Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Modelos de enfermidades humanas isoxénicos
Os modelos de enfermidades humanas isoxénicos son os conxuntos de células que son seleccionadas ou preparados por enxeñaría para serviren de modelos exactos da xenética dunha poboación de pacientes específica in vitro. Proporciónanse un par de liñas celulares que coinciden no seu fondo xenético, unha de "células normais" que serven de control para comparar, e a outra unha liña de células coas modificacións introducidas por enxeñaría, que serve de sistema isoxénico para investigar a bioloxía da enfermidade e novos axentes terapéuticos. Poden utilizarse como modelos de calquera doenza que teña unha base xenética.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
A galegofobia ou galaicofobia fai referencia á aversión non xustificada cara a Galicia, cara á cultura e lingua galegas e cara ao individuo galego e a súa identidade. Malia que o termo non aparece recollido en ningún dicionario de corte académico, trátase da denominación xenérica e popular para se referir a este fenómeno tanto na prensa coma no eido social. Así, a primeira constancia que se ten do seu uso é nun artigo de prensa asinado por Villar Ponte e datado en 1916.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é xornada recoñecida nalgúns países. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.
Ursula Gertrud von der Leyen, nada como Ursula Gertrud Albrecht en Ixelles, Bruxelas, o 8 de outubro de 1958, é unha política alemá, presidenta da Comisión Europea dende 2019. Von der Leyen está afiliada á Unión Demócrata Cristiá (CDU), partido de centro-dereita do cal é unha das vicepresidentas. Foi a primeira muller no cargo de ministra de Defensa de Alemaña, entre 2013 e 2019, despois de liderar os ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, entre 2009 e 2013, e de Familia, Terceira Idade, Mulleres e Xuventude, entre 2005 e 2009.
Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras, que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea, tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes. Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano.
Roberto Varela Fariña, nado en Dena (Meaño) o 22 de marzo de 1959, é un diplomático, poeta e político galego. Desde o ano 2009 ata o 2012 foi conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e desde o 2012 ata o ano 2017 foi embaixador de España no Uruguai. Actualmente é conselleiro de asuntos culturais na Embaixada de España na Arxentina.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
O Sol é unha estrela de tamaño medio, en relación ao conxunto da nosa galaxia, a Vía Láctea, arredor da cal gravitan a Terra e mailos outros membros do noso sistema planetario. É unha estrela de tipo espectral G2, constituíndo a fonte primaria de enerxía electromagnética do sistema planetario. A súa masa é de 333 000 veces a da Terra e o seu volume 1 400 000 veces.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Imperio Bizantino ou Imperio Romano de Oriente foi a continuación do Imperio Romano durante o final da Idade Antiga e a Idade Media, centrado en Constantinopla ou Bizancio (actual Istanbul). A metade oriental do imperio sobreviviu ás condicións que provocaron a caída de Occidente no século V, e continuou existindo ata a caída de Constantinopla ao Imperio Otomán en 1453. Durante a maior parte da súa existencia, o imperio foi a maior forza económica, cultural e militar no mundo mediterráneo.
Corea do Norte, oficialmente República Popular e Democrática de Corea (RPDC), é un país de Asia Oriental. Constitúe a metade setentrional da Península de Corea e linda ao norte coa China e con Rusia e ao sur coa Corea do Sur, pola Zona Desmilitarizada de Corea (ZDC). A súa capital e cidade máis poboada é Pyongyang.
Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é unha república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004. Segundo a lei internacional, a illa de Chipre no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947 e finado en Madrid o 3 de marzo de 2026, foi un xornalista galego. Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.128.
Victoria Pérez Díaz, coñecida artisticamente como Victoria Vera, nada en Madrid o 19 de febreiro de 1956, é unha actriz española. Comezou a súa carreira nos anos finais da ditadura franquista, sendo considerada a Musa da Transición Española. Rodou con estrelas como Anthony Quinn, Omar Sharif e o cantante Alice Cooper, e durante os anos 1980 protagonizou algunhas das películas máis significativas do cine español como Asignatura aprobada (finalista no Óscar á mellor película estranxeira en 1988) e Testigo Azul, de P. Rodríguez, que participou no Festival de Cine de Berlín.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O politeísmo (do grego πολύς "moito" e θεός "deus") consiste en crer e/ou adorar moitos deuses e divindades. Segundo a Oxford Reference (en), non é doado contar os deuses, e polo tanto non sempre é obvio se unha relixión aparentemente politeísta, como as relixións populares chinesas, o é realmente, ou se os diferentes obxectos de adoración aparentemente deben considerarse como manifestacións dunha divindade singular. Politeísmo é toda aquela doutrina relixiosa que cre na existencia de múltiples deuses ou divindades organizadas nunha xerarquía ou panteón máis ou menos independentes.
María Concepción Jesusa Petra Luisa Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, precursora do feminismo, poeta e autora dramática galega. É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX dentro e fóra do país. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O politetrafluoretileno (PTFE) é un polímero coñecido mundialmente polo nome comercial Teflon(R), marca rexistrada de propiedade da empresa estadounidense DuPont. Descuberto accidentalmente por Roy J. Plunkett (1910-1994) para a empresa DuPont, en 1938, e presentado para fins comerciais en 1946, o PTFE é un polímero similar ao polietileno, onde os átomos de hidróxeno están substituídos por flúor, sendo así un fluoropolímero e un fluorocarbono. A fórmula química do monómero, o tetrafluoretileno, é CF2=CF2, e o polímero -(CF2-CF2)n- A marca Teflon® engloba ademais outras resinas derivadas do PTFE, tales como a resina PFA ( perfluoroalcóxido), a resina FEP ( etileno propileno fluorado ) e a resina ETFE ( etil tri flúor etileno ).
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
Os Premios Artesanía de Galicia son un galardón de periodicidade irregular outorgado pola Xunta de Galicia que se vén outorgando dende 2008 para recoñecer e fomentar o labor dos artesáns en Galicia, especial pero non unicamente en téxtil e moda, xoias e bixutería e cerámica e olería. Os premios consisten en tres categorías, que en 2008 e 2009 foron Premio Artesanía de Galicia, Premio Innovación e Premio Novos Creadores, e que posteriormente pasaron a ser Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e Premio Bolsa Eloy Gesto.
A televisión é un sistema de telecomunicación para a transmisión de imaxes en movemento, habitualmente acompañadas de son, así como tamén o medio de radiodifusión desa imaxe e son a través de ondas electromagnéticas. Funciona a partir da análise e conversión da luz e do son en ondas electromagnéticas e da súa reconversión nun aparello que recibe o mesmo nome do sistema ou pode tamén chamarse televisor ou aparello de televisión. O aparello de televisión capta as ondas electromagnéticas e a través dos seus compoñentes internos convérteas novamente en imaxe e son.
O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol. A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous traballadores, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Miquel Iceta i Llorens, nado en Barcelona o 17 de agosto de 1960, é un político catalán, primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) dende o ano 2014. Dende xaneiro a xullo de 2021 foi ministro de Política Territorial do Goberno de España, en substitución de Carolina Darias, que foi nomenada Ministra de Sanidade, en substitución de Salvador Illa, que deixou o cargo para concorrer como candidato do PSC nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021. Dende xullo de 2021 ata novembro de 2023 foi ministro de Cultura e Deporte.
El monaguillo, el cura y el jardinero
El monaguillo, el cura y el jardinero é un filme documental costarriqueño de 2025 escrito, coproducido, coeditado e dirixido por Juan Manuel Fernández. Segue os testemuños e a procura de xustiza de dous homes que foron abusados sexualmente cando eran nenos polo sacerdote Mauricio Víquez Lizano. Foi escollido como candidato de Costa Rica para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Alternativa dos Veciños é un partido político que actuou ao longo da súa historia no concello de Oleiros. A partir das eleccións de 2015 iniciou un proceso de ampliación coa presentación de candidaturas nos concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo o que lle permitu entrar na Deputación da Coruña. Nos anos seguintes o partido aumentou as agrupacións locais, e así tras as eleccións de 2019 fíxose coa alcaldía do concello de Carral e entrou nos gobernos locais de Bergondo e Sada.
Bran é un nome propio de varón de orixe celta-galaica. O seu significado provén do galés-celta Bran "corvo". O nome coincide cun topónimo galego do concello de Santiso (Bran, Niñodaguia) e outro do concello de Oroso (Bran, Os Ánxeles), mais estes topónimos teñen orixe nun nome masculino medieval de orixe xermánica, Bera, procedente dunha raíz xermánica *bera(n) "oso", *baira "xabarín" ou beran "traer, levar".
Los domingos é un filme dramático de 2025 dirixido por Alauda Ruiz de Azúa e protagonizado por Patricia López Arnaiz, Mabel Rivera, Blanca Soroa, Nagore Aranburu e Miguel Garcés. Foi premiada coa Cuncha de Ouro do Festival Internacional de Cine de Donostia. Nos premios Goya de 2026 recibiu cinco galardóns: o de mellor filme, dirección, actriz secundaria, actriz protagonista e guión orixinal.
O Líbano (árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata o sur, mentres que Chipre se atopa ao oeste, atravesando o mar Mediterráneo. A súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Valentina Vladimirovna Tereshkova (en ruso: Валентина Владимировна Терешкова), nada en Bolshoye Maslennikovo (oblast de Yaroslavl) o 6 de marzo de 1937, é unha excosmonauta, enxeñeira e política rusa. Foi a primeira muller da historia en permanecer en órbita no espazo exterior, a bordo do Vostok 6 o 16 de xuño de 1963. Para iso, foi seleccionada entre máis de catrocentos aplicantes e cinco finalistas.
Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000. É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.
O cocido galego é a maneira en que se prepara en Galicia o cocido. Este prato, no que o porco é o principal protagonista, adoita comerse a finais do outono e durante todo o inverno, e é moi fecuente na época do entroido. Tradicionalmente preparábase en épocas de moito frío, utilizando ingredientes procedentes da mata do porco.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Afonso Raimúndez, o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e finado en Fresneda (quizais El Viso del Marqués) o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Orraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña. Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).