Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A intelixencia artificial, abreviada como IA, é, no contexto das ciencias da computación, un campo de estudo dedicado ao desenvolvemento de sistemas informáticos capaces de realizar tarefas que adoitan requirir algún tipo de intelixencia humana. Entre esas tarefas atópanse a aprendizaxe a partir da experiencia, o recoñecemento de patróns, a comprensión ou xeración de linguaxe natural, a toma de decisións, a visión artificial e a resolución de problemas mediante algoritmos. O termo tamén se emprega para designar a área de investigación científica que estuda estes sistemas e os métodos cos que poden percibir o seu contorno, procesar información, aprender de datos ou actuar de maneira autónoma ou semiautónoma.
Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no FC Barcelona. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán. É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico.
Joseph Hill «Joss» Whedon nado o 23 de xuño de 1964 en Nova York, é un director e guionista estadounidense. Traballou en televisión como director, produtor executivo e creador de varias series, sendo coñecido especialmente o seu traballo en Buffy the Vampire Slayer. En banda deseñada o seu traballo máis difundido realizouno dende 2004 en Astonishing X-Men.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
"Rehab" é unha canción gravada pola cantante barbadense Rihanna para o seu terceiro álbum de estudio, Good Girl Gone Bad (2007). Estreada por parte de Def Jam Recordings nas emisoras de radio dos Estados Unidos o 6 de outubro de 2008, daría nome ó sinxelo, oitavo e derradeiro daquel álbum, que sería lanzado en formato CD no Reino Unido o 8 de decembro do 2008. Rihanna comezou a traballar na canción mentres acompañaba a Timbaland na xira do FutureSex/LoveShow de Justin Timberlake en 2007.
Lionel Sebastián Scaloni, nado en Pujato, Santa Fe, o 16 de maio de 1978, é un exfutbolista e adestrador arxentino, que dende 2018 dirixe a selección arxentina. Xogaba como lateral dereito ou centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira como futbolista no Deportivo da Coruña, no que militou durante nove tempadas, disputando 301 partidos oficiais. Gañou co equipo galego unha liga de Primeira División, unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España, e é o xogador con máis partidos da historia do club na Liga de Campións (52).
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
A guerra das Malvinas ou guerra do Atlántico Sur foi un conflito armado entre a Arxentina e o Reino Unido ocorrido nas illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur entre o 2 de abril e o 14 de xuño de 1982 pola soberanía sobre estes arquipélagos austrais ocupados en 1833 e dominados desde entón por Reino Unido. Aínda así, a Arxentina ségueos a reclamar como propios e inclúeos nominalmente dentro da súa provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur. O saldo final da guerra foi a reocupación das Malvinas polo Reino Unido e a morte de 649 arxentinos e 258 británicos .
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Michael Philip Jagger, nado o 26 de xullo de 1943 en Dartford, Kent, máis coñecido como Mick Jagger, é un músico de rock inglés coñecido, sobre todo, por ser vocalista (tamén cofundador e compositor) de The Rolling Stones. A súa carreira abarca máis de cinco décadas e foi descrito como "un dos cantantes máis populares e influentes na historia do rock & roll". Pola súa distintiva voz e a súa posta en escena, xunto co estilo de guitarra de Keith Richards, foron a marca rexistrada da banda durante toda a súa carreira.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Inter de Miami da MLS dos Estados Unidos. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo ten dúas fases principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 48 seleccións nun período aproximado dun pouco máis dun mes. A primeira edición do Mundial organizouse en 1930 no Uruguai, coa vitoria da selección anfitrioa, e dende entón foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á segunda guerra mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións.
A coloración disruptiva (ou camuflaxe disruptiva ou padrón disruptivo) é unha forma de camuflaxe que funciona rompendo os perfís dun animal, soldado ou vehículo militar cun padrón fortemente contrastante. Adoita ser combinado con outros métodos de cripse incluíndo a correspondencia coa cor do fondo e a contracoloración; casos especiais son a coloración disruptiva coincidente e a máscara ocular disruptiva que teñen algúns peixes, anfibios e réptiles. Esta coloración pode parecer paradoxal como forma de non ser visto, xa que a disrupción de perfís depende dun alto contraste, polo que as manchas de cor son por separado moi rechamantes.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos.
Teruko "Terry" Ishizaka (石坂 照子, en xaponés Ishizaka Teruko), nada en Yamagata (Prefectura de Yamagata) o 28 de setembro de 1926 e finada na mesma cidade o 4 de xuño de 2019, foi unha científica xaponesa e inmunóloga, a cal, xunto co seu marido Kimishige Ishizaka, descubriu os anticorpos da clase IgE (inmunoglobulina E) en 1966. O seu traballo foi considerado un grande avance na comprensión da alerxia, e por este traballo recibiu o Premio Passano de 1972 e o Premio Internacional da Fundación Gairdner de 1973.
O Campionato de Europa de Fútbol da UEFA 2024, máis coñecido coma Eurocopa de Fútbol 2024 ou Euro 2024, foi a décimo sétima edición do Campionato Europeo da UEFA, torneo internacional de fútbol cuadrienal organizado pola UEFA para os equipos nacionais masculinos das súas asociacións membros. Alemaña foi o país anfitrión do campionato, que tivo lugar entre o 14 de xuño até o 14 de xullo de 2024. O torneo contou coa participación de 24 equipos, con Xeorxia facendo o seu debut no campionato.
Selección de fútbol de Inglaterra
A selección de fútbol de Inglaterra (en inglés: England national football team) representa a Inglaterra nas competición internacionais de fútbol. A súa organización está baixo a autoridade da Football Association (Asociación de Fútbol). Compite a nivel internacional en tres dos torneos máis importantes entre seleccións: a Copa do Mundo, a Eurocopa e a UEFA Nations League.
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 11 cidades dos Estados Unidos, 2 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Xosé Antón Miguélez Díaz, nado en Lugo en 1946, é un sacerdote, teólogo, escritor e poeta galego. A súa obra abrangue a teoloxía, a pastoral, a poesía e o ensaio sobre a relixiosidade popular galega. Colaborador habitual das revistas Encrucillada, Grial e Irimia, participou tamén no equipo de tradución da Biblia ao galego e é autor de diversos himnos da Liturxia das Horas en lingua galega.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. A selección española participou en 16 das 22 edicións da Copa do Mundo e é unha das oito seleccións campioas do torneo, grazas ao seu triunfo na edición de 2010 celebrada en Suráfrica. A nivel continental, é a selección con máis títulos da Eurocopa, competición que gañou en catro ocasións (1964, 2008, 2012 e 2024). Os éxitos conseguidos entre o 2008 e o 2012 e o nivel de xogo amosado polo combinado español, levou a que moitos expertos e analistas consideren a selección dese período como un dos mellores equipos da historia do fútbol.
O mar de ardora, tamén chamado só ardora ou ardentía, é un fenómeno luminoso no océano no que a superficies de auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul. O termo é usado desde hai moito tempo en lingua galega. Os mariñeiros informaron de que o océano adoita emite un brillo visible que se pode estender durante millas pola noite.
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA. Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
Kimishige "Kimi" Ishizaka (石坂 公成, en xaponés Ishizaka Kimishige), nado o 3 de decembo de 1925, finado o 6 de xullo de 2018, foi un inmunólogo xaponés, que, xunto coa súa esposa Teruko Ishizaka, descubriu os anticorpos da clase IgE (inmunoglobulina E) en 1966–1967. Este traballo foi fundamental para entender como funciona a alerxia. Recibiu en 1973 o Premio Internacional da Fundación Gairdner e no 2000 o Premio do Xapón polo seu traballo en inmunoloxía.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Xosé Guillermo, nado como Xosé Guillermo Sobrino Mosteyrín en Carballo o 17 de decembro de 1947, e finado en Vigo o 16 de febreiro de 2009, foi un pintor, ilustrador, debuxante e deseñador gráfico galego. Está considerado unha das figuras máis singulares da arte galega contemporánea, tanto pola súa produción pictórica como pola súa actividade como ilustrador editorial. Foi o creador do primeiro logotipo de Edicións Xerais de Galicia e deseñou as cubertas das publicacións da editorial durante os seus primeiros anos de actividade.
Alejandro Alagón Cano (nado en Cidade de México en 1954) é un médico, investigador, catedrático e académico mexicano. Especializouse nas áreas de biotecnoloxía dos anticorpos e toxinoloxía (véxase toxina), na investigación para o melloramento de antivelenos e o desenvolvemento de novos antivelenos. Recibiu o Premio Nacional de Ciencias e Artes mexicano en 2005.
A Liga das Nacións da UEFA é unha competición internacional bienal de fútbol disputada polas seleccións nacionais masculinas das asociacións membros da UEFA, a máxima organización do fútbol europeo. A primeira edición comezou en setembro de 2018 e rematou en xuño de 2019 coa fase final celebrada en Portugal, da que saíu campioa a selección anfitrioa.
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
Atlanta é a capital e cidade máis extensa e poboada do estado de Xeorxia e a trixésimo terceira nos Estados Unidos en cantidade de habitantes en 2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial é Atlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA (coñecida comunmente como Atlanta Metropolitana), é a novena área metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns de habitantes.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Considerado un dos mellores xogadores do mundo e o mellor futbolista noruegués de todos os tempos, destaca pola súa velocidade, forza, e finalización dentro da área.
Verónica Boquete Giadáns, coñecida como Vero Boquete, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Como 1907, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O Premio Turner é un evento anual no que se outorga un galardón a un artista británico menor de 50 anos. O premio recibe o nome do pintor Joseph Mallord William Turner. Está organizado pola Tate Gallery de Londres e, dende a súa creación en 1984, converteuse no premio de arte máis publicitado do Reino Unido, xerando a miúdo artigos moi controvertidos na prensa polas súas exposicións, como The Shark, de Damien Hirst, e My Bed, de Tracey Emin.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.470.
Sanguijuelas del Guadiana é unha banda de música emerxente procedente de Casas de Don Pedro (Badaxoz), na comarca da Siberia Estremeña. O seu estilo, que eles mesmos definen como "rock rústico", combina elementos do rock and roll, o punk, o flamenco e a música electrónica con letras que narran a vida cotiá nas zonas rurais da España baleirada.
Martín María Díaz Pérez, nado no Barrio, Sober, o 18 de outubro de 1926, e finado o 15 de marzo de 2014 no mosteiro de San Xulián de Samos, foi un monxe beneditino do mosteiro de Samos, biblista, tradutor e escritor galego. Desenvolveu unha intensa actividade intelectual e pastoral, destacando pola tradución ao galego de textos bíblicos e litúrxicos, especialmente pola primeira tradución galega da Regra de san Bieito. Foi tamén profesor, conferenciante e autor de numerosas publicacións de temática relixiosa.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Anxo Rabuñal Rey, nado en Santiago en 1963, é un escritor, investigador, editor, libreiro e comisario de exposicións galego. A súa obra céntrase na historia da arte, a fotografía, a cultura visual e a edición, combinando o ensaio coa investigación sobre artistas e movementos culturais contemporáneos.
A partir da reforma de Licurgo no século VII a. C., Esparta tiña dous reis (ἀρχαγέται / arkhagétai, de ἀρχή / archế, "goberno"). Un deles forma parte da familia dos Axíadas (Ἀγιάδαι / Agiádai), o outro da dos Euripóntidas (Εὐρυποντίδαι / Eurupontídai), dúas familias nadas, segundo a lenda, de xemelgos descendentes de Heracles, Eurístenes, pai de Axis I e Procles, pai de Euriponte.
Caixa de Aforros Municipal de Vigo
A Caixa de Aforros e Monte de Piedade Municipal de Vigo, abreviadamente Caixa de Aforros de Vigo e renomeada Caixavigo na súa última etapa, foi unha entidade financeira galega con sede en Vigo, fundada en 1880 por iniciativa do concello da cidade co obxectivo de fomentar o aforro popular e facilitar o acceso ao crédito entre as clases traballadoras. Ao longo da súa historia converteuse nunha das principais institucións financeiras de Galicia, desenvolvendo unha intensa actividade bancaria e de obra social. No ano 2000 integrouse en Caixanova, entidade resultante da fusión coa Caixa de Aforros Provincial de Ourense e a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.
A Universidade de Dundee é unha universidade situada na cidade de Dundee, Escocia. En 2008 foi proclamada "Universidade Escocesa do Ano" polo xornal británico The Times. En 2011, clasificouse como a primeira no Reino Unido en farmacoloxía e a segunda en odontoloxía, inmediatamente despois de Oxford.