Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Complexo Intermareal Umia-O Grove
O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como zona de protección de aves e zona húmida protexida. É tamén a zona Ramsar Complexo intermareal Umia-O Grove. Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 2.813 hectáreas.
Aaliyah Dana Haughton, nada o 16 de xaneiro de 1979 e finada o 25 de agosto de 2001, foi unha cantante afroamericana de R&B, que actuou tamén en dous filmes antes da súa morte nun accidente de aviación aos 22 anos. Nada en Brooklyn, Nova York, medrou en Detroit. En 1994 lanzou o seu primeiro álbum, Age Ain't Nothing But a Number, que se converteu en disco de platino.
Apocalypse Now é un filme estadounidense dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1979. O guión de John Milius e Coppola vén da idea de Milius de adaptar a novela de Joseph Conrad Corazón da escuridade coa ambientación da Guerra de Vietnam. É un filme de guerra épico ambientado nos últimos anos da guerra, e está protagonizado por Marlon Brando, Robert Duvall e Martin Sheen.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A música de África, igual que África, é grande e moi diversa, con diferentes rexións e nacións que manteñen tradicións musicais distintas. A música africana tamén emprega unha ampla variedade de instrumentos de todo o continente. As tradicións musicais e de danza da diáspora africana, moldeadas en distintos graos polas tradicións musicais africanas, inclúen xéneros americanos como o dixieland jazz, o blues e o jazz, así como estilos caribeños como o calipso e a soca.
Campaña para exterminar os pardais
A Campaña para exterminar os pardais (消灭麻雀运动, xiāomiè máquè yùndòng, "Campaña para eliminar/exterminar os pardais"), tamén chamada Campaña para combater os pardais (打麻雀运动, dǎ máquè yùndòng, "Campaña para esmagar/atacar/combater/derrotar os pardais") ou Gran campaña dos pardais, foi unha campaña que tivo lugar na China que formaba parte da Campaña das catro pragas lanzada por Mao Zedong, primeiro líder da República Popular da China, executada en toda a nación durante o Gran salto adiante. O obxectivo da campaña era eliminar completamente o pardal montés de toda a China para que non comese as sementes dos cultivos. A política antipardais estivo activa desde 1955 a 1960, e o momento máis intenso da campaña empezou en 1958.
Orochimaru (大蛇丸, Orochimaru) é un personaxe do manga e anime Naruto, creado polo mangaka Masashi Kishimoto. O nome de Orochimaru así como os de Jiraiya e Tsunade veñen da lenda xaponesa Jiraiya Goketsu Monogatari (児雷也豪傑物語, O Conto de Jiraiya o galante). Orochimaru é un home, pero fala cun ton agudo e un pouco feminino en xaponés para darlle un ton máis sinistro.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Miss Vaca Galicia é un concurso organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006. Ademais, entréganse outros galardóns: «Miss Poderosa», «Miss Aloumiños», «Miss Donaire» e «Miss Ollos Bonitos».
O Horla ou O Horlá (orixinalmente, en francés, Le Horla) é unha historia de terror de Guy de Maupassant, publicada orixinariamente o 23 de outubro de 1882 no xornal Le Gaulois. Ten tres versións; esta última é a máis consultada na actualidade, é máis longa que as anteriores e foi publicada en 1887 na antoloxía de historias do mesmo nome.
A historia antiga de Galicia abrangue o período que vai desde a Prehistoria ata a caída do Imperio Romano, momento no que a rexión experimentou profundas transformacións culturais, económicas e sociais. Galicia, situada no noroeste da Península Ibérica, destacou historicamente por ser un territorio de gran riqueza natural, especialmente en recursos minerais como o estaño e o ouro, e pola súa posición estratéxica no Atlántico. Estas características converteron a Galicia nunha zona de interese para diversas civilizacións, desde os primeiros pobos prerromanos ata os romanos.
San Pedro de Triabá é unha parroquia que se localiza no concello lucense de Castro de Rei, na comarca da Terra Chá. Segundo o padrón municipal (IGE 2014) ten 562 habitantes (299 mulleres e 263 homes), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 679 habitantes.
Heather Deen Locklear, nada nos Ánxeles o 25 de setembro de 1961, é unha actriz estadounidense, coñecida polo papel de Sammy Jo Carrington en Dinasty (1981-1989) e mais o de Amanda Woodward en Melrose Place (1993-99), polo que recibiu catro Globos de Ouro consecutivos á mellor actriz nunha serie de televisión dramática.
O ciclo troiano é un conxunto de poemas datados na época da Grecia arcaica que narraban a sucesión dos acontecementos da lenda da guerra de Troia. Entre eles atópanse dous que chegaron até os nosos días, a Ilíada e a Odisea, atribuídos ambos a Homero, e outros, hoxe perdidos e que só se coñecen por fragmentos ou resumos realizados por autores antigos. Existen resumos sobre o contido destes poemas perdidos na Crestomatía, obra de Proclo, do cal se discute se se debe identificar co gramático Eutiquio Proclo, do século II ou co filósofo neoplatónico Proclo, do século V. Ás veces considérase que o ciclo troiano era parte doutro grupo de poemas máis numerosos denominado ciclo épico.
Sète (en occitano: Seta), coñecida como Cette ata 1928, é unha comuna do departamento de Hérault, na rexión de Occitania no sur de Francia. Os seus habitantes chámanse Sétois. Coñecido como a "Venecia do Languedoc" e a "illa singular" (en palabras de Paul Valéry), é un porto e un balneario do Mediterráneo cunha identidade cultural moi forte, tradicións, cociña e dialecto.
New wave of British heavy metal
O new wave of British heavy metal (literalmente en galego: nova onda do heavy metal británico), abreviado comunmente como NWOBHM ou N.W.O.B.H.M., foi un movemento musical de contexto nacional que tivo lugar no Reino Unido a finais dos anos 1970 e acadou unha atención internacional a comezos dos anos 1980. O xornalista Geoff Barton cuñou o termo na edición de maio de 1979 da revista musical británica Sounds para describir o xurdimento de novos grupos de heavy metal a finais da década dos anos 1970, durante un período de declive do punk rock e dominación da música new wave. Malia abranguer estilos diversos de correntes principais e underground, a música do NWOBHM caracterizouse por tomar o heavy metal dos anos 1970 e infundirlle a intensidade do punk rock para producir cancións rápidas e agresivas.
Supergrupo é un termo que procede de finais dos anos 60, e describe os grupos musicais formados por membros que xa alcanzaran fama ou respecto noutras bandas ou como artistas individuais. O termo é en ocasións utilizado por determinados xornalistas musicais para referirse a grupos que venderon gran cantidade de discos ou que foron cabezas de cartel en grandes concertos ou festivais de música, independentemente da sona individual dos seus membros. Porén o termo, correctamente utilizado, refírese á "arquitectura" da banda, non ao éxito que poida chegar a alcanzar.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Limita ó sur con Santiago de Compostela e Ames, ó oeste con Santa Comba e A Baña, ó norte con Tordoia e ó leste con Trazo. Sitúase a 20 quilómetros da capital autonómica coa que se comunica a través da estrada CP-0701, con Carballo coa CP-1914, con Ordes coa CP-5903 e dende Ames a través da estrada AC-452.
The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe
The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe é un filme estadounidense dirixido por Andrew Adamson que se estreou no 2005. Baséase no libro The Lion, the Witch and the Wardrobe de C. S. Lewis.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Jordi Évole Requena, nado o 21 de xullo de 1974 en Cornellà de Llobregat, Barcelona, é un presentador, humorista e guionista catalán, anteriormente coñecido tamén como El Follonero. Dende 2008 a 2019 presentou o programa Salvados, na cadea de televisión laSexta, e tamén escribe artigos de opinión no diario La Vanguardia e anteriormente en Mundo Deportivo e El Periódico de Catalunya.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O gabro é unha rocha ígnea ou magmática fanerítica (de gran groso), máfica (básica) intrusiva (plutónica) formada a partir do arrefriamento lento de magma rico en magnesio e ferro que orixina unha masa holocristalina (totalmente cristalizada) en zonas profundas da codia terrestre. O gabro, de gran groso e arrefriamento lento, é quimicamente equivalente ao basalto de gran fino e arrefriamento rápido (rocha volcánica ou extrusiva). Gran parte da codia oceánica terrestre está feita de gabro, formado nas dorsais oceánicas.
A política de extrema dereita ou ultradereita abrangue ideoloxías e movementos situados máis aló do conservadorismo convencional dentro da dereita política, descritos habitualmente nas análises académicas a través de elementos como o nativismo —unha combinación de nacionalismo e oposición aos grupos externos—, o autoritarismo, favorable a unha orde xerárquica, e o rexeitamento do universalismo liberal en favor da identidade cultural e étnica do propio grupo.
Cadea perpetua (en inglés: The Shawshank Redemption) é un filme estadounidense estreado en 1994, dirixido e escrito por Frank Darabont. É unha adaptación da novela de 1982 de Stephen King titulada Rita Hayworth and Shawshank Redemption. Narra a historia de Andy Dufresne (Tim Robbins), un banqueiro sentenciado a cadea perpetua na Penitenciaría Estatal de Shawshank polo asasinato da súa muller e do amante desta, malia declararse inocente do feito.
Germán Alejandro Garmendia Aranis, nado en Copiapó o 25 de abril de 1990, é un YouTuber, cantautor, humorista e escritor chileno. Fíxose famoso pola súa canle de YouTube HolaSoyGerman, onde subía vídeos humorísticos sobre situacións cotiás. En 2013, creou a súa canle de videoxogos, JuegaGerman, que acabaría por superar a súa canle anterior en subscritores.
McLaren Racing Limited (/məˈklærən/) é un equipo británico de carreiras de motor con sede no McLaren Technology Centre en Woking, Surrey, Inglaterra. McLaren é máis coñecido como construtor de Fórmula Un, e o segundo equipo máis antigo en activo e o segundo equipo de Fórmula Un máis exitoso despois da Ferrari, gañou 188 carreiras, 12 Campionatos de Pilotos e 8 Campionatos de Construtores. McLaren tamén competiu nas 500 millas de Indianápolis, e as 24 Horas de Le Mans, tanto como participante como como construtor de chasis, e gañou a Canadian-American Challenge Cup (Can-Am) campionato de carreiras de coches deportivos.
Winnie-the-Pooh, é un personaxe de ficción (un osiño amarelo) creado por A.A. Milne. A primeira colección de contos apareceu no 1926 titulada simplemente Winnie-the-Pooh e seguiu con The House at Pooh Corner (1928). Milne tamén fixo algúns poemas sobre este personaxe incluídos na obra When We Were Very Young (Cando eramos moi novos) (1924) e en Now We Are Six (Agora somos seis) (1927).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.201.
A Copa do Mundo da FIFA 1986 (en castelán: Copa Mundial de Fútbol México '86) foi a décimo terceira edición do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. Vinte e catro equipos participaron nesta edición, organizada en México entre o 31 de maio e o 29 de xuño de 1986. Inicialmente o torneo ía celebrarse en Colombia mais, debido principalmente a razóns económicas, o país suramericano renunciou, sendo escollido México como nova sede e converténdose así no primeiro país en organizar o mundial en máis dunha ocasión.
A igrexa de Brønshøj (en dinamarqués: Brønshøj Kirke) está localizada en Brønshøj, ao oeste de Copenhaguen, concello este último ao que pertence a parroquia dende 1901. É un dos máis antigos edificios, pois data de 1180, mandado construí na época do bispo Absalon en estilo románico. A torre, de estilo gótico, foi engadida arredor do 1450, mentres que a sancristía é de 1942.
Stephen Ray Vaughan, nado o 3 de outubro de 1954 e finado o 27 de agosto de 1990) foi un guitarrista estadounidense, cantante, compositor, e produtor de música. A pesar da súa curta carreira de apenas sete anos, foi un dos guitarristas máis influentes no rexurdimento do blues nos anos 80. Nado e criado en Dallas, Vaughan comezou a tocar a guitarra con sete anos, inspirado polo seu irmán máis vello, Jimmie.
A Biblia satánica é unha obra filosófica de Anton LaVey, fundador da Igrexa de Satán e o expoñente máis popular do satanismo contemporáneo. É un traballo que contén os fundamentos ideolóxicos, ensaios e rituais máxicos no que constrúe a fundación da Igrexa de Satán. Aínda que a súa imaxe na cultura popular é a dunha terrible seita de asasinos a Biblia satánica prohibe os sacrificios, tanto humanos coma de animais.
O pateiro ou patexo, Polybius henslowii Leach, 1820, é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos. É un cangrexo pequeno de cacho arredondado e patas aplanadas, sendo a única especie do xénero Polybius. É un bo nadador que se alimenta en augas abertas do nordés do océano Atlántico e o oeste do mar Mediterráneo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.
O Domain Name System, siglas DNS, en galego Sistema de Nomes de Dominios, é unha base de datos distribuída e xerárquica que almacena información asociada a nome de dominio en redes como Internet. Aínda que como base de datos o DNS é capaz de asociar distintos tipos de información a cada nome, os usos máis comúns son a asignación de nomes de dominio a enderezos IP e a localización dos servidores de correo electrónico de cada dominio. A asignación de nomes a enderezos IP é a función máis coñecida dos protocolos DNS. Por exemplo, se o enderezo IP do sitio FTP de prox.ve é 200.64.128.4, a maioría das conexións chegarán a este equipo especificando ftp.prox.ve e non o enderezo IP. Ademais de ser máis fácil de recordar, o nome e máis fiable xa que o enderezo numérico pode cambiar por moitas razóns sen que teña que cambiar o nome.
A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo ten dúas fases principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 48 seleccións nun período aproximado dun pouco máis dun mes. A primeira edición do Mundial organizouse en 1930 no Uruguai, coa vitoria da selección anfitrioa, e dende entón foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á segunda guerra mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións.
The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.
A Compostela é un documento expedido polo cabido da catedral de Santiago de Compostela que certifica que o peregrino rematou o Camiño de Santiago. Unha vez cumpridos determinados requisitos, entrégase de modo persoal e presencial na Oficina de Acollida ó Peregrino. Está redactada en latín, como correspondía á calquera documento da época e á lingua da Igrexa.
O espectro político esquerda-dereita é un marco para clasificar as ideoloxías, os partidos e as posicións políticas ao longo dun eixe unidimensional, cuxas orixes remiten á disposición dos asentos na Asemblea Nacional francesa durante a Revolución de 1789, onde os deputados favorables a reformas radicais e a unha maior igualdade se situaban á esquerda do presidente da cámara, mentres aqueles que defendían a monarquía, a aristocracia e as xerarquías establecidas se sentaban á dereita. Esta distinción, que reflectía inicialmente actitudes cara ao cambio revolucionario fronte á preservación da orde tradicional, persistiu como unha heurística para mapear as orientacións políticas en todo o mundo, aínda que os seus significados evolucionaron en contextos diversos para abranguer debates máis amplos sobre a intervención económica, as normas sociais e a gobernanza. No seu núcleo, o espectro xira arredor do criterio da igualdade, tal como o formulou o teórico político Norberto Bobbio: a esquerda procura maximizar a igualdade social e económica a través de medidas como a redistribución e a intervención estatal, aceptando algunhas desigualdades como inevitables pero pretendendo mitigar aquelas consideradas artificiais ou inxustas, mentres a dereita considera as desigualdades substantivas como enraizadas en diferenzas naturais de capacidade, esforzo ou circunstancia, priorizando a liberdade individual, os mercados e as tradicións que acomodan a xerarquía.
Erin Brockovich é un filme estadounidense dirixido por Steven Soderbergh e escrito por Susannah Grant que se estreou no 2000. O filme é unha dramatización da historia real de Erin Brockovich, interpretada por Julia Roberts, que loita contra a corporación enerxética Pacific Gas and Electric Company (PG&E). O filme foi un éxito de recadación e a acollida da crítica tamén foi positiva.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
James David Rodríguez Rubio, nado en Cúcuta, Norte de Santander, Colombia, o 12 de xullo de 1991, coñecido futbolisticamente como James Rodríguez ou simplemente James (pronunciado de acordo coa fonoloxía do español; ˈxames), é un futbolista colombiano que xoga como centrocampista no Everton FC da Premier League. É internacional coa Selección de Colombia, da cal é capitán. Recibiu en 2009, 2012 e 2014 o premio de xogador revelación na Primeira División da Arxentina e na Primeira Liga de Portugal.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística. Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.