Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
María Dolores de Cospedal García, nada en Madrid o 13 de decembro de 1965, é unha xurista e política española, secretaria xeral do Partido Popular e presidenta do Partido Popular de Castela-A Mancha. Foi presidenta da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha entre 2011 e 2015, e ministra de Defensa entre 2016 e 2018.
Desenvolvemento dos dentes en animais
O desenvolvemento dos dentes en animais ou odontoxénese en animais é o proceso por medio do cal os dentes se desenvolven e crecen dentro da boca dos animais. O desenvolvemento dos dentes varía entre distintas especies.
O Día do Libro (tamén denominado Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor, Día Internacional do Libro e Día Mundial do Libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Javier Azcona Flamen, nado en Pamplona, é un ex piloto español de rallys. Competiu durante anos no Campionato de España de Rallys, proclamándose campión en diferentes categorías e copas de promoción e sendo un dos pilotos con máis rallys disputados (149). Foi campión do Desafío Peugeot (1989), cinco veces campión da Copa Renault (1992-1995 e 2003), campión do grupo N (1995) e campión do Trofeo Citroën (1996 e 1997).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Un terzo era unha unidade militar do exército do Imperio Español durante a época da Casa dos Austria. Os terzos foron famosos pola súa resistencia no campo de batalla, formando a elite das unidades militares dispoñíbeis para os reis de España da época. Os terzos foron a peza esencial da hexemonía terrestre, e en ocasións tamén marítima do Imperio.
Xurxo de Capadocia (en grego: Γεώργιος Geṓrgios; latín: Georgius) foi un soldado romano de Capadocia (na actual Turquía), mártir e máis tarde santo cristián. Se ben a súa existencia non é demostrable, adoita crerse que viviu entre o 275 ou 280 e o 23 de abril de 303. Crese que foi parente de Santa Nina.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
Esta é unha cronoloxía de Galicia, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos en Galicia e nos seus estados predecesores; tamén eventos acontecidos na Península Ibérica e eventos internacionais que tiveron relevancia para a historia de Galicia.
Michael Joseph Jackson, nado o 29 de agosto de 1958 en Gary, Indiana, e finado o 25 de xuño de 2009 nos Ánxeles, foi un cantautor, produtor, músico, actor e bailarín estadounidense. Alcumado coma o "Rei do Pop", a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España. Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeral da formación.
O caso Reace é o escándalo que salpicou a empresa Reace (Refinería del Noroeste de Aceites y Grasas, SA) en marzo de 1972 en Guixar (Vigo) após a desaparición de 4 036 052 kg de aceite de oliva, propiedade da Comisaría de Abastecimientos y Transportes (CAT) e valorado en 167 615 172 pesetas. Arredor do caso producíronse diversas mortes en estrañas circunstancias por parte de persoas implicadas no caso. A empresa Reace foi fundada na localidade pontevedresa de Redondela, polo que popularmente o caso se coñece tamén como o caso do aceite de Redondela.
A nécora (Necora puber) coñecida tamén como navalleira (no sur de Galicia), andarica (na costa norte de Galicia, e en Asturias) ou nocra, Necora puber, é un crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos (Portunidae) moi apreciado gastronomicamente e que se dá en relativa cantidade nas rías galegas. O xénero foi descrito por N. B. Holtius en 1987.
Para o buque oceanográfico homónimo, véxase B/O Lura. A lura (Loligo vulgaris), tamén chamada lula nalgunhas partes de Galicia, e tamén lura común, é, para moitos autores, un molusco cefalópodo coleoideo da superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos e familia dos lolixínidos. Porén, outros autores sitúana na orde dos miópsidos.
O Día de San Xurxo é un día festivo adicado a San Xurxo, celebrado polas Igrexas cristiás, países, rexións e cidades onde é santo patrón, incluíndo Albania, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Inglaterra, Etiopía, Grecia, Xeorxia, Portugal, Romanía, Serbia, Siria, Palestina, o Líbano, Cataluña, Alcoi, Aragón, Xénova e Río de Xaneiro. Polo xeral, o San Xurxo celébrase o 23 de abril, a data tradicionalmente aceptada da morte do santo na Persecución de Diocleciano. Porén, os días do santo non se celebran se cadran entre o Domingo de Ramos e o segundo domingo de Pascua, senón que se celebran o luns seguinte.
O óso pterigoide é un óso par que forma parte do padal de moitos vertebrados, situado detrás dos ósos palatinos. É unha lámina delgada plana unida ao lado medial do proceso pterigoide do óso esfenoide, e á lámina perpendicular do óso palatino. En moitos tetrápodos antigos o pterigoide tiña dentes (dentición palatal), que se conservan nalgúns Squamata viventes.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político ditatorial que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos Caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na guerra colonial.
Antiga loita de Estonia pola liberdade
A antiga loita estoniana pola liberdade (en estoniano: Eestlaste muistne vabadusvõitlus) foi unha campaña militar que tivo lugar en Estonia entre os antigos estonianos e o bispado de Riga, a Orde da Espada e os reinos de Dinamarca e Suecia como parte da Cruzada Livonia de 1208 a 1227. A guerra rematou coa vitoria dos cruzados, a principal fonte histórica disto é a Crónica de Henrique de Livonia. O concepto da antiga loita pola liberdade xurdiu na historiografía nas décadas de 1920 e 1930, cando, baseándose en entendementos nacionais, se asumía que os antigos estonianos, como os estonianos modernos, tiñan un forte sentido de pertenza e que formaban unha fronte común contra os conquistadores, loitando pola liberdade ou a independencia política dos estonianos.
Desenvolvemento dos dentes humanos
O desenvolvemento dos dentes humanos ou odontoxénese humana é o proceso complexo polo cal os dentes se forman a partir de células embrionarias, proliferan e fan erupción na boca humana. Para que os dentes humanos teñan un ambiente oral san, todas as partes do dente deben desenvolverse durante os estadios apropiados do desenvolvemento fetal. Os dentes de leite empezan a formarse entre a sexta e a oitava semana do desenvolvemento prenatal, e os dentes permanentes empezan a formarse na 20ª semana.
A Estonia baixo o dominio sueco foi un período de tempo entre 1561 e 1710, cando a actual Estonia estaba baixo o dominio do Imperio Sueco. Por mor da ruptura do Estado da Orde Teutónica, a nobreza local báltica alemá nas áreas de Harrien (Harjumaa) e Wierland (Virumaa), así como a cidade de Reval (Talín) en xuño de 1561 e algo máis tarde Jerwen (Järvamaa), pediron e concedéuselles protección polo rei sueco Eric XIV, o que levou á participación sueca na guerra de Livonia. Ao termo das hostilidades en 1583, Suecia controlaba as partes setentrionais da Estonia moderna e Dagö (illa de Hiiumaa); a partir dese territorio crear o Ducado de Estonia.
George Soros, nado en Budapest o 12 de agosto de 1930, é un financeiro, investidor e ecoloxista político, de orixe húngara e nacionalidade canadense. Actualmente, é presidente do Soros Fund Management LLC e do Open Society Institute. Soros fíxose famoso como a persoa que "comeu o Banco de Inglaterra" o Mércores Negro (16 de setembro de 1992).
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, dende o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas
A Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas é unha asociación ecoloxista galega fundada en 1989 e centrada na conservación da natureza a través da custodia do territorio. Esta asociación protexe e conserva o bosque Ridimoas no concello de Beade, na comarca do Ribeiro. A súa actividade principal é a creación, protección e mantemento do "bosque de Ridimoas", situado no concello de Beade, para manter nel un espazo de protección da flora e da fauna autóctona galega.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 231.012.
Abril na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes. Eladio Rodríguez recolle o costume de acender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo.
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
A Diada de Sant Jordi en Cataluña é unha festa que se celebra o 23 de abril cadrando co Día do Libro e a Feira da Rosa, símbolos da cultura e do amor, e tamén é un día que reivindica a cultura catalá e tamén, a través do trigo, o esforzo de todo un pobo. É o día dos namorados, e por iso dende o século XV é costume regalar unha rosa vermella en representación do "sangue do dragón" á amada. Na década de 1930 engadiuse o costume de regalarlle un libro ao rapaz, con motivo do Día do Libro.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Un subconxunto X dun espazo vectorial real ou complexo é convexo cando todo segmento de recta que liga dous puntos de X está contido en X. Ou sexa: ∀ x , y ∈ X ∀ t ∈ [ 0 , 1 ] ( 1 − t ) x + t y ∈ X {\displaystyle \forall x,y\in X\ \forall t\in \left[0,1\right]\ (1-t)\ x+t\ y\in X\,} Se X non é convexo, chámase cóncavo.
Laos (en laosiano: ລາວ Lāw), oficialmente República Democrática Popular Lao,(en Lao: ສາທາລະນະລັດ ປະຊາທິປະໄຕ ປະຊາຊົນລາວ, Sathalanalat Paxathipatai Paxaxon Lao) é un país sen saída ó mar do Sueste asiático. Limita ó norte con China e Myanmar, ó leste con Vietnam, ó oeste con Tailandia e ó sur con Camboxa.
Revolución galega de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe a revolta iniciada co pronunciamento do comandante Miguel Solís, o 2 de abril de 1846 en Lugo, contra o goberno conservador do xeneral Narváez. O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España.
O accidente de Chernóbil foi un accidente nuclear ocorrido o 26 de abril de 1986 na central nuclear de Chernóbil, situada na República Socialista Soviética de Ucraína (actual Ucraína). Un estoupido e un incendio lanzaron grandes cantidades de contaminación radioactiva á atmosfera, que se estendeu sobre gran parte do oeste de Rusia e Europa. Está considerado o peor accidente nunha central nuclear da historia, e foi o primeiro clasificado como de nivel 7 na escala internacional de eventos nucleares (no 2011 chegou a este nivel o accidente nuclear de Fukushima).
O rispetto é unha forma poética italiana de orixe popular que recibe este nome porque nela o poeta rende homenaxe á muller amada. O rispetto consta dunha cuarteta de hendecasílabos en rima alterna (ABAB), seguida por un ou dos dísticos de hendecasílabos en rima pareada. Os rispetti continuados forman unha serie de composicións unidas entre si polo mesmo tema; os rispetti soltos preséntanse nunha serie mais sen vínculos internos.
Unha enciclopedia é unha obra de referencia (libro, conxunto de libros ou documento dixital) que é compendio de información e que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano, cuxo obxectivo é sintetizar todos os coñecementos para construír o saber e mostrar a súa organización de maneira que sexan accesibles ao público, con fins educativos, informativos ou de apoio á memoria cultural. Baseada en autoridades ou fontes fiables e a miúdo complementada con exemplos e ilustracións, este tipo de obra favorece un estilo conciso e facilita a consulta mediante táboas e índices. O termo adquiriu o seu significado moderno coa Encyclopédie ou Dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers (Enciclopedia, ou Dicionario razoado das ciencias, as artes e os oficios) (1751-1772).
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.