Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Silván (Erbecedo, Coristanco) o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo no Deportivo da Coruña, da La Liga EA Sports. Formado nas canteiras do Bergantiños e do Deportivo da Coruña, desenvolveu a súa carreira como profesional en clubs de sete países diferentes, vestindo as camisetas de Manchester City, New York City, Girona, Mallorca, NAC Breda, PSV Eindhoven, RB Leipzig, Galatasaray e Roma. É irmán do tamén futbolista Dani Tasende.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Eclipse solar do 12 de agosto de 2026
A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Candy Candy (no orixinal en xaponés: キャンディ・キャンディ; Kyandi Kyandi) é un manga creado pola escritora Kyōko Mizuki, un dos pseudónimos de Keiko Nagita, e a mangaka Yumiko Igarashi, pseudónimo de Yumiko Fijii, publicado no Xapón por Kōdansha Ltd. desde 1975 a 1979 e gañou o primeiro premio Kodansha Manga para shōjo en 1977. A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White.
As Trece Rosas é o nome colectivo dado a un grupo de trece novas, a metade delas membros das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU), fusiladas en Madrid o 5 de agosto de 1939, catro meses despois de finalizar a guerra civil española. O 3 de agosto de 1939, a sentenza do fiscal do Consello Permanente de Guerra atopou as Trece Rosas como «responsables dun delito de adhesión á rebelión». As idades das vítimas estaban entre os dezaoito e os vinte e nove anos.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.
A columna vertebral, raque ou espiña dorsal é unha complexa estrutura osteofibrocartilaxinosa articulada e resistente, en forma de talo lonxitudinal, que constitúe a porción posterior e inferior do esqueleto axial. A columna vertebral é un órgano situado (na súa maior extensión) na parte media e posterior do tronco, e vai dende a cabeza (á cal sostén), pasando polo pescozo e as costas, até a pelve á cal lle dá soporte.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Teoría microbiana da enfermidade
A teoría microbiana da enfermidade ou teoría xerminal da enfermidade é a teoría científica actualmente aceptada que explica a causa das doenzas infecciosas. Afirma que os microorganismos denominados patóxenos ou "xermes" poden causar doenzas. Estes pequenos organismos, que son demasiado pequenos para poder verse sen magnificación, invaden animais, plantas e mesmo bacterias.
Ángel Estanislao Sánchez Durán, coñecido polo seu nome artístico Ángel Stanich, nado en Santander en 1987, é un compositor, cantante e músico de rock alternativo. A súa música inspírase no rock estadounidense de artistas como Bob Dylan, o Neil Young, incorporando referencias á historia, á actualidade e á cultura pop. Normalmente acompáñao a súa banda, Stanich Band, composta por: Álex Izquierdo no baixo e coros, Lete G. Moreno na batería, Víctor Pescador na guitarra e coros e Jave Ryjlen no teclado.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Partido Popular (PP) é o principal partido político de centrodereita de España, asentado nas tradicións conservadora, democristiá e liberal-conservadora, que priorizan a unidade nacional, o liberalismo económico, os valores familiares e a seguridade pública. Constituído o 20 de xaneiro de 1989 como unha refundación ampliada da coalición Alianza Popular, creada en 1976 e liderada por Manuel Fraga, o PP xurdiu co propósito de agrupar as distintas correntes da dereita española durante a transición democrática, evolucionando ata converterse nun partido de ampla base que actuou como principal alternativa conservadora fronte ao predominio do socialismo. O partido gobernou por primeira vez o Estado entre 1996 e 2004 baixo a presidencia de José María Aznar, impulsando políticas de privatización, reformas do mercado laboral e a integración de España na zona euro, nun período caracterizado por un forte crecemento económico que se prolongou ata a crise financeira de 2008.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do bronce atlántico.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O sistema endócrino ou hormonal é un conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan substancias denominadas hormonas e está constituído, ademais destas, por células especializadas e glándulas endócrinas. O sistema endócrino axuda a realizar, por tanto, a función de relación dos seres vivos. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcións metabólicas do organismo; entre elas destacan: Controlar a intensidade de funcións químicas nas células.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.750.
Samuel de Luque Batuecas, nado en Madrid o 12 de abril de 1989, coñecido en Internet como Vegetta777 ou Samuel, é un youtubeiro e streamer español que sobe vídeos de gameplays principalmente, aínda que a súa canle ten contido variado. En 2026 a súa canle de YouTube tiña máis de 34 millóns de subscritores e 16 mil millóns de visualizacións, sendo o terceiro youtubeiro con máis subscritores e o primeiro con máis visualizacións de España.
San Pedro de Cangas é unha parroquia do concello de Foz, na provincia de Lugo, cunha superficie de 9,25 km². Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2017 tiña 813 habitantes (411 mulleres e 402 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 877 habitantes.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
A Corredoira, Cerdedo Cotobade
San Gregorio da Corredoira é unha parroquia do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 127 habitantes (64 homes e 63 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2005 cando tiña 166 habitantes.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Gonzalo Queipo de Llano y Sierra, nado en Tordesillas (provincia de Valladolid) o 5 de febreiro de 1875 e finado en Camas, Sevilla, o 9 de marzo de 1951, foi un xeneral español, conspirador e un dos principais protagonistas, sobre todo en Sevilla, do golpe que deu orixe á guerra civil española. Foi educado nun seminario, loitou na Guerra hispano-estadounidense e na Guerra do Rif, ascendendo a Xeneral de Brigada en 1923. Aínda que inicialmente apoiou ao ditador Miguel Primo de Rivera, as críticas ás súas políticas fixeron que quedase atrasado na escala e nos nomeamentos e foi trasladado á reserva en 1928.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
A tecnoloxía (do grego, (τεχνολογια) techne (τεχνη) "oficio" + logía (λογια) "que di") é o coñecemento técnico humano e as ferramentas creadas pola humanidade a partir de tal coñecemento, así mesmo é a suma de técnicas, habilidades, métodos e procesos utilizados na produción de bens ou servizos ou no logro de obxectivos, como a investigación científica. A tecnoloxía pode ser o coñecemento de técnicas, procesos e similares, ou pode integrarse en máquinas para permitir o seu funcionamento sen un coñecemento detallado do seu funcionamento. Os sistemas (por exemplo, máquinas) que aplican tecnoloxía tomando unha entrada, cambiándoa de acordo con o uso do sistema e logo producindo un resultado denomínanse sistemas tecnolóxicos.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
As saponinas son unha clase de compostos químicos, especialmente abondosos en diversas especies de plantas, que son glicósidos anfipáticos agrupados pola súa propiedade de producir unha escuma parecida á do xabón cando se baten en solucións acuosas, de onde lles vén o seu nome (sapo-onis é xabón en latín). Estruturalmente teñen un ou máis residuos de glicósido hidrófilos combinados cun derivado triterpeno lipófilo. As saponinas forman micelas e cambian a tensión superficial dos líquidos.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
A división celular é o proceso por medio do cal unha célula orixina dúas ou máis células fillas. A división celular nos seres pluricelulares é necesaria durante a embrioxénese, o crecemento, e para substituír as células que morren nos tecidos, e o ritmo de división varía moito dun tecido a outro. Un ser humano ao longo da súa vida realiza miles de millóns de divisións celulares no seu corpo , pero as divisións dunha célula individual están limitadas debido ao acurtamento dos telómeros dos cromosomas, e no ser humano o número máximo de divisións é 52 (límite de Hayflick) .
O billete de 20 euros é o terceiro billete da serie do euro co valor facial máis baixo, posto en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002. Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 4.805.000.000 billetes de 20 euros en circulación na Eurozona.
Hercules: The Legendary Journeys
Hercules: The Legendary Journeys foi unha serie de televisión estadounidense baseada na mitoloxía grega e no semi-deus Hércules, protagonizada por Kevin Sorbo. A serie, rodada nun parque natural de Nova Zelandia, empezou como un telefilme, ata rematar sendo 5 telefilmes para a televisión en 1994. Posteriormente a serie estreouse o 16 de xaneiro de 1995, emitíndose ata finais de 1999.
As náiades (en grego antigo Ναϊάδες, naiádes, de ναϊς, naís, nadar) son personaxes da mitoloxía grega, ninfas da auga doce (sexan fontes, ríos, lagos ou regos), encarnando a divindade do manancial ou río que habitan. Podía darse o caso de que nunha fonte houbese unha única náiade, ou ben que houbese varias, consideradas irmás entre si, pero en todo caso toda fonte de certa relevancia tiña a súa náiade, con nome propio e lendas específicas , e podían ser obxecto de culto local. Segundo Homero, o seu pai sería o deus Zeus.