Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A rede ferroviaria de Galicia é a rede de liñas de ferrocarril de Galicia. Na actualidade, a rede ferroviaria de Galicia conta con liñas de largo ibérico, largo internacional e de vía estreita e unha única operadora, Renfe. A rede rolda os 1100 km, sendo toda ela titularidade de Adif (ou Adif Alta Velocidade) e operada por Renfe (a través das súas diferentes divisións comerciais).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
María Aránzazu «Arancha» González Laya, nada en Donostia o 22 de maio de 1969, é unha xurista vasca, ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España. Foi directora executiva do Centro de Comercio Internacional (ITC) e subsecretaria xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU).
Historia do ferrocarril en Galicia
A historia do ferrocarril en Galicia caracterízase por unha incorporación serodia respecto doutras rexións europeas e españolas, debido principalmente á complexa orografía do territorio, ás dificultades económicas e á escasa industrialización do país durante o século XIX. Malia estes atrancos, o tren converteuse nun elemento fundamental para a modernización das comunicacións, o desenvolvemento económico e a integración de Galicia co resto da Península Ibérica.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 10 cidades dos Estados Unidos, 3 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Ricardo Iván Rodríguez Araya, nado en Zürich o 25 de agosto de 1992, é un futbolista suízo de orixe galega e chilena. Xoga habitualmente de lateral esquerdo, aínda que a súa polivalencia permitiulle xogar en ocasións noutras posicións como central, dobre pivote ou extremo esquerdo. O seu equipo actual é o Betis, da Primeira División de España.
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Silván (Erbecedo, Coristanco) o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo na Roma, da Serie A italiana. Formado nas canteiras do Bergantiños e do Deportivo da Coruña, desenvolveu a súa carreira como profesional en clubs de sete países diferentes, vestindo as camisetas de Manchester City, New York City, Girona, Mallorca, NAC Breda, PSV Eindhoven, RB Leipzig, Galatasaray e Roma. É irmán do tamén futbolista Dani Tasende.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O laissez-faire (do francés, «deixen facer») é unha doutrina económica que preconiza unha intervención gobernamental mínima nos asuntos dos individuos e das empresas, postulando que os mercados libres, impulsados por intercambios voluntarios e polo interese propio, asignan os recursos de forma óptima e fomentan a prosperidade sen dirección estatal coercitiva. Orixinado na Francia do século XVIII, o termo estivo asociado aos fisiócratas, un grupo liderado por François Quesnay que se opuña aos controis mercantilistas en favor das leis económicas naturais centradas na agricultura e no libre comercio interior. O concepto gañou relevancia a través dos pensadores do liberalismo clásico, en particular Adam Smith, cuxa obra A riqueza das nacións de 1776 describiu como a toma de decisións descentralizada a través da "man invisible" da competencia de mercado encauza as iniciativas privadas cara ao beneficio público, socavando os argumentos en favor dos aranceis proteccionistas e dos monopolios.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.056.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
Domingo Catoira Mosquera, nado en Évian-les-Bains o 9 de setembro de 1972, é un exfutbolista e dirixente deportivo galego. Como futbolista xogaba de defensa e a súa carreira transcorreu principalmente na Segunda División B, categoría na que disputou un total de 330 partidos repartidos entre o Fabril, o Lugo, o Novelda e o Benidorm. Trala súa retirada traballou nos despachos técnicos do propio Benidorm, o Valencia, o Valladolid e o Espanyol.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
A plusvalía (en inglés, surplus value; en portugués, mais-valia) é un concepto fundamental na crítica de Karl Marx ao capitalismo, definido como o valor en exceso producido polo traballo dos obreiros por riba do custo da súa forza de traballo, que os capitalistas se apropian en forma de beneficio. En Das Kapital, volume I, Marx explica que a forza de traballo, mercada polo seu valor equivalente ás necesidades de subsistencia do traballador, posúe a capacidade de xerar novo valor durante o proceso produtivo por riba dese custo; por exemplo, se o salario diario dun traballador cobre seis horas de traballo necesario para reproducir a súa forza de traballo, as seis horas adicionais de traballo estendido crean un valor excedente non pagado polo capitalista. Este mecanismo, segundo argumentou Marx, subxace á explotación inherente ao traballo asalariado, alimentando a acumulación de capital mentres sementa as bases do conflito de clases, xa que a taxa de plusvalía —calculada como o valor excedente dividido polo capital variable (os salarios)— mide o grao de explotación.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985, é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas. Interpretou a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e o seu papel no filme Os xirasoles cegos valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.
Skadelos é unha banda de música galega formada no ano 2019 no Carballiño. O seu estilo musical caracterízase pola fusión de ritmos festivos coma o ska, o pop, o rock e o punk, destacando polos seus ritmos e letras alegres e directos potentes. As súas letras, escritas en galego, tratan diferentes temáticas.
Pilar Rahola i Martínez, nada en Barcelona o 21 de outubro de 1958, é unha política e xornalista catalá de ideoloxía independentista catalá, e profundamente sionista, defendendo en numerosas ocasións o proxecto colonial israelí na Palestina ocupada, ata o punto de que en 2010 o Fondo Nacional Xudeu bautizou como Pilar Rahola un bosque artificial plantado sobre terras palestinas roubadas
A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A eclosión é o momento en que as crías de diversos animais comezan a saír do ovo ou casulo unha vez que atinxiron o máximo nivel de desenvolvemento e están prontos para nacer. Así, a cría dunha ave fai eclosión do seu ovo ou unha bolboreta fai eclosión do seu casulo. Para facilitaren a rotura da casca do ovo, algúns animais ovíparos presentan unha pequena e aguda protuberancia chamada dente de ovo.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026-27 en Primeira División.
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Eclipse solar do 12 de agosto de 2026
A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.
Eleccións xerais da República Democrática do Congo de 2006
As eleccións xerais da República Democrática do Congo realizáronse, tras a segunda guerra do Congo, o 30 de xullo de 2006. Foron as primeiras eleccións multipartidistas desde a independencia do país en 1960. Escolleuse, mediante sufraxio universal, ao presidente e un novo Parlamento Nacional.
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Siméon ou Timeone Riro ʻa Kāinga Rokoroko He Tau, nado en Mataveri (Illa de Pascua) en data descoñecida e finado en Valparaíso no ano 1898 ou 1899, foi o derradeiro ‘ariki (rei) de Rapa Nui (a Illa de Pascua) dende 1892 até a súa morte. Gobernou a illa durante un breve período de autonomía indíxena entre a anexión inicial de Chile en 1888 e a reafirmación do país da autoridade colonial en 1896. Riro morreu inesperadamente durante unha viaxe diplomática a Chile para discutir a soberanía da illa coas autoridades coloniais, o que levou a sospeitar que foi envelenado.
Economía dos Estados Unidos de América
A economía dos Estados Unidos de América é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un produto interior bruto duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o PIB da Unión Europea, mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no capitalismo.
A explotación laboral designa o acto de obter beneficio do esforzo dun traballador aproveitando a súa vulnerabilidade, xa sexa mediante coerción, engano ou disparidades no poder de negociación que impiden un intercambio xusto. Na economía marxista, isto implica especificamente que os capitalistas se apropian da plusvalía (valor excedente) xerada polos traballadores por riba dos seus salarios, enmarcando o beneficio como un roubo inherente baixo a propiedade privada dos medios de produción. As críticas neoclásicas e austríacas contraargumentan que, en mercados competitivos sen barreiras de entrada nin coerción, os salarios se equilibran co produto marxinal do traballo, o que significa que o emprego voluntario xera ganancias mutuas en lugar dunha extracción unilateral, sendo calquera "excedente" aparente un reflexo do papel do capital no risco e na coordinación.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
James David Rodríguez Rubio, nado en Cúcuta, Norte de Santander, Colombia, o 12 de xullo de 1991, coñecido futbolisticamente como James Rodríguez ou simplemente James (pronunciado de acordo coa fonoloxía do español; ˈxames), é un futbolista colombiano que xoga como centrocampista no Everton FC da Premier League. É internacional coa Selección de Colombia, da cal é capitán. Recibiu en 2009, 2012 e 2014 o premio de xogador revelación na Primeira División da Arxentina e na Primeira Liga de Portugal.
María Rosa García García, alias Niña Pastori, nada en San Fernando (Cádiz) o 15 de xaneiro de 1978, é unha cantante española de flamenco. É a filla da cantante de flamenco Inés "la del Pelao" e recibiu unha grande influencia de Camarón de la Isla. Publicou o seu primeiro disco grazas a Alejandro Sanz[Cómpre referencia].
A chave ou xogo da chave ou deporte da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. Desde 2023 está incluída como modalidade federativa dentro da categoría deportes autóctonos: chave e billarda. Desde esta iniciativa varios partidos foron televisados na TVG. Existen moitas modalidades de chave en Galiza con numerosos equipos e varias ligas asociadas a cada modalidade.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.