Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Javier Ibarra Ramos, nado en Zaragoza o 1 de marzo de 1980, é un MC aragonés en lingua castelá, coñecido artisticamente como Kase.O. Forma parte do grupo Violadores del Verso xunto a Hate, Lírico e R de Rumba. O grupo atópase nun descanso temporal, mais cada artista continúa a súa carreira en solitario e teñen pensado volver a reunirse nun futuro, como así o teñen expresado múltiples veces.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Aaliyah Dana Haughton, nada o 16 de xaneiro de 1979 e finada o 25 de agosto de 2001, foi unha cantante afroamericana de R&B, que actuou tamén en dous filmes antes da súa morte nun accidente de aviación aos 22 anos. Nada en Brooklyn, Nova York, medrou en Detroit. En 1994 lanzou o seu primeiro álbum, Age Ain't Nothing But a Number, que se converteu en disco de platino.
Miss Vaca Galicia é un concurso organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006. Ademais, entréganse outros galardóns: «Miss Poderosa», «Miss Aloumiños», «Miss Donaire» e «Miss Ollos Bonitos».
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
O aeroporto de Marrakech-Menara (IATA: RAK, ICAO: GMMX) é un aeroporto internacional que serve a Marrakech, a capital da rexión marroquí de Marrakech-Tensift-Al Hauz. Recibe avións de distintas cidades europeas, ademais de operar voos cara Casablanca e varios países árabes. No ano 2014 pasaron polas súas instalacións máis de 4 millóns de pasaxeiros.
Arquieparquía católica armenia de Lviv
A arquieparquía de Lviv dos armenios é unha arquieparquía católica en Ucraína, estabelecida en 1361, que ten xurisdición sobre todos os fieis católicos armenios en Ucraína.
Mariel Hemingway, nada en Mill Valley, California, o 22 de novembro de 1961, é unha actriz estadounidense. Comezou a actuar aos catorce anos cun papel poo que recibiu unha candidatura ao Globo de Ouro en Lipstick (1976), e recibiu candidaturas aos premios Óscar e BAFTA pola súa actuación en Manhattan (1979), de Woody Allen. Tivo papeis principais en Personal Best (1982), Star 80 (1983) e na serie de televisión Civil Wars pola que recibiu outra candidatura ao Globo de Ouro.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
O rito (en inglés: The Rite) é un filme de terror sobrenatural dirixido por Mikael Håfström e escrito por Michael Petroni. Está vagamente baseado no libro de Matt Baglio The Rite: The Making of a Modern Exorcist, que á súa vez está baseado nos eventos presenciados polo exorcista Gary Thomas. Está protagonizado por Anthony Hopkins, Colin O'Donoghue, Alice Braga, Ciarán Hinds e Rutger Hauer.
Anthony Giddens nado en Londres o 18 de xaneiro de 1938, é un sociólogo inglés. É o teórico social contemporáneo máis importante de Gran Bretaña e un dos máis influentes do mundo, Recoñecido pola súa teoría da estruturación e a súa mirada holística das sociedades modernas. Tamén adquiriu gran recoñecemento debido ao seu intento de renovación da socialdemocracia a través da súa teoría da terceira vía.
A Copa Mundial da FIFA 2002 (en coreano: 2002 FIFA 월드컵 한국/일본, en xaponés: 2002 FIFAワールドカップ 韓国/日本) foi a edición número dezasete do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado por primeira vez en Asia e tamén por primeira vez de conxuntamente entre por dous países, a República de Corea e o Xapón, comezou o 31 de maio e rematou o 30 de xuño coa vitoria da selección do Brasil sobre Alemaña, conseguindo así o seu quinto título.
Pompoir é unha técnica sexual na que a muller usa os músculos da súa vaxinal para estimular o pene do home. Ambos os membros da parella permanecen quietos, mentres a muller acaricia a erección do home usando pulsos rítmicos e ondulantes dos músculos pubococcígeos, polo que esta práctica realízase mellor nunha posición de muller arriba. Realizar exercicios de Kegel ou solo pelviano pode aumentar a habilidade dunha muller no pompoir fortalecendo os músculos relevantes e permítelle identificar e illar os músculos individuais, para contraelos á súa vez para proporcionarlles sensación de ondulación.
Pedro III de Rusia (en ruso Пётр III Фëдорович Pyotr III Fyodorovitch) (21 de febreiro de 1728 - 17 de xullo de 1762) Tsar do Imperio Ruso, fillo de Carlos Frederico de Holstein-Gottorp e de Ana Petrovna, filla de Pedro o Grande. Naceu en Kiel en 1728 e accedeu ao trono en 1762 ao falecer a emperatriz Sabela I. Militar formado en Prusia, desprezaba a cultura rusa. Por decisión da súa tía, casou coa princesa Sofía de Anhalt-Zerbst (1745), que se converteu á fe ortodoxa co nome de Catarina e que anos despois foi coñecida como Catarina II. Deste matrimonio naceron dous fillos, o futuro Paulo I e a gran duquesa Ana Petrovna, que morreu na súa infancia.
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña, inaugurado o 28 de outubro de 1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña. Ten capacidade para 32.490 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68 metros.
Tokugawa Ieyasu (徳川 家康), nado en Okazaki o 31 de xaneiro de 1543 e finado en Sunpu o 1 de xuño de 1616, foi o fundador e primeiro shōgun do shogunato Tokugawa do Xapón, que gobernaron dende a batalla de Sekigahara, en 1600, ata a Restauración Meiji en 1868. Ieyasu gobernou dende 1600 (oficialmente 1603) ata a súa renuncia en 1605.
Minecraft é un videoxogo de mundo aberto tipo sandbox creado orixinalmente polo deseñador e programador sueco Markus "Notch" Persson e desenvolvido e publicado posteriormente pola empresa fundada por el, Mojang. Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en tres dimensións xerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate.
O Tesla Model 3 é un sedán de tamaño medio e eléctrico, cun estilo de carrocería fastback construído por Tesla, Inc., presentado en 2017. Comercializouse como accesible para máis persoas que os modelos anteriores. O Model 3 foi o coche eléctrico enchufable máis vendido do mundo durante tres anos, de 2018 a 2020, antes de ser eliminado do primeiro posto polo Tesla Model Y, un SUV crossover baseado no chasis do Model 3.
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
3XL foi unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada ao público xuvenil e que comparte a súa frecuencia co Canal Super3, emitindo desde as 21:30 horas ata a madrugada. A canle toma o seu nome do programa de televisión 3XL.net (posteriormente 3XL.cat), que se estreou o 15 de maio de 2000 na segunda cadea de televisión catalá, Canal 33. As emisións de 3XL como cadea independente comezaron o 19 de setembro de 2010, en substitución de Canal 300.
O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Desde o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e desde finais do século XIX integran a cerna do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia.
Patrícia Rehder Galvão, coñecida como Pagu, nada en São João da Boa Vista o 9 de xuño de 1910 e finada en Santos o 12 de decembro de 1962, foi unha escritora, poetisa, directora, tradutora, deseñadora, xornalista e militante da política brasileira. Destacou no movemento modernista iniciado en 1922, aínda que non participase da Semana de Arte Moderna, tendo na época só doce anos de idade. Militante comunista, foi prendida por motivacións políticas.
Candy Candy (no orixinal xaponés: キャンディ・キャンディ: Kyandi Kyandi) é un manga creado pola escritora Kyōko Mizuki, un dos pseudónimos de Keiko Nagita, e a mangaka Yumiko Igarashi, pseudónimo de Yumiko Fijii, publicado no Xapón por Kōdansha Ltd. desde 1975 a 1979 e gañou o primeiro premio Kodansha Manga para shōjo en 1977. A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White.
Coñécense como medallas de Pisanello a serie de 23 medallas creadas en Italia por Antonio di Puccio Pisano, alcumado Pisanello (Pisa ou Verona, antes de 1390 - Nápoles, ca. 1455), un pintor e medallista considerado como un dos máximos expoñentes do gótico internacional en Italia, primeiro en retomar a tradición das medallas de retrato abandonada no século XI, coa dedicada a Xoán VIII Paleólogo, en 1438. Esta medalla do emperador bizantino tivo unha difusión extraordinaria e motivou que Pisanello comezase a recibir numerosas encargas doutras medallas por parte de nobres de Milán, Mantua, Ferrara, Rimini e Nápoles, e tamén doutros dignatarios aliados das respectivas cortes.
Ursula Gertrud von der Leyen, nada como Ursula Gertrud Albrecht en Ixelles, Bruxelas, o 8 de outubro de 1958, é unha política alemá, presidenta da Comisión Europea dende 2019. Von der Leyen está afiliada á Unión Demócrata Cristiá (CDU), partido de centro-dereita do cal é unha das vicepresidentas. Foi a primeira muller no cargo de ministra de Defensa de Alemaña, entre 2013 e 2019, despois de liderar os ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, entre 2009 e 2013, e de Familia, Terceira Idade, Mulleres e Xuventude, entre 2005 e 2009.
A traxedia de Vargas é unha das peores catástrofes que asolou o Estado Vargas do país venezolano o 15 de decembro de 1999. Foi o resultado das fortes chuvias, inundacións e desprendementos de material arxiloso e lama que se sucederon entre o 14 e o 16 de decembro de 1999, que mataron entre 10.000 e 30.000 persoas. Este desastre coñeceuse como "el día que la montaña avanzó hasta el mar" e provocou un colapso total das infraestruturas do Estado de Vargas.
Ruski konzul (en serbio: Руски конзул) é un filme serbio de 2024 dirixido por Miroslav Lekić. O guión foi escrito por Miroslav Lekić, Vladimir Tabašević e Igor Bojović baseándose na novela homónima de Vuk Drašković. Está ambientado na década de 1970, que se pode considerar unha época clave da crise de Kosovo-Metohija, que definiu a futura coexistencia de serbios e albaneses en Kosovo e Metohija.
A fábula é unha composición literaria breve, de ficción, na que os personaxes son animais ou cousas que case sempre presentan características humanas como o falar. Estas historias conclúen cun ensino ou sentenza de carácter instrutivo, que adoita figurar ao final do texto. A fábula é pois unha narración inventada de feitos marabillosos que teñen unha conclusión moral.
O estilo manuelino, tamén chamado gótico portugués tardío, flamíxero ou flamejante, é un estilo decorativo e escultórico aplicado á arquitectura e ao mobiliario que se desenvolveu no reinado de D. Manuel I e continuou até despois da súa morte, aínda que xa existía dende o reinado do rei Xoán II. Trátase dunha variación portuguesa do gótico tardío, así como da arte luso-mourisca ou arte mudéxar, marcada por unha sistematización dos seus propios grandes motivos iconográficos, simbolizando o poder real. Posteriormente incorporou ornamentación do Renacemento italiano. O termo "manuelino" foi creado por Francisco Adolfo Varnhagen na súa Noticia histórica e descritiva do mosteiro de Belém de 1842.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
Pedro III de Portugal (nome completo: Pedro Clemente Francisco José António de Bragança; 5 de xullo de 1717 - 25 de maio de 1786), Infante de Portugal, Señor do Infante, Gran Prior de Crato, Duque de Bexa, posteriormente Príncipe consorte do Brasil e Rei de Portugal de iure uxoris, foi o cuarto fillo do rei Xoán V e da raíña Dona María Ana D. Pedro era así irmán de Xosé I. O 6 de xuño de 1760 casou coa sobriña e herdeira da coroa Dona María Francisca. Coa subida da muller ao trono en 1777 converteuse en rei consorte de Portugal sendo alcumado "O Capacidónio" pola maneira como se refería a varias persoas, ou "O Sacristão" polo seu fervor relixioso ou aínda "O Edificado" pola súa iniciativa de edificar o Palacio de Queluz. Pedro foi unha figura neutral da política e non participaba das decisións de goberno.
Hideo Kojima (en xaponés 小島秀夫), nado en Setagaya (Tokyo) o 24 de agosto de 1963, é un popular deseñador de videoxogos que en 2009 traballaba na compañía xaponesa Konami. Inicialmente foi o vicepresidente de Konami Computer Entertainmet Japan, exercendo máis tarde o cargo de creador de videoxogos Kojima Productions, cun novo equipo dedicado ao desenvolvemento de videoxogos creativos deixando de lado as decisións económicas e administrativas. Hideo Kojima é o creador e director de varios videoxogos exitosos, incluíndo as series Metal Gear, Snatcher e Policenauts.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A Casa de moeda de Nova Orleáns (en inglés New Orleans Mint) foi unha fábrica de moeda estadounidense sita en Nova Orleáns, Luisiana, unha das ramas da Casa da Moeda dos Estados Unidos, que estivo operativa entre 1838 e 1861 e, posteriormente, entre 1879 e 1909. Durante os seus anos de funcionamento produciu máis de 427 millóns de moedas de ouro e prata de case todos os valores, por un valor aproximado de 307 millóns de dólares. Todas estas moedas amosan como marca de ceca a inicial "O" do topónimo de Nova Orleáns.
O club dos 27 é un termo que fai referencia á crenza de que un número estrañamente elevado de músicos populares e outros artistas morreron ós 27 anos, moitas veces como resultado do abuso das drogas e do alcol ou por medios violentos, como o homicidio ou o suicidio. Non obstante, os estudos estatísticos desvelan que as mortes non seguen un padrón inhabitual. O club dos 27 foi repetidamente citado en revistas de música, revistas en xeral e xornais.
Joan Segarra Iracheta, nado en Barcelona o 15 de novembro de 1927 e finado en Taradell, Barcelona, o 3 de setembro de 2008, foi un futbolista español, capitán do "Barça das Cinco Copas", un dos mellores equipos que tivo o FC Barcelona na súa historia. Xogou 14 tempadas no primeiro equipo do Barcelona, entre 1950 e 1964, disputando un total de 577 partidos. Retirouse como o futbolista con máis partidos na historia do club, aínda que nos seguintes anos foi superado por varios xogadores máis.
Benalmádena é un municipio andaluz, situado na costa da provincia de Málaga, coñecida como a costa do Sol. O municipio está integrado no Área Metropolitana de Málaga e na comarca da Costa del Sol Occidental. Baixo esta última división territorial, Benalmádena está mancomunada xunto a outros municipios dentro da Mancomunidade de Municipios da Costa do Sol Occidental.
The Seer é o décimo segundo álbum de estudio da banda estadounidense de post-punk Swans, editado o 28 de agosto do 2012 a través do selo Young God Records. O produtor e líder Michael Gira financiou a gravación do disco coas vendas do álbum ao vivo We Rose from Your Bed with the Sun in Our Head. O traballo conta coas voces da cantante de Yeah Yeah Yeahs Karen O, as de Alan Sparhawk e Mimi Parker de Low, membros de Akron/Family, Ben Frost, Grasshopper de Mercury Rev e o antigo membro de Swans Jarboe.
Yogyakarta (Inglés: /ˌjoʊɡjəˈkɑːrtə/; xavanés: ꦔꦪꦺꦴꦒꦾꦏꦂꦠ Ngayogyakarta Modelo:IPA-jv; Modelo:Lang-pey) é a capital da Rexión Especial de Iogyakarta en Indonesia, na parte centro-sur da illa de Xava preto da súa costa meridional, entre as ladeiras do volcán do Monte Merapi ao norte e o océano Índico. Como a única cidade real indonesia aínda gobernada por unha monarquía, Yogyakarta considérase un centro importante para as artes e cultura xavanesas clásicas, como o ballet, o batik téxtil, teatro, literatura, música, poesía, pratería, artes visuais e monicreques wayang. Recoñecido como centro de Educación indonesia, Yogyakarta alberga unha gran poboación estudantil e decenas de escolas e universidades, entre elas a Universidade Gadjah Mada, o maior instituto de educación superior do país e un dos máis prestixiosos.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
James Eugene "Jim" Carrey, nado o 17 de xaneiro de 1962, é un actor, comediante, cantante e escritor canadense-estadounidense. Recibiu dous Globos de Ouro e tamén foi candidato en catro ocasións. É coñecido polas súas enerxéticas e carismáticas interpretacións, e foi descrito como unha das maiores estrelas de cine de Hollywood.
O Condado de Torre Penela, tamén denominado Condado da Torre da Penela, é un título nobiliario galego creado polo rei Carlos II o 31 de outubro de 1689 a favor de Pedro Tomás de Ojea de Ulloa e Enríquez, señor da Torre da Penela e cabaleiro da Orde de Santiago. O título toma o seu nome da Torre da Penela, unha fortaleza de orixe medieval situada no lugar da Penela, na parroquia da Silvarredonda, no concello de Cabana de Bergantiños, declarada Ben de Interese Cultural.
O bazo é un órgano presente practicamente en todos os vertebrados con capacidades rexenerativas e con importantes funcións relacionadas cos glóbulos vermellos do sangue e o sistema inmunitario. Para referirse ao bazo utilízase o adxectivo esplénico, que deriva do grego σπλήν splēn. Nos humanos é un órgano castaño-púrpura localizado no cuadrante superior esquerdo do abdome, que forma parte do sistema linfático.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Mao Anying (en chinés: 毛岸英), nado en Changsha o 24 de outubro de 1922 e finado en Pyongyang o 25 de novembro de 1950, foi un militar chinés. Era o fillo maior do líder chinés Mao Tse Tung e da súa segunda esposa, Yang Kaihui. Educado en Moscova e veterano de múltiples guerras, morreu nun combate aéreo durante a Guerra de Corea.
O racismo é a crenza segundo a cal os grupos humanos posúen diferentes trazos de comportamento correspondentes a atributos herdados e poden dividirse en función da superioridade dunha raza sobre as outras. O racismo tamén implica prexuízos, discriminación ou antagonismo dirixido cara a outras persoas porque son dunha raza ou etnia diferente. As variantes modernas do racismo están baseadas moitas veces nas percepcións sociais das diferenzas biolóxicas entre os pobos.
A AC-400 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Sigrás (Cambre) e Muros; atravesa os concellos de Cambre, Culleredo, A Laracha, Cerceda, Tordoia, Carballo, Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Outes, Carnota e Muros. Ten unha lonxitude de 89,74 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Sigrás (Cambre) e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Muros.
O Mary Celeste foi un bergantín mercante norteamericano que se encontrou ao garete e sen tripulación no océano Atlántico a 400 millas náuticas dos Azores o 4 de decembro de 1872. Atopouno o bergantín canadense Dei Gratia en condicións de navegar, aínda que desantendido, coas velas parcialmente izadas e sen o seu bote salvavidas. A derradeira anotación do seu caderno de bitácora era de dez días antes.