Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Lista de códigos telefónicos internacionais
Está é unha lista de códigos para as chamadas telefónicas internacionais. Os números actuais asignounos a Unión Internacional de Telecomunicacións na súa recomendación E.164. O símbolo «+» diante dos códigos de cada país simboliza o prefixo de chamada internacional.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
En física, matemáticas, arte e artes gráficas os padróns moiré ou de moiré son uns padróns de interferencia que ocorren cando se pode atopar un padrón opaco con ocos ou baleiros transparentes sobre outro padrón semellante. Para que apareza tal interferencia, os dous padróns non deben de ser completamente idénticos, senón estaren máis ben desprazados, rotados ou cun ton lixeiramente diferentes. As liñas poden ser as fibras dun tecido de moiré (as que lle dan nome ao efecto), liñas simples na pantalla do ordenador, ou en acetatos, en liñas de varas etc.
Romelu Menama Lukaku, nado en Anveres o 13 de maio de 1993, é un futbolista internacional belga que xoga como dianteiro para o Chelsea FC da Premier League inglesa e para a selección de Bélxica. Comezou a súa carreira no equipo local, o Rupel Bom, sendo tempo despois recrutado e contratado polo Lierse. Debido ao seu xogo foi observado e atraído por numerosos clubs, asinando finalmenete polas categorías inferiores do Anderlecht, histórico club da Jupiler Pro League.
San Gangolfo, tamén chamado Gangolfo de Varennes, Gangolfo de Borgoña e Gangolfo de Avallon, finado o 11 de maio de 760 é venerado como mártir pola Igrexa católica. É padroeiro dos maridos enganados, dos fabricantes de luvas e da industria da lan, porque se lle atribuía o don de evitar que as ovellas caesen en trampas e arames.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
O teatro musical é unha forma de representación teatral que combina cancións, diálogo falado, interpretación e danza. A historia e o contido emocional dun musical (humor, patetismo, amor, rabia) comunícanse a través de palabras, música, movemento e aspectos técnicos do entretemento como un todo integrado. Aínda que o teatro musical se solapa con outras formas teatrais como a ópera e a danza, pódese distinguir pola importancia similar que se lle dá á música en comparación co diálogo, o movemento ou outros elementos.
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
Candlebox foi unha banda de rock formada en Seattle no ano 1991. Candlebox apareceu en medio do auxe do grunge e conquistou o seu propio espazo cunha música fortemente influenciada por Led Zeppelin e o rock dos anos 70, pero cun son semellante ao de bandas como Pearl Jam, Soundgarden e Alice in Chains.
O mar na cultura popular galega
A seguir recóllese a presenza do mar na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Inclúense tamén conceptos directamente relacionados como barcos, pesca e mariñeiros.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Joseba Imanol Idiakez Barkaiztegi, nado en Donostia o 14 de marzo de 1972, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español, que dende abril de 2026 adestra o Cádiz, da Segunda División. Formado na canteira da Real Sociedad, desenvolveu case toda a súa carreira como xogador na Segunda División B, categoría na que disputou 364 partidos entre 1991 e 2007, conseguindo un ascenso á Segunda División co Ciudad de Murcia. Como adestrador dirixiu varios clubs da Segunda e a Segunda B e proclamouse campión da Primeira Federación co Deportivo da Coruña en 2024.
A táboa periódica dos elementos é unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes. Esta ordenación presenta unhas tendencias periódicas, como por exemplo a presenza de elementos semellantes na mesma columna. Presenta tamén catro bloques con propiedades químicas semellantes.
O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada. O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai).
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
O himno nacional alemán é oficialmente dende 1991 a terceira estrofa do Lied der Deutschen de August Heinrich Hoffmann von Fallersleben. A melodía é a do himno imperial austríaco de Joseph Haydn. A Confederación Alemá do Norte, o primeiro verdadeiro Estado alemán unificado, non estableceu un himno nacional aínda que o Heil dir im Siegerkranz, o himno real de Prusia, adoitaba escoitarse en acontecementos relevantes e logo durante o Imperio Alemán pasou a coñecerse como o Kaiserhymne, aínda que nunca foi oficialmente himno nacional do Imperio, senón unha das varias cancións que se adoitaban escoitar en acontecementos oficiais de especial transcendencia, sobre todo de contar coa participación do emperador.
Hibatullah Akhundzada, tamén transcrito como Haibatullah Akhunzada, nado no distrito de Panjwayi (Reino de Afganistán) o 19 de outubro de 1967, é un clérigo afgán, actual líder supremo de Afganistán baixo o goberno talibán. Lidera o movemento talibán desde 2016 e chegou ao poder coa súa vitoria sobre as forzas apoiadas polos Estados Unidos na guerra de 2001-2021. Unha figura hermética, case non ten pegada dixital agás unha fotografía non verificada e varias gravacións de audio de discursos.
O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Baywatch foi unha serie de televisión estadounidense sobre socorristas que vixiaban as praias dos Ánxeles, en California. A serie emitiuse de 1989 até 1999 (e de 1999-2001 como Baywatch Hawaii). Segundo o Libro Guinness dos Récords Mundiais, Baywatch é a serie de TV mais vista de todos os tempos, con máis de 1,1 mil millóns de espectadores en 142 países no ano de 1996.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Economía dos Estados Unidos de América
A economía dos Estados Unidos de América é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un produto interior bruto duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o PIB da Unión Europea, mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no capitalismo.
Chamaecyparis obtusa é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das cupresoideas (Cupressoideae), unha das seis incluídas no xénero Chamaecyparis. Orixinaria do centro do Xapón, onde é coñecida co nome de 檜 ou 桧, hinoki, é unha especie resistente e de crecemento lento que, en Europa, América e noutras zonas do mundo, é frecuente vela cultivada en xardíns grandes, sendo pouco frecuente nos pequenos, agás como plantas xoves do cultivar Crippsii.
Mar de Copas é un grupo musical de rock peruano creado en Lima, en 1992. Pode ser considerada unha banda de culto, pola cantidade de seguidores que ten logrado desde os seus inicios, sendo unha das bandas de rock peruano máis relevantes e influentes do medio local. Estivo composto orixinalmente por Luis "Wicho" García (vocalista), José Manuel "Manolo" Barrios (guitarra, voz e coros), Eduardo "Toto" Leverone (batería e percusión), Félix Torrealva (baixo), Phoebe Condos (teclado e coros) e Claudia Salem (coros).
Negu Gorriak (en éuscaro significa Invernos Ruíns) foi un grupo de música crossover fundado en Guipúscoa en 1990. A súa influencia ten sido moi grande no desenvolvememento do rock tanto no País Vasco como no resto do estado. Foron cualificados como unha das bandas de rock «máis importantes dos noventa».
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
A visualización de datos, representación gráfica de datos ou data visualization en inglés (VD) é un campo de estudo interdisciplinario e unha expresión da comunicación visual que consiste na representación visual de datos. Na VD, hai exposición gráfica (tipicamente imaxes e vídeos, mais tamén p. ex.
A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol con Tui, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Tui, convértese na A-55, con destino á fronteira portuguesa.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
Siti Nurhaliza binti Tarudin, nada en Kampung Awah o 11 de xaneiro de 1979, é unha cantante e empresaria malaisiana, que ao longo da súa carreira recibiu case 300 premios locais e internacionaise canta fundamentalmente en malaio e bahasa indonesio e ademais de inglés tamén gravou en xavanés, mandarín árabe, urdú e xaponés.
A moral (do latín mos, mores, "costumes") é un conxunto de normas que se consideran boas ligadas ao comportamento das persoas en tanto que son membros dunha sociedade, relixión, cultura etc. A moral é unha forma de comportamento humano que comprende un aspecto normativo (unhas regras de conduta) e un aspecto fáctico (actos que veñen de axustarse nun sentido ou noutro a devanditas regras). A moral ten unha dobre vertente, social e individual.
Verónica Boquete Giadáns, coñecida como Vero Boquete, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Como 1907, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
Universal Studios Hollywood é un parque temático dos Estados Unidos de América, situado no Val de San Fernando, Os Ánxeles, California. É o primeiro parque temático da produtora de cine e promotora de parques temáticos globais Universal Studios. O parque foi inicialmente deseñado só como un centro de visitantes para os seus estudios profesionais de cine e decorados reais usados en películas e series da firma.
Módena, Modena en italiano, Mòdna no dialecto modenés (UK: /ˈmɒdɪnə/, US: /ˈmoʊd-/, latín: Mutina) é unha cidade e comuna (municipio) de 184.732 habitantes no lado sur do Val do Po, na Provincia de Módena (rexión da Emilia-Romaña) no norte de Italia. A catedral, a Torre Cívica («Ghirlandina») e a Piazza Grande da cidade están declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Cidade, e sede dun arcebispo, é coñecida pola súa industria automobilística, as fábricas dos famosos fabricantes italianos de coches deportivos e de clase alta Ferrari, De Tomaso, Lamborghini, Pagani e Maserati están, ou estiveron, situados aquí e todos, excepto Lamborghini, teñen sede na cidade ou nas proximidades.
Héroes del Silencio (ás veces denominado simplemente Héroes) foi un grupo de Rock & Roll de Zaragoza (Aragón, España), formado inicialmente por Juan Valdivia e Enrique Bunbury a mediados dos anos 80. Na década de 1990 experimentaron un grande éxito en torno a España e América, e varios países europeos, incluíndo Alemaña, Bélxica, Suíza e Francia, converténdose nun dos máis exitosos grupos na historia do rock en español. Despois de doce anos e numerosos álbums, a banda separouse no ano 1996.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. A selección española participou en 16 das 22 edicións da Copa do Mundo e é unha das oito seleccións campioas do torneo, grazas ao seu triunfo na edición de 2010 celebrada en Suráfrica. A nivel continental, é a selección con máis títulos da Eurocopa, competición que gañou en catro ocasións (1964, 2008, 2012 e 2024). Os éxitos conseguidos entre o 2008 e o 2012 e o nivel de xogo amosado polo combinado español, levou a que moitos expertos e analistas consideren a selección dese período como un dos mellores equipos da historia do fútbol.
Aeroporto de Montreal-Pierre Elliott Trudeau
O aeroporto internacional de Montreal-Pierre Elliott Trudeau (IATA: YUL, ICAO: CYUL) ou sinxelamente Montreal-Trudeau, anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Montreal-Dorval, é un aeroporto canadense situado na illa de Montreal, a 20 km do centro da cidade. As terminais atópanse no suburbio de Dorval, mentres que o complexo de oficinas de Air Canada e unha das pistas están na veciñanza de Saint-Laurent. O aeroporto serve ao Gran Montreal e ás rexións adxacentes no Quebec, o leste de Ontario, Vermont, e o norte do estado de Nova York.
A baía de Santander, está situada en Cantabria e é o maior estuario da costa norte de España, cunha extensión de 22,42 km², unha lonxitude de 9 km e unha anchura de 5 km. Debido á influencia de Santander e a súa área metropolitana, ao seu ao redor concéntrase case a metade da poboación da comunidade autónoma polo que a presión antrópica sobre esta lámina de auga é elevada. A entrada á baía está precedida pola enseada de El Sardinero, onde se localiza a illa de Mouro.
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
¿Quién puede matar a un niño? é unha película española de 1976, dirixida por Narciso Ibáñez Serrador, baseada na novela El juego de los niños de Juan José Plans e con música de Waldo de los Ríos, sendo esta a segunda e, até agora, última cinta dirixida por Ibáñez Serrador. A longametraxe constitúe unha das películas máis celebradas do xénero de terror no cine español.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster, nado en Ameneiro (Calo, Teo) o 21 de abril de 1907 e finado en Madrid o 8 de decembro de 1994, foi un militante comunista e dirixente militar republicano galego, que combateu na guerra civil española e na Segunda guerra mundial. Recibiu formación militar na Unión Soviética, en academias do Exército Vermello e durante a guerra civil española tivo un destacado papel organizando e dirixindo as milicias do Quinto Rexemento. Posteriormente pasou a mandar varias unidades do Exército Popular da República.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
William Bradley "Brad" Pitt, nado en Shawnee (Oklahoma) o 18 de decembro de 1963, é un actor e produtor estadounidense. Pitt recibiu catro nomeamentos ós Premios Óscar e cinco ós Globos de Ouro, e é gañador dun Globo de Ouro. Foi descrito como un dos homes máis atractivos do mundo, un feito polo cal recibiu moita atención por parte dos medios de comunicación.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
Adriana Torrebejano Giménez, nada en Castellbisbal o 3 de novembro de 1991, é unha actriz española coñecida principalmente pola súa participación na serie Terra de Lobos, Hospital Central de Telecinco, El Secreto de Puente Viejo de Antena 3, Cuerpo de Elite de Antena 3 ou A sombra da lei. Protagonizou a serie Amar es para siempre de Antena 3.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Porto do Son é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. O termo municipal ten unha extensión de 94,58 km² e, segundo o padrón municipal (INE 2015), conta cunha poboación de 9.436 habitantes, o que daba, nesa data unha densidade de 99,77 hab./km².
O Campionato de Europa de Fútbol da UEFA 2024, máis coñecido coma Eurocopa de Fútbol 2024 ou Euro 2024, foi a décimo sétima edición do Campionato Europeo da UEFA, torneo internacional de fútbol cuadrienal organizado pola UEFA para os equipos nacionais masculinos das súas asociacións membros. Alemaña foi o país anfitrión do campionato, que tivo lugar entre o 14 de xuño até o 14 de xullo de 2024. O torneo contou coa participación de 24 equipos, con Xeorxia facendo o seu debut no campionato.
Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería. A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Torre de Hércules é unha torre e faro situado nun cabo da península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Cidade vella de Santiago de Compostela.
Professional Women's Hockey League
A Professional Women's Hockey League ou PWHL (en francés Ligue professionnelle de hockey féminin ou LPHF) é unha liga profesional feminina de hóckey sobre xeo do Canadá e os Estados Unidos. A liga foi fundada en 2023 e está integrada por doce equipos, cinco do Canadá e sete dos Estados Unidos. Os equipos xogan unha liga regular, despois da cal os catro primeiros equipos se cualifican para os play-offs que determinan o equipo campión da Walter Cup.