Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Mundial de Fútbol de 1970 foi a novena edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. O torneo celebrouse entre o 31 de maio e o 21 de xuño en México, sendo esta a primeira edición do torneo con sede en América do Norte, así como a primeira fóra de Europa e América do Sur. Na fase de clasificación para o torneo, que comezou en maio de 1968, participaron seleccións representando a 75 países de seis continentes. Deste proceso saíron catorce equipos que se uniron á anfitrioa México e aos defensores do título Inglaterra.
Coco Chanel, nada en Saumur o 19 de agosto de 1883 co nome de Gabriell Chanel e finada en París o 10 de xaneiro de 1971, foi unha deseñadora de alta costura francesa, fundadora da marca chanel. É a única deseñadora de moda que figura na lista das cen persoas máis influentes do século XX da revista Time. Foi unha das modistas máis prolíficas da historia, e unha das máis innovadoras durante a Primeira guerra mundial.
Nine Inch Nails (abreviado como NIN e escrito como NIИ) é unha banda de rock industrial estadounidense formada en Cleveland, Ohio en 1988 por Trent Reznor, que é o único membro permanente do grupo, e que fai as funcións de produtor, vocalista, compositor e instrumentista. A música de NIN abarca unha ampla gama de xéneros, conservando ao mesmo tempo un característico son utilizando instrumentos e procesadores electrónicos. Despois de gravar cada novo álbum, Reznor monta unha banda de directo para actuar con ela.
Candeleda é unha localidade e un concello da provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. Atópase situado na vertente sur da serra de Gredos. O termo municipal, que pertence ao partido xudicial de Arenas de San Pedro e da comarca de Arenas de San Pedro, ten unha poboación de 5031 habitantes, segundo o INE de 2024.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Lidia Gueiler Tejada, nada en Cochabamba o 28 de agosto de 1921 e finada na Paz o 9 de maio de 2011, foi presidenta da República de Bolivia desde 1979 até 1980. Converteuse na primeira muller en presidir dito país e a segunda muller na historia de América Latina en asumir a presidencia dun país, despois de Isabel Perón acceder á presidencia da Arxentina o 1 de xullo de 1974. Destacou a súa loita polas causas políticas e sociais, a defensa da paz e a igualdade de xénero.
A Torre Lavandeira, San Vicente de Fervenzas, Aranga
A Torre Lavandeira é un lugar da parroquia de San Vicente de Fervenzas no concello Coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 23 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales 10 homes e 13 eran mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2004 cando tiña 21 habitantes.
Un diminutivo é unha variación dunha palabra mediante mecanismos morfolóxicos para atribuirlle semanticamente menores proporcións ("libriño") ou certo valor afectivo (Miña "casiña", meu lar). No galego, os diminutivos adóitanse formar engadindo ao final da palabra o sufixo -iño (para o masculino) ou -iña (para o feminino), en concreto tras vogal. Existe un alomorfo -ciño, - ciña que se usa en verbas rematadas en ditongo ("paiciño") e consoante ("canciño").
A Catedral Primada de Colombia, oficialmente Sacro Santa Igrexa Catedral Primada Basílica Metropolitana da Inmaculada Concepción de María en Bogotá, é unha igrexa catedralicia de culto católico consagrada á Inmaculada Concepción; é un edificio de estilo neoclásico localizado na Praza de Bolívar de Bogotá, capital do país. A catedral é sede do Arcebispo de Bogotá e por conseguinte do Bispo primado de Colombia, recoñecida co título honorífico de Primada de Colombia polo papa León XIII, a través do Decreto da Congregación Consistorial do 7 de novembro de 1902. O templo foi deseñado por Domingo de Petrés e construíuse entre 1807 e 1823 no mesmo lugar onde anteriormente se ergueron outros tres templos que sucesivamente serviron de catedrais para a cidade.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Dennis Keith Rodman, nado o 13 de maio de 1965 en Trenton, Nova Jersey, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto, que xogou para Detroit Pistons, San Antonio Spurs, Chicago Bulls, Los Angeles Lakers e Dallas Mavericks na National Basketball Association (NBA). Lembrado principalmente pola súa fereza defensiva e a súa capacidade reboteadora, era coñecido moitas veces polo alcume "The Worm" (do inglés: o verme). Cunha altura de 2,01 m, durante os seus primeiros anos xogou na posición de ala para posteriormente evolucionar até a posición de ala-pivote.
A música de África, igual que África, é grande e moi diversa, con diferentes rexións e nacións que manteñen tradicións musicais distintas. A música africana tamén emprega unha ampla variedade de instrumentos de todo o continente. As tradicións musicais e de danza da diáspora africana, moldeadas en distintos graos polas tradicións musicais africanas, inclúen xéneros americanos como o dixieland jazz, o blues e o jazz, así como estilos caribeños como o calipso e a soca.
Heather Deen Locklear, nada nos Ánxeles o 25 de setembro de 1961, é unha actriz estadounidense, coñecida polo papel de Sammy Jo Carrington en Dinasty (1981-1989) e mais o de Amanda Woodward en Melrose Place (1993-99), polo que recibiu catro Globos de Ouro consecutivos á mellor actriz nunha serie de televisión dramática.
A olaría de Gundivós é artesanía elaborada na zona de Sober (provincia de Lugo), coñecida como "terra de cacharreiros" e delimitada visual e xeograficamente polos remates ornamentais desta cerámica ancestral que colocaban nos tellados das vivendas. Caracterízase por unha identificadora cor negra, procedente do afumado con lume de carqueixa cun acabado interior feito con pez de resinas de piñeiro, após a cocción en forno de pedra e da elaboración en torno baixo movido coas mans. As pezas que conforman este patrimonio cultural vivo situado na Ribeira Sacra son destinadas, de xeito prioritario, á almacenaxe e transporte de produtos como viño e aceite, á cociña e á matanza.
Alfredo Stéfano Di Stéfano Laulhé, nado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1926 e finado en Madrid o 7 de xullo de 2014, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino de orixe italiana. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coas seleccións da Arxentina, Colombia e España. Coñecido coma La saeta rubia (A frecha loura), está amplamente considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos.
Game of Thrones é unha serie de televisión estadounidense de fantasía medieval creada para a canle HBO por David Benioff e D. B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, unha serie de novelas de fantasía, a primeira das cales se chama A Game of Thrones. A serie rodouse en Paint Hall Studios de Belfast, e en diversas localizacións en Irlanda do Norte, Malta, Croacia, Islandia, España, os Estados Unidos e Marrocos.
Campaña para exterminar os pardais
A Campaña para exterminar os pardais (消灭麻雀运动, xiāomiè máquè yùndòng, "Campaña para eliminar/exterminar os pardais"), tamén chamada Campaña para combater os pardais (打麻雀运动, dǎ máquè yùndòng, "Campaña para esmagar/atacar/combater/derrotar os pardais") ou Gran campaña dos pardais, foi unha campaña que tivo lugar na China que formaba parte da Campaña das catro pragas lanzada por Mao Zedong, primeiro líder da República Popular da China, executada en toda a nación durante o Gran salto adiante. O obxectivo da campaña era eliminar completamente o pardal montés de toda a China para que non comese as sementes dos cultivos. A política antipardais estivo activa desde 1955 a 1960, e o momento máis intenso da campaña empezou en 1958.
Annie é un filme musical estadounidense adaptado a partir da obra homónima de Broadway. Foi dirixido por John Huston, escrito por Carol Sobieski, e protagonizado por Albert Finney, Carol Burnett, Ann Reinking, Tim Curry, Bernadette Peters, Geoffrey Holder, Edward Herrmann e Aileen Quinn. Ambientada durante a Gran Depresión, o filme conta a historia de Annie, unha nena orfa da cidade de Nova York que é adoptada polo rico Oliver Warbucks.
Instituto Galego de Promoción Económica
O Instituto Galego de Promoción Económica (coñecido co acrónimo IGAPE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1992 e adscrito á Consellería de Innovación e Industria. Foi creada mediante a Lei 5/1992 do 10 de xuño ao abeiro das competencias que outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia co obxectivo de promover o desenvolvemento económico do país. A súa sede central atópase en Santiago de Compostela, mais posúe outras seis oficinas en Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo e Ferrol.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Auvernia-Ródano-Alpes (en francés: Auvergne-Rhône-Alpes, en occitano: Auvèrnhe Ròse Aups, en francoprovenzal: Ôvèrgne-Rôno-Ârpes) é unha rexión administrativa de Francia creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Auvernia e Ródano-Alpes. A rexión ten unha superficie de 69.711 km2 e arredor de 7.695.264 habitantes (segundo datos de 2015). Comezou a funcionar logo das eleccións rexionais de decembro de 2015.
Lista de filmes con versión en galego
A lista de filmes con versión en galego está ordenada alfabeticamente segundo os títulos galegos das obras relacionadas. Para esta orde non se teñen en conta, por defecto, os artigos (morfemas) ao inicio dos títulos en galego. Inclúense longametraxes das que hai versión oficial en galego, ben sexa dobrada, orixinal, ou subtitulada, considerando os seus títulos galegos tal e como se impuxo cada un deles, independentemente de que sexan correctos segundo diferentes criterios ou variantes da lingua galega.
Santa Rosa é a capital de La Pampa e a cidade cabeceira do Departamento Capital. Constituída por 54 barrios, está situada xeograficamente no centro de país, nun contexto de transición, entre a estepa temperada e a estepa seca (a pampa seca e a pampa húmida). Contaba no ano 2001 cunha área metropolitana de 102.399 habitantes, sendo 94.340 habitantes da capital provincial e de Toay os 8.059 habitantes restantes, o que fai esta área a 26º aglomeración da Arxentina, segundo o censo nacional do 2001.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Worten é unha empresa retallista comerciante portugués de produtos electrónicos, de consumo e de entretemento, pertencente ao grupo Sonae, con sede en Carnaxide. En 2022 ten máis de 180 tendas en Portugal. Worten está presente nas principais rexións de Portugal, cunha rede de tendas que contan con dous tipos diferenciados: as grandes superficies, con preto de 500 m2 de superficie de venda, situadas nas galerías comerciais dos hipermercados Continente Modelo, e as megastores (macrotendas), con preto de 2000 m2, situadas nos principais centros comerciais.
Timothy William Burton, nado en Burbank (California) o 25 de agosto de 1958, é un director e produtor de cinema, guionista e artista estadounidense. É coñecido polos seus filmes de fantasía gótica e de terror, como Beetlejuice (1988), Edward Scissorhands (1990), The Nightmare Before Christmas (1993), Ed Wood (1994), Sleepy Hollow (1999), A noiva cadáver (2005), Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street (2007) e Frankenweenie (2012), mais Burton tamén dirixiu filmes de superheroes como Batman (1989) e Batman volve (1992), o filme de ciencia ficción Planet of the Apes (2001), o drama Big Fish (2003), o musical Charlie e a fábrica de chocolate (2005), e os filmes de fantasía Alice in Wonderland (2010) e Miss Peregrine's Home for Peculiar Children (2016). Burton traballou de forma habitual co actor Johnny Depp e co compositor Danny Elfman, quen compuxo a banda sonora de tódolos seus filmes agás tres.
Hells Angels Motorcycle Club (HAMC polas súas siglas en inglés) (Club de motocicletas Anxos do Inferno) é un club de moteiros de orixe estadounidense. As motocicletas máis típicas do club son as Harley-Davidson. Nos Estados Unidos e no Canadá, os Hells Angels son sociedades coñecidas como Hells Angels Motorcycle Corporation.
O pateiro ou patexo, Polybius henslowii Leach, 1820, é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos. É un cangrexo pequeno de cacho arredondado e patas aplanadas, sendo a única especie do xénero Polybius. É un bo nadador que se alimenta en augas abertas do nordés do océano Atlántico e o oeste do mar Mediterráneo.
James David Rodríguez Rubio, nado en Cúcuta, Norte de Santander, Colombia, o 12 de xullo de 1991, coñecido futbolisticamente como James Rodríguez ou simplemente James (pronunciado de acordo coa fonoloxía do español; ˈxames), é un futbolista colombiano que xoga como centrocampista no Everton FC da Premier League. É internacional coa Selección de Colombia, da cal é capitán. Recibiu en 2009, 2012 e 2014 o premio de xogador revelación na Primeira División da Arxentina e na Primeira Liga de Portugal.
Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).
Henrique I de Portugal, nado en Lisboa o 31 de xaneiro de 1512 e finado en Almeirim o 31 de xaneiro de 1580, foi un relixioso portugués, Rei de Portugal, tendo gobernado entre 1578 e a súa morte, 1580. Ás veces é chamado de Henrique II por algúns autores, en virtude de ser o segundo xefe de estado de Portugal chamado Henrique, téndose en liña de conta o Conde Henrique, por aqueles chamado Henrique I. É coñecido polos alcumes de O Casto (debido á súa función eclesiástica, que o impediu ter descendencia lexítima), O Cardeal-Rei (igualmente por ser eclesiástico) ou O Eborense/O de Évora (por ter sido tamén arcebispo daquela cidade e aí ter pasado moito tempo, e mesmo fundou a primeira Universidade de Évora, entregado á custodia dos Xesuítas), transformando Évora nun centro cultural importante.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
María Luísa Nache, nada en 1924 na Coruña (nalgunhas fontes indícase Ferrol) e finada na mesma cidade en 1985, foi unha soprano galega. Cantou nalgúns dos máis importantes teatros de ópera do mundo con grandes figuras do bel canto e con algúns dos directores de orquestra máis destacados da época. Mantivo unha importante relación profesional co tenor italiano Franco Corelli, con quen cantou óperas como Il trovatore ou Turandot.
Fall Out Boy, normalmente abreviado como FOB é unha banda americana de rock alternativo de Chicago, Illinois, que se formou en 2001. A banda consta de catro membros: Patrick Stump (cantante principal, guitarra rítmica e compositor principal), Pete Wentz (cantante secundario, baixista e escritor principal), Joseph Trohman (guitarrista principal) e Andrew Hurley (batería). Os seus membros, en principio, tocaban noutras bandas antes de formar Fall Out Boy.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O Eurocopter AS332 Super Puma (no presente Airbus Helicopters H215) é un helicóptero utilitario de tamaño medio bimotor desenvolvido e comercializado orixinalmente por Aérospatiale, posteriormente por Eurocopter, e no presente por Airbus Helicopters. Trátase dunha versión remotorizada e máis voluminosa do Aérospatiale SA 330 Puma orixinal. O Super Puma substituíu o SA 330 Puma como principal modelo en fabricación do tipo en 1980.
Susan Magdalane Boyle, nada en Blackburn (West Lothian) o 1 de abril de 1961, é unha cantante escocesa que acadou unha gran fama internacional cando apareceu como concursante no programa de televisión da ITV Britain's Got Talent o 11 de abril de 2009. Cantou "I Dreamed a Dream" do musical Les Misérables, mais non gañou o concurso e ficou segunda detrás do grupo de baile Diversity.
Orochimaru (大蛇丸, Orochimaru) é un personaxe do manga e anime Naruto, creado polo mangaka Masashi Kishimoto. O nome de Orochimaru así como os de Jiraiya e Tsunade veñen da lenda xaponesa Jiraiya Goketsu Monogatari (児雷也豪傑物語, O Conto de Jiraiya o galante). Orochimaru é un home, pero fala cun ton agudo e un pouco feminino en xaponés para darlle un ton máis sinistro.
Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios. Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O león (Panthera leo) é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e unha das 5 especies do xénero Panthera. Algúns machos, excepcionalmente grandes, chegan a pesar ata 250 kg, o que os converte no segundo félido vivente máis grande despois do tigre. Os leóns salvaxes viven na África subsahariana e Asia, cunha poboación en perigo crítico ao noroeste da India, tendo desaparecido do norte de África, de Oriente Próximo e do oeste de Asia en tempos históricos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
María del Carmen Rosario Soledad Cervera, coñecida popularmente como Tita Cervera ou Tita Thyssen, nada en Sitges o 23 de abril de 1943, é unha coleccionista e marchante de arte de orixe catalá. Foi Miss España en 1961 e esposa de Lex Barker, Espartaco Santoni e Hans Heinrich von Thyssen-Bornemisza, II barón Thyssen-Bornemisza.
Pedro Froilaz (tamén escrito Pero, así como Froylaz ou Fróilaz), foi un nobre galego nado no século XI, conde de Traba (ou Trava), Trastámara, Galiza e señor doutras tenencias e castelos. Foi o máis importante partidario do conde de Galiza Raimundo de Borgoña, quen lle confiou a crianza do seu fillo Afonso Raimúndez. Na defensa dos dereitos sucesorios do neno enfrontouse á raíña Urraca, nai do infante, e ao seu esposo Afonso o Batallador.
A política de extrema dereita ou ultradereita abrangue ideoloxías e movementos situados máis aló do conservadorismo convencional dentro da dereita política, descritos habitualmente nas análises académicas a través de elementos como o nativismo —unha combinación de nacionalismo e oposición aos grupos externos—, o autoritarismo, favorable a unha orde xerárquica, e o rexeitamento do universalismo liberal en favor da identidade cultural e étnica do propio grupo.
Balduíno I de Xerusalén, tamén coñecido como Balduíno de Bourcq, Balduíno I de Boulogne e Balduíno I de Edesa, nado contra 1058 e finado o 2 de abril de 1118 en Al-Arish, cidade na costa da península do Sinaí, no Califato fatimí, foi un dos líderes da Primeira Cruzada que chegou a ser conde de Edesa e despois o segundo monarca e o primeiro en usar el título de rei de Xerusalén.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Unha corrente eléctrica é un movemento dun conxunto de portadores de carga eléctrica, xeralmente electróns, dentro dun material condutor. Estes movementos veñen impostos pola acción da forza electromagnética, cuxa interacción coa materia é a base da electricidade. A corrente eléctrica ou intensidade eléctrica é o fluxo de carga eléctrica por unidade de tempo que percorre un material condutor de corrente.
Florence Nightingale Graham, nada en Woodbridge, Ontario, o 31 de decembro de 1881 e finada en Manhattan o 18 de outubro de 1966, coñecida co nome de negocios Elizabeth Arden, foi unha empresaria canadense-estadounidense que fundou Elizabeth Arden, Inc. e construíu un emporio de cosmética nos Estados Unidos de América.
Para estes condutos noutros animais ver oviduto. As trompas de Falopio, tamén chamadas tubas uterinas ou ovidutos, do aparato reprodutor feminino son dous finos tubos tapizados con epitelio ciliado, un na parte esquerda e outro na dereita, que van dos ovarios ao útero. A unión co útero faise pola unión útero-tubal, pero co ovario non hai unha unión anatómica.
Mira Nair, nada en Rourkela (Odisha) o 15 de outubro de 1957 é unha cineasta india establecida en Nova York. A súa produtora, Mirabai Films, está especializada en filmes para o público internacional sobre a sociedade india, no ámbito económico, social ou cultural. Entre os filmes máis coñecidos están Mississippi Masala, Kama Sutra: A Tale of Love, The Namesake, o gañador do León de Ouro Monsoon Wedding e Salaam Bombay!, que recibiu candidaturas aos premios da BAFTA e ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.
Dante Alighieri, nado como Durante di Alighiero degli Alighieri en maio ou xuño de 1265 e finado o 13 ou 14 de setembro de 1321, foi un escrito, poeta e filósofo, considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior na Idade Media. Tamén coñecido sinxelamente como Dante, naceu e viviu gran parte da súa vida en Florencia. O seu poema, de cariz épico e teolóxico, A divina comedia, orixinalmente chamado Comedìa (en italiano moderno: Commedia) e máis tarde cristianizado como Divina por Boccaccio, é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.