Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Minecraft é un videoxogo de mundo aberto tipo sandbox creado orixinalmente polo deseñador e programador sueco Markus "Notch" Persson e desenvolvido e publicado posteriormente pola empresa fundada por el, Mojang. Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en tres dimensións xerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
Aaliyah Dana Haughton, nada o 16 de xaneiro de 1979 e finada o 25 de agosto de 2001, foi unha cantante afroamericana de R&B, que actuou tamén en dous filmes antes da súa morte nun accidente de aviación aos 22 anos. Nada en Brooklyn, Nova York, medrou en Detroit. En 1994 lanzou o seu primeiro álbum, Age Ain't Nothing But a Number, que se converteu en disco de platino.
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O foro é un tipo de contrato, especialmente agrario, de longa duración ou, eventualmente, perpetuo, polo que unha persoa ou institución —fidalguía e Igrexa— lle cede a outra o uso ou proveito dunha cousa ou ben (xeralmente unha terra), a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
O urmetazoo (urmetazoa, do prefixo en alemán ur- «orixinal, primitivo, arquetípico» e do grego μετα-ζωα, metazoa, «animal») é o hipotético derradeiro devanceiro común de todos os animais. Quizais o primeiro urmetazoo fose acuático, pero máis aló disto a súa forma é difícil de determinar, xa que se formularon diferentes hipóteses e a discriminación mediante o método científico entre estas hipóteses é difícil por mor de que as relacións entre os filos animais non se resolveron de todo.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. ou Real Club Deportivo de A Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026/27 en Primeira División.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Hospital do Tórax (en catalán Hospital del Tòrax ou Sanatori de Terrassa), é un antigo hospital catalán situado no norte da cidade de Terrassa (provincia de Barcelona). Albergou doentes con doenzas respiratorias dende 1952 até 1997. No ano 2014 o recinto foi totalmente reformado e converteuse no Parque Audiovisual de Cataluña, un complexo de produción audiovisual.
O anime (アニメ, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión. Entre a manga e anime adoita haber moita interacción, posto que os mangas que teñen éxito son posteriormente adaptados ó anime.
Franscisco Javier López Álvarez, coñecido como Patxi López, nado en Portugalete o 4 de outubro de 1959, é un político vasco e secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE). Foi o lehendakari do goberno vasco dende o 5 de maio de 2009 ata decembro de 2012. Foi presidente da mesa do Congreso dos Deputados na XI Lexislatura.
Josefa Rodríguez Álvarez, coñecida como Josefina Aldecoa, nada en La Robla (León) o 8 de marzo de 1926 e finada en Mazcuerras (Cantabria) o 16 de marzo de 2011, foi unha escritora e pedagoga española, directora do Colexio Estilo. Estivo casada co escritor Ignacio Aldecoa, de quen adaptou tras a súa morte o seu apelido para a súa carreira literaria.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Xuño na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xuño na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. As celebracións populares máis importantes deste mes coinciden coa festividade do Corpus e coa noite de San Xoán, noite máxica por excelencia. No primeiro caso, cómpre destaca-las alfombras de flores que se constrúen en diversas localidades galegas, especialmente Ponteareas.
Leucocytozoon (ou ás veces Leukocytozoon) é un xénero de protozoos alveolados parasitos de aves pertencente ao filo Apicomplexa (no que tamén están incluídos os parasitos da malaria) clasificado na familia Leucocytozoidae. As especies deste xénero usan dípteros, como as moscas Simulium ou un ceratopogónido, como hóspede definitivo e as aves como hóspede intermedio. Existen unhas 100 especies neste xénero.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.171.
O granivorismo ou predación de sementes é un tipo de alimentación animal na que estes se alimentan principalmente de sementes de plantas. Os granívoros poden encontrarse en moitas familias de vertebrados, especialmente mamíferos e aves, así como en moitos grupos de insectos. O granivorismo ou predación de sementes adoita dividirse en predación predispersión e posdispersión, que afectan a eficacia biolóxica da planta parental e a descendencia dispersada (as sementes), respectivamente.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A Compostela é un documento expedido polo cabido da catedral de Santiago de Compostela que certifica que o peregrino rematou o Camiño de Santiago. Unha vez cumpridos determinados requisitos, entrégase de modo persoal e presencial na Oficina de Atención ó Peregrino. Está redactada en latín, como correspondía á calquera documento da época e á lingua da Igrexa.
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
Un escritor ou unha escritora é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas. Considérase que os primeiros escritores dos que se sabe o nome foron Ptahhotep (séculos XXV a XXIV antes da Nosa Era, que escribiu en exipcio) e Enheduanna (séc. XXIII antes da Nosa Era, escritora en sumerio), sendo esta última o primeiro poeta do que existe rexistro do seu nome.
A historia (termo procedente da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais. Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade. Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica).
D12 (tamén coñecido como The Dirty Dozen e D-Twizzy) é un grupo de hip hop orixinario de Detroit, Míchigan. Cos seus álbums Devil's Night en 2001 e D12 World en 2004 alcanzou o posto máis alto na lista de álbums dos Estados Unidos, Reino Unido e Australia. D12 foi formado en 1990, pero só atinxiron o éxito no mundo do rap cando Eminem, líder do grupo, acadou a fama internacional a principios de século, aínda que D12 tivese éxito no terreo underground uns anos atrás.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Jeffrey Lionel Dahmer ([ˈdɑːmər];, nado o 21 de maio de 1960, e finado o 28 de novembro de 1994, tamén coñecido como Caníbal de Milwaukee e Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e agresor sexual estadounidense responsábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Dahmer cometeu o seu primeiro asasinato en Ohio en 1978; non volveu matar até 1987. O modus operandi dos seus crimes posteriores consistía en atraer unha vítima ao seu apartamento en Wisconsin, onde era drogada, agredida sexualmente e asasinada.
Historiografía do Reino medieval de Galicia
A primeira referencia historiográfica explícita sobre a existencia do Reino de Galicia data do século VI, cando o bispo Gregorio de Tours denomina Galliciensim regnum o estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que, a través dunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada. Malia este dilatado lapso temporal e a existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da Idade Contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena Idade Media polas denominacións de Reino de Asturias e Reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia.
O Partido Agrario Español (PAE) foi un partido político español da Segunda República Española, creado en 1934. A súa ideoloxía era de dereitas e Integrou un gran número de representantes da vella clase política característica da monarquía de Afonso XIII que iniciara en 1876 Antonio Cánovas del Castillo coa Constitución española de 1876, en vigor desde ese ano até 1923 e de 1930 até 1931. Ideoloxicamente da dereita posibilista, representaba os intereses da gran burguesía terratenente española e dos pequenos e medianos propietarios casteláns.
O lobo na cultura popular galega
A seguir recóllese a pegada do lobo na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. O lobo recibe numerosos nomes ó longo da xeografía galega. Trátase dun animal considerado maléfico, encarnación do perigo para a xente e para o gando, inimigo por antonomasia, e moitas veces apónselle poderes máxicos e sobrenaturais.
A partir da reforma de Licurgo no século VII a. C., Esparta tiña dous reis (ἀρχαγέται / arkhagétai, de ἀρχή / archế, "goberno"). Un deles forma parte da familia dos Axíadas (Ἀγιάδαι / Agiádai), o outro da dos Euripóntidas (Εὐρυποντίδαι / Eurupontídai), dúas familias nadas, segundo a lenda, de xemelgos descendentes de Heracles, Eurístenes, pai de Axis I e Procles, pai de Euriponte.
Modelo:Xeografía política Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
A Illa de Pascua é unha illa oceánica que pertence a Chile, famosa polas súas enormes estatuas de pedra coñecidas como moais. Fai parte da V Rexión de Valparaíso. En rapanui, o idioma local, é denominada Rapa Nui (illa grande), Te pito o te henúa (embigo do mundo) e Mata ki te ranxi (ollos fixos no ceo).
A AC-563 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades do Polígono industrial Vilar do Colo e a paraxe de Fonfría; ambas no concello de Cabanas. Ten unha lonxitude de 4,08 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-651 no polígono industrial Vilar do Colo (Cabanas) e finaliza nun cruzamento coa AC-564 na paraxe de Fonfría (Cabanas).
A ditadura de Francisco Franco (tamén coñecida como ditadura franquista, España franquista, réxime franquista ou franquismo) foi o período da historia contemporánea de España correspondente co exercicio polo xeneral Franco da xefatura do Estado desde o fin da guerra civil en 1939 até a súa morte en 1975. A súa ampla dimensión temporal e a total identificación de Franco co réxime mesmo fai que a miúdo tamén se designe como era de Franco. Acabada a guerra, o xeneral instaurou unha ditadura fascistizada ou réxime semifascista.
Terremoto do eixo cafeteiro de 1999
O terremoto do eixo cafeteiro de 1999 foi un sismo que afectou enormemente os departamentos de Quindío e Risaralda, en Colombia. O terremoto ocorreu o día luns, 25 de xaneiro de 1999 ás 13:19 (18:19:17 UTC) cunha magnitude de 6.2 na escala de Richter. Foi o maior terremoto que golpeou Colombia en 16 anos.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.