Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Biffy Clyro é unha banda escocesa procedente de Kilmarnock, composta por Simon Neil (voz e guitarra), James Johnston (baixo e voces) e Ben Johnston (batería e voces). O son da banda caracterízade por unha pesada, aínda que melódica, mestura de guitarras, baixo e batería, cos tres membros do grupo contribuíndo coas voces. Son coñecidos por complexos e interlazados riffs de guitarra, secuencias de acordes e melodías que adoitan cambiar ao longo das cancións.
Sidney Dillon Ripley II, nado o 20 de setembro de 1913 e finado o 12 de marzo de 2001, foi un ornitólogo e conservacionista da vida silvestre estadounidense. Foi secretario da Smithsonian Institution por 20 anos, desde 1964 a 1984, levando a institución ao seu período de maior crecemento e expansión. Pola súa dirección do Smithsonian, foi premiado coa Medalla Presidencial da Liberdade por Ronald Reagan en 1985.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Bueu é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.189 habitantes (2016), unha superficie de 30,8 km² (26,3 km² continentais e 4,5 km² insulares) e unha densidade de poboación de 401,04 hab./km². O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bueués.
Juan Carlos Copa Quiroga, nado na Coruña en 1970, é un ex xogador e adestrador de hóckey a patíns galego, que dende 2017 adestra o Liceo da Coruña. Considerado un dos mellores xogadores que deu a canteira coruñesa, debutou aos 15 anos co Dominicos na División de Honra (actual OK Liga) e con 17 converteuse no primeiro capitán non catalán dunha selección española. Desenvolveu case toda a súa carreira como xogador no Dominicos, co que gañou a Copa do Rei en 1990, e xogou tamén no Liceo.
Serramoura é unha serie de televisión galega de suspense producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia entre o 5 de outubro de 2014 e o 25 de outubro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Lucía Regueiro, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Isabel Naveira e Uxía Blanco, entre outros. Do final de Serramoura xorde unha serie derivada, A lei de Santos, protagonizada por Santos, personaxe interpretado por Monti Castiñeiras.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Unión Europea de Radiodifusión
A Unión Europea de Radiodifusión, EBU-UER (en inglés: European Broadcasting Union e en francés: Union européenne de radio-télévision) é unha confederación de 75 empresas de radiotelevisión de 56 países, e 43 empresas asociadas doutros 25. Non ten relación ningunha coa Unión Europea. Os membros son empresas de radio e televisión, moitas das cales son públicas ou privadas de emisión pública.
O laissez-faire (do francés, «deixen facer»; pronounced: [lɛse fɛʁ]) é unha doutrina económica que preconiza unha intervención gobernamental mínima nos asuntos dos individuos e das empresas, postulando que os mercados libres, impulsados por intercambios voluntarios e polo interese propio, asignan os recursos de forma óptima e fomentan a prosperidade sen dirección estatal coercitiva. Orixinado na Francia do século XVIII, o termo estivo asociado aos fisiócratas, un grupo liderado por François Quesnay que se opuña aos controis mercantilistas en favor das leis económicas naturais centradas na agricultura e no libre comercio interior. O concepto gañou relevancia a través dos pensadores do liberalismo clásico, en particular Adam Smith, cuxa obra A riqueza das nacións de 1776 describiu como a toma de decisións descentralizada a través da "man invisible" da competencia de mercado encauza as iniciativas privadas cara ao beneficio público, socavando os argumentos en favor dos aranceis proteccionistas e dos monopolios.
O conservadorismo é unha filosofía política e social que defende o mantemento das institucións sociais tradicionais no contexto da cultura e da civilización. En filosofía política, denomínase conservadorismo en sentido amplo ao conxunto de doutrinas e movementos políticos que favorecen o uso do poder político ou a forza do Estado para conservar ou restaurar tradicións —crenzas ou costumes— dun pobo ou nación, que poden ser de tipo relixiosas, culturais ou políticas. Nestes casos o termo conservadorismo é entendido como un tradicionalismo en política ou manter intacto unha orde política presente ou como reaccionarismo ou restauración dunha orde política perdida.
Un pogrom (do ruso: погром, pogrom: "devastación") consiste no linchamento multitudinario, espontáneo ou premeditado, dun grupo particular, étnico, relixioso ou outro, acompañado da destrución ou o espolio dos seus bens (casas, tendas, centros relixiosos etcétera). O termo foi usado para denotar actos de violencia sobre todo contra os xudeus, aínda que tamén se aplicou para outros grupos, como é o caso do linchamento polaco contra as minorías étnicas (alemáns e ucraínos) na Galitsia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Seattle ( [siˈætəɫ] ) é a cidade máis grande do noroeste dos Estados Unidos. Fundada en 1853, a cidade está localizada no estado de Washington, na rexión de Puget Sound, a 182 quilómetros da fronteira con Canadá. En 2007 tiña unha poboación de 594 210 habitantes e na súa area metropolitana vivían 3 263 497 persoas.
Pepe Domingo Castaño Solar, nado en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2023, foi un cantante e xornalista galego. Durante moitos anos presentou distintos programas deportivos (especialmente de fútbol masculino) en diversas cadeas españolas, como SER (Carrusel deportivo) ou Cope (Tiempo de juego).
O pardal italiano (Passer italiae), é unha ave paseriforme da familia dos pardais do Vello Mundo, Passeridae, que vive en Italia e outras partes da rexión mediterránea. O seu aspecto é intermedio entre o pardal común e o pardal mouro, esta última unha especie do Mediteráneo e Asia central estreitamente relacionada co pardal común. O pardal italiano habita o norte de Italia e rexións veciñas, con exemplares intermedios co pardal común nunha zona de contacto moi estreita nos Alpes, unha lenta gradación na súa aparencia desde os pardais italiano e mouro a través da Italia central e meridional, e hai máis exemplares de aparencia intermedia en Malta, Creta e outras partes do Mediterráneo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Alcázar de San Juan é unha cidade da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, situada no nordés da provincia de Cidade Real. Está situada 150 km ao sur de Madrid e no límite coa provincia de Toledo. Ao oeste de Alcázar de San Juan existen tres lagoas, chamadas La Veguilla, Lagoa do Camino de Villafranca e Lagoa de Las Yeguas, que se converteron nun importante refuxio de aves debido á redución doutros espazos como as Tablas de Daimiel, onde durante todo o ano poden atoparse aves como flamengos e garzas.
Chester Charles Bennington, nado en Phoenix (Arizona) o 20 de marzo de 1976 e finado nos Ánxeles o 20 de xullo de 2017, foi o vocalista da banda estadounidense de nu metal, Linkin Park. No ano 2013, tras a expulsión de Scott Weiland, Bennington converteuse tamén no vocalista da banda Stone Temple Pilots.
Zara Maria Larsson, nada en Estocolmo o 16 de decembro de 1997, é unha cantante e cantautora sueca. Conseguiu sona no seu país após gañar no 2008 o concurso televisivo Talang, a versión sueca de Got Talent. Zara asinou co selo discográfico TEN Music Group no 2010 e lanzou o seu primeiro álbum EP Introducing, en xaneiro de 2013.
A Veiga de Valcarce ou A Veiga do Valcarce (en español e oficialmente Vega de Valcarce) é un concello da comarca do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 69,38 km², na que vivían 732 habitantes no ano 2008, cunha densidade de poboación de 10,85 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 47 concellos da Galicia estremeira.
A rede ferroviaria de Galicia é a rede de liñas de ferrocarril de Galicia. Na actualidade, a rede ferroviaria de Galicia conta con liñas de largo ibérico, largo internacional e de vía estreita e unha única operadora, Renfe. A rede rolda os 1100 km, sendo toda ela titularidade de Adif (ou Adif Alta Velocidade) e operada por Renfe (a través das súas diferentes divisións comerciais).
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
Piazzale Ferrara é un espazo urbano situado na zona sueste de Milán, no barrio de Corvetto, e representa un dos principais polos de agregación do cuadrante grazas á presenza do histórico mercado de barrio e ás recentes transformacións do espazo público. A praza constitúe un nó central da vida cotiá do barrio e un punto de conexión entre diferentes rúas residenciais e comerciais da zona.
A reacción en cadea da polimerase en tempo real (ou PCR en tempo real, do inglés real-time PCR), tamén chamada PCR cuantitativa (en inglés, quantitative PCR; qPCR ou Q-PCR) ou PCR en tempo real cuantitativa é unha variante da reacción en cadea da polimerase (PCR) utilizada para amplificar e simultaneamente cuantificar de forma absoluta o produto da amplificación de ácidos desoxirribonucleicos (ADN). Nela emprégase basicamente o mesmo procedemento que na PCR convencional (de punto final), un molde de ADN, polo menos un par de cebadores específicos, dNTPs, un tampón químico de reacción adecuado, e un encima ADN polimerase termoestable; a dita mestura adiciónase unha substancia marcada cun fluoróforo que, nun termociclador que conteña sensores para medir a fluorescencia producida tras excitar o fluoróforo á lonxitude de onda axeitada, permita medir a taxa de xeración dun ou máis produtos específicos. Dita medición, realízase logo de cada ciclo de amplificación e esa é a razón de que se chame PCR en tempo real (é dicir, PCR inmediata, simultánea).
Un contrato é un acordo entre partes que crea obrigas mutuas esixibles xudicialmente. Para ser válido, require elementos esenciais como o consentimento mutuo mediante oferta e aceptación, unha contraprestación entendida como intercambio de valor, a capacidade das partes para contratar e un obxecto que sexa lícito. Os contratos sustentan as transaccións comerciais, as relacións laborais e os tratos persoais ao proporcionaren un mecanismo co que as partes poden definir dereitos, deberes e remedios en caso de incumprimento, como os danos e perdas ou o cumprimento específico.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
A serie Game & Watch (en xaponés ゲーム&ウオッチ, Gēmu & Uotchi; coñecidas en Alemaña como tricOtronic e popularmente en España como «maquinitas») é unha liña de 59 consolas portátiles de videoxogos que foron fabricadas por Nintendo dende 1980 a 1991 e creadas por Gunpei Yokoi. Cada unha delas posúe un único xogo de pantalla LCD e ten ademais reloxo e alarma. Algúns dos títulos do formato Game & Watch foron Pinball, Donkey Kong, The Legend of Zelda, Mario Bros.
Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.
Cunnilingus ou cunilingua (do latín cunnus: "cuña" ou "vulva", e lingus: "lingua"), é a práctica de sexo oral onde unha persoa (poden ser incluso dúas persoas, á vez) chupa(n), frota(n), lambe(n), ou adenta(n) (con graos variables de intensidade, e tamén poden ensalivar ou cuspir), coa boca, coa lingua, cos beizos, cos dentes ou incluso co nariz ou co queixo ou a barba e os bigotes, os labios da vulva, a entrada da vaxina e o clítoris. O clítoris é a parte sexual máis sensitiva dos xenitais femininos humanos, e a súa estimulación pode provocar excitación sexual ou orgasmo. Cunnilingus pode ser sexualmente excitante para os seus participantes, e pode ser practica polo compañeiro sexual como preliminares para incitar a excitación antes doutras actividades sexuais (como o sexo anal ou vaxinal), ou como un acto erótico e de intimidade física.
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
Igrexa de San Martiño de Ramil
A igrexa de San Martiño de Ramil é unha igrexa parroquial románica situada no concello de Agolada, pertencente ao arciprestado de Camba-Ventosa da diocese de Lugo e actúa como parroquia de Ramil. Ten unha única nave con capela e tellado a dúas augas con armaduras de madeira.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
O capitalismo é un sistema económico caracterizado pola propiedade privada dos medios de produción, no que individuos e empresas operan estes activos para xerar beneficio a través de intercambios voluntarios en economías de mercado competitivas, cunha asignación de recursos determinada principalmente pola oferta e a demanda en lugar de por unha autoridade central. As súas características definitorias inclúen dereitos de propiedade privada seguros, o motivo do beneficio como impulsor da innovación e a eficiencia, a competencia que fomenta a mellora, e unha intervención gobernamental limitada para facer cumprir os contratos e previr a coerción. Orixinado na Europa medieval a través da expansión comercial e as prácticas mercantís, o capitalismo cristalizou intelectualmente coa obra A riqueza das nacións (1776) de Adam Smith e practicamente a través da Revolución Industrial, que desencadeou a produción mecanizada, a urbanización e o comercio global.
O urmetazoo (urmetazoa, do prefixo en alemán ur- «orixinal, primitivo, arquetípico» e do grego μετα-ζωα, metazoa, «animal») é o hipotético derradeiro devanceiro común de todos os animais. Quizais o primeiro urmetazoo fora acuático, pero máis aló disto a súa forma é difícil de determinar, xa que se plantearon diferentes hipóteses e a discriminación mediante o método científico entre estas hipóteses é difícil por mor de que as relacións entre os filos animais non se resolveron de todo.
Un subsidio é un incentivo financeiro proporcionado polo goberno, como pagamentos directos, créditos fiscais, axudas ou apoios de prezos, concedido a produtores, consumidores ou sectores específicos co fin de reducir custos, incrementar a produción ou avanzar en obxectivos de política como o desenvolvemento industrial, o benestar social ou metas ambientais. Estas intervencións desprazan a curva de oferta ou demanda nos modelos económicos, aumentando habitualmente a cantidade ofrecida ou demandada aos prezos de mercado vixentes, ao tempo que impoñen custos aos contribuíntes. Os subsidios maniféstanse en formas diversas, incluíndo subsidios á produción que reducen os custos de fabricación, subsidios ao consumo que abaratan os prezos para o usuario final, subsidios á exportación para mellorar a competitividade exterior e subsidios ao emprego para preservar postos de traballo.
Un motor é un tipo de máquina que realiza traballo mecánico convertendo unha forma de enerxía, como a térmica, química, hidráulica, pneumática ou eléctrica en enerxía cinética. Os motores adoitan ter un eixe que xiran, accionando dispositivos mecánicos como as engrenaxes. Entre as excepcións inclúense os motores de foguete e os motores lineais.
O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca') ou fiollo(Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, especialmente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A chave ou xogo da chave ou deporte da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. Desde 2023 está incluída como modalidade federativa dentro da categoría deportes autóctonos: chave e billarda. Desde esta iniciativa varios partidos foron televisados na TVG. Existen moitas modalidades de chave en Galiza con numerosos equipos e varias ligas asociadas a cada modalidade.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
Unha economía mixta é un sistema económico que integra elementos do capitalismo de libre mercado —caracterizado pola propiedade privada e a competencia— cunha intervención gobernamental substancial mediante a regulación, a fiscalidade, o gasto público e a prestación de servizos sociais, co fin de abordar os fallos de mercado e redistribuír a renda. Este enfoque híbrido procura aproveitar a eficiencia da asignación de recursos baseada no mercado mentres mitiga as desigualdades e as externalidades que os mercados puros poden agravar, aínda que o grao de intervención varía amplamente segundo a implementación. O concepto gañou relevancia a mediados do século XX, en particular tras a Segunda Guerra Mundial, cando os gobernos da Europa occidental e de América do Norte responderon á Gran Depresión e á planificación bélica ampliando o papel do Estado na estabilización das economías sen abandonar por completo a empresa privada.
A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.