Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A camuflaxe activa, camuflaxe adaptativa ou camaleonización é unha camuflaxe que se adapta, ás veces rapidamente, ao que rodea un obxecto ou corpo, como un animal ou un vehículo militar. En teoría, a camuflaxe activa podería proporcionar unha ocultación perfecta evitando a detección visual. A camuflaxe activa dáse en varios grupos de animais, como réptiles terrestres e moluscos cefalópodos e peixes planos no mar.
A illa de Tambo atópase no fondo da ría de Pontevedra, e pertence ao concello de Poio do que está separado por unha canle de 1,1 km pero de pouca profundidade. A súa superficie é de 0,28 km², cunha altura máxima de 80 m, aínda que toda a súa parte central supera os 50 metros de altitude. O seu perímetro acada os 4 km.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e finada en Passy (Francia) o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas. Foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela; un, o seu marido Pierre Curie; un, a súa filla Irène Joliot-Curie; e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
Manuel Ramírez Rodríguez Trujillo
Manuel León Ramírez Rodríguez-Trujillo, finado en Vilafranca do Bierzo o 1 de agosto de 1920, foi un político galego.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A AC-552 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades da Coruña e Cee; atravesa os concellos da Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas, Vimianzo, Dumbría e Cee. Ten unha lonxitude de 88,97 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa Avenida de Arteixo na Coruña e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Cee.
Oicatá é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro do departamento de Boyacá. O territorio do concello atópase sobre o altiplano Cundiboyacence, a 6 km ó nordés (liña de vista e 12 km en automóbil) da cidade de Tunja, capital do departamento. Conta cunha área total de 59 Km2, atópase entre os pisos térmicos frío seco e páramo cuxa temperatura rolda entre 10 e 14 °C, a precipitación preséntase entre 600 e 1.000 mm anuais.
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Movemento Galego ao Socialismo
O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) foi un partido político comunista e independentista galego, integrado no Bloque Nacionalista Galego que tiña como principais obxectivos a superación do capitalismo, a liberación nacional de Galiza, a democracia socialista e o comunismo. Como tal organización naceu en marzo de 2009, aínda que a súa I Asemblea Nacional celebrouse en maio de 2012, onde aprobou os seus Estatutos e escolleu a súa primeira dirección, chamada Mesa Nacional. En decembro de 2014 celebrou a II Asemblea Nacional, na que aprobou o seu programa político.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Venres Santo é unha das principais celebracións litúrxicas do cristianismo. Este día conmemórase a morte de Xesús de Nazaret, crucificado no século I. A Semana Santa chega a un dos seus días máis transcendentais, no que son numerosas as manifestacións tradicionais de devoción popular ao longo de todo o mundo.
O contido libre ou información libre é un concepto que abarca calquera obra funcional, de arte ou outro contido creativo que non posúe restricións legais significativas en relación co dereito de uso, a redistribución e a creación de versións modificadas ou derivadas por parte de terceiros. O contido libre abarca todas as obras no dominio público e aquelas que teñen dereitos de autor pero que están suxeitas a unha licenza que outorga e protexe as liberdades mencionadas. Dado que, por omisión, a lei outorga aos propietarios de dereitos un control total sobre as súas creacións (todos os dereitos reservados), é necesario declarar de forma explícita que unha obra é libre, xeralmente por medio da referencia ou inclusión de cláusulas de licenza que acompañan a obra.
Bajarse al moro é unha película española dirixida por Fernando Colomo. Rodada na provincia de Cádiz, Andalucía, o nome fai referencia ao acto de ir a Marrocos, que está ao lado, a comprar haxix para logo consumilo e vendelo ilegalmente. É unha adaptación da obra homónima de José Luis Alonso de Santos.
McDonnell Douglas F-15E Strike Eagle
O McDonnell Douglas (agora Boeing) F-15E Strike Eagle é un caza polivalente todotempo estadounidense derivado do McDonnell Douglas F-15 Eagle. O F-15E foi deseñado nos anos 80 como un interceptor de grande alcance e alta velocidade sen depender de avións de escolta ou de guerra electrónica. Os Strike Eagle da USAF poden distinguirse doutras variantes estadounidenses do Eagle pola súa camuflaxe máis escura e polos seus tanques de combustible comformables montados ao longo das entradas de aire do motor (aínfa que estes tanques de combustible tamén se montaron nas primeiras variantes do F-15).
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro de 1992, presentado dende os seus inicios por Xosé Ramón Gayoso. É o segundo programa máis lonxevo da Televisión de Galicia, só por detrás do En xogo.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Novedades Carminha é un grupo galego de pop e indie fundado en Madrid no 2007. Está composto por Jarri (baixo e voces), Carlangas (guitarras e voces) e Xavi (batería e voces). Contan con colaboracións con Los Iribarnes, Ataque Escampe ou O Leo i Arremecághona!!!, chegando a gravar algún tema con estes dous últimos.
A dos reduncinos ou redunquinos (Reduncinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, que comprende 2 xéneros cunhas 10 especies de pequenos antílopes africanos, que son coñecidos como cobos e reduncas. Habitan en África, en zonas pantanosas ou preto da auga. Estes antílopes apareceron por primeira vez no rexistro fósil hai 7,4 millóns de anos (MA) en Eurasia e hai 6,6 MA en África.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
As Illas Malvinas (en inglés: Falkland Islands) son un arquipélago do océano Atlántico meridional, na plataforma continental patagoa. As illas principais atópanse a 483 km ó leste da costa da Patagonia, en América do Sur, na latitude 52°S. O arquipélago, cunha área de 12 000 km², abrangue a illa Soidade, a illa Gran Malvina e 776 illas máis pequenas. É un Territorio Británico de Ultramar e conta cun autogoberno, mais o Reino Unido encárgase da súa defensa e das relacións exteriores.
Robert Francis Prevost, coñecido como León XIV (en latín, Leo XIV), nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de Estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015 posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.
Ku Klux Klan (tamén coñecido como KKK) é o nome de varias organizacións racistas dos Estados Unidos que apoian a supremacía branca e o protestantismo (coñecido tamén como WASP) en detrimento doutras etnias e relixións. O KKK, no seu período máis forte, localizouse principalmente na rexión sur de tal país, en estados como Texas e Mississippi. O primeiro Ku Klux Klan foi fundado por uns 60 amigos da cidade de Pulaski, Tennessee, en 1865 despois do final da Guerra Civil americana.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
A historia das relixións é o rexistro escrito dos sentimentos, pensamentos e ideas relixiosas humanas. Este período da historia relixiosa comeza coa invención da escritura hai uns 5.200 anos (3200 a.C.). A prehistoria da relixión implica o estudo das crenzas relixiosas que existían antes da chegada dos rexistros escritos.
Amelio Robles Ávila, nado o 3 de novembro de 1889 en Xochipala, Guerrero e finado o 9 de decembro de 1984 na mesma vila, foi un coronel mexicano que participou na Revolución Mexicana. Foi asignado como muller co nome de Amelia Robles Ávila e viviu coma home durante 70 dos 94 anos que estivo vivo, sendo considerada a primeira persoa transxénero en México, chegándoselle a recoñecer institucionalmente o seu sexo sentido.
Fairchild Republic A-10 Thunderbolt II
O Fairchild-Republic A-10 Thunderbolt II, coñecido tamén como Warthog, é o primeiro avión de combate norteamericano construído especialmente para dar soporte aéreo ás forzas terrestres, é un avión sinxelo, sólido e eficaz. O prototipo realizou o primeiro voo o 10 de maio de 1972, os primeiros avións destináronse á base militar aérea de Davis-Monthan en Arizona en outubro de 1975. As forzas aéreas non acolleron con entusiasmo os A-10 Thunderbolt II, xa que apostaban polos bombardeiros de grande altitude e os F-15 e F-16, e preferían o apoio aéreo de helicópteros.
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
Abril na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes. Eladio Rodríguez recolle o costume de acender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo.
Orraca de Galicia, Castela e León
Dona Urraca ou Dona Orraca, nada en Burgos contra 1081 e finada en Saldaña de Burgos o 8 de marzo de 1126, foi raíña de Galicia, León, Castela e Toledo desde a morte do pai, o 30 de xuño de 1109, até o 8 de marzo de 1126. Era filla de Afonso VI e da súa terceira dona Costanza de Borgoña.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O fingering refírese ao uso dos dedos ou das mans para estimular sexualmente a vulva (incluíndo o clítoris), a vaxina ou o ano. O uso dos dedos pódese realizar sobre un mesmo (masturbación) ou por ou cunha compañeira sexual. Cando se realiza na vulva ou na vaxina por parte dunha parella sexual, é unha forma de masturbación mutua, e é análoga a unha palla (a estimulación manual do pene).
Lista de sitios do Patrimonio Mundial por ano de inscrición
Esta é unha lista da UNESCO do Patrimonio Mundial ao redor do mundo por ano de inscrición. O primeiro sitio do Patrimonio Mundial na lista é Illas Galápagos. En agosto de 2025, estaban catalogados un total de 1.225 sitios (954 culturais, 231 naturais e 40 mixtos) en 170 países diferentes.
Porto do Son (á espera da oficialización da forma O Porto do Son) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. O termo municipal ten unha extensión de 94,58 km² e, segundo o padrón municipal (INE 2015), conta cunha poboación de 9.436 habitantes, o que daba, nesa data unha densidade de 99,77 hab./km².
A Coalición Climática Global (CCG; en inglés, Global Climate Coalition ou GCC) foi un grupo internacional de presión ou lobby de empresas que se opuñan ás medidas para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e cuestionaban publicamente a ciencia sobre o cambio climático e o quecemento global. A CCG foi o maior grupo industrial activo na política climática e o defensor industrial máis destacado nas negociacións internacionais sobre o clima. Participou na oposición ao protocolo de Quioto e desempeñou un papel importante no bloqueo da ratificación polos Estados Unidos.
As-Salt (árabe السلط As-Salt), tamén coñecida como Salt, é unha antiga cidade comercial e centro administrativo no centro-oeste de Xordania. Está situada na antiga estrada principal que levaba de Amán a Xerusalén. Situada nas terras altas de Balqa, a uns 790–1.100 metros sobre o nivel do mar, a cidade está construída no recodo de tres outeiros, preto do val do Xordán.
O castelo de Pambre é unha fortaleza medieval galega que se alza a 44 m de altitude nun penedo á beira do río Pambre, situada na parroquia de Pambre (Palas de Rei, Lugo). O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé tras a revolta irmandiña. Atópase en bo estado de conservación.
Pequeno Hotel é unha comedia de televisión producida por CTV e que emitiu a Televisión de Galicia no ano 2001. A acción céntrase nas vivencias dos traballadores e clientes dun hotel localizado a carón da muralla de Lugo. A trama céntrase nas relacións entre os personaxes, donos e empregados do hotel, e os hóspedes que nel se aloxan.
O guepardo, tamén coñecido como onza, Acinoyx jubatus, é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e subfamilia dos felinos, o único representante actual do xénero Acinonyx. É un animal que presenta un comportamento atípico, se o comparamos cos outros membros da mesma familia, xa que as súas garras non son completamente retráctiles, permanecendo visíbeis mesmo cando están recollidas ao máximo, sendo usadas para permitir unha maior adherencia ao solo cando corre, acelera e manobra no terreo (porén, as crías conseguen subir ás árbores por teren as garras máis finas). e caza ás súas presas mediante persecucións a alta velocidade, en vez de tácticas como a caza á espreita ou en grupo; é o máis rápido de todos os animais terrestres, conseguindo atinxir velocidades por riba dos 110 km/h en carreiras curtas (dun máximo de 400 a 500 m).