Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Este artigo trata sobre o Estado de Nova York. Para a cidade homónima véxase Nova York. O Estado de Nova York (/es̺ˈtaðʊ de ˈnɔ.βɐ jɔrk/; en inglés: New York State [nu jɔɹk steɪt]), ou tan só Nova York, é un dos cincuenta estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Mid-Atlantic do país, ao nordeste do mesmo.
Noela é un nome propio feminino galego. Considérase a forma antiga do nome da actual vila de Noia, xa que aparece mencionada en varios manuscritos que transmitiron a obra do historiador romano Plinio. En xaneiro de 2023 existían 311 mulleres en Galicia co nome Noela, cunha media de idade de 23 anos.
Walter Gómez Pardal, nado en Montevideo o 17 de decembro de 1927 e finado en Vicente López, Arxentina, o 4 de marzo de 2004, foi un futbolista uruguaio, de orixe galega. Destacou especialmente no Nacional uruguaio e no River Plate arxentino, sendo un dos dianteiros máis importantes na historia dos dous clubs Co Nacional xogou durante catro anos, marcando 97 goles e conquistando sete títulos, entre eles dous campionatos uruguaios (1946 e 1947) e a Copa Aldao de 1946. Con River Plate xogou cinco tempadas e marcou 76 goles, sendo o máximo goleador estranxeiro da historia do club no seu día e o segundo na actualidade.
As mil e unha noites (en árabe: كتاب ألف ليلة وليلة, Alf layla wa-layla ou en persa: هزار و یک شب) é unha compilación de historias e contos populares orixinarios de Oriente Medio e Asia Meridional, compilados en lingua árabe a partir do século IX. A obra foi recompilada durante moitos séculos por varios autories, tradutores e estudosos de Asia occidental, central e meridional e do norte de África. Algúns contos teñen as súas raíces no folclore e nas literaturas árabe, persa, india, grega, xudía e turca. En particular, moitos dos relatos foron contos orixinais das eras abbásida e mamluk, mentres que outros, especialmente a historia marco, probablemente proceden da obra persa pahlavi Hezār Afsān (persa: هزار افسان, literalmente Mil Contos), que en cambio teñen en parte elementos indios.
Intercambiador de sodio/potasio/calcio 5
O intercambiador de sodio/potasio/calcio 5 (NCKX5), tamén chamado membro 5 da familia de transportadores de soluto 24 (do inglés solute carrier family 24 member 5, SLC24A5), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene SLC24A5 do cromosoma 15 que ten unha grande influencia sobre a variación da cor natural da pel. A proteína NCKX5 é un membro da familia do intercambiador de sodio/calcio dependente de potasio. As variacións da secuencia do xene SLC24A5, concretamente un SNP non sinónimo que cambia o aminoácido na posición 111 na NCKX5 de alanina a treonina, foi asociado con diferentes pigmentacións da pel.
Os baby boomers son a cohorte demográfica que segue á xeración silenciosa e que precede á xeración X. A xeración defínese xeralmente como as persoas nadas entre 1946 e 1964, durante a explosión de natalidade posterior á segunda guerra mundial. As datas, o contexto demográfico e os identificadores culturais poden variar. O baby boom ou explosión de natalidade foi descrito de varios xeitos como unha «onda expansiva» e como «o porco na pitón» (aumento estatístico representado como un engrosamiento nunha pauta).
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico
Francisco Estevo de Lorena e Borbón-Orleáns (en francés François-Étienne de Lorraine; en alemán Franz Stephan von Lothringen), coñecido tamén cos nomes de Francisco II de Toscana, Francisco III de Lorena e Francisco III Estevo, duque de Lorena, nado o 8 de decembro de 1708 en Nancy, Ducado de Lorena, e finado o 18 de agosto de 1765 en Innsbruck, Austria, Sacro Imperio Romano Xermánico, foi duque de Lorena e de Bar (Francisco III) de 1729 a 1736, de Teschen (Francisco I Estevo) de 1729 a 1765, gran duque de Toscana (Francisco II) de 1737 a 1765, sendo nomeado emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico polo seu matrimonio coa arquiduquesa herdeira María Tareixa de Austria, reinando baixo o nome de Francisco I desde o 13 de setembro de 1745 até o 18 de agosto de 1765.
Galapagar é un municipio do noroeste da Comunidade de Madrid (España), a uns 33 quilómetros da capital do estado. Esténdese sobre unha superficie de 65 km². Limita con Collado Villalba, Colmenarejo, Torrelodones, Las Rozas de Madrid, El Escorial, San Lorenzo de El Escorial, Villanueva del Pardillo, Hoyo de Manzanares, Moralzarzal e Guadarrama.
A guerra de Vietnam, chamada tamén segunda guerra de Indochina, foi un conflito bélico que enfrontou entre 1958 e 1975 aos Estados de Vietnam do Sur e Vietnam do Norte, apoiados polos seus respectivos aliados e especialmente os Estados Unidos que axudaron directamente aos survietnamitas até a súa retirada en 1973, no contexto xeral da guerra fría. As faccións en conflito foron, por unha banda, a República Democrática de Vietnam co apoio de movementos guerrilleiros survietnamitas como o Vietcong ou a Fronte de Liberación Nacional (NLF, polas súas siglas en inglés) e de subministracións soviéticas e chinesas. Polo outro lado, a República de Vietnam co apoio militar e loxístico dos Estados Unidos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.643.
O cobre (do latín cuprum, e este do grego kypros), é o elemento químico de número atómico 29 e símbolo Cu. Trátase dun metal de transición de cor arrubiada e brillo metálico que, canda a prata e o ouro, forma parte da denominada familia do cobre, caracterizada por ser os mellores condutores de electricidade. Grazas á súa alta condutividade eléctrica, ductilidade e maleabilidade, converteuse no material máis utilizado para fabricar cables eléctricos e outros compoñentes eléctricos e electrónicos.
Rosario Porto Ortega, nada en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 1969 e finada en Brieva o 18 de novembro de 2020, foi unha avogada galega non exercente, condenada, canda a seu esposo, Alfonso Basterra, polo asasinato da filla adoptiva de ámbolos dous, Asunta Basterra, en 2013. Rosario remataría suicidándose en prisión.
O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galicia respecto ós da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas, existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan e que permiten certos contrastes e igualacións cos territorios veciños de Asturias ou a provincia de León.
Os dez mandamentos (en inglés: The Ten Commandments) é un filme épico e relixioso estadounidense de 1956 producido, dirixido e narrado por Cecil B. DeMille rodado en VistaVision (cor de Technicolor), e estreado por Paramount Pictures. Baséase na novela de 1949 Prince of Egypt de Dorothy Clarke Wilson, a novela de 1859 Pillar of Fire de J. H. Ingraham, a novela de 1937 On Eagle's Wings de A. E. Southon, e o Libro do Éxodo. Os dez mandamentos é unha versión dramatizada da historia bíblica de Moisés, un príncipe exipcio adoptado que se converte no libertador do seu verdadeiro pobo, os hebreos, e lidéraos no Éxodo cara ó monte Sinaí, onde recibe de Deus os Dez mandamentos.
A desamortización foi un longo proceso histórico-económico iniciado en España a finais do século XVIII por Manuel de Godoy e fechado xa moi entrado o século XX (16 de decembro de 1964), que consistiu en poñer no mercado, mediante poxa pública, as terras e bens non produtivos en poder das chamadas "mans mortas" que non as cultivaban (case sempre a Igrexa católica ou as ordes relixiosas) que as acumularan como habituais beneficiarias de doazóns, testamentos. A finalidade principal da desamortización era acrecentar a riqueza nacional e crear unha burguesía e clase media de labregos propietarios. Ademais, o erario obtiña uns ingresos extraordinarios cos que pretendían amortizar os títulos de débeda pública.
Exodus: Gods and Kings (literalmente Éxodo: Deuses e Reis) é un filme épico estadounidense de 2014 dirixido por Ridley Scott e escrito por Adam Cooper, Bill Collage, Jeffrey Caine e Steven Zaillian. Trátase dunha coprodución entre os Estados Unidos, o Reino Unido e España e foi producido por Peter Chernin, Ridley Scott, Jenno Topping, Michael Schaefer e Mark Huffam con música de Alberto Iglesias. Os protagonistas do filme son Christian Bale, Joel Edgerton, John Turturro, Aaron Paul, Ben Mendelsohn, María Valverde Rodríguez, Sigourney Weaver, Ghassan Massoud, Indira Varma, Golshifteh Farahani e Ben Kingsley.
Moisés (hebreo: מֹשֶׁה, pron. estándar: Moshé, pron. tiberiana: Mōšeh; grego antigo: Mωϋσῆς, Mōüsēs; latín: Moyses; árabe: موسىٰ, Mūsa), chamado na tradición xudía Moshe Rabbenu (מֹשֶׁה רַבֵּנוּ, Moisés o noso mestre), é o profeta máis importante para o xudaísmo, liberador do pobo hebreo da escravitude de Exipto e encargado por Deus de entregar a lei escrita e, segundo os rabinos, a lei oral, codificada máis tarde na Mishná.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Amelio Robles Ávila, nado o 3 de novembro de 1889 en Xochipala, Guerrero e finado o 9 de decembro de 1984 na mesma vila, foi un coronel mexicano que participou na Revolución Mexicana. Foi asignado como muller co nome de Amelia Robles Ávila e viviu coma home durante 70 dos 94 anos que estivo vivo, sendo considerada a primeira persoa transxénero en México, chegándoselle a recoñecer institucionalmente o seu sexo sentido.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Yul Brynner, nado en Vladivostok o 11 de xullo de 1920 e finado en Nova York o 10 de outubro de 1985, foi un actor norteamericano de nai rusa e pai suízo-mongol. Comezou a súa carreira artística en París, con pequenos papeis en clubs, en 1941 principiou unha xira teatral polos Estados Unidos, en 1949 debutou en Hollywood. O seu papel máis coñecido foi o do rei Mongkut de Siam nas versións teatral e cinematográfica deThe King and I (O rei e mais eu), polo que gañou un Óscar.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Jessie Noelle Buckley, nada en Killarney o 28 de decembro de 1989, é unha actriz, cantante e compositora irlandesa. Gañadora dun Premio Laurence Olivier, un premio BAFTA, un Globo de Ouro e un Óscar. En 2019, foi recoñecida pola revista Forbes na súa lista anual 30 Under 30, e en 2020, foi incluída no número 38 na lista do diario The Irish Times dentro dos mellores actores irlandeses de cine de todos os tempos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A AC-552 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades da Coruña e Cee; atravesa os concellos da Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas, Vimianzo, Dumbría e Cee. Ten unha lonxitude de 88,97 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa Avenida de Arteixo na Coruña e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Cee.
O Apollo 13 foi a sétima misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América. Non puido cumprir o seu obxectivo, que era realizar unha aluaxe na rexión de Fra Mauro, debido ás enormes complicacións causadas pola explosión dun tanque de osíxeno cando a nave espacial viaxaba cara á Lúa. Esta aventura espacial foi levada ao cine en 1995 coa película Apollo 13.
María Valverde Rodríguez, nada en Madrid o 24 de marzo de 1987, é unha actriz española, gañadora do Goya á mellor actriz revelación 2003 polo filme La flaqueza del bolchevique. É coñecida por interpretar o papel de Babi no exitoso filme español Tres metros sobre el cielo, estreado o 3 de decembro de 2010, que protagonizou xunto ao galego Mario Casas.
Todos os santos é un telefilme galego de 2013 dirixido por Chema Gagino e escrito por José Antonio Pastor. Na 12ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en catro categorías, mellor actriz, mellor dirección de produción, mellor dirección artística e mellor telefilme. Finalmente gañou dous galardóns, mellor actriz para Isabel Blanco e mellor dirección de produción.
O estado neoinca, coñecido tamén como imperio de Vilcabamba ou reino de Vilcabamba, foi a derradeira entidade política independente liderada pola nobreza inca tras a conquista do imperio inca no século XVI. Xurdiu coma un foco de resistencia indíxena fronte ó dominio español, e era un estado marcado polas tradicións relixiosas e militares do antigo Tahuantinsuyu. Foi fundado en 1537 por Manco Inca, fillo do emperador Huayna Cápac, quen colaborou inicialmente cos conquistadores españois. Porén, tras sufrir abusos e perder o seu poder, liderou unha gran rebelión contra eles.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Mareas vivas é unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, que foi emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte.
Lempäälän Kisa (hóckey sobre xeo)
O Lempäälän Kisa ou simplemente LeKi é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Lempäälä (Finlandia). Foi fundado en 1904 e actualmente compite na terceira categoría do hóckey sobre xeo finés, a Suomi-sarja. Na tempada 2007-08 debutou na segunda categoría, a Mestis, competición na que permaneceu ata a tempada 2018-19.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Cangas, ou Cangas do Morrazo (á espera da oficialización da forma Cangas de Morrazo), é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Ferrari é un fabricante italiano de coches de carreiras e de deportivos de luxo fundado por Enzo Ferrari en 1929. No seu inicio, a Scuderia Ferrari patrocinou pilotos e coches de carreiras; a empresa comezou a súa produción independente en 1946, converténdose máis adiante en Ferrari S.p.A., e dende 1969, cando foi vendida, forma parte do grupo Fiat. A empresa ten a súa sede en Maranello, preto de Módena, Italia.