Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Cuauhpopoca (do náhuatl kwaw-popōca, Aguia fumarenta), finado en Tenochtitlán en 1519, foi un funcionario público, gobernante e nobre mexica. Foi tlatoani de Coyohuacán e viviu nunha gornición próxima a Tuxpan, onde era rexedor-cobrador de tributos da zona de Nautla, no norte do actual Estado de Veracruz. Nautla ou en lingua náhuatl Nauh-tlan (Catro lugares) era unha provincia totonaca que estaba baixo o dominio do Imperio Azteca.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Diogo Alves, nado en Samos en 1810 e finado en Lisboa o 19 de febreiro de 1841, foi un ladrón e asasino galego que actuou en Portugal entre 1836 e 1840 e a quen algunhas fontes lle atribúen arredor de 70 asasinatos, aínda que realmente foi condenado por catro. A zona onde desenvolveu a maior parte da súa actividade criminal foi a do acueduto das Águas Livres, en Lisboa, polo que recibiu o alcume de "Asasino do acueduto". Logo do seu apreixamento foi xulgado e condenado a morte por enforcamento, e foi executado nos Cais do Tojo, en Lisboa.
Sparganium L. 1753 é um xénero de anxiospermas, que contén unhas 26 especies, con distribución moi espallada polas zonas húmidas das rexións de clima temperado dos hemisferios Norte e Sur. As especies que o integran son plantas perennes, herbáceas, típicas dos pantanos e zonas asolagadizas ripícolas (de ribeiras de ríos e lagos), que poden atinxir 3,5 m de altura (dependendo da especie), con flores epicenas. O xénero foi considerado dentro da familia monotípica Sparganiaceae, mais estudos filoxenéticos demostraron que Sparganium está estreitamente emparentado co xénero Typha, razón pola cal o sistema APG III (2009) o incluíu na familia Typhaceae.
Michael Joseph Jackson, nado o 29 de agosto de 1958 en Gary, Indiana, e finado o 25 de xuño de 2009 nos Ánxeles, foi un cantautor, produtor, músico, actor e bailarín estadounidense. Alcumado coma o "Rei do Pop", a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia.
A serie Game & Watch (en xaponés ゲーム&ウオッチ, Gēmu & Uotchi; coñecidas en Alemaña como tricOtronic e popularmente en España como «maquinitas») é unha liña de 59 consolas portátiles de videoxogos fabricadas por Nintendo dende 1980 a 1991 e creadas por Gunpei Yokoi. Cada unha delas posuían un único xogo de pantalla LCD e tiñan ademais reloxo e alarma. Algúns dos títulos do formato Game & Watch foron Pinball, Donkey Kong, The Legend of Zelda, Mario Bros.
A festa dos maios, tamén coñecida simplemente como os maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
José Sacristán, nado en Chinchón (Madrid) o 27 de setembro de 1937 é un actor español de cinema, teatro e televisión. Integrante do grupo de actores do chamado “landismo”, a súa carreira e orientación deu un xiro importante a partir da Transición Española, con filmes tan relevantes como Un hombre llamado Flor de Otoño ou Asignatura pendiente, que lle permitiron enriquecer o seu rexistro interpretativo.
Jannik Sinner, nado o 16 de agosto de 2001 en San Candido,[Cómpre referencia] é un tenista italiano, profesional desde 2018. En novembro de 2020, gañou o torneo de Sofía aos 19 anos e converteuse no primeiro xogador nacido século XXI en gañar un título ATP e o italiano máis novo titulado na era Open . En 2023, gañou o seu primeiro título importante no Masters de Toronto .
Portugaliza é un concepto promovido por algúns defensores do reintegracionismo, que reivindican a unidade cultural, lingüística, histórica e xeográfica entre os pobos de Portugal e de Galiza. Para os reintegracionistas que defenden este concepto, Portugaliza implicaría unha reintegración política (e non só lingüística) de Galiza no espazo portugués. Este novo estado tería unha superficie de 121.810 km² e unha poboación de 13 millóns de habitantes.
A Catedral de Santa María (en estoniano: Toomkirik); en alemán: Ritter- und Domkirche), cuxo nome completo é Catedral Episcopal da Santa Virxe María de Talín (en estoniano: Tallinna Püha Neitsi Maarja Piiskoplik Toomkirik), é unha catedral luterana que se atopa no outeiro de Toompea, na cidade vella de Talín, a cidade capital de Estonia. Estabelecida no século XIII, é a igrexa máis antiga de Talín e da Estonia continental, e o único edificio de Toompea que sobreviviu ao incendio do século XVII. A igrexa foi creada orixinalmente no século XIII como catedral católica, despois de que Talín e o norte de Estonia fosen conquistados polo Reino de Dinamarca durante as Cruzadas do Norte. Despois da reforma protestante, a igrexa converteuse en luterana en 1561, e agora é a sede do arcebispo de Talín, líder espiritual e presidente do sínodo gobernante da Igrexa Evanxélica Luterana Estoniana.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O accidente de Chernóbil foi un accidente nuclear ocorrido o 26 de abril de 1986 na central nuclear de Chernóbil, situada na República Socialista Soviética de Ucraína (actual Ucraína). Un estoupido e un incendio lanzaron grandes cantidades de contaminación radioactiva á atmosfera, que se estendeu sobre gran parte do oeste de Rusia e Europa. Está considerado o peor accidente nunha central nuclear da historia, e foi o primeiro clasificado como de nivel 7 na escala internacional de eventos nucleares (no 2011 chegou a este nivel o accidente nuclear de Fukushima).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 231.164.
O trigo é o termo xeral que designa as distintas especies bravas e cultivadas do xénero Triticum spp, cereal anual que se cultiva en todo o mundo. Globalmente, é o segundo gran comestíbel máis cultivado, xunto ao millo; sendo o terceiro o arroz; e o máis consumido polo ser humano na civilización occidental dende a antigüidade. En Galiza cultívase dende hai séculos, aínda que outros cereais, como o millo, que ten máis importancia no país .
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O xabaril (do árabe djabalí) ou porco bravo (Sus scrofa, L. 1758) é un mamífero artiodáctilo e suídeo de medio porte e corpo robusto. É considerado o antepasado a partir do cal evolucionou o actual porco doméstico (Sus domesticus ou Sus scrofa domesticus). A forma xabarín está considerada polo DRAG como menos recomendable.
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
Lista de comunidades autónomas españolas por poboación
Lista das comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación segundo padrón municipal, a 1 de xaneiro do 2018.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Clara E. Mattei, nada o 13 de marzo de 1988, é unha economista e académica italiana especializada na historia do capitalismo e na interacción entre as teorías económicas e as políticas tecnocráticas. Desde febreiro de 2025 é profesora de economía e directora do Foro para a Emancipación Económica Real na Universidade de Tulsa, Oklahoma, nos Estados Unidos.
Celaeno (Celeno ou 16 Tauri) é unha estrela da constelación de Taurus e membro do cúmulo das Pléiades. Celaeno tamén é coñecida coma a "Pléiade perdida" a través de Teón de Alexandría. Moita xente que observa as pléiades só ve seis estrelas das sete principais estrelas das Pléiades, xa que Celaeno, que ten unha magnitude aparente de +5.45, precisa dun ceo limpo e escuro para ser vista.
Lope Sánchez de Moscoso e Ulloa
Lope Sánchez de Moscoso e Ulloa, finado en marzo de 1504, foi un nobre da casa de Moscoso e conde de Altamira.
Khvicha Kvaratskhelia (en xeorxiano: ხვიჩა კვარაცხელია), nado en Tbilisi o 12 de febreiro de 2001, é un futbolista xeorxiano que xoga como extremo esquerdo no Paris Saint-Germain, da Ligue 1 francesa, e na selección de Xeorxia. Comezou a súa carreira no Dinamo Tbilisi, co que debutou aos 16 anos, antes de pasar ao Rustavi, onde xogou media tempada. A continuación xogou tres anos na Liga Premier de Rusia, nas filas do Lokomotiv Moscova e do Rubín Kazán, sendo elixido dúas veces consecutivas como mellor xogador novo da liga.
O rispetto é unha forma poética italiana de orixe popular que recibe este nome porque nela o poeta rende homenaxe á muller amada. O rispetto consta dunha cuarteta de hendecasílabos en rima alterna (ABAB), seguida por un ou dos dísticos de hendecasílabos en rima pareada. Os rispetti continuados forman unha serie de composicións unidas entre si polo mesmo tema; os rispetti soltos preséntanse nunha serie mais sen vínculos internos.
A abrótega, abrótea ou gamota (Asphodelus albus) é unha planta perenne da familia das liliáceas, moi empregada como planta de xardín, nativa do centro sur de Europa. Pode chegar ata o metro de altura, aínda que habitualmente tan só chega a 50 cm. As follas con forma de espada nacen na base da planta; as flores vanse xuntando a medida que se ascende polo talo ata chegar á cima na que están en acios ou amoreadas.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés. Entre outros moitos premios é Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2022) e Premio Nacional das Letras Españolas (2024) do Goberno de España.
Cladium mariscus é unha especie de planta anxiosperma da familia dos xuncos (Cyperaceae) É nativa da Europa temperada e Asia, onde crece en áreas pantanosas ricas en compostos básicos e ribeiras de lagos. Pode medrar ata os 2,5 m de alto, e ten follas con beiras serradas. No pasado, nalgunhas zonas do norte de Europa utilizábase como material para construír tellados de material vexetal (xuncos, neste caso); recollela era un duro labor debido aos seus bordos afiados que podían causar laceracións.
O gato ou gato doméstico (Felis silvestris catus ou Felis catus), chamado familiarmente micho ou mico, é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Os humanos adoitan valorar estes animais pola súa compañía e pola súa capacidade de cazar pequenos animais coma os ratos. Existen máis de setenta razas de gatos recoñecidas por varios rexistros.
Damon Graham Devereux Hill, OBE, nado en Londres o 17 de setembro de 1960, é un expiloto de Fórmula 1 británico e o campión do mundo de 1996. É fillo do dúas veces campión do mundo de Fórmula 1 Graham Hill. Hill chegou ás competicións de motor profesionais relativamente tarde, comezou a competir con motocicletas en 1983 á idade de 23 anos.
O can (Canis lupus familiaris) é un mamífero carnívoro que pertence á familia Canidae, ao igual que os lobos, raposos e coiotes. En xeral, o termo 'can' emprégase para referirse á raza doméstica (Canis familiaris), a cal crese que descende dun antepasado similar ó lobo, segundo distintos indicios, a secuencia do ADN e outros estudos xenéticos. Con todo, algúns científicos sosteñen que o can é unha subespecie de lobo.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
O coello (ou coello europeo, para distinguilo doutras especies da familia), cientificamente Oryctolagus cuniculus, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos, a única do xénero Oryctolagus. Orixinario do suroeste de Europa (España, Portugal e o suroeste de Francia) e do noroeste de África (norte de Marrocos e de Alxeria), onde aínda existe (cada vez menos) en estado salvaxe, existen tamén moitas subespecies domesticadas en case todo o planeta. Útil ás persoas pola súa carne, usada como alimento, e pola súa pel, usada para confeccionar vestiario.
Roberto Ignacio Vidal Bolaño, nado en Vista Alegre (Santiago de Compostela) o 31 de xullo de 1950 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia. Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros.
A sardiña, Sardina pilchardus (Walbaum, 1792), é un peixe osteíctio mariño da familia dos clupeidos, dentro da orde dos clupeiformes, sendo o único representante do xénero Sardina. Cando as sardiñas son pequenas denomínanse xoubas nas Rías Baixas (máis ou menos, de Fisterra para abaixo), e parrochas nas Rías Altas (máis ou menos, de Fisterra para arriba). A sardiña captúrase con artes de cerco e de enmalle ou deriva (como o xeito), durante a noite, e destínase a consumo en fresco, afumada, salgada ou en conserva.
O estado de alarma é un dos tres réximes de emerxencia contemplados no artigo 116 da Constitución Española de 1978. En concreto, o estado de alarma detállase no punto 2 do devandito artigo. Así mesmo, os seus efectos foron desenvolvidos no artigo 11 da Lei Orgánica 4/1981, dos estados de alarma, excepción e sitio.
Palau de la Generalitat de Catalunya
O Palau de la Generalitat (Pazo da Xeneralidade en galego) é a sede da Presidencia da Generalitat de Cataluña e é un dos poucos edificios de orixe medieval en Europa que se mantén como sede do goberno e da institución que o construíu. Encóntrase no distrito de Ciutat Vella da cidade de Barcelona. O edificio está situado entre os límites das rúas do Bisbe, de Sant Sever e de Sant Honorat coa fachada principal na plaça de Sant Jaume fronte á Casa de la Ciutat de Barcelona.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Carlos III (Charles Philip Arthur George Windsor; nado en Londres o 14 de novembro de 1948) é o rei do Reino Unido e de catorce estados independentes máis chamados Reinos da Commonwealth desde 2022, tras a morte da súa nai a raíña Isabel II. Tamén é o xefe da Commonwealth, unha grande organización intergobernamental formada por 53 países independentes. Era o herdeiro, así como o duque de Cornualla e duque de Rothesay de 1952 a 2022, sendo a persoa máis longa na liña de sucesión ao trono británico da historia. Tamén foi o príncipe de Gales máis lonxevo, xa que ostenta o título desde xullo de 1958.
A inmunodifusión é unha proba diagnóstica que implica a difusión a través dunha substancia como o ágar, que é xeralmente un xel brando de ágar (1%) ou agarosa (1%), usada para a detección de anticorpos ou antíxenos. Os tipos comunmente utilizados son: Difusión sinxela nunha dimensión (procedemento de Oudin). Difusión dobre nunha dimensión (procedemento de Oakley Fulthorpe).
Os tabánidos (Tabanidae), comunmente chamados tabáns, son unha familia de insectos dípteros (moscas). Xeralmente son insectos grandes e de voo áxil, e as femias pican aos humanos e outros animais, para sorber sangue. Prefiren voar á luz do día, evitando as áreas sombreadas e son inactivos pola noite.
Mingles foi un chocolate de menta fabricado por Bendicks e vendido no Reino Unido entre 2002 e 2011. Toda a produción deste chocolate dábase no Reino Unido, nunha fábrica en Winchester. En abril do 2009, August Storck (a empresa propietaria de Bendicks) confirmou que a fábrica pecharía a finais de xullo, reubicando a produción en Ohrdruf, a súa planta no leste de Alemaña Isto suporía a perda de máis de 80 postos de traballo aínda que contuniaría empregando a máis de 30 persoas en Winchester para servir de apoio á mercadotecnia e a venda das súas marcas no Reino Unido.
O IBM 3270 é unha familia de terminais de vídeo e impresora orientados a bloques, introducida por IBM en 1971, e que normalmente se usaba para comunicarse cos mainframes da empresa. O 3270 foi o sucesor do terminal de vídeo IBM 2260. Debido á cor do texto nos modelos orixinais, estes terminais coñécense informalmente como terminais de pantalla verde.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
O monte Tetón é un macizo de 476 metros de altura que se atopa entre os concellos pontevedreses de Tomiño, Tui e Gondomar, concretamente nas parroquias de Tebra (Tomiño), Malvas (Tui) e Couso (Gondomar). Contén un conxunto de gravados concentrados en dúas grandes superficies rochosas separadas uns 300 metros entre elas. O monte ten un percorrido de case 5 quilómetros en circuíto circular.