Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Roman-Taras Yosypovych Shukhevych (en ucraíno: Рома́н-Тарас Йо́сипович Шухе́вич) tamén coñecido como Taras Chuprynka e polo seu pseudónimo Tur, nado en Lviv, Galicia, Imperio Austrohúngaro, o 30 de xuño de 1907, e finado na mesma cidade o 5 de marzo de 1950, foi un nacionalista ucraíno e líder militar do Exército Insurxente Ucraíno. Colaborador dos nazis na Segunda guerra mundial, foi comandante do batallón Nachtigall e capitán do batallón Schutzmannschaft 201. Foi un dos responsables dos masacres de Galicia e Volinia, nos que foron asasinados ducias de milleiros de civís polacos.
Seiland (en saami setentrional: Sievju) é a oitava illa máis grande de Noruega, situada na parte continental no condado de Finnmark. A illa ten 559 km² e divídese entre os municipios de Alta, Hammerfest, e Kvalsund. As escavacións arqueolóxicas demostraron que Seiland leva habitada por máis de 7000 anos.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
Franscisco Javier López Álvarez, coñecido como Patxi López, nado en Portugalete o 4 de outubro de 1959, é un político vasco e secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE). Foi o lehendakari do goberno vasco dende o 5 de maio de 2009 ata decembro de 2012. Foi presidente da mesa do Congreso dos Deputados na XI Lexislatura.
O anime (アニメ, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión. Entre a manga e anime adoita haber moita interacción, posto que os mangas que teñen éxito son posteriormente adaptados ó anime.
A queimada (de queimar, que se supón que evolucionou a partir dunha forma hispánica *caimare, alteración do latín cremare) é unha bebida alcohólica tradicional galega propia da súa gastronomía. Elabórase a base de augardente queimada, con azucre, grans de café e limón. Atribúenselle facultades curativas, asemade, o seu consumo está rodeado de tradicións: mentres se elabora pronúnciase un conxuro para protexer contra meigallos e para escorrentar os espíritos e demais seres malvados de quen a bebe.
Os cimícidos (Cimicidae) son unha familia de pequenos insectos hemípteros parasitos que se alimentan exclusivamente de sangue de animais de sangue quente, denominados en xeral chinches. Entre eles están a chinche das camas común Cimex lectularius, e o seu parente tropical similar Cimex hemipterus. A familia contén unhas 100 especies.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A bandeira kapok é un dos símbolos que representa as provincias de Guangdong no sur da China, a súa lingua, cultura, nacionalismo e separatismo. Porén, a bandeira é dificilmente recoñecíbel e non é utilizado oficialmente na provincia de Guangdong ou noutras provincias da China continental. É unha bandeira tricolor composta por franxas horizontais de cor verde, marrón e azul.
O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. ou Real Club Deportivo de A Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026/27 en Primeira División.
Leucocytozoon (ou ás veces Leukocytozoon) é un xénero de protozoos alveolados parasitos pertencente ao filo Apicomplexa (no que tamén están incluídos os parasitos da malaria) clasificado na familia Leucocytozoidae. As especies deste xénero usan as moscas Simulium ou un mosquito Ceratopogonidae como hóspede definitivo e as aves como hóspede intermedio. Existen unhas 100 especies neste xénero.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena.
Con el culo al aire (serie de televisión)
Con el culo al aire foi unha serie de televisión cómica española, producida por Notro Films para a cadea privada Antena 3. Estreada o 1 de febreiro de 2012, finalizou despois de tres tempadas o 16 de xullo de 2014.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Os oniscídeos (Oniscidea) son unha suborde de crustáceos isópodos terrestres. Pénsase que colonizaron a terra durante o Paleozoico baseándose nunha análise de reloxo molecular, aínda que os fósiles máis antigos coñecidos datan do Cretáceo medio, hai uns 100 millóns de anos. Isto fai que sexan peculiares entre os crustáceos, ao seren unha das poucas liñaxes que fixeron a transición da auga a un ambiente completamente terrestre.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
Michelle de Paula Firmo Reinaldo Bolsonaro, nada en Ceilandia (Distrito Federal) o 22 de marzo de 1982, foi a primeira dama do Brasil, polo seu matrimonio co presidente Jair Bolsonaro, dende o 1 de xaneiro de 2019 ata o 1 de xaneiro de 2023. Nada en Ceilândia, rexión administrativa do Distrito Federal, completou os seus estudos nun colexio público e traballou como secretaria parlamentaria entre 2004 e 2008 na Cámara dos Deputados, onde coñeceu ao seu futuro marido, Jair Bolsonaro. Membro da Igrexa Bautista Attitude, é defensora de causas sociais relacionadas coas persoas con discapacidade, con visibilidade sobre enfermidades raras, inclusión dixital, concienciación sobre o autismo, inclusión de Libras nas escolas e outros proxectos sociais.
A noz moscada é o froito dun xénero de árbores perennifolios da familia das Myristicaceae, especialmente do xénero Myristica, procedente das Illas das Especias (na actualidade as Illas Molucas en Indonesia). A noz é, en realidade, a semente da árbore, de forma lixeiramente ovoide, entre 20–30 mm de longo e 15-18 de ancho. Esta semente está cuberta por unha especie de cortiza seca tramada de cor avermellada denominada macis.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Andrés Eloy Blanco Meaño, nado en Cumaná, Venezuela, o 6 de agosto de 1896 e finado en Cidade de México o 21 de maio de 1955, foi un destacado poeta, avogado e político venezolano, membro da Xeración do 28, e un dos fundadores do partido político Acción Democrática (AD). Foi ministro de Relacións Exteriores de Venezuela e presidente da Asemblea Nacional Constituínte.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
En matemáticas, a desigualdade das medias aritmética e xeométrica, ou máis brevemente a desigualdade AM-GM, afirma que a media aritmética dunha lista de números reais non negativos é maior ou igual á media xeométrica da mesma lista; e a maiores, que as dúas medias son iguais se e só se todos os números da lista son iguais (neste caso o resultado é precisamente ese número). O caso non trivial máis sinxelo é para dous números non negativos x e y, é dicir, x + y 2 ≥ x y {\displaystyle {\frac {x+y}{2}}\geq {\sqrt {xy}}} con igualdade se e só se x = y. Isto débese ao feito de que o cadrado dun número real é sempre non negativo (maior ou igual a cero) e da identidade (a ± b)2 = a2 ± 2ab + b2 : 0 ≤ ( x − y ) 2 = x 2 − 2 x y + y 2 = x 2 + 2 x y + y 2 − 4 x y = ( x + y ) 2 − 4 x y .
A seguinte é unha lista dos réptiles atopados en Galicia. Esta baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española, a información obtida na Lista Vermella da IUCN e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada, Pedro Galán e Gustavo Fernández. Esta clase contén arredor de 8.300 especies vivas das cales unhas 30 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.
Juan Carlos Copa Quiroga, nado na Coruña en 1970, é un ex xogador e adestrador de hóckey a patíns galego, que dende 2017 adestra o Liceo da Coruña. Considerado un dos mellores xogadores que deu a canteira coruñesa, debutou aos 15 anos co Dominicos na División de Honra (actual OK Liga) e con 17 converteuse no primeiro capitán non catalán dunha selección española. Desenvolveu case toda a súa carreira como xogador no Dominicos, co que gañou a Copa do Rei en 1990, e xogou tamén no Liceo.
A abeluria ou herba das feridas (Hypericum perforatum), é unha herbácea europea, a especie máis abundante da familia das gutíferas (Guttiferae) ou hipericáceas (Hypericaceae). Cómpre non confundila coa dedaleira, que tamén recibe o nome de abeluria. Abunda en Galiza, sendo unha das herbas empregadas na noite de san Xoán.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Nos mamíferos, as glándulas suprarrenais tamén chamadas glándulas adrenais son glándulas endócrinas que están situadas sobre a parte superior dos riles. Nos humanos a glándula suprarrenal dereita ten forma triangular e a esquerda ten forma semilunar. Son principalmente responsables da produción e liberación de hormonas en resposta ao estrés, que son corticoesteroides (por exemplo o cortisol) e catecolaminas (por exemplo, a adrenalina).
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Caso das fotografías de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado
O caso das fotografías de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado, en ocasións citado como escándalo das fotos con Marcial Dorado fai referencia ao escándalo político en Galicia tras a publicación dunhas fotografías no xornal El País o 30 de marzo de 2013, onde aparecía o presidente da Xunta de Galicia, o político do Partido Popular Alberto Núñez Feijóo, xunto ao narcotraficante Marcial Dorado. A publicación da información puxo en evidencia a relación de amizade entre o político galego e o narcotraficante, os cales chegaron a realizar viaxes xuntos. As polémicas fotos foron tiradas nunha embarcación recreativa no ano 1995.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Josefa Rodríguez Álvarez, coñecida como Josefina Aldecoa, nada en La Robla (León) o 8 de marzo de 1926 e finada en Mazcuerras (Cantabria) o 16 de marzo de 2011, foi unha escritora e pedagoga española, directora do Colexio Estilo. Estivo casada co escritor Ignacio Aldecoa, de quen adaptou tras a súa morte o seu apelido para a súa carreira literaria.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
A árnica falsa, tamén denominada flor de San Xoán; Helichrysum fœtidum (L.) Moench, é unha planta da familia Asteraceae orixinaria de Suráfrica. Naturalizada por gran parte da xeografía galega; principalmente nos hábitats costeiros onde vive. En zonas alteradas como cunetas, en ocasións penetrando en medios naturais como dunas ou nas zonas de transición entre cultivos e matogueiras.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Cerdedo Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, O Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.
O bikini (do inglés "bikini") é unha peza feminina de baño composta de dous triángulos de tea na parte superior similar a un apertador que cobre os seos e dous triángulos de tea na parte inferior, a frontal que cobre a pelve, pero que expón o embigo, e a parte de atrás que cobre as nádegas. O tamaño da parte superior e inferior pode variar desde a cobertura completa dos seos, pelve, e nádegas, ata os deseños máis atrevidos como o tanga que cobren só a aréola e o monte de Venus, pero expoñen as nádegas. O deseñador de moda Jacques Heim presentou en París un deseño de traxe de baño de dúas pezas en 1946 ao que chamou Atome.
Xuño na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xuño na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. As celebracións populares máis importantes deste mes coinciden coa festividade do Corpus e coa noite de San Xoán, noite máxica por excelencia. No primeiro caso, cómpre destaca-las alfombras de flores que se constrúen en diversas localidades galegas, especialmente Ponteareas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A Wicca é unha relixión neopagá influenciada por crenzas precristiás e prácticas de Europa occidental que afirma a existencia dun poder sobrenatural, como a maxia, e os principios físicos e espirituais masculinos e femeninos que se integran coa natureza, e que celebra os ciclos da vida e os festivais estacionais, coñecidos como Sabbats, os cales ocorren, polo normal, oito veces por ano. A Wicca é unha relixión politeísta, de culto basicamente dualista, que cre tradicionalmente na Mai Tripla e no Deus con Cornos. Estas dúas deidades vense moitas veces como as caras dunha divindade panteísta maior, ou que se manifestan como varias divindades politeístas.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
Raimundo de Borgoña, tamén coñecido como Reimundo de Borgoña, nado en Besançon cara a 1070 e finado en Grajal de Campos no 24 de maio de 1107, foi un nobre do Condado de Borgoña, fillo do conde Guillerme I e irmán do papa Calisto II. No ano 1087 acudiu á Península Ibérica, xunto con outros nobres franceses, para deter o avance dos exércitos almorábides, vencedores das forzas cristiáns na batalla de Zalaca. Durante a súa estadía foi concertada unha alianza política que incluía o seu casamento coa infanta Orraca, filla e herdeira do rei Afonso VI, o que o colocou no primeiro posto da liña sucesoria. O rei Afonso confioulle dúas importantes tarefas, o goberno dun Reino de Galicia no que se desencadeara recentemente unha revolta nobiliaria que ameazaba coa secesión do territorio, e a defensa das terras fronteirizas cos reinos musulmáns, en especial da recentemente anexionada taifa de Toledo.