata a caída de Constantinopla ao Imperio Otomán en 1453. Durante a maior parte da súa existencia, o imperio foi a maior forza económica, cultural e militar no mundo mediterráneo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol. A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous traballadores, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.
Mo gi gsang b'i zhabs khra (en dzongkha: མོ་གི་གསང་བའི་ཞབས་ཁྲ) é un filme butanés escrito, coproducido e dirixido por Dechen Roder. Segue a historia dunha mestra de escola que viaxa ao sur de Bután na procura dun dobre para salvar o seu traballo e a súa reputación. Foi escollido como candidato de Bután para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Campionato do Mundo de clubs de hóckey a patíns
O Campionato do Mundo de hóckey a patíns é unha competición internacional de hóckey a patíns na que se enfrontan clubs de diferentes continentes nunha sede fixada. Iniciouse o ano 2006 en Luanda, Angola, e recupera o formato das 2 primeiras edicións da Copa Intercontinental, unha liguiña entre 12 equipos de África, América e Europa. A segunda edición desta competición disputouse no 2008 na cidade de Reus, con vitoria para o cadro local.
O Club Berbés, tamén denominado en parte da súa historia como Club Vigués, foi un equipo de fútbol galego. Foi fundado en 1932 no barrio do Berbés, na cidade de Vigo homónimo. Disolveuse en 1950, se ben algúns autores[quen?] sosteñen que se produciu un cambio de denominación en 1951 ao Club Celta Berbés, e posteriormente ata 1954 Club Celta Casablanca, ano no que desapareceu.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Ichinomiya (一宮市, いちのみやし, Ichinomiya-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e ó noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 113,91 km², a poboación é de 378.163 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 3.320 h/km².