Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Éliphas Lévi, nome de bautismo Alphonse-Louis Constant, nado en París o 8 de febreiro de 1810 e finado na mesma cidade o 31 de maio de 1875, foi un escritor francés, ocultista e cabalista. O seu pseudónimo Éliphas Lévi, so o cal publicaba os seus libros, é unha tradución do seu nome "Alphonse-Louis" ao hebreo.
Auvernia-Ródano-Alpes (en francés: Auvergne-Rhône-Alpes, en occitano: Auvèrnhe Ròse Aups, en francoprovenzal: Ôvèrgne-Rôno-Ârpes) é unha rexión administrativa de Francia creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Auvernia e Ródano-Alpes. A rexión ten unha superficie de 69.711 km2 e arredor de 7.695.264 habitantes (segundo datos de 2015). Comezou a funcionar logo das eleccións rexionais de decembro de 2015.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Territorio Antártico Británico
Territorio Antártico Británico (en inglés British Antarctic Territory) é a denominación que lle dá o Reino Unido ao territorio da Antártida sobre o que o reclama a soberanía, que abarca todas as terras ao sur do paralelo 60° S, entre o meridiano 20° O e 80° O, cunha superficie aproximada de 1.709.400 km². Esta reclamación superponse parcialmente coa área reclamada por Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa da Arxentina (Antártida Arxentina). Estas reclamacións están suspendidas por aplicación do artigo 4 do Tratado Antártico de 1959.
Lidia Gueiler Tejada, nada en Cochabamba o 28 de agosto de 1921 e finada na Paz o 9 de maio de 2011, foi presidenta da República de Bolivia desde 1979 até 1980. Converteuse na primeira muller en presidir dito país e a segunda muller na historia de América Latina en asumir a presidencia dun país, despois de Isabel Perón acceder á presidencia da Arxentina o 1 de xullo de 1974. Destacou a súa loita polas causas políticas e sociais, a defensa da paz e a igualdade de xénero.
O Fundão é unha cidade portuguesa no distrito de Castelo Branco, Centro e subrexión da Cova da Beira, na antiga provincia da Beira Baixa, con preto de 8.750 habitantes. É sede dun municipio cunha superficie de 700,20 km², e 29.213 habitantes (2011), dividida en 23 freguesías. O municipio está limitado ao norte polos municipios de Covilhã, Belmonte e Sabugal, ao oeste por Penamacor e Idanha-a-Nova, ao sur por Castelo Branco, ao suroeste por Oleiros e ao oeste por Pampilhosa da Serra.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Tainá - Uma Aventura na Amazônia
Tainá - Uma Aventura na Amazônia é un filme brasileiro de 2000 dirixido por Tânia Lamarca e Sérgio Bloch. O éxito do filme motivou unha secuela e unha precuela Tainá 2 - A Aventura Continua e Tainá - A Origem, estreadas en 2004 e 2011 respectivamente.
Patrícia Rehder Galvão, coñecida como Pagu, nada en São João da Boa Vista o 9 de xuño de 1910 e finada en Santos o 12 de decembro de 1962, foi unha escritora, poetisa, directora, tradutora, deseñadora, xornalista e militante da política brasileira. Destacou no movemento modernista iniciado en 1922, aínda que non participase da Semana de Arte Moderna, tendo na época só doce anos de idade. Militante comunista, foi prendida por motivacións políticas.
Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).
Ariamiro, finado cara o 561, foi un rei suevo que ocupou o trono de Gallaecia entre o 558 ou 559 e o 561. Sucedeu ao rei Carriarico e durante o seu reinado celebrouse o Primeiro Concilio de Braga que reorganizou a Igrexa católica do reino tras a conversión dos suevos ao catolicismo, abandonando así o arianismo. Á súa morte sucedeulle Teodomiro.
Worten é unha empresa retallista comerciante portugués de produtos electrónicos, de consumo e de entretemento, pertencente ao grupo Sonae, con sede en Carnaxide. En 2022 ten máis de 180 tendas en Portugal. Worten está presente nas principais rexións de Portugal, cunha rede de tendas que contan con dous tipos diferenciados: as grandes superficies, con preto de 500 m2 de superficie de venda, situadas nas galerías comerciais dos hipermercados Continente Modelo, e as megastores (macrotendas), con preto de 2000 m2, situadas nos principais centros comerciais.
A olaría de Gundivós é artesanía elaborada na zona de Sober (provincia de Lugo), coñecida como "terra de cacharreiros" e delimitada visual e xeograficamente polos remates ornamentais desta cerámica ancestral que colocaban nos tellados das vivendas. Caracterízase por unha identificadora cor negra, procedente do afumado con lume de carqueixa cun acabado interior feito con pez de resinas de piñeiro, após a cocción en forno de pedra e da elaboración en torno baixo movido coas mans. As pezas que conforman este patrimonio cultural vivo situado na Ribeira Sacra son destinadas, de xeito prioritario, á almacenaxe e transporte de produtos como viño e aceite, á cociña e á matanza.
Christian Johann Heinrich Heine, nado en Düsseldorf o 13 de decembro de 1797 e finado en París o 17 de febreiro de 1856, foi un poeta e xornalista alemán. Considerado o "derradeiro poeta do romanticismo" alemán e, a un tempo, o poeta que axudou a superalo. Contribuíu a dar categoría poética á lingua coloquial, elevou o artigo de xornal e o libro de viaxes á categoría artística e dotou a lingua alemá escrita dunha lixeireza e unha elegancia descoñecidas.
San Martiño de Cances é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2019 a súa poboación descendera ata os 530 habitantes, sendo 256 homes e 274 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 645 habitantes (334 mulleres e 311 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.
O teorema de Picard-Lindelöf (en numerosas ocasións chamado simplemente teorema de Picard, outras teorema de Cauchy-Lipschitz, teorema de Picard-Lipschitz ou teorema de existencia e unicidad) é un resultado matemático de gran importancia dentro do estudo das ecuacións diferenciais ordinarias (EDO). Establece baixo que condicións pode garantirse a existencia e unicidade dunha solución para unha EDO, dado un problema de Cauchy (problema de valor inicial).
O espectro audible confórmano as audiofrecuencias, é dicir, toda a gama de frecuencias que poden ser percibidas polo oído humano. Un oído san e xove é sensible ás frecuencias comprendidas entre os 20 Hz e os 20 kHz. Porén, esta marxe varía segundo cada persoa e altérase coa idade (chamamos presbiacusia á perda de audición coa idade).
Carlos Henrique José Francisco Venâncio Casimiro, nado en São José dos Campos, São Paulo, o 23 de febreiro de 1992, coñecido deportivamente como Casemiro, é un futbolista brasileiro que xoga como centrocampista no Manchester United FC da Premier League inglesa. Tamén é internacional coa selección do Brasil.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Lista de episodios de Doraemon
Esta é unha lista de episodios de Doraemon, un exitoso anime xaponés que se vén emitindo pola TVG desde os anos 90 ata a actualidade. No Xapón, existen tres series de Doraemon: unha do 1973, outra de 1979 e unha derradeira do 2005. A primeira constou de 26 episodios pero, co paso do tempo, estes perdéronse.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A regra dunha gota (do inglés "one-drop rule"), tamén denominada como "regra dunha gota de sangue" ou "regra da gota única", é un principio social e legal de clasificación racial que foi historicamente prominente nos Estados Unidos no século XX. Afirmou que calquera persoa cun único antepasado de ascendencia africana subsahariana (unha soa pinga ou gota de sangue negro) é considerado negro (negro ou "de cor" en termos históricos). Este concepto codificouse na lei dalgúns estados a principios do século XX e asociouse ao principio de "negrura invisible" que se desenvolveu na longa historia de interacción racial no sur, así como o endurecemento da escravitude como caste racial. É un exemplo de hipodescendencia, a asignación automática de nenos dunha unión mixta entre diferentes grupos socioeconómicos ou étnicos ao grupo con status inferior, independentemente da proporción de ascendencia en diferentes grupos.
Daniel Elena, nado en Mónaco o 26 de outubro de 1972, é un copiloto de rally monegasco, de orixe galega. É o copiloto máis laureado da historia do Campionato do Mundo, con nove títulos e 79 vitorias, todas elas logradas xunto ao piloto francés Sébastien Loeb. Destacan entre outras as súas actuacións no Rally Cataluña e no Rally de Alemaña, conquistando nove veces cada un deles, no Rally da Arxentina, que gañou en oito ocasións, ou no Rally de Montecarlo, onde sumou sete vitorias.
James Newell Osterberg, Jr., nado en Muskegon (Míchigan) o 21 de abril de 1947, é un cantante estadounidense de punk rock, máis coñecido polo seu nome artístico, Iggy Pop. É considerado un dos maiores innovadores no punk rock e estilos relacionados. Iggy Pop foi o cantante e líder de The Stooges, unha pioneira banda de fins dos 60 e principio dos 70 moi influente en desenvolvemento do punk.
Proteína do punto de control do ciclo celular RAD1
A proteína do punto de control do ciclo celular RAD1 é unha proteína que nos humanos está codificada no xene RAD1 do cromosoma 5.
Letonia ( pronunciación ) (en letón: Latvija /ˈlætviə/ ), oficialmente a República de Letonia ( pronunciación ) (en letón: Latvijas Republika) é un país da Europa do norte localizado na rexión báltica. Letonia fai fronteira polo norte con Estonia (343 km), polo sur con Lituania (588 km), e polo leste con Belarús (141 km) e a Federación rusa (276 km). Na outra beira do mar Báltico fai fronteira con Suecia.
Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Igraine é segundo a lenda artúrica a nai do Rei Artur. Tamén coñecido en latín Igema, en galés como Eigr, en francés como Igeme, na obra Le Morte d´Arthur de Thomas Malory como Ygrayne -modernizada ás veces como Igraine- e na obra de Wolfram von Eschenbach "Parzival" como Amive). Convértese na muller de Uther Pendragon, pero o seu primeiro marido foi Gorlois, de cuxo matrimonio tivo como fillas a Elaine, Morgause e Morgana le Fay.
Mauro da Silva Gomes, nado en São Bernardo do Campo (Estado de São Paulo) o 12 de xaneiro de 1968, é un exfutbolista brasileiro. Considerado un dos futbolistas máis destacados da súa época e un dos mellores mediocentros defensivos de tódolos tempos, é o terceiro xogador con máis partidos na historia do Deportivo da Coruña (459), club no que militou durante 13 tempadas entre 1992 e 2005 e do que foi capitán. Fichou polo Deportivo tras destacar no Bragantino, co que gañou o Campionato Paulista e co que foi subcampión do Brasileirão despois de ter ascendido pouco antes á máxima categoría.
Poesía homoerótica hispano-árabe
Existe unha recorrente presenza de poemas de carácter homoerótico na poesía hispanoárabe. A literatura erótica, a miúdo da máis alta calidade, floreceu na cultura islámica nunha época na que a homosexualidade, introducida como un refinamento cultural na cultura omeia, xogaba un papel importante nela.
O verlan é unha forma de xerga do francés que consiste en inverter as sílabas dunha palabra, ás veces acompañado por unha elisión, un tipo de apócope a fin de evitar certas imposibilidades fonolóxicas. De feito, o propio nome verlan provén da inversión da locución adverbial francesa à l'envers, que significa ao inverso.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Unha bicicleta ( pronunciación ) (do francés bicyclette, e este do latín bis, "dúas veces", e do grego κύκλος, kúklos, "círculo") é un vehículo sen motor de dúas rodas dispostas en liña e fixadas a un cadro. Serve para o transporte de persoas e mercancías. Móvese grazas á forza que o ciclista exerce sobre os pedais, que é transmitida ás rodas.
Murray Newton Rothbard, nado en Nova York o 2 de marzo de 1926 e finado na mesma cidade o 7 de xaneiro de 1995, foi un economista, historiador e teórico político estadounidense que impulsou a Escola Austríaca de economía a través dunha aplicación rigorosa dos métodos praxeolóxicos e que desenvolveu o marco do anarcocapitalismo como sistema de intercambio voluntario sen intervención estatal.
O pateiro ou patexo, Polybius henslowii Leach, 1820, é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos. É un cangrexo pequeno de cacho arredondado e patas aplanadas, sendo a única especie do xénero Polybius. É un bo nadador que se alimenta en augas abertas do nordés do océano Atlántico e o oeste do mar Mediterráneo.
Referendo de independencia do Véneto de 2014
O referendo de independencia do Véneto de 2014 foi unha enquisa en liña non oficial e non vinculante organizada en privado entre os residentes do Véneto, unha das 20 rexións de Italia, entre o 16 e o 21 de marzo de 2014. A votación, tamén coñecida como "plebiscito dixital" ou "Plebiscito.eu", foi promovido por Plebiscite 2013, unha organización nacionalista véneta liderada por Gianluca Busato.
Na xeometría euclidiana elemental, unha simetría axial ou reflexión é unha transformación xeométrica do plano que modela un "pregamento" ou un "efecto espello": dúas figuras son simétricas con respecto a unha liña cando se superpoñen despois do pregamento por esta liña. Este é un caso especial de simetría. A simetría axial de eixe a recta d transforma calquera punto M no único punto M' tal que d é a mediatriz do segmento [MM'].
Dune (titulado en pantalla Dune: Part One) é un filme de ciencia ficción de 2021 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Eric Roth, Jon Spaihts e o propio Villeneuve. É unha coprodución internacional dos Estados Unidos, o Reino Unido, o Canadá e Hungría e constitúe a primeira entrega de dous filmes baseados nunha nova versión revisada fiel á novela homónima de 1965 de Frank Herbert. Está protagonizada por Timothée Chalamet, Rebeca Ferguson, Oscar Isaac, Josh Brolin, Stellan Skarsgård, Dave Bautista, Stephen McKinley Henderson, Zendaya, David Dastmalchian, Chang Chen, Sharon Duncan-Brewster, Charlotte Rampling.
A cisteína (simbolizada por Cys ou C) é un α-aminoácido coa fórmula química HOOC-CH(NH2)CH2SH . A cadea lateral que caracteriza á cisteína é -CH2SH, e ten un grupo tiol (-SH) terminal, que é non polar, por iso a cisteína se clasifica normalmente como un aminoácido hidrofóbico. A parte tiol da cadea adoita participar en reaccións encimáticas, actuando como nucleófilo.
Camilo Blanes Cortés, máis coñecido artisticamente como Camilo Sesto, nado en Alcoi (Provincia de Alacant) o 16 de setembro de 1946 e finado o 8 de setembro de 2019, foi un compositor, cantante e produtor musical español. A súa carreira acadou recoñecemento internacional nas décadas de 1970 e 1980. Está considerado un dos artistas máis influentes e unha das principais voces da música en español.
Para o xénero de plantas bananeiras véxase Musa (planta). Para o militar musulmán véxase Musa ibn Nusayr. Na mitoloxía grega as musas (en grego Μοῦσαι Mousai) eran, segundo os escritores máis antigos, as deusas inspiradoras da música e, segundo as nocións posteriores, divindades que presidían os diferentes tipos de poesía, así como as artes e as ciencias.
A borracheira na cultura popular galega
A acción de emborracharse, como os termos borracheira e borracho, reciben en Galicia numerosas denominacións, descritivas ou eufemísticas. Nesta sinonimia tan ampla inflúen diversos factores, como o rexistro do falante (culto, coloquial, vulgar) ou os distintos graos que se poden presentar, desde o resultante do consumo de pequenas cantidades, que conseguen achispar ou causar contenteira, ata a borracheira absoluta. Inclúense tamén algúns castelanismos que, por razóns eufemísticas, adoitan utilizarse para referirse a determinados feitos como o que nos ocupa, e como tamén acontece con realidades de carácter sexual ou escatolóxico: Aballoarse, acamballarse, achisparse, afumarse, embebedarse, embriagarse, empiparse, encherse, enchisparse.
María Luísa Nache, nada o 3 de novembro de 1924 na Coruña (nalgunhas fontes indícase Ferrol) e finada na mesma cidade o 9 de setembro de 1985, foi unha soprano galega. Cantou nalgúns dos máis importantes teatros de ópera do mundo con grandes figuras do bel canto e con algúns dos directores de orquestra máis destacados da época. Mantivo unha importante relación profesional co tenor italiano Franco Corelli, con quen cantou óperas como Il trovatore ou Turandot.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Las leyes de la frontera (filme)
Las leyes de la frontera é un filme español de 2021 dirixido por Daniel Monzón adaptando a novela homónima de Javier Cercas. Está protagonizado por Marcos Ruiz, Begoña Vargas e Chechu Salgado.
Villena é unha cidade do País Valenciano situada no noroeste da provincia de Alacant que limita con Castela-A Mancha e Murcia polo oeste. É cabeza de partido xudicial e da comarca do Alto Vinalopó. Está a unha altitude de 504 msnm e o seu termo municipal abrangue unha superficie de 345,6 km², polo que é o segundo concello máis extenso da provincia.
Denomínase axolema á parte da membrana plasmática dunha neurona que rodea o seu axón. Á parte das súas funcións xerais como membrana celular, ten importantes funcións no sistema nervioso, xa que é responsable de manter o potencial de membrana ao conter canles iónicas a través das cales poden intercambiarse ións rapidamente entre o interior e o exterior da neurona.
Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos.
O liberalismo económico é unha filosofía económica que promove os mercados libres, a propiedade privada dos medios de produción, o intercambio voluntario e unha intervención gobernamental mínima nas actividades económicas, fundamentada na crenza de que a liberdade individual fomenta a innovación e a prosperidade. Xurdiu no século XVIII, formulado de forma destacada por Adam Smith na súa obra A riqueza das nacións de 1776, que argumentaba que as accións movidas polo interese propio en mercados competitivos, moderadas pola "man invisible", promoven involuntariamente o benestar público. Entre os seus principios fundamentais figuran a protección dos dereitos de propiedade privada, o libre comercio, a moeda sólida e o imperio da lei co fin de posibilitar o emprendemento e unha asignación eficiente de recursos sen unha dirección estatal coercitiva.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
"Bohemian Rhapsody" é unha canción composta en 1975 por Freddie Mercury, integrante da banda británica Queen, e incluída no seu álbum A Night at the Opera. Esta canción non posúe refrán, e consta de tres partes principais: un segmento de balada que acaba cun solo de guitarra, unha pasaxe operística e unha sección de hard rock. Nela, Freddie Mercury, Roger Taylor e Brian May cantan respectivamente nas tesituras media, aguda e grave.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Physarum é o xénero máis grande de balores mucosos micetozoos da familia Physaraceae. Viven normalmente en ambientes fríos, escuros e húmidos, como as cascas de árbores (a miúdo nas que teñen musgos), ramiñas mortas, troncos podres cubertos de musgo, follas caídas e solos forestais húmidos. O nome Physarum procede da palabra grega φυσα (physa), que significa 'vincha' ou 'burbulla' ou tamén 'fol'.
Os mamíferos mariños son mamíferos acuáticos que dependen dos ecosistemas mariños para a súa existencia. Son os pinnípedes (focas, leóns mariños, morsas), cetáceos (baleas, golfiños, toniñas), sirenios (manatís, dugongos), londras mariñas e osos polares. Non representan un taxon diferenciado ou agrupación sistemática, senón que teñen unha relación polifilética debida a evolución converxente, dado o seu tipo de vida similar, pero non teñen un antepasado común próximo.