Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    141 visitas (↓22 de onte)0,25,37,177,95,40,143,168,163, 141

    9 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    105 visitas (↓121 de onte)524,192,81,32,48,44,35,239,226, 105

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Arquivos de Epstein

    Arquivos de Epstein

    Os arquivos de Epstein son unha colección de millóns de documentos, imaxes e vídeos que detallan as actividades criminais do financeiro estadounidense e delincuente sexual infantil condenado Jeffrey Epstein, incluído o seu círculo social de figuras públicas, políticos e famosos. Os arquivos son documentos recompilados como proba nos casos criminais contra Epstein e os seus asociados, almacenados como máis de 300 gigabytes de datos, ademais doutros soportes, no sistema de xestión de casos Sentinel do FBI. Inclúen o seu libro de contactos, os rexistros de voo dos seus avións e documentos xudiciais. Moitos dos rexistros e arquivos relacionados con Epstein pertencen á súa herdanza, que actualmente está dirixida polo avogado Darren Indyke e o contable Richard Kahn.

    101 visitas (↑101 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 101

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Delta Force Black Hack Down

    Delta Force Black Hack Down

    Delta Force: Black Hawk Down é o 5º xogo da saga Delta Force. A aventura ocorre en Somalia durante 1993. O xogo usa un motor gráfico diferente o dos seus predecesores, aumentando o realismo comparado cas versións anteriores da saga.

    100 visitas (↑100 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 100

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Miguel Gila

    Miguel Gila

    Miguel Gila, nado en Chamberí o 12 de marzo de 1919 e finado en Barcelona o 14 de xullo de 2001, foi un humorista madrileño.

    92 visitas (↑92 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 92

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Mogán

    Mogán

    Mogán é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado ao suroeste da illa de Gran Canaria. Con máis de 18.000 habitantes no termo municipal, dos que ao redor de 500 viven na vila, Mogán localízase nun fermoso val que se estende desde o barranco do Mulato ata a costa.

    90 visitas (↑90 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 90

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Malandrómeda

    Malandrómeda

    Malandrómeda é un grupo de rap compostelán formado por Hevi e diferentes colaboradores.

    81 visitas (↑81 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 81

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Manuel Blanco Encalada

    Manuel Blanco Encalada

    Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.

    79 visitas (↓50 de onte)0,0,0,0,199,125,110,46,129, 79

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Carlos Cuerpo

    Carlos Cuerpo

    Carlos Cuerpo Caballero, nado en Badaxoz o 26 de setembro de 1980, e un economista español, ministro de Economía, Comercio e Empresa dende decembro de 2023.

    74 visitas (↑74 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 74

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Villafranca de los Barros

    Villafranca de los Barros

    Villafranca de los Barros é un municipio de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura, que contaba en 2008 cunha poboación de 13.201 habitantes. É coñecida como "Cidade da Música".

    73 visitas (↑73 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 73

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Miguel Ángel Blanco

    Miguel Ángel Blanco

    Miguel Ángel Blanco Garrido, nado en Ermua (Biscaia), o 13 de maio de 1968 e finado en Lasarte o 13 de xullo de 1997, foi un político do PP secuestrado e asasinado por ETA.

    73 visitas (↑73 de onte)0,0,0,0,39,0,0,32,0, 73

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Tamargueira

    Tamargueira

    A tamargueira común, Tamarix gallica, é unha especie vexetal da familia das Tamaricáceas, orixinario do oeste do Mediterráneo.

    72 visitas (↑72 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 72

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Rubén Martínez Alonso

    Rubén Martínez Alonso

    Rubén Martínez Alonso, nado en Vigo en 1980, é un profesor e escritor galego.

    72 visitas (↑72 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 72

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Bandeira da República Popular da China

    Bandeira da República Popular da China

    A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".

    71 visitas (↓130 de onte)0,0,0,0,185,136,88,131,201, 71

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Denzel Washington

    Denzel Washington

    Denzel Hayes Washington, Jr., nado o 28 de decembro de 1954 en Mount Vernon, Nova York, é un actor, produtor, guionista e director de cine estadounidense gañador de dous Premios Óscar.

    68 visitas (↑68 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 68

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Fernando Collor de Mello

    Fernando Collor de Mello

    Fernando Afonso Collor de Mello, coñecido como Fernando Collor, nado en Río de Xaneiro o 12 de agosto de 1949, é un empresario e político brasileiro, actualmente afiliado ao Partido Trabalhista Brasileiro.

    65 visitas (↑65 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 65

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Serra da Enciña da Lastra

    Serra da Enciña da Lastra

    O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra é unha paraxe protexida que comprende a contorna da serra da Enciña da Lastra, unha das serras orientais de Galiza. Está situado na zona nordés da provincia de Ourense, no concello de Rubiá, comarca de Valdeorras, xusto no límite coa comarca do Bierzo. Foi declarado parque natural no ano 2002.

    64 visitas (↑64 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 64

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Les Particules élémentaires

    Les Particules élémentaires

    Les Particules élémentaires é unha novela en lingua francesa de Michel Houellebecq, publicada en 1998 por Éditions Flammarion. É a súa segunda novela, e recibiu o Premio Literario Internacional IMPAC de Dublín en 2002.

    64 visitas (↑64 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 64

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Cadavedo, Pastoriza

    Cadavedo, Pastoriza

    San Bartolomeu de Cadavedo é unha parroquia do concello de Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 59 habitantes, deles 33 eran homes e 26 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

    62 visitas (↑12 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,50, 62

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Dro Fernández

    Dro Fernández

    Pedro Fernández Sarmiento, coñecido simplemente como Dro, nado en Nigrán o 12 de xaneiro de 2008, é un futbolista galego que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Paris Saint-Germain FC da Ligue 1.

    60 visitas (↑60 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 60

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Cabo Verde

    Cabo Verde

    Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.

    60 visitas (↓517 de onte)182,223,65,26,274,165,35,183,577, 60

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Erling Haaland

    Erling Haaland

    Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.

    60 visitas (↓72 de onte)24,24,254,262,108,65,140,101,132, 60

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Manifesto para a supervivência da cultura galega

    Manifesto para a supervivência da cultura galega

    O Manifesto para a supervivência da cultura galega, tamén coñecido como "Manifesto dos 13 de Roma" ou "Manifesto dos doce", é un texto en prol da integración lingüístico-cultural galego-portuguesa e da igualdade entre o galego e o castelán no uso público elaborado en 1974 polo chamado Grupo de Roma.

    60 visitas (↑60 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 60

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Mandato británico de Palestina

    Mandato británico de Palestina

    O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.

    59 visitas (↓67 de onte)0,75,0,0,270,154,121,157,126, 59

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Aguas de Cabreiroá

    Aguas de Cabreiroá

    Aguas de Cabreiroá é unha empresa galega de bebidas con sede en Cabreiroá (Verín). Foi fundada por José García Barbón en 1906. A empresa é propiedade de Hijos de Rivera.

    56 visitas (↑56 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 56

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Edificio Castromil

    Edificio Castromil

    O edificio Castromil, coñecido previamente como café Quiqui-Bar, en Santiago de Compostela, foi un edificio de estilo modernista derrubado no ano 1975 que estaba situado na antiga praza de García Prieto, hoxe praza de Galicia. Foi o arquitecto coruñés Rafael González Villar quen o proxectou en 1922 e Antonio Alfonso Viana quen coordinou a obra en 1926. Os seus promotores foron os socios composteláns Manuel Ramallo Gómez e Ángel Gontán Sánchez, co propósito de destinalo a café-bar e restaurante.

    56 visitas (↑56 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 56

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Aquilino Meizoso

    Aquilino Meizoso

    Aquilino Meizoso Carballo, nado nas Pontes de García Rodríguez, é un arquitecto e político galego.

    56 visitas (↑56 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 56

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Robert Pattinson

    Robert Pattinson

    Robert Douglas Thomas Pattinson, nado en Londres o 13 de maio de 1986, é un actor, modelo e músico inglés.

    55 visitas (↑55 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 55

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Utah Jazz

    Utah Jazz

    Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.

    54 visitas (↓15 de onte)0,0,0,0,283,157,0,0,69, 54

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Fogueira

    Fogueira

    Unha fogueira é un lume mantido voluntariamente para quentar, cociñar (fogón) ou celebrar ritos ou festas como é o caso da noite de San Xoán con multitude de fogueiras, celebración esta herdada das festividades do solsticio de verán celebradas por celtas e romanos). Cando responde a un rito funerario denomínase pira. As fogueiras reciben diversos nomes: cacharela, coas variedades cacheira e cachela, e de empregar moreas grandes de leña: larada, luminaria ou lumarada.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    José Manuel Caballero Bonald

    José Manuel Caballero Bonald

    José Manuel Caballero Bonald, nado en Xerez da Fronteira o 11 de novembro de 1926 e finado en Madrid o 9 de maio de 2021, foi un escritor español, que sobresaíu principalmente como poeta. A coidadosa utilización da linguaxe e o barroquismo caracterizan a súa obra. Tamén foi un recoñecido flamencólogo.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Acordo Haavara

    Acordo Haavara

    O Acordo Haavara (en hebreo, העברה הסכם, transliterado como «heskem haavara» e traducíbel literalmente como «acordo de traslado») foi asinado o 25 de agosto de 1933, tras tres meses de conversacións, pola Federación Sionista de Alemaña (Zionistische Vereinigung für Deutschland), o Banco Anglo-Palestino (baixo as ordes da Axencia Xudía para Israel, unha axencia executiva oficial na entón Palestina) e as autoridades económicas da Alemaña nazi. O acordo pretendía axudar a facilitar a emigración dos xudeus alemáns a Palestina.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Alcalá del Valle

    Alcalá del Valle

    Alcalá del Valle é un concello da provincia de Cádiz na comunidade de Andalucía. No ano 2009 vivían 5.300 habitantes.

    53 visitas (↑53 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 53

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Sáhara

    Sáhara

    53 visitas (↑53 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 53

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Séculos Escuros

    Séculos Escuros

    Os Séculos Escuros son un período de decadencia da lingua e literatura galega que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Caracterízase pola ausencia case total de literatura galega e polo estado de prostración e marxinación social da lingua galega a raíz da imposición do castelán. A lingua propia de Galicia entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais, e dunha maneira paralela prodúcese unha enorme perda do poder político do Reino de Galicia. Porén, a existencia dalgúns documentos como o poema a Diego das Mariñas ou as perdidas Galegadas de Gregorio de Lobariñas Feixoo, escritas en galego entre os séculos XV e XVIII, desafían a percepción decadente e subliñan a resistencia cultural e lingüística en Galicia durante esta época.

    53 visitas (↓57 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,110, 53

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Lista de códigos telefónicos internacionais

    Lista de códigos telefónicos internacionais

    Está é unha lista de códigos para as chamadas telefónicas internacionais. Os números actuais asignounos a Unión Internacional de Telecomunicacións na súa recomendación E.164. O símbolo «+» diante dos códigos de cada país simboliza o prefixo de chamada internacional.

    53 visitas (↓21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,372,74, 53

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Autoestrada A3

    Autoestrada A3

    A Autoestrada Porto-Valença é unha vía de alta capacidade que une Porto coa fronteira con España en Valença, atravesando no seu percorrido Vila Nova de Famalicão, Braga e Ponte de Lima. Rematouse no 1998 e é un eixo fundamental na comunicación co norte de España. A A3 comeza na circunvalación de Porto, Vía de Cintura Interna e tras deixar a A4 ó leste en Águas Santas e atravesar Santo Tirso e Vila Nova de Famalicão, chega a Braga.

    51 visitas (↑51 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 51

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Chanakya

    Chanakya

    Chānakya(sánscrito: चाणक्य Cāṇakya támil: சாணக்கியன் Cāṇakiyan ) (c. 350–283 a.C.) foi un conselleiro do primeiro emperador maurya Chandragupta (c. 340–293 a.C.), e foi o arquitecto principal do seu ascenso ao poder.

    51 visitas (↑51 de onte)0,0,0,0,0,0,34,73,0, 51

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    El maestro que prometió el mar

    El maestro que prometió el mar

    El maestro que prometió el mar é un filme español de 2023 dirixido por Patricia Font a partir dun guión de Albert Val. Baséase no libro de Francesc Escribano. Está protagonizada por Enric Auquer e Laia Costa xunto a Luisa Gavasa.

    50 visitas (↑50 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 50

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Acorde de Tristán

    Acorde de Tristán

    O acorde de Tristán é un acorde formado polas notas Fa, Si, Re♯ e Sol♯. Máis xeralmente, pode ser calquera acorde que consista nos mesmos intervalos: cuarta aumentada (tritono), sexta aumentada, e novena aumentada en estado fundamental. Recibe o seu nome por escoitarse na primeira frase da ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde como parte do leitmotif relacionado con Tristan.

    50 visitas (↑50 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 50

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Estandarte Real de Escocia

    Estandarte Real de Escocia

    O Estandarte Real de Escocia (en scots: Royal banner o Scotland, en escocés: Bratach rìoghail na h-Alba, en inglés: Royal Standard of Scotland), tamén coñecido como Royal Standard of the King of Scots ("Estandarte Real do Rei dos Escoceses") ou máis comunmente como "León Rampante", é a bandeira empregada historicamente polo Rei de Escocia. Era a bandeira de escudo de armas do Reino de Escocia.

    49 visitas (↑49 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 49

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Conservadorismo

    Conservadorismo

    O conservadorismo é unha filosofía política e social que defende o mantemento das institucións sociais tradicionais no contexto da cultura e da civilización. En filosofía política, denomínase conservadorismo en sentido amplo ao conxunto de doutrinas e movementos políticos que favorecen o uso do poder político ou a forza do Estado para conservar ou restaurar tradicións —crenzas ou costumes— dun pobo ou nación, que poden ser de tipo relixiosas, culturais ou políticas. Nestes casos o termo conservadorismo é entendido como un tradicionalismo en política ou manter intacto unha orde política presente ou como reaccionarismo ou restauración dunha orde política perdida.

    49 visitas (↑49 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 49

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    49 visitas (↓6 de onte)66,79,57,36,84,84,60,75,55, 49

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Jennifer Connelly

    Jennifer Connelly

    Jennifer Lynn Connelly nada en Cairo (Nova York) o 12 de decembro de 1970 é unha actriz e formadora de modelos infantís estadounidense.

    48 visitas (↑48 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 48

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Eva López Tarrío

    Eva López Tarrío

    Eva López Tarrío, nada en Vigo en 1972, é unha artista e profesora galega.

    48 visitas (↑48 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 48

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Mauro Scaloni

    Mauro Scaloni

    Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.

    47 visitas (↓17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,28,64, 47

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Loureiro (apelido)

    Loureiro (apelido)

    Loureiro é un apelido galego e portugués, común en Portugal, Galiza, o Brasil e outras rexións do antigo Imperio Portugués, así como descendentes de galegos en América Latina. En xaneiro de 2023 existían 5.921 persoas en Galicia co apelido Loureiro, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.

    46 visitas (↑8 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,38, 46

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    A.I. Artificial Intelligence

    A.I. Artificial Intelligence

    A.I. Artificial Intelligence é un filme estadounidense dirixido, producido e guionizado por Steven Spielberg. Baséase na historia Super-Toys Last All Summer Long de Brian Aldiss.

    45 visitas (↑45 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 45

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Santa Compaña

    Santa Compaña

    A Santa Compaña ou, mellor, Compaña, é unha procesión de mortos ou de ánimas en pena que percorren de noite os camiños dunha parroquia para anunciar a morte dalgún veciño, disque cun ano de antelación. O mito das procesións de mortos ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa Occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia: Galicia, norte de Portugal e Asturias.

    45 visitas (↑45 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 45

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Godelleta

    Godelleta

    Godelleta é un concello español da provincia de Valencia, na comunidade autónoma da Comunidade Valenciana. O termo municipal atópase na comarca de Foia de Bunyol.

    45 visitas (↑45 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 45

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Francisco Javier García Gaztelu

    Francisco Javier García Gaztelu

    Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, nado en Galdakao (Biscaia) o 12 de febreiro de 1966, é membro dirixente da banda terrorista ETA condenado pola xustiza pola súa participación en diversos crimes, como os asasinatos de varios políticos do Partido Popular. Tamén é coñecido polos alias "Jon", "Xabier" e "Otsagi", entre outros. Formaba parte da "á máis dura" da banda terrorista, sen ter amosado nunca arrepentimento polos seus actos nin ter condenado os da banda.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0,0,0,26,0,0,0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    La vaquilla

    La vaquilla

    La vaquilla é un filme español dirixido por Luis García Berlanga que se estreou en 1985.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Mikel Merino

    Mikel Merino

    Mikel Merino Zazón, nado o 22 de xuño de 1996 en Pamplona, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é a Real Sociedad da Liga Santander.

    42 visitas (↓121 de onte)0,0,0,270,148,29,0,185,163, 42

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Armenteiros, Esperante, Taboada

    Armenteiros, Esperante, Taboada

    Armenteiros é un lugar da parroquia de Esperante no concello lugués de Taboada na comarca de Chantada. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 estaba deshabitado.

    42 visitas (↑42 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 42

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Tracto respiratorio

    Tracto respiratorio

    O tracto respiratorio é a parte do aparato respiratorio que conduce o aire aos alvéolos para que se realice alí o intercambio de gases respiratorio nos mamíferos. O tracto respiratorio está tapizado internamente polo epitelio respiratorio, que forma a mucosa respiratoria. O aire respirado entra polo nariz á cavidade nasal, onde unha capa de mucosa nasal actúa como filtro e atrapa partículas contaminantes e outras substancias nocivas que se atopan no aire.

    41 visitas (↑41 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Pablo Alborno

    Pablo Alborno

    Pablo Alborno Alfaro, nado en Asunción o 7 de xuño de 1875 e finado en San Lorenzo o 11 de xaneiro de 1958, foi un etnógrafo e pintor paraguaio de ascendencia italiana, considerado un dos principais retratistas e paisaxistas da historia pictórica paraguaia.

    41 visitas (↓9 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,50, 41

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Xabier Ron

    Xabier Ron

    Xosé Xabier Ron Fernández, nado en Lión o 14 de febreiro de 1969, é un profesor e político galego.

    41 visitas (↑41 de onte)474,218,175,34,67,0,35,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Lira (música)

    Lira (música)

    A lira (do latín «lyra», e este do grego «λύρα») é un instrumento de corda punteada primitiva, usado polos antigos, semellante a unha arpa pequena en forma de U ou de ábaco, cuxa orixe os gregos atribuíron a Hermes ou á musa Polimnia. Foi o instrumento musical que tangueu Orfeo e o que acompaña a Apolo como símbolo do estado cidadán, da cultura e da música. A lira é un instrumento musical que, como a arpa, tocábase coas dúas mans.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Orde Militar de Sant'Iago da Espada

    Orde Militar de Sant'Iago da Espada

    A Orde Militar de Sant'Iago da Espada, formalmente Ordem Militar Antiga, Nobre e Ilustrada de Sant'Iago da Espada, de Mérito Científico, Literario e Artístico, é unha orde honorífica portuguesa creada o 5 de xullo de 1175. Fundada como orde monástico-militar co nome de Orde de Santiago, tivo fins relixiosos, militares, señoriais e honoríficos até 1789, cando por Carta da Lei da Raíña María I foi secularizada e pasou a ser orde honorífica. Extinta en 1910, foi restaurada o 1 de decembro de 1918 baixo Sidónio Pais.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Sabela (Operación Triunfo)

    Sabela (Operación Triunfo)

    Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Fortnite: Battle Royale

    Fortnite: Battle Royale

    O Fortnite Battle Royale é un videoxogo de balde pertencente ó xénero de Battle Royale desenvolvido e publicado por Epic Games. Foi lanzado coma un título con acceso anticipado para o Microsoft Windows, o macOS, a PlayStation 4 e a Xbox One o 26 de setembro do 2017, para o iOS o 2 de abril do 2018, e para o Android o 9 de agosto do 2019. Foi lanzado na consola Nintendo Switch o 12 de xuño do 2018.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Jannik Sinner

    Jannik Sinner

    Jannik Sinner, nado o 16 de agosto de 2001 en San Candido,[Cómpre referencia] é un tenista italiano, profesional desde 2018. En novembro de 2020, gañou o torneo de Sofía aos 19 anos e converteuse no primeiro xogador nacido século XXI en gañar un título ATP e o italiano máis novo titulado na era Open . En 2023, gañou o seu primeiro título importante no Masters de Toronto .

    39 visitas (↑39 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Saint John's

    Saint John's

    Saint John's é a capital de Antiga e Barbuda, un país situado nas Antillas, no mar Caribe. Cunha poboación de 21.926 habitantes (2013), St. John's é o centro comercial do país e o principal porto da illa de Antiga.

    39 visitas (↑39 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Edmundo Bal

    Edmundo Bal

    Edmundo Bal Francés, nado en Huelva o 2 de xullo de 1967 é un político e avogado español, membro do Congreso dos Deputados por Cidadáns en representación de Madrid.

    39 visitas (↑39 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Zelda Fitzgerald

    Zelda Fitzgerald

    Zelda Fitzgerald (de solteira Sayre), nada en Montgomery (Alabama) o 24 de xullo de 1900 e finada en Asheville (Carolina do Norte) o 10 de marzo de 1948, foi unha novelista, bailarina e celebridade estadounidense, esposa do escritor F. Scott Fitzgerald. Converteuse nunha icona dos anos vinte, sendo alcumada polo seu esposo como “a primeira flapper dos Estados Unidos”. Despois do éxito da primeira novela do seu esposo, This Side of Paradise (1920), os Fitzgerald volvéronse celebridades.

    39 visitas (↑39 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Jude Bellingham

    Jude Bellingham

    Jude Victor William Bellingham, nado en Stourbridge, Inglaterra, Reino Unido, o 29 de xuño de 2003, máis coñecido como Jude Bellingham, é un futbolista británico que xoga de centrocampista no Real Madrid, da Primeira División de España.

    38 visitas (↓4 de onte)0,0,0,31,0,0,0,0,42, 38

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Xurxo Fernandes

    Xurxo Fernandes

    Xurxo Fernandes García, tamén coñecido como Jako el Muzicante, nado na Coruña, é un músico e investigador da música tradicional galega e sefardí.

    38 visitas (↑38 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Le Divisament dou monde

    Le Divisament dou monde

    Le Devisament dou Monde, segundo o seu título orixinal en francés antigo, ou, como é máis coñecido "Libro das marabillas do mundo" ou "As viaxes de Marco Polo", (Il Milione o Oriente Poliano en italiano), é un libro de viaxes do século XIII escrito por Rustichello da Pisa a partir de historias contadas por Marco Polo, que describen as viaxes de Polo por Asia entre 1276 e 1291, e as súas experiencias na corte de Kublai Khan. O libro foi escrito en francés antigo polo escritor Rustichello da Pisa, quen traballou a partir de relatos que ouvira de Marco Polo cando estiveron encarcerados xuntos en Xénova. Tanto na súa época como en tempos recentes houbo incredulidade sobre as historias ás veces fabulosas de Polo.

    38 visitas (↑38 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Baronzás, Xinzo de Limia, Xinzo de Limia

    Baronzás, Xinzo de Limia, Xinzo de Limia

    Baronzás é un lugar da parroquia de Xinzo de Limia, no concello ourensán de Xinzo de Limia. No ano 2022 tiña 182 habitantes, dos cales 80 eran homes e 102 mulleres. Baronzás (Santo André) é unha parroquia eclesiástica da Diocese de Ourense no arciprestado de Limia.

    37 visitas (↑37 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Augusto Pinochet

    Augusto Pinochet

    Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,0,0,238,153,117,78,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Historia da bicicleta

    Historia da bicicleta

    A historia da bicicleta remóntase ao século XV, cando apareceron os primeiros deseños de artefactos de cuxa evolución provén a actual bicicleta. Na corte de Lois XVI de Francia comezaron a utilizarse aparellos semellantes cun fin puramente lúdico. Máis adiante, tras a Revolución Industrial e a chegada de novos materiais, apareceron certos aparellos que son considerados os precursores directos da actual bicicleta.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Tamara Abalde

    Tamara Abalde

    Tamara Abalde Díaz, nada en Ferrol o 6 de febreiro de 1989, é unha ex xogadora de baloncesto galega. Mide 1,91 e xoga de ala-pivote no Durán Maquinaria Ensino e na selección española. É filla do ex xogador Alberto Abalde Rodríguez e irmá do tamén xogador Alberto Abalde Díaz.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Totó García

    Totó García

    Alberto García, coñecido como Totó ou Totó García, nado en Ferrol o 28 de xuño de 1983, é un actor galego de cinema porno.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Harvey Milk

    Harvey Milk

    Harvey Bernard Milk, nado en Nova York o 22 de maio de 1930 e finado en San Francisco o 27 de novembro de 1978, foi un político e activista norteamericano, o primeiro político abertamente gai elixido para un cargo público en California. Milk trasladouse dende Nova York ata San Francisco no ano 1972, coincidindo cun aumento do colectivo gai no Distrito Castro. Axudouse do crecemento político e do poder adquisitivo deste distrito para promover os seus intereses, presentándose a un cargo público en tres ocasións.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    34 visitas (↑34 de onte)26,23,70,27,33,687,86,32,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    The Impossible

    The Impossible

    The Impossible (en castelán: Lo imposible; en galego: O imposible) é un filme español de suspense dramático. Está dirixido por Juan Antonio Bayona, producido por Apaches Entertainment e Telecinco Cinema e protagonizado por Naomi Watts, Ewan McGregor, Tom Holland e Samuel Joslin. A película nace a partir dunha historia real onde se recrea a experiencia dunha familia española no tsunami que devastou a costa do Sueste Asiático en 2004 e que causou a morte de centos de miles de persoas.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Lista de bandeiras de España

    Lista de bandeiras de España

    Esta é unha lista de bandeiras que algunha vez foron oficiais en España. Para máis información sobor o pavillón nacional, visite o artigo Bandeira de España.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Ricardo Rodríguez Araya

    Ricardo Rodríguez Araya

    Ricardo Iván Rodríguez Araya, nado en Zürich o 25 de agosto de 1992, é un futbolista suízo de orixe galega e chilena. Xoga habitualmente de lateral esquerdo, aínda que a súa polivalencia permitiulle xogar en ocasións noutras posicións como central, dobre pivote ou extremo esquerdo. O seu equipo actual é o Betis, da Primeira División de España.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0,0,0,40,0,0,0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    María Jesús Montero

    María Jesús Montero

    María Jesús Montero Cuadrado, nada o 4 de febreiro de 1966 en Sevilla, é unha política española, membro do PSOE. Foi nomeada ministra de Facenda do Goberno de España en xuño de 2018.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Casemiro

    Casemiro

    Carlos Henrique José Francisco Venâncio Casimiro, nado en São José dos Campos, São Paulo, o 23 de febreiro de 1992, coñecido deportivamente como Casemiro, é un futbolista brasileiro que xoga como centrocampista no Manchester United FC da Premier League inglesa. Tamén é internacional coa selección do Brasil.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Ecuatorianos en España

    Ecuatorianos en España

    A inmigración ecuatoriana en España refírese ao asentamento de cidadáns de Ecuador en España. Segundo datos de 2025, o número de persoas de Ecuador residentes en España, incluíndo as persoas con nacionalidade española, suman 468.751. Os ecuatorianos en España son a quinta comunidade da diáspora máis grande de España en 2025, segundo o INE de España.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    David Perdomo

    David Perdomo

    David Lendoiro Perdomo, coñecido artisticamente como David Perdomo, nado na Coruña o 19 de decembro de 1979, é un actor, humorista e cantante de punk, rock e heavy metal galego.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    31 visitas (↓45 de onte)0,0,0,0,0,27,28,73,76, 31

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Masturbación coas mamas

    Masturbación coas mamas

    A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.

    31 visitas (↓35 de onte)21,26,26,0,30,29,27,22,66, 31

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    31 visitas (↑31 de onte)28,40,42,25,0,40,26,22,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Chen Daoming

    Chen Daoming

    Chen Daoming, nado o 26 de abril de 1955 en Tianjin, é un actor chinés. Coñecido polo seu papel do derradeiro emperador da China, Puyi na serie de televisión chinesa Emperor of the Last Generation (末代皇帝), e do emperador Qin Shi Huang no filme Heroe.

    31 visitas (↓17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,48, 31

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Catedral de la Seu d'Urgell

    Catedral de la Seu d'Urgell

    A Catedral de la Seu d'Urgell, tamén chamada Catedral de Santa María de Urgell ou Catedral de Urgell, é un templo católico dedicado a Santa María situado en La Seu d'Urgell (Alt Urgell), sé catedralicia da diocese católica latina de Urgell. É a única catedral integramente románica de Cataluña, considerada un exemplar único dentro do románico catalán polas súas características italianizantes, altamente visibles na ornamentación da fachada e na galería aberta da cabeceira. O templo data do século XII e está presidido pola Virxe de Urgell, patroa da cidade.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Lg1do

    Lg1do

    Saúl Rodríguez Maroñas, nado en Santa Comba o 11 de marzo de 2008, e máis coñecido coma Lg1do, é un cantante galego de música urbana, trap e reguetón.

    30 visitas (↑30 de onte)0,20,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Roi Méndez Martínez

    Roi Méndez Martínez

    Roi Méndez Martínez, nado en Santiago de Compostela o 30 de setembro de 1993, é un cantante e guitarrista galego. Foi membro na Orquestra Olympus mais colleu sona nacional en 2017 cando foi escollido para entrar na novena edición de Operación Triunfo da TVE. O seu primeiro sinxelo, Por una vez más, acadou o Nº1 no iTunes e en tendencias no 2018 en YouTube.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Elvira Fernández Balboa

    Elvira Fernández Balboa

    Elvira Fernández Balboa, chamada Viri, nada en Pontevedra en 1965, é unha empresaria galega, famosa por ser a muller de Mariano Rajoy, expresidente do Goberno de España.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,82,34,26,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Daniel Buján

    Daniel Buján

    José Daniel Buján Núñez, nado na Coruña o 25 de abril de 1954, é un escritor, bibliotecario e xestor cultural galego.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Xosé Neira Vilas

    Xosé Neira Vilas

    Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,265,223,117,37,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Lola Índigo

    Lola Índigo

    Miriam Doblas Muñoz, nada en Madrid o 1 de abril de 1992, popularmente coñecida como Lola Índigo, é unha cantante e bailarina española. O seu primeiro sinxelo "Ya no quiero ná" alcanzou a certificación de dobre disco de platino en decembro de 2018.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Anxo Rodríguez

    Anxo Rodríguez

    Anxo Rodríguez Álvarez, nado en Pontevedra o 10 de marzo de 2007, é un futbolista galego que xoga como defensa no Celta de Vigo Fortuna e nas categorías inferiores da selección española de fútbol.

    29 visitas (↓62 de onte)0,38,0,0,0,28,0,0,91, 29

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Marcelle, A Baña

    Marcelle, A Baña

    Santa Cristina de Marcelle é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 164 habitantes (81 homes e 83 mulleres), 65 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Máquina comecartos

    Máquina comecartos

    Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

    28 visitas (↓16 de onte)25,24,24,30,0,0,38,0,44, 28

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Terminator Genisys

    Terminator Genisys

    Terminator Genisys é un filme estadounidense de 2015 de acción e ciencia ficción, dirixido por Alan Taylor, e escrito por Laeta Kalogridis e Patrick Lussier. O filme é o quinto da franquía Terminator, e retoma a historia básica do filme orixinal orientándoo cara a outra dirección. Está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, quen retoma o papel de Terminator (logo da súa ausencia en Terminator Salvation de 2009), xunto con Jason Clarke, Emilia Clarke, Jai Courtney, J. K. Simmons, Dayo Okeniyi, Matt Smith, Courtney B. Vance e Lee Byung-hun.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Amador Rodríguez Guerra

    Amador Rodríguez Guerra

    Amador Rodríguez Guerra, nado no Canedo (Monfero) en 1894 e finado Eirexalba (O Incio) o 19 de agosto de 1936, foi un agrarista e político galego.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Río Arno

    Río Arno

    O Río Arno é un curso fluvial de Italia. Nace nos Apeninos e percore 241 km de lonxitude pasando polas cidades de Florencia e Pisa antes de desembocar no Mar Tirreno.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️