Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Lionel Scaloni

    Lionel Scaloni

    Lionel Sebastián Scaloni, nado en Pujato, Santa Fe, o 16 de maio de 1978, é un exfutbolista e adestrador arxentino, que dende 2018 dirixe a selección arxentina. Xogaba como lateral dereito ou centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira como futbolista no Deportivo da Coruña, no que militou durante nove tempadas, disputando 301 partidos oficiais. Gañou co equipo galego unha liga de Primeira División, unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España, e é o xogador con máis partidos da historia do club na Liga de Campións (52).

    113 visitas (↑113 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 113

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Funa

    Funa

    Funa é un vocábulo de orixe mapuche utilizado en Chile para denominar a unha manifestación de denuncia e repudio público contra unha persoa ou grupo que cometeu un acto que se considera ilegal ou inxusto. Segundo o Diccionario de americanismos da ASALE, esta práctica leva a cabo especialmente se a persoa «funada» estivo relacionado con actividades represoras. O termo transcendeu e é frecuentemente utilizado noutros países de Hispanoamérica e España, sobre todo, a través da rede.

    95 visitas (↑95 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 95

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Aletta Ocean

    Aletta Ocean

    Aletta Ocean, nada en Budapest o 14 de decembro de 1987, é o nome artístico dunha actriz pornográfica húngara. Gañou dous premios AVN en 2010 nas categorías de mellor actriz estranxeira do ano e mellor escena de sexo nunha produción estranxeira (Dollz House – Harmony Films).

    91 visitas (↑91 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 91

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Neda

    Neda

    Neda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.327 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «nedense».

    89 visitas (↑89 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 89

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Guadalaxara, España

    Guadalaxara, España

    Guadalaxara (en castelán: Guadalajara) é unha cidade do centro de España, capital da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, á beira do río Henares. O seu censo municipal é de 87.452 habitantes (INE 2022) e a área do seu concello abrangue 267,5 km². Está situada a 55 km de Madrid.

    89 visitas (↑89 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 89

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Jenaro Castro

    Jenaro Castro

    Jenaro Castro Muíña, nado o 2 de febreiro de 1961 en Pol, é un xornalista galego.

    87 visitas (↑87 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 87

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Six Days Seven Nights

    Six Days Seven Nights

    Six Days Seven Nights é un filme dirixido por Ivan Reitman que se estreou en 1998. O filme que foi rodado en Kauai, está protagonizado por Harrison Ford, Anne Heche, David Schwimmer, Jacqueline Obradors, e Temuera Morrison.

    85 visitas (↑85 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 85

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Baía de Baiona

    Baía de Baiona

    A baía de Baiona, tamén denominada ría de Baiona, é unha enseada pequena situada na marxe sur e exterior da ría de Vigo.

    85 visitas (↑85 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 85

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Estadio Municipal de Altamira

    Estadio Municipal de Altamira

    O Estadio Municipal de Altamira é un recinto deportivo adicado á práctica do atletismo, do fútbol e do rugby, situado na localidade de Ordizia (Guipúscoa). Reformado en 2007, o terreo de xogo é de herba artificial, e a tribuna lateral cuberta conta cuns 430 asentos. As pistas sintéticas de atletismo están homologadas para calquera tipo de competición oficial.

    85 visitas (↑85 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 85

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Francisco Narla

    Francisco Narla

    Francisco Javier Fernández Vázquez, máis coñecido como Francisco Narla, nado en Friol en 1978, é un piloto e escritor galego en lingua castelá.

    83 visitas (↑83 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 83

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Acerodon jubatus

    Acerodon jubatus

    O Acerodon jubatus é un raro morcego megaquiróptero da familia Pteropodidae. É o morcego de maior tamaño coñecido no mundo. Esta especie atópase ameazada e está catalogada actualmente como en perigo de extinción, debido á súa caza intensiva para obter a súa carne e ao furtivismo.

    82 visitas (↑82 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 82

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Real Club Celta de Vigo

    Real Club Celta de Vigo

    O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.

    82 visitas (↑82 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 82

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Pradosegar

    Pradosegar

    Pradosegar é unha localidade e un concello da provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. O termo municipal, que pertence ao partido xudicial de Ávila e ás comarcas de Valle de Amblés e de Ávila, ten unha poboación de 117 habitantes, segundo o INE de 2024.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Imperio Español

    Imperio Español

    O Imperio Español, tamén coñecido como monarquía española, foi un imperio colonial que existiu durante a Idade Moderna. Composto polo conxunto de territorios de España -ou das dinastías reinantes en España- en África, Asia, América, Europa e Oceanía ao longo da historia. Tras o descubrimento de América en 1492, España colonizou grandes extensións de territorio en América, desde o actual suroeste dos Estados Unidos, México, e o Caribe, ata Centroamérica e a maior parte de Suramérica.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Epítetos homéricos

    Epítetos homéricos

    Homero xuntaba adxectivos e substantivos para crear adexectivos compostos coñecidos como epitetos homéricos que aplicaba a nomes fixos. Tanto A Ilíada como A Odisea caracterízanse por contar con numerosos destes epítetos dobres, como Aquiles, o dos pés lixeiros ou a aurora de dedos rosados. O nome máis o epíteto constitúen unha fórmula que se axusta á estrutura métrica do verso.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Fernando Niño de Guevara

    Fernando Niño de Guevara

    Fernando Niño de Guevara foi un bispo e inquisidor castelán que dirixiu a diocese de Ourense entre os anos 1539 e 1542.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Xeraco

    Xeraco

    Xeraco é un concello español da provincia de Valencia, na comunidade autónoma da Comunidade Valenciana. O termo municipal atópase na comarca da Safor.

    69 visitas (↑69 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 69

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Sotará, Cauca

    Sotará, Cauca

    Sotará é un concello de Colombia que se atopa no departamento do Cauca. Segundo o censo de 2025, tiña unha poboación de 15.164 habitantes.

    66 visitas (↑66 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 66

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Inés Rivadeneira

    Inés Rivadeneira

    Inés Rivadeneira López, nada en Lugo o 2 de novembro de 1928 e finada en Madrid o 3 de agosto de 2020, foi unha mezzosoprano e catedrática de canto galega.

    66 visitas (↑66 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 66

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Boimorto Club de Fútbol

    Boimorto Club de Fútbol

    O Boimorto Club de Fútbol é un club de fútbol galego do concello de Boimorto. Fundado en 1977, actualmente compite no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia. O seu terreo de xogo é o Campo Municipal do Carballal.

    63 visitas (↑63 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 63

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    A Calle, Sarandós, Abegondo

    A Calle, Sarandós, Abegondo

    A Calle é un lugar da parroquia de Sarandós no concello coruñés de Abegondo na Comarca da Coruña. Tiña 86 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 46 eran homes e 40 mulleres.

    62 visitas (↑62 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 62

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Luciano Huck

    Luciano Huck

    Luciano Grostein Huck, nado en São Paulo o 3 de setembro de 1971, máis coñecido como Luciano Huck é un presentador de televisión, empresario e actor brasileiro. Está casado coa tamén presentadora Angélica.

    62 visitas (↑62 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 62

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    A Caniza

    A Caniza

    A Caniza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2020 tiña 5122 habitantes (6719 en 2003). O xentilicio é (véxase no Galizionario) canizán ou canicense.

    60 visitas (↑60 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 60

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Río Tuela

    Río Tuela

    O río Tuela é un río de vertente atlántica situado no noroeste da Península Ibérica que discorre por España e Portugal. Os ríos Tuela, Mazás e Támega, xunto con algún outro de menor caudal da Galicia suroriental, pertencen ao grupo de afluentes setentrionais do Douro portugués. Todos eles difiren dos afluentes do Douro no tramo español en que estes últimos conflúen co Douro augas arriba do xigantesco chanzo conformado en Arribas do Douro, materializado polo sistema de canóns na área fronteiriza con Portugal das provincias de Zamora e Salamanca.

    60 visitas (↑60 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 60

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Na maleta

    Na maleta

    Na maleta é unha novela de Xurxo Borrazás, publicada por Sotelo Blanco en 2000. Recibiu o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria en 2001.

    60 visitas (↑60 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 60

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    59 visitas (↑8 de onte)74,53,66,76,56,66,78,53,51, 59

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    A Rúa de Valdeorras, A Rúa

    A Rúa de Valdeorras, A Rúa

    Santo Estevo da Rúa de Valdeorras é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Rúa. Segundo o IGE, en 2023 tiña 4.104 habitantes (2.058 homes e 2.046 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 4 887 habitantes. Eclesiasticamente,a parroquia de San Xulián está englobada dentro desta parroquia, mentres que a localidade de Fontei constitúe unha parroquia eclesiástica á parte.

    58 visitas (↑58 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 58

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Adrián Ben

    Adrián Ben

    Adrián Ben Montenegro, nado en Viveiro o 4 de agosto de 1998, é un atleta galego especialista en probas de media distancia. Foi campión de España e de Europa dos 800 metros, especialidade na que acadou ademais dúas finais mundiais e unha final olímpica. Foi tamén dúas veces finalista mundial e campión de España na proba dos 1500 metros.

    56 visitas (↑56 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 56

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Síntese orgánica

    Síntese orgánica

    A síntese orgánica é unha rama da síntese química que se ocupa da construción artificial de compostos orgánicos. Os compostos orgánicos son moléculas que consisten en combinacións de átomos de hidróxeno, carbono, oxíxeno e nitróxeno unidos covalentemente. Dentro da disciplina da síntese orgánica hai tipos moi diferentes de rutas sintéticas que se poden utilizar, incluíndo a síntese total, a síntese estereoselectiva, e a síntese automatizada, entre outras.

    55 visitas (↑55 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 55

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Subdivisións de Kazakhstán

    Subdivisións de Kazakhstán

    Kazakhstán está dividido en 14 provincias (oblystar; singular: oblys) e 3 cidades (qalalar, singular - qala), indicadas con asteriscos: Almaty Almaty (cidade) Aqmola Aqtöbe Astana* Atyrau Baikonur* (Bayqonyr) Kazakhstán Oriental (Shyghys Qazaqstan) Mangghystau Kazakhstán do Norte (Soltustik Qazaqstan) Pavlodar Qaraghandy Qostanai Qyzylorda Kazakhstán do Sur (Ongtüstik Qazaqstan) Kazakhstán Occidental (Batys Qazaqstan) Jambyl As provincia sepáranse logo en distritos (en kazako: аудандар/audandar; singular: аудан/audan; en ruso: районы/raiony; singular: район/raion).

    54 visitas (↑54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Planta rubideira

    Planta rubideira

    Unha planta rubideira ou planta gateadora é aquela que medra suxeitándose nun soporte, ben enrolándose, ben a través de órganos fixadores especiais. As rubideiras non se manteñen erguidas por si mesmas, necesitando doutra planta, un muro, un penedo, unha parra, un espaller, unha pérgola, unha rede etc. Para iso poden utilizar órganos como gabiáns, raíces adventicias etc.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Jorge Ribolzi

    Jorge Ribolzi

    Jorge Daniel Ribolzi Antoniazzi, nado en Ramos Mejía o 25 de xaneiro de 1953, é un exfutbolista e adestrador arxentino, que xogaba como centrocampista. Comezou a súa carreira no Atlanta e consagrouse en Boca Juniors, co que gañou tres campionatos da Primeira División, unha Copa Libertadores e a Copa Intercontinental de 1977. Entre 1978 e 1979 tivo un breve paso por Galicia, onde xogou no Deportivo da Coruña, antes de regresar ao fútbol suramericano, onde desenvolveu o resto da súa carreira.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Illa das Esculturas

    Illa das Esculturas

    A Illa de Covo, máis coñecida como Illa das Esculturas, é un parque e unha insua situados preto da foz do río Lérez, en Pontevedra. Ten unha superficie de 70.000 m² e está conectada con ambas beiras do río por pasarelas e pontes peonís. É o maior e máis importante museo ao aire libre de Galicia e un dos máis importantes de España.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Rede de estradas de Lugo

    Rede de estradas de Lugo

    A rede provincial de estradas de Lugo é o conxunto de estradas das que é titular a Deputación de Lugo. Está composta por 4.216,738 km de estradas convencionais e non inclúe ningunha vía da alta capacidade. As estradas e vías das que é titular a deputación transcorren unicamente polo seu territorio e atópanse recollidas no catálogo de estradas aprobado polo pleno da deputación no ano 2017.

    53 visitas (↑53 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 53

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    51 visitas (↓29 de onte)57,42,40,60,40,37,97,110,80, 51

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Catherine McCormack

    Catherine McCormack

    Catherine Jane McCormack, nada en Epsom, Surrey, Inglaterra o 3 de abril de 1972, é unha actriz británica coñecida polas súas aparicións en filmes como Braveheart, Xogo de espías e Dangerous Beauty.

    50 visitas (↑50 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 50

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Torla

    Torla

    48 visitas (↑48 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 48

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Ferrado

    Ferrado

    O ferrado (tamén coñecida como tega nalgúns lugares) é unha medida galega, moi variábel dun lugar a outro. Dada a variedade existente, almanaques agrícolas como o ZZ, O Mintireiro Verdadeiro ou O Gaiteiro de Lugo adoitaban incluír unha equivalencia co sistema métrico decimal segundo as zonas xeográficas.

    47 visitas (↑47 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 47

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    47 visitas (↓2 de onte)53,29,33,36,26,38,42,42,49, 47

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Amígdala palatina

    Amígdala palatina

    As amígdalas palatinas, tamén chamadas tonsilas palatinas (TA en latín tonsilla palatina) son dúas tonsilas de tecido linfoide situadas nos lados esquerdo e dereito da parte posterior da garganta, que adoitan verse como vultos de cor carnosa ou rosada. Só teñen aspecto branco cando se inflaman ou están infectadas con síntomas de exsudados (drenaxes de pus) e inchamento. A amigdalite (tamén chamada popularmente anxinas) é unha inflamación das amígdalas palatinas, que con frecuencia pode causar dor de gorxa e febre.

    47 visitas (↑47 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 47

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    45 visitas (↑19 de onte)46,33,30,36,27,32,46,28,26, 45

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Santomera

    Santomera

    Santomera é un concello español da Rexión de Murcia, situado na Huerta de Murcia. Tiña unha poboación de 15.860 habitantes en 2014. Este municipio creouse en 1978 ao segregarse de Murcia, aínda que xa fora independente no século XIX. No seu termo municipal encóntranse as poboacións de Santomera, El Siscar e La Matanza, sendo a primeira delas a que ostenta a capitalidade.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    43 visitas (↓7 de onte)95,44,35,52,23,42,53,54,50, 43

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Universidade de Pécs

    Universidade de Pécs

    A Universidade de Pécs (en húngaro Pécsi Tudományegyetem, en latín: Universitas Quien que excess en sus) é unha universidade estatal situada na cidade húngara de Pécs. Forma parte do Grupo Compostela de Universidades.

    42 visitas (↑42 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 42

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    42 visitas (↑7 de onte)46,33,38,33,33,27,43,33,35, 42

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Memorias dun neno labrego

    Memorias dun neno labrego

    Memorias dun neno labrego é unha novela social e histórica do galego Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961 por Follas Novas, distribuidora de libros e editorial fundada polo propio autor e a súa muller, Anisia Miranda. É o segundo libro publicado polo autor, primeiro en prosa, despois do poemario Dende lonxe (1960). Memorias foi escrito en tres meses no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza.

    42 visitas (↑6 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,36, 42

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Jesús Armesto Braña

    Jesús Armesto Braña

    Jesús Armesto Braña, nado en Lugo en 1900 e finado en Manzanillo, Cuba, en 1964, foi un técnico de radio galego, pioneiro da radiodifusión en Manzanillo.

    41 visitas (↑41 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    La ley del deseo

    La ley del deseo

    La ley del deseo é un filme español de 1987 de comedia e suspense escrito e dirixido por Pedro Almodóvar. Está protagonizada por Eusebio Poncela como Pablo, Carmen Maura como Tina e Antonio Banderas como Antonio, e foi o primeiro filme que Almodóvar realizou de maneira independente coa súa propia produtora El Deseo.

    41 visitas (↑41 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Castro de Morro Canide

    Castro de Morro Canide

    O castro de Morro Canide, tamén chamado Castrillón, é un castro situado na parroquia de Maianca, no concello coruñés de Oleiros.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    José Andrëa

    José Andrëa

    José Mario Martínez Arroyo, nado na Paz (Bolivia) o 26 de xaneiro de 1971, máis coñecido como José Andrëa (engadiu o nome «Andrea» pola súa primeira filla) é un cantante boliviano-español coñecido polo seu traballo co grupo de folk metal Mägo de Oz. Actualmente é vocalista e líder da banda José Andrëa e Uróboros.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Relek

    Relek

    Relek (por Relyativistskiye Elektrony), tamén coñecido como MKA-PN 2 e máis tarde renomeado como Vernov, foi un satélite artificial de Rusia lanzado o 8 de xullo de 2014 mediante un foguete Soiuz 2-1b Fregat desde o cosmódromo de Baikonur.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    39 visitas (↑11 de onte)42,45,46,45,28,37,0,0,28, 39

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Idioma galego

    Idioma galego

    38 visitas (↑38 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Saving Private Ryan

    Saving Private Ryan

    Saving Private Ryan é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Steven Spielberg, cuxa historia é unha adaptación dun suceso real. É destacable precisar que esta película recadou en portelo, soamente en Estados Unidos, 500 millóns de dólares e, xa que logo, é considerada como unha das películas con maior recadación da historia. 9 anos despois da súa estrea, aínda é considerada por moitos como a mellor película bélico-dramática que se fixo, grazas á maxia de Steven Spielberg quen durante toda a súa vida soñara con realizar un proxecto coma este.

    37 visitas (↑37 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Belisardo Pumpido Flores

    Belisardo Pumpido Flores

    Belisardo Pumpido Flores, nado en Cádiz o 30 de decembro de 1818 e finado en Santiago de Compostela o 8 de agosto de 1875, foi un militar español. Participou nas guerras carlistas e recibiu a Cruz Laureada de San Fernando de primeira clase, a cruz da Orde de Carlos III, a cruz da Orde de San Hermenexildo e a cruz militar dos Defensores de Reus. Foi un dos primeiros oficiais do exército que se incorporou á Garda Civil, pouco despois da súa fundación polo Duque de Ahumada.

    37 visitas (↓17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,54, 37

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Charamela

    Charamela

    A charamela ou xaramela é un instrumento musical de vento (vento-madeira). Probabelmente orixinario de Eurasia, está construído en madeira e ten unha palleta. Nos instrumentos, en xeral, define aerófonos de insuflación de boca directa con palletas dobres ou simples, similares ao punteiro da gaita, e algúns deles derivaron no clarinete.

    36 visitas (↑36 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    María Rosario Aida Méndez Miaja

    María Rosario Aida Méndez Miaja

    María Rosario Aida Méndez Miaja, nada en Santiago de Compostela o 17 de xuño de 1930, é unha científica galega.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Rosario Porto

    Rosario Porto

    Rosario Porto Ortega, nada en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 1969 e finada en Brieva o 18 de novembro de 2020, foi unha avogada galega non exercente, condenada, canda a seu esposo, Alfonso Basterra, polo asasinato da filla adoptiva de ámbolos dous, Asunta Basterra, en 2013. Rosario remataría suicidándose en prisión.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Wikipedia

    Wikipedia

    Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.

    34 visitas (↑11 de onte)20,27,14,13,14,0,26,26,23, 34

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    34 visitas (↑34 de onte)0,18,0,13,23,21,37,36,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Candy Candy

    Candy Candy

    Candy Candy (no orixinal en xaponés: キャンディ・キャンディ; Kyandi Kyandi) é un manga creado pola escritora Kyōko Mizuki, un dos pseudónimos de Keiko Nagita, e a mangaka Yumiko Igarashi, pseudónimo de Yumiko Fijii, publicado no Xapón por Kōdansha Ltd. desde 1975 a 1979 e gañou o primeiro premio Kodansha Manga para shōjo en 1977. A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White.

    33 visitas (↓28 de onte)0,0,0,0,0,0,100,89,61, 33

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Angeliño

    Angeliño

    José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Silván (Erbecedo, Coristanco) o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo na Roma, da Serie A italiana. Formado nas canteiras do Bergantiños e do Deportivo da Coruña, desenvolveu a súa carreira como profesional en clubs de sete países diferentes, vestindo as camisetas de Manchester City, New York City, Girona, Mallorca, NAC Breda, PSV Eindhoven, RB Leipzig, Galatasaray e Roma. É irmán do tamén futbolista Dani Tasende.

    31 visitas (↓5 de onte)0,0,0,39,114,49,25,0,36, 31

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Glen Hansard

    Glen Hansard

    Glen Hansard, nado en Dublín o 21 de abril de 1970 e finado ibídem o 29 de xullo de 2026, foi un cantante e compositor do grupo irlandés de rock The Frames. Tamén traballou como presentador de televisión e actor, destacando a súa actuación no filme Once.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,172,89,25,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Helenio Herrera

    Helenio Herrera

    Helenio Herrera Gavilán, nado en Buenos Aires o 10 de abril de 1910 e finado en Venecia o 9 de novembro de 1997, foi un futbolista e adestrador arxentino de ascendencia española e naturalizado francés. Considerado un dos mellores adestradores de todos os tempos, desenvolveu a súa carreira principalmente entre España (onde gañou catro ligas e dúas Copas do Rei) e Italia, país no que dirixiu durante case unha década ao Inter de Milán, na época do coñecido como Grande Inter, conquistando tres títulos da Serie A, dúas Copas de Europa consecutivas e dúas Copas Intercontinentais. Tras unha modesta carreira como futbolista entre Marrocos e Francia, iniciouse nos bancos no país galo en 1944, e logrou o seu primeiro éxito ao ascender co Stade Français á primeira división francesa.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Avante LGBT+

    Avante LGBT+

    Avante LGBT+ (Anteriormente Avante LGTB e Avante LGBT) é unha organización galega conformada por persoas lésbicas, gais, bisexuais, trans, e outras diversidades, que defenden os dereitos do colectivo LGBT+. Esta organización, de ideoloxía feminista e anticapitalista, foi fundada en Santiago de Compostela o 27 de setembro de 2017 após dunha asemblea aberta á que asistiron preto de 100 persoas e que tivo lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2018 Avante LGBT+ atravesou un proceso de expansión territorial que culminaría coa súa Asemblea Nacional Constituínte.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Dagoberto Peña

    Dagoberto Peña

    Dagoberto Miguel Peña Rincón, nado o 14 de xuño de 1988 en Santo Domingo, é un ex xogador profesional de baloncesto dominicano. Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de ala.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    A Casa Nova, Magazos, Viveiro

    A Casa Nova, Magazos, Viveiro

    A Casa Nova é un lugar da parroquia de Magazos, no concello de Viveiro, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Galiña de Mos

    Galiña de Mos

    A galiña de Mos (ou raza de Mos) é unha das razas de pita máis antigas da Península Ibérica. Orixinaria de Galicia debe o seu nome á parroquia de San Xiao de Mos (no concello de Castro de Rei, Lugo), xa que foi nesta zona onde se comezou o proceso de selección para a recuperación da raza orixinal. O trazo máis salientable é a súa crista en chícharo, que se caracteriza por ser pequena e ter tres filas de papilas ou puntos.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Escola Municipal de Teatro de Vigo

    Escola Municipal de Teatro de Vigo

    A Escola Municipal de Teatro de Vigo é un centro de ensino de carácter público, dependente do Concello de Vigo, e especializado en teatro.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Salve, Oh Patria

    Salve, Oh Patria

    ¡Salve, oh patria! é o himno nacional de Ecuador. Componse de 6 estrofas e un máis un coro, das cales só se cantan a segunda estrofa e o coro.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Franco Baresi

    Franco Baresi

    Franco Baresi, nado en Travagliato (Brescia) o 8 de maio de 1960 e finado en Rozzano (provincia de Milán) o 31 de xullo de 2026 foi un futbolista italiano. Xogaba de defensa central e foi internacional coa selección italiana.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,145,31,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Pokémon Scarlet e Violet

    Pokémon Scarlet e Violet

    Pokémon Scarlet e Pokémon Violet son dous videoxogos de rol de 2022 desenvolvidos por Game Freak e publicados por Nintendo e The Pokemon Company para a consola Nintendo Switch. Os videoxogos foron anunciados en febreiro de 2022, sendo os primeiros títulos da novena xeración de Pokémon e a súa estrea está prevista para o 18 de novembro de 2022.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Columna vertebral

    Columna vertebral

    A columna vertebral, raque ou espiña dorsal é unha complexa estrutura osteofibrocartilaxinosa articulada e resistente, en forma de talo lonxitudinal, que constitúe a porción posterior e inferior do esqueleto axial. A columna vertebral é un órgano situado (na súa maior extensión) na parte media e posterior do tronco, e vai dende a cabeza (á cal sostén), pasando polo pescozo e as costas, até a pelve á cal lle dá soporte.

    28 visitas (↑5 de onte)0,0,0,0,0,0,19,48,23, 28

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Valga

    Valga

    Valga (/ˈbalɣa̝/) é un concello da provincia de Pontevedra, situado na beira esquerda do curso baixo do río Ulla. Pertence á comarca de Caldas e linda cos concellos de Dodro, Pontecesures e Padrón polo norte, co de Cuntis e o da Estrada polo leste, cos de Catoira e Caldas de Reis polo sur, e de novo co de Dodro polo noroeste. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    27 visitas (↓13 de onte)28,0,13,0,72,48,52,42,40, 27

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    27 visitas (↑5 de onte)30,19,21,25,30,36,26,25,22, 27

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Municipio de San Juan Cacahuatepec

    Municipio de San Juan Cacahuatepec

    San Juan Cacahuatepec é un dos 570 municipios nos que se divide o estado mexicano de Oaxaca, situado na Rexión da Costa do estado de Oaxaca, no Distrito de Jamiltepec. A súa cabeceira municipal é a poboación de San Juan Cacahuatepec, con aproximadamente 4.000 habitantes, lugar de nacemento do cantautor Álvaro Carrillo. Cacahuatepec é un dos municipios costeiros que lograron unha notable prosperidade nos últimos 25 anos, sen esquecer que noutros tempos a súa cabeceira municipal tamén foi unha vila pioneira, con grande influencia comercial e económica entre comunidades da costa e cidades como Puebla de los Ángeles, Acapulco de Juárez, Putla Villa de Guerrero, Ometepec, Pluma Hidalgo etc., grazas á súa pista aérea, ademais de ser unha comunidade que contaba con luz eléctrica moitos anos antes ca outras cidades que hoxe son puntos estratéxicos importantes para o comercio e a gandería.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    São João, Santa Maria

    São João, Santa Maria

    São João é un barrio brasileiro da cidade de Santa Maria, Río Grande do Sur. O barrio está situado no distrito de Sede.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Cuíña, Quireza, Cerdedo Cotobade

    Cuíña, Quireza, Cerdedo Cotobade

    Cuíña é un lugar da parroquia de Quireza, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 29 habitantes (14 homes e 15 mulleres).

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    José Antonio Reyes

    José Antonio Reyes

    José Antonio Reyes Calderón, nado en Utrera (Sevilla) o 1 de setembro de 1983 e finado en Alcalá de Guadaíra o 1 de xuño de 2019, foi un futbolista español de orixe xitana, internacional en 21 ocasións coa selección española de fútbol. Faleceu nun accidente de tráfico preto da súa localidade natal aos 35 anos de idade. Foi o xogador máis novo en debutar en Primeira División co Sevilla FC cando tiña dezaseis anos.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Campo da Leña (A Coruña)

    Campo da Leña (A Coruña)

    O campo da Leña é unha zona urbana da cidade da Coruña situado entre os seus dous barrios, a Cidade Vella e A Pescaría. Actualmente está dividido en dúas prazas: a praza de España e a praza das Atochas. É un dos puntos fundamentais do barrio de Monte Alto.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,13,14,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Julianna Margulies

    Julianna Margulies

    Julianna Margulies, nada o 8 de xuño de 1966 en Spring Valley, estado de Nova York, é unha actriz e produtora estadounidense. Tras interpretar varios pequenos papeis logrou o éxito co seu papel como a enfermeira Carol Hathaway no drama médico da NBC ER, rol polo que gañou un premio Emmy. No 2009, comezou a interpretar o papel de Alicia Florrick, personaxe principal no drama legal estadounidense The Good Wife na CBS que gañou un Globo de Oro, oito Screen Actors Guild Awards, un Satellite Awards, dos Television Critics Association Awards e tres Emmy, o último no 2014 como Mellor Actriz de Drama.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Eclipse solar do 12 de agosto de 2026

    Eclipse solar do 12 de agosto de 2026

    A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.

    25 visitas (↓6 de onte)0,0,0,16,0,0,0,33,31, 25

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Celanova

    Celanova

    Celanova (do latín cella nova) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Arenas de Cabrales

    Arenas de Cabrales

    Las Arenas (coñecida tamén como Arenas de Cabrales ou simplemente Arenas) é unha vila e parroquia do concello de Cabrales (Asturias, España). Ten unha poboación de 853 persoas (INE 2007) e unha densidade de poboación de 42,33 hab/km². Dista 3 km de Carreña, a capital do concello.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Riazor Blues

    Riazor Blues

    Os Riazor Blues son un grupo ultra de seareiros do Real Club Deportivo da Coruña, que se fundou no 1987.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Ron's Gone Wrong

    Ron's Gone Wrong

    Ron's Gone Wrong é un filme de animación de 2021 dirixido por Sarah Smith e Jean-Philippe Vine (no seu debut como director), e codirixido por Octavio E. Rodriguez, producido por Julie Lockhart e Lara Breay e escrito por Peter Baynham e Smith. O filme conta a historia de Barney, un solitario rapaz que se fai amigo dun "B-bot" defectuoso chamado Ron; os B-bots son robots cos cales os seus compañeiros de clase socializan e se relacionan. Barney debe atopar a maneira de protexer a Ron, quen é buscado polos empregados da compañía que o creou.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Lucía Rodríguez Vázquez

    Lucía Rodríguez Vázquez

    Lucía Rodríguez Vázquez, nada no Castro de Caldelas o 15 de decembro de 1983, é unha xornalista galega.

    24 visitas (↑24 de onte)0,25,17,15,21,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    The Titan's Curse

    The Titan's Curse

    The Titan's Curse é unha novela de fantasía e aventuras baseada na mitoloxía grega escrita polo autor estadounidense Rick Riordan en 2007. É a terceira novela da serie Percy Jackson and the Olympians e a secuela de The Sea of Monsters. Segue as aventuras do semideus Percy Jackson, de catorce anos, mentres el e os seus amigos emprenden unha perigosa misión para rescatar á súa amiga Annabeth Chase e á deusa grega Artemisa, que foron secuestradas.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Santiago Freire

    Santiago Freire

    José Santiago Freire Abeijón, nado en Carantoña (Tállara, Lousame) en 1967, é un veterinario e político galego do PPdeG. Foi alcalde de Lousame e de Noia, e dende 2026 é director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na provincia da Coruña.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Posición do can

    Posición do can

    A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.

    23 visitas (↑1 de onte)26,14,13,23,0,0,0,0,22, 23

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Ruxe Ruxe

    Ruxe Ruxe

    Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Lista de concellos de Asturias

    Lista de concellos de Asturias

    Listaxe dos 78 concellos do Principado de Asturias:

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Petismo

    Petismo

    O termo petismo define a filosofía non-oficial do Partido dos Trabalhadores (PT), principal partido político brasileiro de centro-esquerda. A denominación vén da práctica político-electoral diferenciada do PT en relación aos grandes partidos do país e aos demais partidos de esquerda. O "Petismo" nace co Manifesto de Fundación do PT, documento que marca o nacemento do partido, comprometido co socialismo democrático.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Laureano Oubiña

    Laureano Oubiña

    Laureano Oubiña Piñeiro, nado na Modia (Cambados) o 30 de marzo de 1946, é un empresario, contrabandista e narcotraficante galego. Foi condenado en tres ocasións por delitos contra a saúde pública: en 1990, no marco do sumario 13/90 (máis coñecido como Operación Nécora), foi condenado a 12 anos de prisión por tráfico de tabaco. A segunda foi de 4 anos de prisión por traficar en 1997 con 6 toneladas de haxix desde Galiza até os Países Baixos.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,25,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    HTTP 404

    HTTP 404

    HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.

    22 visitas (↑22 de onte)17,0,0,14,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Pobo caiapó

    Pobo caiapó

    Os caiapós son pobo indíxena que habita nas chairas de Mato Groso e Pará, no Brasil, no sur da conca do Amazonas, do Xingu e dos seus tributarios. Os caiapós chámanse a si mesmos "mebengokre", que quere dicir "pobo da fonte".

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Silvia Superstar

    Silvia Superstar

    Silvia García Pintos, nada en Vigo o 26 de setembro de 1970, é unha cantante, actriz e empresaria galega, coñecida como Silvia Superstar.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,14,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Masturbación coas mamas

    Masturbación coas mamas

    A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.

    21 visitas (↓2 de onte)27,17,19,47,28,22,26,0,23, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .