Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino e destacado polímata en diferentes eidos: foi pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico, icona do Renacemento italiano. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu. É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados.
Los Angeles Lakers son un equipo profesional de baloncesto da National Basketball Association (NBA) con sede nos Ánxeles. Os Lakers xogan os seus partidos como local en Staples Center, cancha que comparten co seu equipo rival da NBA, Los Angeles Clippers, e o seu equipo irmán, Los Angeles Sparks da WNBA. Os Lakers gañaron o seu último título da competición en 2020 tras derrotar nas finais aos Miami Heat, por catro partidos a dous. En xuño de 2009, o analista de baloncesto e escritor John Hollinger clasificou aos Lakers como a maior franquía da NBA de todos os tempos.
Vincent Willem van Gogh (en neerlandés Vincent van Gogh [ˈvɪnsɛnt fɑn'xɔx]), nado en Zundert o 30 de marzo de 1853 e finado en Auvers-sur-Oise o 29 de xullo de 1890, foi un pintor neerlandés e figura destacada do postimpresionismo. Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán máis novo Theo, quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente.
Bob Dylan, nado en Duluth (Minnesota) o 24 de maio de 1941 co nome de Robert Allen Zimmerman, é un cantautor e poeta estadounidense. Foi, durante máis de cinco décadas, unha das maiores figuras na música popular, sendo considerado un dos compositores e músicos máis influentes e prolíficos do século XX. Moitos dos máis soados traballos de Dylan datan da década de 1960, na cal se converteu nun cronista informal dos conflitos estadounidenses. Aínda que é ben coñecido por revolucionar o concepto dos límites da música popular en 1965 co single "Like a Rolling Stone" de seis minutos de duración, algunhas das súas primeiras cancións, como "Blowin' in the Wind" e "The Times They Are a-Changin'", convertéronse en himnos antibélicos e dos movementos civís da época, e a el nun artista popular e influente desde os anos sesenta ata hoxe en día.
Bahrain (en árabe: البحرين; al-Baḥrayn), tamén coñecido como o Reino de Bahrain (en árabe: مملكة البحرين Mamlakat al-Baḥrayn), é un país do Oriente Medio. É un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e 50 illas naturais e 33 illas artificiais adicionais, centradas na illa de Bahrain que representa ao redor do 83 por cento da masa terrestre do país. Está situado no Golfo Pérsico, compartindo fronteiras marítimas con Qatar polo sur e o leste; e con Arabia Saudita polo oeste e o noroeste, unidos pola Ponte do Rei Fahd.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Campionato de España-Copa da Súa Maxestade o Rei, comunmente coñecida como Copa do Rei ou simplemente A Copa, é un torneo futbolístico por eliminación directa que se disputa anualmente entre os mellores clubs de España. Organízao a Real Federación Española de Fútbol. Foi creada en 1903, a raíz do éxito da Copa da Coroación disputada un ano antes, sendo o torneo nacional de fútbol máis antigo de España.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
A lipólise é a vía metabólica por medio da cal os lípidos triglicéridos son hidrolizados a glicerol e ácidos graxos libres. Utilízase para mobiizar a enerxía almacenada durante o xaxún ou o exercicio físico, e xeralmente ocorre nos adipocitos do tecido adiposo. A lipólise é o proceso metabólico polo cal os triglicéridos (TAGs ou triacilglicerois) son degradados por hidrólise dando as súas moléculas constituíntes: glicerol e ácidos graxos libres.
A lingua das bolboretas é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.
Rabindranath Tagore ( rəˈbindrəˈnɑ:t ˈtɑ:ɡɔr ), nome anglicizado de Rabíndranáth Thákhur (रवीन्द्रनाथ ठाकुर), nado en Calcuta o 7 de maio de 1861 e finado en Calcuta, India, o 7 de agosto de 1941, foi un polímata indio que destacou como poeta, escritor, dramaturgo, compositor, filósofo, reformador social e pintor. Reformou a literatura e a música bengalí, así como a arte india co modernismo contextual a finais do século XIX e principios do XX. Autor da poesía "profundamente sensible, fresca e bela" de Gitanjali, converteuse en 1913 no primeiro non europeo e o primeiro letrista en gañar o Premio Nobel de Literatura. As cancións poéticas de Tagore eran vistas como espirituais e impredicibles; con todo, a súa "prosa elegante e a súa poesía máxica" seguen sendo descoñecidas fóra de Bengala.
O software libre (en inglés free software) é o software que se distribúe con condicións nas súas licenzas que garanten que calquera usuario, e para calquera fin, poida empregar, estudar, modificar e publicar o software con novas modificacións. A liberdade que as licenzas lle dan o usuario son tanto a de poder obter o software de xeito gratuíto como a de cobrando o custo da súa distribución, mais sempre se garanta o acceso ao código fonte sen ningún tipo de restrición. Exemplos de software libre son: Darktable, Libreoffice e Gimp.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Tras catro tempadas na terceira categoría, na tempada 2024/25 regresou á Segunda División.
Leila Nachawati Rego, nada en Santiago de Compostela en 1978, é unha escritora e activista sirio-galega. É profesora de Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid e é especialista en temas de Oriente Medio e África. Colabora con varios medios de comunicación estranxeiros como Global Voices Online, Global Voices Advocacy ou a emisora catarí Al Jazeera, e tamén medios españois como El Mundo ou Eldiario.es.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Lista de comunidades autónomas españolas por poboación
Lista das comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación segundo padrón municipal, a 1 de xaneiro do 2018.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA. Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
Partidos da selección de rugby de España
A selección de rugby de España ten disputado os seguintes partidos:
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
San Martiño de Oleiros, Ribeira
San Martiño de Oleiros (até 2026, Oleiros (San Martiño)) é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2018 tiña 967 habitantes (512 mulleres e 455 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.978.
Breogán, tamén identificado como Brigo, é un rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium). A principal fonte documental sobre Breogán é o Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais dos irlandeses. Neste compendio é descrito como o fillo de Brate, e o pai de Ite e Bile, entre outros, así como o devanceiro dos gaels.
José Luis Bárcenas Gutiérrez, nado en Huelva o 22 de agosto de 1957, é un político do Partido Popular, partido no que desempeñou o cargo de tesoureiro por designación directa do seu presidente, Mariano Rajoy. En 2009 foi imputado pola súa implicación no caso Gürtel, a trama de corrupción vinculada ao Partido Popular que foi instruída no seu inicio polo xuíz Baltasar Garzón. A causa contra Bárcenas foi arquivada polo xuíz Antonio Pedreira, que ditou o sobresemento provisorio das actuacións nun auto do 29 de xullo de 2011, mais foi reaberta pola Audiencia Nacional de España en marzo de 2012.
Santaia de Gorgullos (até 2026, Gorgullos (Santaia)) é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2022 tiña 412 habitantes (209 mulleres e 203 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 651 habitantes.
Stephen William Hawking, nado en Oxford o 8 de xaneiro de 1942 e finado en Cambridge o 14 de marzo de 2018, foi un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación británico. Os seus traballos científicos inclúen unha colaboración con Roger Penrose nos teoremas de singularidade gravitacional no eido da relatividade xeral, e a predición teórica de que os buratos negros emiten radiación, a miúdo chamada radiación de Hawking. Hawking foi o primeiro en expoñer unha teoría da cosmoloxía explicada pola unión da teoría xeral da relatividade e a mecánica cuántica.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Para outros artigos de persoas chamadas Joaquín Patiño, véxase a páxina de homónimos Joaquín Patiño (homónimos) Joaquín María Patiño, nado na Pobra do Caramiñal o 18 de xullo de 1775 e finado en Madrid o 13 de agosto de 1848, foi un bibliotecario, profesor e político galego, bibliotecario maior da USC e da Biblioteca Real.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Galaxia de Andrómeda tamén coñecida como Messier 31, M31, ou NGC 224 é unha galaxia espiral localizada a preto de dous millóns e novecentos mil anos-luz (0,889 megaparsecs) de distancia na dirección da constelación de Andrómeda. Posúe entre 180 e 220 mil anos-luz de diámetro, unha magnitude aparente de 3,5, unha magnitude absoluta de -21,4, unha declinación de +41º 16' 06" e unha Ascensión recta de 00 horas, 42 minutos e 44,3 segundos. A existencia da galaxia Androméda xa se relata no ano 905, mais foi coa invención do telescopio cando o astrónomo alemán Simon Marius puido observala e redescubrila en 1612.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
Anguila (/æŋˈɡwɪlə/) é un Territorio Británico de Ultramar no Caribe. É unha das Illas de Sotavento máis ao norte das Antillas Menores, situada ao leste de Porto Rico e as Illas Virxes e directamente ao norte de San Martiño. O territorio está formado pola illa principal de Anguila, aproximadamente de 26 km.
O termo concello pode referirse a: Municipio, estrutura de administración local, e o territorio que esta abrangue; Casa consistorial, sede de dita administración local. Como topónimo, pode referirse a: En Galiza Concello, lugar da parroquia de Agudelo, no concello de Barro; O Concello, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín; O Concello, lugar da parroquia de Antas, no concello da Lama.
A maioría dos historiadores cren que a historia do islam se orixinou coa misión de Mahoma na Meca e Medina a principios do século VII d. C., aínda que os musulmáns consideran este momento como un retorno á fe orixinal transmitida polos profetas abrahámicos, como Adán, Noé, Abrahán, Moisés, David, Salomón e Xesús, coa submisión ( Islām ) á vontade de Deus. Segundo a narración tradicional, o profeta islámico Mahoma comezou a recibir o que os musulmáns consideran revelacións divinas no ano 610, pedindo a submisión ao único Deus, a preparación para o inminente Xuízo Final e a caridade para os pobres e necesitados.
Ascaris lumbricoides é unha especie de vermes nematodos parasitos do intestino delgado humano, moi frecuente en países subdesenvolvidos economicamente cun sistema de saneamento e tratamento dos alimentos e auga inadecuado, pero pode darse en todo o mundo. A enfermidade que produce denomínase ascaridíase. A este animal tamén se lle chama lombriga ou ascáride (aínda que hai outras lombrigas intestinais doutras especies e xéneros).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Tradicionalmente emprégase o termo descubrimento de América para referirse ás primeiras chegadas documentadas de europeos a América e as súas grandes consecuencias históricas. A poboación indíxena ocupou o norte do continente desde hai 15-30 mil anos e o sur desde hai 14,5 mil anos.. A primeira chegada de europeos foi de viquingos.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
O til (~), til de nasalidade, trazo supralinear ou til xeral de abreviación, é un sinal diacrítico que se coloca sobre, baixo ou no medio dalgunhas letras en distintas linguas. Tamén se emprega nalgunhas ciencias. Permite distinguir entre grafías simples (exemplos: a, n) e complexas (exemplos: ã, ñ).
Internet é o sistema global de redes informáticas interconectadas que usa o conxunto de protocolos de Internet (TCP/IP) para comunicarse entre redes e dispositivos. É unha rede de redes que consiste en redes privadas, públicas, académicas, empresariais e gobernamentais de ámbito local e global, unidas por unha ampla gama de tecnoloxías de redes electrónicas, sen fíos e ópticas. Internet ofrece unha ampla gama de recursos e servizos de información, como os documentos de hipertexto interconectados e as aplicacións da World Wide Web (WWW), correo electrónico, telefonía e intercambio de ficheiros.
Un altar (do latín altar, derivado de altum) é un montículo, pedra ou construción consagrado ao culto ou á devoción. O altar era, na Antigüidade, ben un lugar elevado (na súa orixe simples montículos de terra ou pedras), ou unha táboa colocada sobre uns chanzos, no que se depositaban algunhas ofrendas e/ou se celebraban os sacrificios (cruentos ou non), á divindade.
Eleccións municipais de 2015 en Galicia
As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.
Salvador Guillermo Allende Gossens, nado en Santiago o 26 de xuño de 1908 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 1973, foi un político chileno, presidente do seu país entre 1970 e 1973, cando foi derrocado por un golpe de estado, apoiado pola CIA e os Estados Unidos de América, que acabou coa súa vida. Non alcanzou a completar o seu goberno, que proseguía até 1976, debido ó Golpe de Estado de 1973 que o derrocou e implantou o Réxime Militar en Chile. A súa morte ocorreu durante o asalto ó Palacio de la Moneda, no que faleceu.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
A ficocianobilina é unha ficobilina azul, é dicir, un pigmento tetrapirrólico cromóforo captador de luz, que se encontra en cianobacterias e nos cloroplastos das algas vermellas, glaucófitas, e algunhas criptomónadas. A ficocianobilina está presente só nas ficobiliproteínas aloficocianina e ficocianina, das cales é o aceptor terminal de enerxía. Está unido covalentemente a estas ficobiliproteínas por enlaces tioéter.
A gastrina é unha hormona peptídica humana que estimula a secreción de ácido clorhídrico (HCl) no estómago por parte das células parietais da parede estomacal e favorece a motilidade gástrica. Libérase polas células G no antro do estómago, duodeno, e páncreas. Únese aos receptores de colecistoquinina B das células similares ás enterocromafíns (células ECL), estimulando a produción de histaminas, e induce a inserción de bombas ATPase K+/H+ na membrana apical das células parietais (o cal, á súa vez, incrementa a liberación de H+).
Galería de imaxes de Rosalía de Castro
Rosalía de Castro é a máis salientable figura do Rexurdimento.