Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
O cabo Cañaveral (en inglés: Cape Canaveral) é un cabo situado na costa leste do estado de Florida ó norte da cidade homónima. É amplamente coñecido por ser, dende 1950, o principal centro das actividades espaciais dos Estados Unidos. Dende o punto de vista xeográfico é un estreito promontorio que se estende sobre o océano Atlántico.
O ácido glicólico (tamén chamado ácido hidroacético ou ácido hidroxiacético); coa fórmula química C2H4O3 (tamén escrita HOCH2CO2H), é o menor dos α-hidroxiácidos (AHA). Este sólido cristalino inodoro e higroscópico é moi soluble en auga. Encóntrase nalgunhas plantas de cultivo agrícolas produtoras de azucre.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As torres de Oeste, ou Castellum Honesti, son un sitio arqueolóxico composto polas ruínas consolidadas dunhas torres de orixe romana que serviron de enclave fundamental para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media. Trátase dun castelo de acceso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional. Sitúase na confluencia do río Ulla e a ría de Arousa, na parroquia de Oeste, concello de Catoira.
Arma branca é aquela arma ou ferramenta que se caracteriza pola súa capacidade de cortar, ferir ou punzar mediante bordos afiados. Caracterízase así mesmo por empuñarse en combate, e, por tanto, úsase en pelexa corpo a corpo, aínda que algunha pode ser unha arma arreboladiza. A diferenza das armas de fogo, unha arma branca non require ser cargada nin con munición nin con propelente.
Hippomane mancinella é unha especie de planta anxiosperma da familia das euforbiáceas. A súa distribución nativa é a zona tropical que vai do sur de América do Norte ata o norte de América do Sur. O epíteto do nome científico mancinella procede da palabra castelá manzanilla (que usada aquí como diminutivo, significa 'pequena mazá'), pola súa semellanza superficial das súas froitas coas das maceiras.
Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.
Five Days (serie de televisión)
Five Days é unha serie de televisión dramática británica producida pola BBC en asociación con Home Box Office (HBO). A primeira tempada transmitiuse por vez primeira en BBC One do 23 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2007, e repetiuse en BBC Four do 9 ao 13 de abril de 2007. A primeira tempada segue cinco días non consecutivos (días 1, 3, 28, 33 e 79) dunha investigación policial sobre o caso da desaparición dunha nai e os seus dous fillos.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Está considerado un dos mellores xogadores do mundo e ostenta o récord de maior número de goles anotados nunha mesma tempada da Premier League, con 36.
O tracto respiratorio é a parte do aparato respiratorio que conduce o aire aos alvéolos para que se realice alí o intercambio de gases respiratorio nos mamíferos. O tracto respiratorio consta dunha serie de cavidades e tubos e está tapizado internamente polo epitelio respiratorio, que forma a mucosa respiratoria. O aire respirado entra polo nariz á cavidade nasal, onde unha capa de mucosa nasal actúa como filtro e atrapa partículas contaminantes e outras substancias nocivas que se atopan no aire.
Germán Alejandro Garmendia Aranis, nado en Copiapó o 25 de abril de 1990, é un YouTuber, cantautor, humorista e escritor chileno. Fíxose famoso pola súa canle de YouTube HolaSoyGerman, onde subía vídeos humorísticos sobre situacións cotiás. En 2013, creou a súa canle de videoxogos, JuegaGerman, que acabaría por superar a súa canle anterior en subscritores.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Susumu Tonegawa (利根川 進) é un científico xaponés nado en 1939 que foi galardoado en solitario co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1987 polo seu descubrimento da recombinación V(D)J, o mecanismo xenético que produce a diversidade dos anticorpos. Aínda que gañou o premio Nobel polo seu traballo en inmunoloxía, Tonegawa é un biólogo molecular por formación, aínda que cambiou o campo no que investigaba despois de recibir o Nobel; agora estuda neurociencia, examinando a base molecular, celular e neuronal da formación e recuperación da memoria.
A Illa de Vionta (A Vionta) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a un quilómetro e medio desa illa. É alongada e baixa, conformándose como unha das illas máis senlleiras de Galicia debido á gran praia que se forma en toda a metade Sur do seu pequeno territorio insular (11,5 hectáreas). Esta praia achega areas que cobren case toda a illa, agás a súa parte norte, que é rochosa, creando dunas que superan os 10 metros de altura.
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
A Fundación Amadeu Antonio, en alemán Amadeu Antonio Stiftung (AAS) é unha fundación (Stiftung) alemá sen ánimo de lucro de dereito civil con sede en Heidelberg e oficina en Berlín. Foi fundada en 1998 por iniciativa de Anetta Kahane e leva o nome de Amadeu Antonio Kiowa, unha das primeiras vítimas da violencia de extrema dereita en Alemaña desde a reunificación en 1990. A fundación quere fortalecer a sociedade civil en Alemaña contra o antisemitismo, o racismo e o extremismo de dereitas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Sarazm (taxico Саразм) é unha antiga cidade e tamén un xamoat no noroeste de Tadjiikistán. Data do IV milenio a.C., con C14 que van dende o 3900 ao 2100 a.C., e hoxe é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. O xamoat forma parte da cidade de Panjakent na Rexión de Sughd e ten unha poboación total de 27.877 habitantes (2015). Consta de 21 aldeas, incluíndo Chimqal'a (a sede), Abdusamad, Bostondeh, Kamar, Kamar-Tash e Sohibnazar.
Partido Agrario Radical Gallego
O Partido Agrario Radical Gallego (PARG) foi un partido galego de carácter republicano, agrarista e autonomista fundado en xullo de 1931, dirixido por Amador Rodríguez Guerra. A súa zona de implantación limitábase a Pontedeume e comarca e a zona de influencia de Monforte de Lemos. Presentouse ás eleccións de sen conseguir obter representación parlamentaria.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
A existencia de vilas asolagadas no fondo de lagoas é un tema mitolóxico moi común nas tradicións orais, contos e lendas de numerosos países e culturas, incluíndo tamén a mitoloxía galega, con evidente sentido exemplarizante ou moralizante. Son lugares que foron asolagados baixo as augas como castigo divino ó seu comportamento malvado, pecadento e falto de hospitalidade e caridade, e non comprenden aquelas vilas e lugares que sufriron a mesma desaparición a consecuencia da construción dun encoro. O castigo pode ser consecuencia dunha mala acción individual ou colectiva.
Margot Elise Robbie, nada en Dalby, Queensland o 2 de xullo de 1990, é unha actriz australiana de cinema e televisión. Robbie comezou a súa carreira en filmes independentes australianos a finais da década do 2000. Posteriormente, formaría parte da serie de televisión Veciños (2008–2011), coa que gañou dous nomeamentos ós Premios Logie.
Roi Méndez Martínez, nado en Santiago de Compostela o 30 de setembro de 1993, é un cantante e guitarrista galego. Foi membro na Orquestra Olympus mais colleu sona nacional en 2017 cando foi escollido para entrar na novena edición de Operación Triunfo da TVE. O seu primeiro sinxelo, Por una vez más, acadou o Nº1 no iTunes e en tendencias no 2018 en YouTube.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Otelo Nuno Romão Saraiva de Carvalho, nado en Lourenço Marques (Maputo), Mozambique, o 31 de agosto de 1936 e finado en Lisboa, Lumiar, o 25 de xullo de 2021, foi un coronel portugués de artillaría, sendo o principal estratego do 25 de abril de 1974. Responsable do sector operativo do Comité Coordinador e Executivo do Movemento de Capitáns, preparou o plan de operacións militares para o 25 de abril de 1974. Tamén dirixiu operacións con outros soldados, desde o posto de Pontinha, no Rexemento de Enxeñaría nº 1, onde estivo desde finais da tarde do 24 de abril ata o 26 de abril de 1974.
Caixa de Aforros Municipal de Vigo
A Caixa de Aforros e Monte de Piedade Municipal de Vigo, renomeada Caixavigo na súa última etapa, foi unha entidade financeira galega con sede en Vigo, fundada en 1880 por iniciativa do concello da cidade co obxectivo de fomentar o aforro popular e facilitar o acceso ao crédito entre as clases traballadoras. Ao longo da súa historia converteuse nunha das principais institucións financeiras de Galicia, desenvolvendo unha intensa actividade bancaria e de obra social. No ano 2000 integrouse en Caixanova, entidade resultante da fusión coa Caixa de Aforros Provincial de Ourense e a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.
Catedral de San Martiño de Ourense
A catedral de Ourense, baixo a advocación de san Martiño, é un templo católico situado na cidade de Ourense, sede da diocese do mesmo nome. É de estilo románico de transición con influencias cistercienses nalgúns aspectos arquitectónicos e mateanos no eido escultural, pero no que se realizaron numerosas modificacións posteriores. O templo foi construído como unha fortaleza defensiva, como adoitaba facerse nos edificios relixiosos da época.
Palenque de San Basilio ou San Basilio de Palenque é unha corrixidoría do municipio de Mahates, departamento de Bolívar, Colombia; sito nas faldras dos Montes de María a 50 km da cidade de Cartaxena de Indias. Ten unha poboación de aproximadamente 3.500 persoas e limita cos municipios de Malagana, San Cayetano, San Pablo, Palenquito. Palenque foi fundado por escravos fuxidos principalmente de Cartaxena de Indias no século XV e liderados por Benkos Biohó; o seu illamento permitiulles manter a maioría das tradicións culturais africanas en Colombia (música, prácticas médicas, organización social, ritos fúnebres etc) e incluso desenvolveron unha lingua crioula, mestura do español con linguas africanas orixinarias, denominada palenquero.
Alvin Langdon Coburn, nado o 11 de xuño de 1882 en Boston, Massachusetts e finado o 23 de novembro de 1966, foi un fotógrafo de principios do século XX que se converteu nunha figura clave no desenvolvemento do pictorialismo estadounidense. Foi o primeiro gran fotógrafo en salientar o potencial visual de puntos de vista elevados e posteriormente realizou algunhas das primeiras fotografías completamente abstractas.
Francisco Javier García Gaztelu
Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, nado en Galdakao (Biscaia) o 12 de febreiro de 1966, é membro dirixente da banda terrorista ETA condenado pola xustiza pola súa participación en diversos crimes, como os asasinatos de varios políticos do Partido Popular. Tamén é coñecido polos alias "Jon", "Xabier" e "Otsagi", entre outros. Formaba parte da "á máis dura" da banda terrorista, sen ter amosado nunca arrepentimento polos seus actos nin ter condenado os da banda.
Mikhailovsk (en ruso: Миха́йловск) é unha cidade do krai de Stavropol, Rusia, localízase a 12 quilómetros ao nordés de Stavoprol, nas ribeiras do río Tashla. A súa poboación é de 59.100 habitantes (2005). Fundada en 1784, foi un posto militar cosaco, a partir de 1870 perdeu o seu significado militar despois da conquista rusa do sur do Cáucaso.
Inside Out é un filme estadounidense de animación, comedia e drama producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Dirixido e coescrito por Pete Docter. O filme foi codirixido e coescrito por Ronnie del Carmen e producido por Jonas Rivera, con música de Michael Giacchino.
Siro López Fernández, nado en Sarria o 20 de marzo de 1956, é un xornalista deportivo galego. Especializado en baloncesto e fútbol, foi xefe de prensa do Deportivo da Coruña e ten traballado en diferentes medios de comunicación nacionais, tanto de narrador deportivo como presentador ou colaborador.
A Estación de Ourense, tamén coñecida como Ourense-Empalme, é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2023 rexistrou un tráfico de 2.082.576 pasaxeiros, sendo a terceira estación con maior número de viaxeiros de Galicia por detrás das de Santiago e A Coruña.
Disashop é unha empresa galega con sede en Oleiros e Coirós adicada á comercialización de servizos tecnolóxicos, equipamento para pagamentos en liña, recargas telefónicas ou comercialización de electrónica. Ten delegacións na República Dominicana, o Perú, Colombia e Ecuador. Disashop ten 20.000 puntos de venda en todo o mundo dende onde se procesan 350.000 operacións comerciais ao día.
A inmigración ecuatoriana en España refírese ao asentamento de cidadáns de Ecuador en España. Segundo datos de 2025, o número de persoas de Ecuador residentes en España, incluíndo as persoas con nacionalidade española, suman 468.751. Os ecuatorianos en España son a quinta comunidade da diáspora máis grande de España en 2025, segundo o INE de España.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.