Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Aymeric Laporte

    Aymeric Laporte

    Aymeric Laporte, nado en Agen (Lot e Garona) o 27 de maio de 1994, é un futbolista vasco-francés que forma parte do Manchester City F.C., da Premier League inglesa.

    182 visitas (↑182 de onte)0,43,0,0,0,72,0,0,0, 182

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    130 visitas (↓75 de onte)37,177,95,40,143,168,163,141,205, 130

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Kylian Mbappé

    Kylian Mbappé

    Kylian Mbappé Lottin, nado o 20 de decembro de 1998 en París, é un futbolista francés. Xoga de dianteiro para o Real Madrid CF. Ademais, é internacional coa selección francesa.

    125 visitas (↑92 de onte)26,0,0,0,161,44,44,0,33, 125

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Leitza

    Leitza

    Leitza é un concello de Navarra, na comarca de Leitzaldea, dentro do meiriñado de Pamplona.

    124 visitas (↑124 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 124

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Vero Boquete

    Vero Boquete

    Verónica Boquete Giadáns, coñecida como Vero Boquete, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Como 1907, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.

    124 visitas (↑124 de onte)0,75,0,0,0,53,0,0,0, 124

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Erik Ruiz

    Erik Ruiz

    Erik Ruiz Álvarez, nado en Bilbao o 8 de marzo de 1995, é un é un futbolista vasco, que xoga como defensa central no Unionistas, da Primeira División RFEF.

    87 visitas (↑87 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 87

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Monicreque (Internet)

    Monicreque (Internet)

    Monicreque é un termo pexorativo para unha identidade falsa usada para fins fraudulentos dentro dunha comunidade de Internet. De acordo con Word Spy: Nos casos máis simples, un monicreque defende ou eloxia ó seu titereiro. O que teñen en común non é só publicar algo baixo un alias, senón ocultar a verdadeira motivación que hai trala opinión expresada.

    82 visitas (↑82 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 82

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal

    Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).

    82 visitas (↑32 de onte)0,98,32,0,0,67,34,0,50, 82

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Plaxio

    Plaxio

    O plaxio é o acto de asinar, presentar e publicar unha obra intelectual de calquera natureza (texto, música, obra pictórica, fotografía, obra audiovisual etc) contendo partes dunha obra que pertenza a outra persoa sen o permiso do autor. No acto de plaxio, aprópiase indebidamente da obra intelectual doutra persoa, asumindo a autoría.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Movimento da Resistência Ariana

    Movimento da Resistência Ariana

    O Movimento da Resistência Ariana (Gallaecia) foi un movemento nazi que existiu en Galicia. Este movemento era supremacista branco e nacionalista galego e existiu entre o ano 2001, orixinalmente como un sitio web, até comezos da década de 2010.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Piñeira de Arcos, Sandiás

    Piñeira de Arcos, Sandiás

    San Xoán de Piñeira de Arcos é unha das tres parroquias que forman parte do concello de Sandiás, situado na comarca da Limia, provincia de Ourense. Segundo o INE, en 2025 tiña 354 habitantes (171 homes e 183 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 435 habitantes.

    76 visitas (↑76 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 76

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Alcaldes da Coruña

    Alcaldes da Coruña

    76 visitas (↑76 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 76

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Lambda

    Lambda

    Lambda é a décimo primeira letra do alfabeto grego (λάμβδα). Representa o son /l/, e adoita transcribirse como l. Provén da letra do alfabeto fenicio lāmed.

    75 visitas (↑75 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 75

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Didier Deschamps

    Didier Deschamps

    Didier Deschamps, nado o 15 de outubro de 1968 en Baiona (Pireneos Atlánticos), é un exfutbolista e adestrador francés, que é o técnico da selección nacional desde 2012.

    74 visitas (↑74 de onte)0,0,0,0,32,0,0,0,0, 74

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Variante Espiritual do Camiño Portugués

    Variante Espiritual do Camiño Portugués

    A Variante Espiritual do Camiño Portugués é unha ruta alternativa do Camiño Portugués que, ademais, enlaza este itinerario coa Ruta do Mar de Arousa. Foi deseñada en 2013 pola Mancomunidade do Salnés e a Deputación de Pontevedra. Comeza á saída da cidade de Pontevedra e percorre os mosteiros de Poio, da Armenteira (en Meis) e os restos do de Cálago (en Vilanova de Arousa).

    71 visitas (↑71 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 71

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Timothée Chalamet

    Timothée Chalamet

    Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).

    70 visitas (↑70 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 70

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    69 visitas (↓6 de onte)57,36,84,84,60,75,55,49,75, 69

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Lista de encoros de Galicia

    Lista de encoros de Galicia

    Esta é unha lista de encoros de Galicia, ordenada por provincias e cos nomes dos ríos nos que se atopan. A maior parte deles son de aproveitamento hidroeléctrico, e algúns outros son para o consumo de auga potable nos núcleos urbanos.

    68 visitas (↑68 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 68

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Pitch Black

    Pitch Black

    Pitch Black é un filme estadounidense dirixido por David Twohy que se estreou no ano 2000.

    67 visitas (↑67 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 67

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    José María González Santos

    José María González Santos

    José María González Santos, coñecido como Kichi, nado en Rotterdam o 22 de setembro de 1975, é un profesor e político español que exerceu como alcalde de Cádiz entre 2015 e 2023. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Cádiz.

    63 visitas (↑63 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 63

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Concello de Benito Juárez, Quintana Roo

    Concello de Benito Juárez, Quintana Roo

    Benito Juárez é un concello do Estado de Quintana Roo, en México. Limita ao norte con Isla Mujeres, ao sur con Puerto Morelos, ao leste con o Mar Caribe e ao oeste con Lázaro Cárdenas e Puerto Morelos. Abrangue unha superficie de 83,80 km², e a súa poboación era de 56 243 habitantes no ano 2010.

    63 visitas (↑63 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 63

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Acrocordón

    Acrocordón

    Un acrocordón, é un pequeno tumor benigno que se forma principalmente en áreas onde a pel forma pregues (ou roza), como o pescozo, a axila e as inguas. Tamén poden aparecer na cara, xeralmente nas pálpebras.

    62 visitas (↑62 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 62

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Kanikama

    Kanikama

    Os kanikama (marca vulgarizada), ou palillos de cangrexo, comercializados nos países de lingua castelá como palitos de cangrejo, tronquitos de Alaska, bocas de mar etc. e nos lusófonos como delícias do mar, son un tipo de alimento procesado en forma de pequeno bastón feito con carne de peixe, e sabor imitando ao de carne de cangrexo típico do Xapón. En xaponés a palabra kani significa cangrexo e deu orixe ao nome do produto porque está aromatizado con extracto ou carne dalgunhas especies destes crustáceos.

    61 visitas (↑61 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 61

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Mordred

    Mordred

    Mordred, en galés Medraut e en galego-portugués medieval Morderet, é unha figura lendaria da Bretaña que ficou coñecida pola súa traizón ao loitar contra o Rei Artur na Batalla de Camlann, onde el morreu e Artur ficou fatalmente ferido. O seu nome significa "mau consello".

    61 visitas (↑61 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 61

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Lionor de Viseu

    Lionor de Viseu

    Lionor de Viseu, nada en Beja no 2 de maio de 1458 e finada en Lisboa no 17 de novembro de 1525, foi infanta de Portugal e raíña consorte de Portugal entre 1481 e 1495.

    61 visitas (↑61 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 61

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Madilu System

    Madilu System

    Jean de Dieu Bialu Makiese, máis coñecido por Madilu System ou Madilu Bialu System, nado en Kinshasa en 1950 e finado na mesma cidade o 11 de agosto de 2007, foi un músico e cantante congolés. Foi alcumado coma "o rei da rumba congolesa" e tamén era coñecido polos nomes de "Ramsés II" e "Grand Ninja".

    60 visitas (↑60 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 60

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Sam Neill

    Sam Neill

    Nigel John Dermot "Sam" Neill, nado en Omagh (Irlanda do Norte) o 14 de setembro de 1947 e finado en Sydney (Nova Gales do Sur, Australia) o 13 de xullo de 2026, foi un actor neozelandés de orixe irlandesa.

    59 visitas (↓185 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,244, 59

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Luis Goytisolo

    Luis Goytisolo

    Luis Goytisolo Gai, nado en Barcelona o 17 de marzo de 1935 e finado o 12 de xullo de 2026 en Vimbodí i Poblet, foi un novelista español, coñecido principalmente pola súa tetraloxía Antagonía. En 2013 foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas.

    59 visitas (↑59 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 59

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Reino de Islandia

    Reino de Islandia

    O Reino de Islandia (en islandés: Konungsríkið Ísland) foi unha monarquía constitucional establecida o 1 de decembro de 1918 e finalizada o 17 de xuño de 1944, cando se proclamou a república en Islandia. O reino de Islandia foi sucesor do Estado autónomo islandés e representou a fin da loita pola independencia de Islandia, que fora controlada pola coroa dinamarquesa desde 1380, aínda que formalmente fora unha posesión norueguesa ata 1814. A Acta de Unión de 1918 estableceu unha unión persoal de Islandia co rei de Dinamarca, quen pasou a ser tamén rei de Islandia.

    58 visitas (↑58 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 58

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Sofista

    Sofista

    Sofistas é o nome con que actualmente se coñece a un grupo de respectados autores que arredor do século V a.C. percorría as cidades da Antiga Grecia intercambiando as súas ensinanzas por diñeiro. Denominábanse a si mesmos sabios (sophoi), e o saber en que dicían ser expertos era a Sofística, e referíase ao comportamento moral e político do ser humano.

    57 visitas (↑57 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 57

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Cidade da Cultura de Galicia

    Cidade da Cultura de Galicia

    A Cidade da Cultura de Galicia (CDC) é un complexo arquitectónico que se atopa no monte Gaiás, na cidade de Santiago de Compostela, pertencente á Xunta de Galicia. As funcións dos edificios son múltiples, dende a Biblioteca e Arquivo de Galicia ou o Museo Centro Gaiás que se adican á difusión, conservación e investigación cultural, a edificios como o CINC ou o CEM, centrados na tecnoloxía e o emprendemento empresarial. Ten tamén unha extensa rede de áreas verdes para practicar deporte e pasar tempo de lecer.

    57 visitas (↑57 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 57

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Simón bar Kokhba

    Simón bar Kokhba

    Simón bar Kokhba (hebreo: שמעון בר כוכבא), nado como Simón ben Kosevah, foi o líder da revolta xudía que leva o seu nome, contra o Imperio Romano no ano 132. Estableceu un estado xudeu independente na provincia de Xudea, no que gobernou durante tres anos levando o título de Nasi. O seu estado foi conquistado polas forzas do emperador Hadriano no ano 135 tras unha guerra de dous anos e medio.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Fátima Iglesias

    Fátima Iglesias

    Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Cubla

    Cubla

    Cubla é un concello da provincia de Teruel, situado na comunidade de Teruel. Ten unha superficie de 48.6 km² e segundo o INE posúe 45 habitantes (2005). Atópase nas abas da serra de Xalambre.

    53 visitas (↑53 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 53

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Freaza, Traspielas, Fornelos de Montes

    Freaza, Traspielas, Fornelos de Montes

    Freaza é un lugar da parroquia de Traspielas, no concello pontevedrés de Fornelos de Montes na comarca de Vigo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 84 habitantes (42 homes e 42 mulleres).

    52 visitas (↑52 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 52

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Marcador conversacional

    Marcador conversacional

    Os marcadores conversacionais son uns dos marcadores do discurso xunto cos estruturadores da información, conectores, reformuladores, e operadores argumentativos. Distínguense dos marcadores da lingua escrita en que á súa función 'informativa' ou 'transaccional' suman outra función 'interactiva' ou 'interaccional' orientada cara ao interlocutor. Na conversa hai, pois, que distinguir 'modalidades' fronte a 'contidos proposicionais', ou, na terminoloxía dos chamados 'actos de fala', a forza ilocutiva dos contidos locutivos.

    52 visitas (↑52 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 52

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Xabier Ron

    Xabier Ron

    Xosé Xabier Ron Fernández, nado en Lión o 14 de febreiro de 1969, é un profesor e político galego.

    52 visitas (↑9 de onte)175,34,67,0,35,0,0,41,43, 52

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Lista de nomes femininos en galego

    Lista de nomes femininos en galego

    Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.

    51 visitas (↑11 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,40, 51

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Georges J. F. Köhler

    Georges J. F. Köhler

    Georges Jean Franz Köhler ([ˈʒɔʁʃ ˈkøːlɐ], Georges Köhler en alemán), nado o 17 de abril de 1946 e finado o 1 de marzo de 1995, foi un biólogo e inmunólogo alemán que recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1984 compartido con César Milstein e Niels Kaj Jerne "por teorías sobre a especificidade no desenvolvemento e control do sistema inmunitario e o descubrimento dos principios para a produción de anticorpos monoclonais". Köhler e Milstein desenvolveron a técnica do hibridoma, un método para producir anticorpos monoclonais de especificidade predefinida fusionando células B produtoras de anticorpos con células inmortais de mieloma. A técnica foi unha ferramanta básica en inmunoloxía, bioloxía celular, biotecnoloxía, diagnósticos médicos e terapéutica baseada en anticorpos.

    50 visitas (↑50 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 50

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    50 visitas (↑50 de onte)24,23,46,36,32,33,0,0,0, 50

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Silvia Pérez Freire

    Silvia Pérez Freire

    Silvia Pérez Freire é unha socióloga galega especializada en xénero, violencia e sexualidade.

    48 visitas (↑48 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 48

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Baroncelle, Abadín

    Baroncelle, Abadín

    Santiago de Baroncelle é unha parroquia pertencente ao concello de Abadín. Segundo datos do IGE, en 2023 tiña 129 habitantes (65 homes e 64 mulleres). Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2015, cando vivían nas súas 12 entidades de poboación 158 veciños (87 homes e 71 mulleres).

    48 visitas (↑48 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 48

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Ana Ferradás Barrera

    Ana Ferradás Barrera

    Ana Ferradás Barrera, nada en Ribadeo o 18 de xullo de 1963, é unha atleta galega tricampioa de España dos 100 km en 2006, 2007 e 2008. Sinalou que na súa experiencia no mundo do deporte viviu a desigualdade de xénero.

    47 visitas (↑2 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,45, 47

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Mikel Merino

    Mikel Merino

    Mikel Merino Zazón, nado o 22 de xuño de 1996 en Pamplona, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é a Real Sociedad da Liga Santander.

    47 visitas (↑47 de onte)0,270,148,29,0,185,163,42,0, 47

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    47 visitas (↓18 de onte)81,32,48,44,35,239,226,105,65, 47

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    46 visitas (↑5 de onte)0,0,0,0,0,0,0,36,41, 46

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Selección de fútbol de España

    Selección de fútbol de España

    A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. A selección española participou en 16 das 22 edicións da Copa do Mundo e é unha das oito seleccións campioas do torneo, grazas ao seu triunfo na edición de 2010 celebrada en Suráfrica. A nivel continental, é a selección con máis títulos da Eurocopa, competición que gañou en catro ocasións (1964, 2008, 2012 e 2024). Os éxitos conseguidos entre o 2008 e o 2012 e o nivel de xogo amosado polo combinado español, levou a que moitos expertos e analistas consideren a selección dese período como un dos mellores equipos da historia do fútbol.

    46 visitas (↑46 de onte)0,25,0,30,0,50,0,0,0, 46

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    César Milstein

    César Milstein

    César Milstein (nado o 8 de outubro de 1927; finado o 24 de marzo de 2002) foi un bioquímico arxentino nacionalizado británico (mantendo a dobre nacionalidade), que investigou no campo dos anticorpos. Milstein recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1984 compartido con Niels Kaj Jerne e Georges J. F. Köhler polo desenvolvemento da técnica dos hibridomas para a produción de anticorpos monoclonais.

    45 visitas (↑45 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 45

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Mauro Scaloni

    Mauro Scaloni

    Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.

    45 visitas (↓10 de onte)0,0,0,0,0,28,64,47,55, 45

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Lista de nomes masculinos en galego

    Lista de nomes masculinos en galego

    Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.

    45 visitas (↓1 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,46, 45

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Telediario

    Telediario

    Telediario é o programa informativo de La 1 de Televisión Española, cuxa primeira emisión produciuse o día 15 de setembro de 1957 desde os estudios do Paseo de la Habana de Madrid, sendo conducido por Jesús Álvarez. O Telediario, con tres edicións diarias, unha matinal de longa duración e dúas de 1 hora, informa das noticias máis relevantes nos ámbitos nacional, internacional, social e deportes. A súa calidade informativa supúxolle ser considerado como un dos mellores informativos do mundo (a súa segunda edición foi elixida como o mellor en 2009 e como o segundo mellor en 2010).

    44 visitas (↑44 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 44

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Ester Expósito

    Ester Expósito

    Ester Expósito, nada en Madrid o 26 de xaneiro de 2000, é unha actriz española de cine e televisión, coñecida por interpretar a Carla Rosón Caleruega na serie de Netflix Élite (2018) e a Cayetana Aldama en Alguien tiene que morir (2020).

    44 visitas (↑44 de onte)0,0,0,0,36,28,0,0,0, 44

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Elvira Fernández Balboa

    Elvira Fernández Balboa

    Elvira Fernández Balboa, chamada Viri, nada en Pontevedra en 1965, é unha empresaria galega, famosa por ser a muller de Mariano Rajoy, expresidente do Goberno de España.

    44 visitas (↓15 de onte)0,82,34,26,0,0,0,30,59, 44

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Villaescusa, Cantabria

    Villaescusa, Cantabria

    Villaescusa é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado no arco sur da Baía de Santander e integrado na comarca de Santander. Limita polo norte con El Astillero, polo oeste con Piélagos e Castañeda, polo sur con Santa María de Cayón e polo leste con Medio Cudeyo e Penagos.

    44 visitas (↑44 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 44

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Rafael Louzán

    Rafael Louzán

    Rafael Louzán Abal, nado en Ribadumia o 21 de novembro de 1967, é un político e empresario galego. Dende 2014 é o presidente da Real Federación Galega de Fútbol e dende decembro de 2024 preside tamén a Real Federación Española de Fútbol.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Eurocopa de Fútbol de 2024

    Eurocopa de Fútbol de 2024

    O Campionato de Europa de Fútbol da UEFA 2024, máis coñecido coma Eurocopa de Fútbol 2024 ou Euro 2024, foi a décimo sétima edición do Campionato Europeo da UEFA, torneo internacional de fútbol cuadrienal organizado pola UEFA para os equipos nacionais masculinos das súas asociacións membros. Alemaña foi o país anfitrión do campionato, que tivo lugar entre o 14 de xuño até o 14 de xullo de 2024. O torneo contou coa participación de 24 equipos, con Xeorxia facendo o seu debut no campionato.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0,0,0,0,23,0,0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Orde Militar de Sant'Iago da Espada

    Orde Militar de Sant'Iago da Espada

    A Orde Militar de Sant'Iago da Espada, formalmente Ordem Militar Antiga, Nobre e Ilustrada de Sant'Iago da Espada, de Mérito Científico, Literario e Artístico, é unha orde honorífica portuguesa creada o 5 de xullo de 1175. Fundada como orde monástico-militar co nome de Orde de Santiago, tivo fins relixiosos, militares, señoriais e honoríficos até 1789, cando por Carta da Lei da Raíña María I foi secularizada e pasou a ser orde honorífica. Extinta en 1910, foi restaurada o 1 de decembro de 1918 baixo Sidónio Pais.

    42 visitas (↑42 de onte)0,0,0,0,0,0,0,40,0, 42

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Mundial de Fútbol de 2026

    Mundial de Fútbol de 2026

    A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.

    41 visitas (↑41 de onte)35,44,44,32,0,32,0,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Lola Índigo

    Lola Índigo

    Miriam Doblas Muñoz, nada en Madrid o 1 de abril de 1992, popularmente coñecida como Lola Índigo, é unha cantante e bailarina española. O seu primeiro sinxelo "Ya no quiero ná" alcanzou a certificación de dobre disco de platino en decembro de 2018.

    41 visitas (↑41 de onte)0,0,0,0,0,0,0,29,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Guerra franco-prusiana

    Guerra franco-prusiana

    A guerra franco-prusiana que enfrontou a Francia e Alemaña entre o 19 de xullo de 1870 e o 28 de xaneiro de 1871 e que significou a fundación do Segundo Reich ou Unificación Alemá, e a perda de Alsacia e Lorena e do Segundo Imperio por parte da derrotada e humillada Francia.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    El Rubius

    El Rubius

    Rubén Doblas Gundersen, máis coñecido como «El Rubius» ou «Rubius», nado en Mijas o 13 de febreiro de 1990, é un videoprodutor na plataforma YouTube de orixe española. Na actualidade, é o youtuber máis seguido do seu país, a 21° canle máis seguida en lingua española e a 172° máis popular de YouTube a nivel global. A temática principal dos seus vídeos son os videoxogos comentados, tratados dun xeito humorístico.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,31,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    The Head on the Door

    The Head on the Door

    The Head on the Door é o sexto álbum de estudio da banda inglesa The Cure, editado o 26 de agosto de 1985. O álbum foi o primeiro en contar co batería Boris Williams, e tamén é o regreso de Simon Gallup e o primeiro traballo de Porl Thompson como membro oficial da banda. No ano 2006 o ábum foi reeditado por Universal, a través dos seus selos Fiction Records/Polydor Records, remasterizado dixitalmente con varias demos e cancións ao vivo da época.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    39 visitas (↑39 de onte)42,25,0,40,26,22,0,31,0, 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Momil

    Momil

    Momil é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Córdoba. Segundo o censo de 2025, tiña unha poboación de 21.271 habitantes.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Fernando Llorente

    Fernando Llorente

    Fernando Javier Llorente Torres, nado en Pamplona o 26 de febreiro de 1985, é un exfutbolista español que xogaba de dianteiro centro. Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa do Mundo en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.

    36 visitas (↑36 de onte)0,30,0,0,0,0,0,0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Victoria Beckham

    Victoria Beckham

    Victoria Beckham (de solteira Victoria Caroline Adams), nada en Harlow (Essex) o 17 de abril de 1974, é unha cantante, deseñadora de moda e escritora inglesa. Victoria Beckham foi parte integrante do grupo pop feminino Spice Girls, popularmente alcumada Posh Spice é tamén coñecida por estar casada co xogador de fútbol David Beckham. A súa carreira e matrimonio canda David Beckham levouna a se converter nunha das mulleres máis adiñeiradas de Gran Bretaña.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Rafael Baltar

    Rafael Baltar

    Rafael Baltar Tojo, nado en Santiago de Compostela o 31 de xaneiro de 1933 e finado na mesma cidade o 15 de decembro de 2004, foi un arquitecto galego .

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    NTT Data España

    NTT Data España

    NTT DATA España, anteriormente coñecida coma Everis é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis ten máis de 6.000 empregados e oficinas en España, Portugal, Italia, o Brasil, a Arxentina, México, Chile e Colombia.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Bandeira de Groenlandia

    Bandeira de Groenlandia

    A bandeira de Groenlandia (groenlandés: Kalaallit erfalasuat, dinamarqués: Grønlands flag) é un dos símbolos oficiais de Groenlandia, e foi deseñada polo nativo groenlandés Thue Christiansen. Represéntanse nela dúas bandas horizontais branca (enriba) e vermella, cun grande disco levemente movido a pouco do centro. A parte superior do disco é vermella, e a inferior branca.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Departamento de Chuquisaca

    Departamento de Chuquisaca

    O departamento de Chuquisaca é un dos nove departamentos nos que se divide administrativamente o territorio de Bolivia. A súa capital é a cidade de Sucre.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Kitsune

    Kitsune

    A palabra xaponesa kitsune (狐, Ja-Kitsune.oga ) significa raposo, animal que constitúe un elemento de singular importancia no folclore xaponés, até o punto en que a devandita palabra se utiliza tradicionalmente para nomear a un espírito do bosque con forma de raposo, cuxa función clásica é a de protexer bosques e aldeas. Segundo a mitoloxía xaponesa, o raposo é un ser intelixente que posúe habilidades máxicas, que se incrementan coa idade e a adquisición de coñecementos. A idade, sabedoría e poder dun kitsune son tamén maiores a medida que aumenta o número de colas, sendo o máis poderoso o kitsune de nove colas.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Copa do Mundo de Fútbol

    Copa do Mundo de Fútbol

    A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo ten dúas fases principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 48 seleccións nun período aproximado dun pouco máis dun mes. A primeira edición do Mundial organizouse en 1930 no Uruguai, coa vitoria da selección anfitrioa, e dende entón foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á segunda guerra mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Panteón de reis de Santo Isidoro de León

    Panteón de reis de Santo Isidoro de León

    O panteón dos reis de León, que se atopa ós pés da basílica de Santo Isidoro de León, é o lugar no que durante a Idade Media recibiron sepultura a maioría dos reis e raíñas do reino de León. É un espazo rectangular con pórtico, de arredor de oito metros de lado, con dous robustas columnas sobre as que se apoian sete arcos que dividen o espazo en tres naves. O ciclo pictórico que adorna os seus muros está considerado unha das obras cume do Románico español.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Jesús Cintora

    Jesús Cintora

    Jesús Ángel Cintora Pérez, nado en Ágreda (provincia de Soria) o 27 de xaneiro de 1977, é un xornalista e presentador de televisión castelán.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    David Beckham

    David Beckham

    David Robert Joseph Beckham, nado en Leytonstone (Londres) o 2 de maio de 1975, é un exfutbolista inglés. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección inglesa. Estivo en clubs como o Manchester United ou o Real Madrid.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Jorge Miguel Cocom Pech

    Jorge Miguel Cocom Pech

    Jorge Miguel Cocom Pech, nado en Calkiní, Campeche, México o 7 de marzo de 1952, é un escritor mexicano en maia iucateco.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Borja Iglesias

    Borja Iglesias

    Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.

    30 visitas (↑30 de onte)0,46,0,0,0,42,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Galiza

    Galiza

    30 visitas (↓30 de onte)0,0,0,0,0,0,67,0,60, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    San Basilio de Palenque

    San Basilio de Palenque

    Palenque de San Basilio ou San Basilio de Palenque é unha corrixidoría do municipio de Mahates, departamento de Bolívar, Colombia; sito nas faldras dos Montes de María a 50 km da cidade de Cartaxena de Indias. Ten unha poboación de aproximadamente 3.500 persoas e limita cos municipios de Malagana, San Cayetano, San Pablo, Palenquito. Palenque foi fundado por escravos fuxidos principalmente de Cartaxena de Indias no século XV e liderados por Benkos Biohó; o seu illamento permitiulles manter a maioría das tradicións culturais africanas en Colombia (música, prácticas médicas, organización social, ritos fúnebres etc) e incluso desenvolveron unha lingua crioula, mestura do español con linguas africanas orixinarias, denominada palenquero.

    30 visitas (↓7 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,37, 30

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Porto de Avilés

    Porto de Avilés

    O porto de Avilés é un porto situado nas dúas beiras da ría de Avilés, en Asturias. Está bañado polo mar Cantábrico e consta de varios peiraos para o atraque de barcos de diferente calado, entre os que caben destacar a Dársena de San Agustín, o Peirao de Raíces e a Dársena de San Juan de Nieva por ser os máis amplos. A cantidade de mercancías que se cargan aquí crece ano tras ano, pero son de especial interese as enormes cantidades de aluminio para a fábrica de Alcoa (antiga Inespal), de aceiro e chatarra para a factoría de Arcelor Mittal e de zinc para a fábrica Asturiana de Zinc, pertencente a Xstrata, que desembarcan aquí cada ano.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Dereito foral

    Dereito foral

    O dereito foral ou especial é o ordenamento xurídico civil local ou propio dunha autonomía de España. Coexiste co dereito común estatal, que se aplica de xeito supletorio. Posúen este dereito só 6 das 17 comunidades autónomas: Aragón, Baleares (con particularidades en cada illa), Cataluña, Galiza, Navarra e o País Vasco (con particularidades segundo o territorio).

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    El Bananero

    El Bananero

    Adrián Maximiliano Nario Pérez, nado en Nova Jersey, Estados Unidos o 12 de setembro de 1976, máis coñecido como El Bananero, é un produtor e fenómeno de Internet, coñecido por cargar os seus vídeos de clase B con humor irreverente e linguaxe obscena.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Javier Bardem

    Javier Bardem

    Javier Ángel Encinas Bardem, máis coñecido simplemente como Javier Bardem, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1969, é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nomeado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor secundario por Non é un país para vellos.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Carlos Cuerpo

    Carlos Cuerpo

    Carlos Cuerpo Caballero, nado en Badaxoz o 26 de setembro de 1980, e un economista español, ministro de Economía, Comercio e Empresa dende decembro de 2023.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,74,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Física o química

    Física o química

    Física o química foi unha serie de televisión xuvenil producida por Ida y Vuelta Producciones e emitida por Antena 3 entre o 14 de febreiro de 2008 e o 13 de xuño de 2011, cun total de sete tempadas. Nun primeiro momento a serie denominouse Empezar de cero, pero definitivamente Antena 3 decantouse polo nome Física o química, xa que fai unha clara alusión ao amor, ás decisións da vida. O impacto de Física o Química é considerable, non só porque goza dunha boa acollida por parte do público, senón tamén da crítica, gañando o Premio Ondas 2009 á mellor serie española.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    María (e os demais)

    María (e os demais)

    María (e os demais) (en castelán: María (y los demás)) é un filme galego-catalán de 2016 dirixido por Nely Reguera. Ambientada e rodada integramente en Galicia en lingua castelá, estreouse en galego o 7 de outubro de 2020 a través da TVG. A tradución ó galego foi realizada por Margarita Díaz.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    28 visitas (↑28 de onte)28,23,0,0,0,24,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Pedro Theon

    Pedro Theon

    Pedro Theon, orixinalmente Petrus Theon, falecido despois de 867, foi un nobre galego, pai do primeiro conde portucalense Vímara Pérez.

    28 visitas (↓35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,63, 28

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Máquina comecartos

    Máquina comecartos

    Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

    28 visitas (↓3 de onte)24,30,0,0,38,0,44,28,31, 28

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Bamboleo (programa)

    Bamboleo (programa)

    Bamboleo (Superbamboleo, na súa última versión) foi un programa de televisión de entretemento producido pola produtora CTV e emitido pola Televisión de Galicia. Transmítíase os sábados ás 22:00 h. Este espazo, que empezou no 2011, céntrase na música, o baile e a participación do público.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Berberecho macho

    Berberecho macho

    O berberecho macho (Acanthocardia aculeata) é unha especie de molusco bivalvo mariño da familia Cardiidae pertencente ao xénero Acanthocardia.

    27 visitas (↓19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,46, 27

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Agen

    Agen

    Agen é unha cidade da Aquitania, nas beiras do Garona, no departamento de Lot e Garona; está a 48 m altitude. En 2009 tiña 33 920 habitantes. Famosas son as cirolas pasas producidas na zona.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Jude Bellingham

    Jude Bellingham

    Jude Victor William Bellingham, nado en Stourbridge, Inglaterra, Reino Unido, o 29 de xuño de 2003, máis coñecido como Jude Bellingham, é un futbolista británico que xoga de centrocampista no Real Madrid, da Primeira División de España.

    27 visitas (↑27 de onte)0,31,0,0,0,0,42,38,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Juan Goytisolo

    Juan Goytisolo

    Juan Goytisolo i Gay, nado en Barcelona o 5 de xaneiro do 1931 e finado en Marrakech o 4 de xuño de 2017, foi un escritor e ensaísta en lingua castelá. Está considerado a figura máis representativa da xeración do 55 e do realismo social dos anos 50 e 60. Era irmán dos tamén escritores José Agustín Goytisolo e Luis Goytisolo e recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas no 2008 e o 24 de novembro de 2014 o Premio Cervantes, o máximo galardón das letras en lingua castelá.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    26 visitas (↑26 de onte)20,26,27,28,35,32,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Dinoseto

    Dinoseto

    O Dinoseto é un arbusto con forma de dinosauro que se exhibe no centro da cidade de Vigo.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Tomoko Yoshida

    Tomoko Yoshida

    Tomoko Kira (en xaponés 吉良 知子), nada en Hamamatsu o 6 de febreiro de 1934, e unha escritora xaponesa, máis coñecida co alcume de Tomoko Yoshida (吉田 知子).

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Moncho Reboiras

    Moncho Reboiras

    Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido como Moncho Reboiras, nado en Imo, concello de Dodro, o 19 de xaneiro de 1950 e finado en Ferrol o 12 de agosto de 1975, foi un dirixente político nacionalista galego da UPG e opositor á ditadura franquista.

    25 visitas (↓16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,41, 25

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Stewie Griffin

    Stewie Griffin

    Stewie Gilligan Griffin é unha personaxe de debuxos animados da serie de animación americana Family Guy. A súa voz orixinal é a de Seth MacFarlane, creador e guionista da serie. É un bebé con ideas homicidas e unha elevada capacidade intelectual, fillo de Peter e Lois Griffin.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    L'albero delle zoccole

    L'albero delle zoccole

    L'albero delle zoccole, que podería traducirse ao galego como A árbore das putas, é un filme pornográfico italiano de 1995 escrito e dirixido por Leo Salemi. Considérase unha parodia da película A árbore dos zocos de Ermanno Olmi. Estreouse en 1995 e xogaba coa similitude fonética italiana entre zoccoli (zocos) e zoccole (prostitutas), mais non tivo moito éxito nos cinemas.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️