Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
Os Séculos Escuros son un período de decadencia da lingua e literatura galega que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Caracterízase pola ausencia case total de literatura galega e polo estado de prostración e marxinación social da lingua galega a raíz da imposición do castelán. A lingua propia de Galicia entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais, e dunha maneira paralela prodúcese unha enorme perda do poder político do Reino de Galicia. Porén, a existencia dalgúns documentos como o poema a Diego das Mariñas ou as perdidas Galegadas de Gregorio de Lobariñas Feixoo, escritas en galego entre os séculos XV e XVIII, desafían a percepción decadente e subliñan a resistencia cultural e lingüística en Galicia durante esta época.
Nicholas Berkeley Mason, nado o 27 de xaneiro de 1944, é un batería inglés e membro fundador da banda de rock Pink Floyd. Foi o único membro constante dende a formación da banda en 1965, e o único membro que apareceu en todos os álbums de Pink Floyd. Coescribiu composicións do grupo como "Echoes", "Time", "Careful with That Axe, Eugene" e "One of These Days".
Margaretha Geertruida "Margreet" Zelle MacLeod, máis coñecida como Mata Hari, nada en Leeuwarden o 7 de agosto de 1876 e finada en Vincennes, París, o 15 de outubro de 1917, foi unha famosa bailarina e actriz neerlandesa, condenada a morte por espionaxe e executada por fusilamento durante a primeira guerra mundial (1914-1918). A palabra matahari significa sol en malaio, e literalmente "ollo do día".
Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).
A baía de Santander, está situada en Cantabria e é o maior estuario da costa norte de España, cunha extensión de 22,42 km², unha lonxitude de 9 km e unha anchura de 5 km. Debido á influencia de Santander e a súa área metropolitana, ao seu ao redor concéntrase case a metade da poboación da comunidade autónoma polo que a presión antrópica sobre esta lámina de auga é elevada. A entrada á baía está precedida pola enseada de El Sardinero, onde se localiza a illa de Mouro.
Lista de códigos telefónicos internacionais
Está é unha lista de códigos para as chamadas telefónicas internacionais. Os números actuais asignounos a Unión Internacional de Telecomunicacións na súa recomendación E.164. O símbolo «+» diante dos códigos de cada país simboliza o prefixo de chamada internacional.
Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Poesía homoerótica hispano-árabe
Existe unha recorrente presenza de poemas de carácter homoerótico na poesía hispanoárabe. A literatura erótica, a miúdo da máis alta calidade, floreceu na cultura islámica nunha época na que a homosexualidade, introducida como un refinamento cultural na cultura omeia, xogaba un papel importante nela.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
Comité Executivo Central de Todas As Rusias
O Comité Executivo Central Panruso (en ruso: Всеросси́йский Центра́льный Исполни́тельный Комите́т), normalmente coñecido polas siglas ВЦИК (transliterado: VTsIK), era o máis alto poder do Estado, con funcións de corpo lexislativo, administrativo e de supervisión da República Socialista Federativa Soviética de Rusia (RSFSR), vixente entre 1917 e 1937. En 1937 foi transformado no Soviet Supremo da RSFSR. Elixido nos Congresos Panrusos dos Soviets, exercía as súas funcións entre congresos. Antes do establecemento da URSS en 1922, incluía aos membros da RSS de Ucraína e a RSS de Belarús, elixidos nos seus respectivos Congresos dos Soviets.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
O hórreo galego é un edificio de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais. En Galicia conviven tres tipoloxías básicas de hórreo: o tipo galego (tamén chamado «galego-portugués»), o tipo asturiano e o hórreo de corres.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
O Estadio Azteca é un estadio de fútbol situado en Santa Úrsula, Cidade de México, México. Ten unha capacidade de 104.000 espectadores para partidos de fútbol e ata 120.000 para concertos. Grazas ás 104.000 localidades do campo, este estadio é considerado o terceiro máis grande do mundo logo do Estadio Renungrado Primeiro de Maio de Pyongyang, Corea do Norte e do Salt Lake Stadium de Calcuta, India.
Montserrat é un macizo rochoso situado no nordés da Península Ibérica, considerado tradicionalmente a montaña máis importante e significativa de Cataluña. Está situada a 50 km ao noroeste da cidade de Barcelona entre as comarcas de Anoia, Baix Llobregat e Bages. Nesta montaña sitúase o santuario e mosteiro beneditino de Montserrat dedicado á Virxe de Montserrat.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A terapia de inmunoglubulinas é o uso dunha mestura de anticorpos (inmunoglobulinas humanas normais) para tratar varios problemas de saúde. Entre eles están os seguintes: a inmunodeficiencia primaria, a púrpura trombocitopénica inmune, a polineuropatía desmielinizante inflamatoria crónica, a enfermidade de Kawasaki, certos casos de VIH/SIDA, o sarampelo, a síndrome de Guillain-Barré, e algunhas outras infeccións cando non se dispón de inmunoglobulinas máis específicas. Dependendo da formulación pode administrarse por inxección intramuscular, por vía intravenosa ou por inxección subcutánea.
Edson Arantes do Nascimento, coñecido mundialmente como "Pelé", nado en Tres Corações (Minas Xerais) o 23 de outubro de 1940 e finado en São Paulo o 29 de decembro de 2022, foi un xogador de fútbol brasileiro, considerado "O Rei" dese deporte. Entre el, Diego Armando Maradona e Lionel Messi está o debate sobre quen é o mellor futbolista de tódolos tempos. O seu equipo do Santos marcou unha época e foi coñecido naquela como Os Santásticos.
Este artigo trata sobre un boneco folclórico, para o xénero de palmeiras de coco, véxase Cocos (xénero). Os Cocos son dous bonecos das romarías de Ribadeo caracterizados polos seu gran tamaño (uns 3,50 m de altura) e mais por estar construídos e vestidos arredor dunha armazón de madeira (na actualidade, metal) para seren transportados por persoas situadas no seu interior. Os Cocos son a parella figurada máis representativa de Ribadeo.
Dichen Lachman (en tibetano: བདེ་ཆེན།), nada en Katmandú o 22 de febreiro de 1982, é unha actriz australiana, de ascendencia alemá e tibetana. Apareceu na serie Veciños interpretando a Katya Kinski, así como na serie de ciencia ficción creada por Joss Whedon Dollhouse, interpretando a personaxe de Sierra. Lachman intepretou a Suren no remake estadounidense Being Human.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Tierra de Pinares (Terra de Piñerais en galego) é unha bisbarra natural española situada na comunidade autónoma de Castela e León, e comprende o norte da provincia de Segovia e o sur da provincia de Valladolid. Tamén se estende polo leste da provincia de Ávila Nela concéntrase unha masa forestal composta das especies pinus pinaster e pinus pinea.
Lygia Fagundes da Silva Telles, nada como Lygia de Azevedo Fagundes en São Paulo, 19 de abril de 1923, e finada na mesma cidade o 3 de abril de 2022, foi unha escritora brasileira coñecida como "a dama da literatura brasileira" e considerada por académicos, críticos e lectores unha das máis importantes e notábeis escritoras brasileiras do século XX e da historia da literatura brasileira.
O garífuna é unha lingua arauaca falada polo pobo garífuna que habita na zona oeste da costa norte de América Central. Malia ser unha lingua da familia arauaca é atípica por falarse fóra da área lingüística arauaca, que está limitada ó norte de América do Sur, polo cal ten moitos préstamos das linguas caribes e das linguas europeas, produto das guerras, da migración e da colonización. O garífuna está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO. Outrora, a lingua estivo confinada nas illas de San Vicente e Dominica, mais os seus falantes, os garífunas, foron deportados masivamente polos británicos en 1797 á costa norte de Honduras, dende onde o pobo e a lingua se estenderon ó longo da costa dende Nicaragua até Guatemala e Belize.
A cachaza (en portugués, cachaça, tamén chamada pinga, branquinha, caxaca, caxa , caña ou chacha) é unha bebida alcohólica destilada do Brasil. Obtense como produto da destilación do zume da cana de azucre fermentado. Mentres que a xeneralidade dos rons proveñen das melazas —un subproduto da elaboración do azucre posterior á súa cristalización—, o ron de cachaza procede da cachaza, que é un subproduto anterior á cristalización do azucre.
Excalibur é un filme estadounidense de 1981 dirixido, producido e coescrito por John Boorman. Conta a lenda do Rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda e baséase no romance artúrico do século XV Le Morte d'Arthur, de Thomas Malory. Está protagonizado por Nigel Terry no papel de Artur, Nicol Williamson como Merlín, Nicholas Clay como Lanzarote do Lago, Cherie Lunghi como Xenevra, Helen Mirren como Morgana, Liam Neeson como Galván, Gabriel Byrne como Uther Pendragon, Corin Redgrave como Gorlois, Duque de Cornwall, Patrick Stewart como Leodegrance e Paul Geoffrey como Perceval.
A foca grisalla, tamén coñecida como foca cincenta e lobo mariño cincento, denominada co nome científico de Halichoerus grypus (que significa 'porco de mar de fociño ganchudo'), é unha especie de foca que se encontra en ambas as beiras do Atlántico Norte. É un gran pinnípede da familia dos fócidos e a única especie do xénero Halichoerus.
As persoas brancas son seres humanos cuxa ascendencia xenética principal deriva das poboacións indíxenas de Europa. Esta ascendencia formouse mediante a mestizaxe entre os antigos cazadores-recolectores do oeste, os primeiros agricultores europeos que migraron desde Oriente Próximo hai arredor de 8.000 anos, e os pastores das estepas occidentais procedentes da rexión póntico-caspiana durante a Idade do Bronce. Esta ascendencia agrúpase de xeito diferenciado nas análises de compoñentes principais da variación xenética humana a nivel global.
O aeroporto de Paro (IATA: PBH, OACI: VQPR) é o único aeroporto internacional dos catro que existen no Reino de Bután. Está situado a 6 quilómetros de Paro, nun profundo val na ribeira do río Paro Chhu. Con montes aos seus arredores de ata 5 500 m, está considerado un dos aeroportos máis desafiantes do mundo, e só un selecto número de pilotos está certificado para aterrar nel.
Sonae é un grupo empresarial multinacional con sede en Maia, Portugal. Está presente en 90 países, operando en varios sectores, entre os que destacan o comercio polo miúdo, os servizos financeiros, a xestión de centros comerciais, o software e sistemas de información, os medios de comunicación e telecomunicacións. É o maior empregador privado de Portugal, cunha forza de traballo total de máis de 50.000 empregados.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2024 foi a 75ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputouse nunha serie de 24 carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Izquierda Castellana (IzCa) é un movemento político radical nacionalista de esquerdas de Castela, constituído definitivamente en 2002 en Madrid, coa incorporación de Izquierda Comunera a unha organización na que se atopaban Unidad Popular Castellana, Yesca, Mujeres Castellanas e o Círculo Castellano de Toledo. O Partido Comunista del Pueblo Castellano (sección do Partido Comunista de los Pueblos de España na comunidade autónoma de Castela e León) entrou en Izquierda Castellana, pero despois abandonou a organización. Izquierda Castellana é internacionalista, razón pola cal apoia diversos movementos de construción nacional no País Vasco, Palestina ou Irlanda.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Cidade subterránea de Derinkuyu
Derinkuyu (en turco pronunciado derˈinkuju), (en grego de Capadocia: Μαλακοπή; romanizado Malakopi; en turco, Cidade subterránea de Derinkuyu: Derinkuyu Yeraltı Şehri) tamén coñecida como Elengubu, é unha antiga cidade subterránea con varios niveis preto da cidade moderna de Derinkuyu (na provincia de Nevşehir, Turquía) que se estende a unha profundidade aproximada de 85 metros. É o bastante grande como para ter acollido arredor de 20 000 persoas co seu gando e os seus víveres. É a cidade subterránea escavada máis grande de Turquía e un dos varios complexos subterráneos que se atopan en toda Capadocia.
Caixa de Aforros Provincial de Ourense
A Caixa de Aforros Provincial de Ourense, tamén chamada nos seus últimos anos Caixa Ourense, foi unha entidade financeira dependente da Deputación de Ourense, posteriormente incorporada a Caixanova.
O condado de Queens (en inglésː Queens County), a miúdo referido simplemente como Queens, é un distrito metropolitano (borough), o máis grande dos cinco que compoñen a cidade de Nova York, nos Estados Unidos de América. O territorio do borough é coextensivo co do condado de Queens, aínda que dende a formación da cidade do Gran Nova York (hoxe, Nova York), en 1898, as divisións inferiores ao do municipio neoiorquino quedaron sen poder real de facto. A cabeceira de condado está na veciñanza de Xamaica.
Gabriela Beatriz Sabatini, nada en Buenos Aires o 16 de maio de 1970, é unha tenista profesional arxentina retirada, a máis destacada na historia dese deporte no país. En 1990, Sabatini gañou o Aberto dos Estados Unidos en individual, converténdose na única tenista arxentina en logralo e dous WTA Tour Championships en 1988 e 1994. Foi tamén finalista nos torneos de Wimbledon de 1981 e no Aberto dos Estados Unidos de 1988, ano en que gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos.
Jorge Alberto Francisco Valdano Castellanos, nado en Las Parejas, Santa Fe, o 4 de outubro de 1955, é un exfutbolista e ex adestrador arxentino. Campión do mundo coa selección arxentina no Mundial de México 1986, xogaba como dianteiro e o seu primeiro equipo foi o Newell's Old Boys, club no que xogou antes da súa chegada ao fútbol español, para xogar no Alavés, Zaragoza, e finalmente no Real Madrid. Como adestrador desenvolveu toda a súa carreira en España, dirixindo ao Tenerife, ao Valencia e ao Real Madrid.